Saltar ao contido principal

O proxecto de rede provincial da Coruña (1917 - 1921)

 Ao igual que o resto das provincias galegas, A Coruña estaba incluida no proxecto de rede de Francos de 1917. Pontevedra, gracias a iniciativa de Prudencio Landón, tomou o seu propio camiño, mentres que Coruña iría máis lenta e próxima ao proxecto inicial. 

En xaneiro de 1917 publícase unha circular no Boletín da provincia dirixida aos concellos preguntando cales estarían dispostos a colaborar nun proxecto de rede provincial. Xa en setembro de 1917 La Voz de Galicia publicaría información sobre o proxecto de Francos, incluido un mapa da rede. 

O proxecto contaría con 81 estacións, 47 de nova factura, cun custe de construcción da rede 760.675 pesetas. Os centros de conmutación estarían en A Coruña, Ortigueira, Ferrol, Pontedeume, Betanzos, Carballo, Ordes, Corcubión, Muros, Noia, Padrón, Santiago, Arzúa e Betanzos. 

Plano de Francos Rodríguez para a provincia de A Coruña. 
Publicado en La Voz de Galicia de 18 de setembro de 1917 e o 16 de xaneiro de 1921

Extracto do plan de telefonía nacional de Francos Rodríguez. 1917


En outubro de 1918 chega unha comunicación do Estado para que a deputación confirmo o interese en suma a o proxecto estatal, pero non parece ter resposta oficial. Non se retomaría o proxecto ata o pleno do 14 de xaneiro de 1921, cando o deputado Sr. Ramón Vilas González, pola presión dos primeiros resultados da provincia de Pontevedra, pide que se recupere o proxecto de 1917 e se contribúa á súa realización.

Ramón Vilas González


No pleno da deputación do 8 de xuño de 1921 solicítase ao ministerio de Gobernación a realización do proxecto, que se comunica tamén aos concellos que poidan estar interesados e se pide a intermediación dos deputados en cortes pola provincia para que axuden na súa consecución. 

La Voz de Galicia. 22 de xuño de 1921

O director de Comununicacións, o conde de Colombí, responde afirmativamente a petición e o 22 de xullo sae publicado a real orde coa aprobación do proxecto. Ramón Vilas, o impulsor do proxecto, pasaría a ser o presidente da Deputación nese ano e decide participar activamente no seu impulso, viaxando a Madrid para ter unha reunión co ministerio de Gobernación, acompañado de deputado a cortes pola Coruña Sr Alonso Gullón.

Lógrase que o xefe de liña de telégrafos, D. Jose Sandoval, ata ese momento adicado á provincia de Pontevedra, pero que fora coautor do proxecto de Francos, pase a ocuparse tamén da implantación na provincia da Coruña desde xaneiro de 1922. Posteriormente Arturo Lago, da central telegráfica de Pontevedra, sería tamén nomeado para ese rol, incluindo tanto Coruña como Pontevedra. O 19 de xuño os deputados provincias Sres Gullón e Vilas visitan o director xeral de Comunicacións en Madrid para intentar desbloquear o proxecto.


Para saber máis:
  • La Voz de Galicia. 18 de setembro de 1917; 15 de xaneiro de 1921; 16 de xaneiro de 1921; 9 de xuño de 1921; 22 de xuño de 1921; 20 de xullo de 1921; 22 de xullo de 1921; 23 de agosto de 1921
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. 4849 (15/01/1917)
  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XII Número 3533 - 20 de novembro de 1921
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 1177 (15/01/1921)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXVIII Número 11044 - 17 de xaneiro de 1921; Ano XXXIX Número 11381 - 20 de febreiro de 1922; Ano XL Número 11644 - 2 de xaneiro de 1923
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña  Número 235 - 10 de outubro de 1918; Número 236 - 11 de outubro de 1918; Número 251 - 2 de novembro de 1921
  • El Orzán  diario independiente Ano IV Número 880 - 16 de xaneiro de 1921; Ano IV Número 1050 - 10 de xuño de 1921; Ano IV Número 880 - 16 de xaneiro de 1921; Ano IV Número 1139 - 13 de novembro de 1921; Ano IV Número 1142 - 17 de novembro de 1921; Año IV Número 1156 - 3 de decembro de 1921; Año V Número 1325 - 20 de xuño de 1922
  • El Compostelano  diario independiente Ano II Número 459 - 23 de agosto de 1921
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XVI Número 5535 - 4 de xaneiro de 1922
  • El Progreso  semanario independiente Ano XVI Número 2817 - 6 de xaneiro de 1922
  • La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano XII Número 3815 - 7 de xaneiro de 1922
  • El Progreso  diario liberal Año XIV Número 4320 - 8 de xaneiro de 1922; Ano XV Número 4387 - 22 de marzo de 1922
    • El Eco de Santiago diario independiente Ano XXVII Número 10806 - 7 de febreiro de 1922; Ano XXVIII Número 11357 - 5 de xaneiro de 1923


