O proxecto de rede urbana en Ferrol iníciase en 1897 polos señores Galán, Emilio González Buyo, Miguel de Linos e Paulino Sueiro, que buscan socios para cubrir as accións necesarias para crear a sociedade, así como prezo a varias empresas nacionais i estranxeiras para a montaxe da rede. En maio de 1897 varios xornais comenta que a construción da rede xa é unha realidade.
Emilio e Paulino acuden a Madrid por vía terrestre a finais de xuño de 1897 para xestionar a concesión ante a Dirección de Correos e Telégrafos, pero foi denegada. Non só negouse a concesión senón tamén a publicación da poxa. Non foi debido a unha hipotética desconfianza no proxecto. Coincidiu cun período de tempo onde se estaba a debater sobre a posibilidade de incautar todas as redes e ofrecer un servizo público por parte de corpo de Telégrafos. Esa incautación de redes non se produciría ata 1924 finalmente. Así, paralizouse o proxecto durante un tempo.
O alcalde de Ferrol, Emilio Antón Iboleón, enviou en outubro de 1900 unha solicitude ao Ministerio de Gobernación, do cal dependía a Dirección de Correos e Telégrafos, para que concedera unha rede urbana. Partiu a iniciativa do Sr. Meirás. Non consta resposta por parte do Ministerio.
- Particulares: 6 pesetas mensuais
- Negocios: 7.5 pesetas mensuais
- Cafés, teatros e fondas: 15 pesetas mensuais
- Institucións públicas: 4.5 pesetas
- Nicasio Pérez (dúas instalacións)
- Antonio Barreiro (dúas instalacións)
- Antonio Vich
- Emilio Antón
- Jacinto López
- Jacinto Guisande
- Demetrio Pla
- Joaquín Pla
- Francisco Rodríguez
- José San Román
- Benigno Caballo
- Miguel Fernández
- José Aguilera
- Mariano López
- Faustino Salanova
- Enrique Calvo
- El Correo Gallego
Novamente o proxecto non prospera. O que sí tería éxito é D. Manuel Fernández e Fernandez, que opera o servizo de telefonía en Xixón e trasládase a Ferrol para implementar o servizo. O de xuño de 1907 presenta o proxecto á Dirección de Correos e Telégrafos, con intención de ter a central telefónica nun edificio da rúa Real. O 27 de outubro sae publicada a subasta na Gaceta de Madrid, cunha concesión prevista de 20 anos e un custe do proxecto de 500 pesetas (a favor de Manuel no caso de non ser o adxudicatario). Ademais da Gaceta aparece no Boletín da Provincia do 2 de novembro e no El Correo Gallego do 5 de novembro de 1907, con todas as especificacións técnicas.
Os prezos do servizo son:
- Particulares: 25 pesetas trimestrais
- Comerciantes: 27.5 pesetas trimestrais
- Cafes, casinos e hotéis: 30 pesetas trimestrais
Para saber máis:
- La Voz de Galicia. 1 de abril de 1897; 21 de maio de 1897; 7 e 8 de xullo de 1897; 23 de outubro de 1900; 30 de marzo de 1901; 4 e 20 de abril de 1901; 1 de maio de 1901; 17 de xuño de 1907; 25 de xuño de 1908; 20 de novembro de 1908
- El Correo Gallego. Núm. 6451 de 19 de maio de 1897; Núm. 6480 de 24 de xuño de 1897; Núm. 6490 de 7 de xullo de 1897; Núm. 7626 de 18 de marzo de 1901; Núm. 7635 de 30 de marzo de 1901; Núm. 7637 de 1 de abril de 1901; Núm. 7644 de 9 de abril de 1901; Núm. 7653 de 18 de abril de 1901; Núm. 7656 de 22 de abril de 1901; Núm 8825 de 23 de xuño de 1904; Núm 9878 de 5 de novembro de 1907; Núm. 9893 de 22 de novembro de 1907; Núm. 9930 de 27 de xaneiro de 1908; Núm. 9938 de 5 de febreiro de 1908; Núm. 9953 de 22 de febreiro de 1908; Núm. 9996 de 23 de marzo de 1908; Núm. 10101 de 24 de xuño de 1908;
- El Correo de Galicia. 23 de xuño de 1904; 27 de setembro de 1907
- El Regional. Diario de Lugo. 7 de xullo de 1904
- El Eco de Santiago. 27 de xuño de 1904; Núm. 3473 de 18 de xuño de 1907; Núm 3621 de 26 de novembro de 1907;
- Gaceta de Madrid. 27 de outubro de 1907
- La Correspondencia Gallega Núm 5207 de 19 de xuño de 1907; Núm. 5342 de 29 de novembro de 1907
- El Noroeste. Núm 4559 de 6 de febreiro 1908.
- Gaceta de Galicia. Núm 269 de 27 de novembro de 1907
- El Norte de Galicia. Núm 2082 de 30 de novembro de 1907
Ningún comentario:
Publicar un comentario