Sen dúbida o primeiro caso foi de rede privada foi o de Antonio López de Neira en 1886, que se recolleu nun artigo previo:
https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/lopez-de-neira-primeira-lina-de.html
No resto do século XIX temos localizadas once liñas particulares máis no provincia de Pontevedra. Hai que ter en conta que a rede urbana de Vigo se inaugurou en 1889, polo que potenciais demandantes de liñas particulares viron colmadas as súas necesidades co servizo urbano. Así, varios comerciantes tiñas liñas na súa casa e negocio, polo que non aparecen recollidos neste artigo. Ademáis destas liñas particulares, existían liñas municipais para conectar cos servizos de telegráfia do Estado, que se recollen neste artigo:
https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/telefonia-municipal-no-mapa-telegrafico.html
As instalacións particulares, en ocasións, estaban vencelladas a redes eléctricas polo que utilizaban as súas propias instalacións, pero noutros casos facían unha ocupación da vía pública mediante a instalación de postes. Estes proxectos detállanse a continuación por orde cronolóxica.
1888
Jose María Riestra López, futuro Marqués de Riestra, era un empresario e banqueiro pontevedrés. Solicitou unha liña de teléfono particular entre a súa casa na Rúa Michelena 30 (tamén sede da banca) e a sua casa de campo, o Pazo da Caeira en Poio (localización), cunha lonxitude aproximada de 1.5km
1889
Manuel Barcena Franco, Conde de Torrecedeira, banqueiro e posuidor de propriedades, para construir unha liña telefónica entre a súa casa rúa Real (Vigo) e unha finca en Cedeira, hoxe chamado Pazo de Torrecedeira (localización) no concello de Redondela. Nesta data xa estaba en construcción a casa Barcena, no
Evaristo Babé, ex alcalde de A Coruña, entre a fábrica de refinado de petróleo "La viguesa" na praia de Guixar e as oficinas de compañía na rúa do Ramal, que tres anos máis tarde se chamaría Rúa Colón. A extensión aproximada sería de 2.5 km. Este mesmo ano chegaría a rede urbana á que se conectarían posteriormente.
1890
Gumersindo Otero García conectando a fábrica de papel de Riobó na Estrada (localización), que fora construida en 1741 e que el rexentaba, coa súa casa particular, o Pazo da Mota (localización) na mesma parroquia, cunha distancia inferior aos 2km. A construción da rede ten sido feita polo Sr- Rodriguez Cea de Pontevedra
1891
Conexión entre o Colexio da Compañía de Xesús na parroquia de Camposancos no concello de A Guarda (localización) e a casa do médico Leonardo Álvarez ubicada no lugar de Coruto, na parroquia de Salcidos do mesmo concello. O padre Francisco Gárate sería o enfermeiro naquel momento, cando o colexio contaba cuns 200a alumnos internos, que usaría o teléfono para avisar de casos graves e que o médido se desprazara ao colexio en cabalo. A rede Tería unha extensión dun 2.7 km.
1895
Ulpiano Buhigas Abad posuía unha propiedade e unha fábrica de fósforos en Carril. Solicitou a creación dunha rede que conectara con Cesures, aínda que descoñecemos os intereres que tiña nesa poboación. A lonxitude da rede, preto de 15 km leva a pensar que usaría o trafado dos cables telegráficos da liña de tren.
1896
1897
En febreiro de 1897 comúnicase a autorización a Manuel Novo Faílde e Antonio Sierra Prieto para instalar unha liña particulae en Pontecesures. Neste caso non queda constancia de que dous puntos conectaba, Ambos posuían unha tenda de ultramarióos e importacións coloniais a grande escala, principalmente con América. No caso de Novo tiña tamén negocios de 'ferros' e ferretaría en Padrón, así como canteiras de arxila e fábrica de tellas en Valga, pero parece ser que a instalación da liña estaba limitada a Pontecesures.
1899
Laureano Salgado para conectar a fabrica de Azucreira Galega en Portas, que está aínda conservada (localización) coa sua casa en Caldas de Reis (situada na rúa que leva o seu nome), cunha distancia de 1800 metros. Laureano está considerado un dos impulsores da electrificación en Galicia, impulsor do balneario e gran hotel de A Toxa, así como varias centrais hidroeléctricas, casas de baños e actividades filantrópicas. A azucreira, creada no mesmo 1899, tras a perda de Cuba, principal fornecedor de azucre da época. A falta de cultivos de remolacha e a competencias doutras azucreiras foron a causa do peche en menos de catro anos.
Manuel Becerra Armesto entre o Pazo de Gandarón en Salcedo, en Pontevedra, (localización) hoxe misión biolóxica de Galicia, dependente do CSIC, e o Teatro Principal, que comprara uns anos antes na cidade de Pontevedra. Ao pouco de ter a liña telefónica o pazo padecería un incencio que obrigou á súa reconstrucción. A rede contaba cunha extensión duns 3 km. e quedaría dentro do servizo urbano de 1902.
1900
O enxeñeiro francés Ernesto Presser Dauphin entre a súa casa de Vilagarcia e a fábrica da "sociedade galega de electricidade", antes chamada "Electra de Segad" de Segade, en Caldas de Reis (localización), onde construira unha central hidroeléctrica, nunha fervenza do río Umia. Desde esa central daban servizo a Valga, Caldas de Reis, Vilagarcía, Cambados ou Padrón. A extensión da rede de telefonía sería de 15 km. onde aproveitaría o trazado da liña eléctrica.
Para saber máis
- Faro de Vigo. 9, 18 e 28 de abril de 1889
- La Voz de Galicia. 8 de novembro de 1890
- El Obrero. Semanario. Núm 10 de 31 de agosto de 1890
- La Integridad. Diario de Tui. Núm 609 de 18 de decembro de 1891
- El Eco de Galicia. Núm 1685 de 23 de decembro de 1891
- Gaceta de Galicia. Núm. 253 de 6 de novembro de 1895; Núm. 295 de 11 de outubro de 1899; Núm. 308 de 28 de novembro de 1899
- La Opinión. Diario de Pontevedra. Núm 295 de 29 de xaneiro de 1897
- La Correspondencia Gallega. Núm 2933 de 18 de outubro de 1899
- El Diario de Pontevedra. Núm. 4799 de 12 de maio de 1900
Ningún comentario:
Publicar un comentario