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil

Manuel Sanjurjo Otero era o segundo fillo de Antonio Sanjurjo Badía, un famoso industrial e inventor vigués cunha fundición e estaleiros de seu. Manuel, enxeñeiro industrial de formación, axudou nos negocios familiares pero deu o salto a negocios fora da cidade de Vigo. Nunha primeira fase como impulsor do proxecto, e posterior concesionario, da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, construído en 1908 e inaugurada a primeiros de 1909.  Gaceta de Madrid.-Núm. 74 de 14 de marzo de 1908  Antonio comezara a comprar autocares de vapor en 1903 a compañías de Ferrol, Verín ou Santiago para posteriormente adaptalos, na súa nave en Vigo da Industriosa,  para que funcionaran con bencina, un tipo de hidrocarburo. En 1906 consigue a aprobación para comezar o servizo entre Coruña e Santiago, aínda con autocares de vapor, nomeando ao seu fillo Manuel o responsable da liña.  Sería a primeira empresa en Galicia en prestar este servizo motorizado, deixando atrás as pesadas dilixencias. A empresa tiña

O rol do teléfono na catástrofe de tren de Frieira (1915)

  A nova da catástrofe do descarrilamento do tren de Frieira en 1915 chegou rapidamente a Vigo, a través da rede de telefonía da Compañía Peninsular de Teléfonos. O accidente cubriu portadas da prensa en España polo pasamento dunha 19 persoas (a cifra exacta varía dependendo da fonte), moitas delas vencelladas a unha compañía de zarzuela que se desprazaban a actuar a Vigo. Tres vagóns víronse directamente afectados polo corremento de terras. Casualmente, un celador da compañía de teléfonos viaxaba no tren e puido comunicar o accidente desde o mesmo lugar da catástrofe.  Fotografía coloreada onde se observan os fíos telegráficos cortados. Mundo Gráfico. 13 de marzo de 1915 A rede telegráfica do Estado e a paralela da compañía telegráfica víronse afectadas polo derrube e quedaron inutilizadas, polo que non se puido utilizar o sistema de telegrafía do tren. Porén, a nova rede telefónica, que apenas levaba unha semanas en funcionamento, estaba operativa tras empalmar un par de cables.  Ces

O crime da central telefónica de Ourense

O 28 de Xullo de 1916, Braulio González González, 26 anos, natural de Valderas (León), recibe un telefonema, unha mensaxe anónima desde Vigo que di "Acude conferencia 12:30. Garda absoluta reserva. Abelardo". Ao día seguinte preséntase na oficina de teléfonos interurbanos da Compañía Peninsular de Teléfonos, situada na rúa Pereira de Ourense, hoxe na Praza de Bispo Cesáreo 17, servizo que fora inaugurado dous anos antes. O director, Eladio Sanz Bermejo, advírtelle de que por mor dunha avaría técnica nos fíos non pode facer esa chamada ata ás 20h.  Fotografía de Mundo Gráfico do 5 de Xullo de 1916 A esa hora volve e se atopa unicamente con Eladio na oficina. Este pásao a un locutorio, onde volve fallar o teléfono, e logo á oficina do telegrafista. Aí aproveita para darlle un golpe na cabeza cun pico de canteiro para intentar matalo. Braulio queda tan so ferido e, entre gritos de "que me matan", logra escapar e pedir auxilio na rúa. Eladio, acurralado, decide pegarse