martes, 3 de xaneiro de 2023

Os primeiros anos da telefonía interurbana en Santiago (1914-1923)

Tres representantes da Compañía Peninsular de Teléfonos chegan a Santiago de Compostela o 15 de abril de 1914 para facer os estudos de implantación do novo servizo na cidade. O teléfono era unha forte demanda da prensa, principal usuario do telégrado, xa que o servizo se prestaba cunha deficiente calidade.

A central irá a ser instalada nos baixos da rúa Vilar nº 25, sendo dirixidos os traballos polo Sr. Soriano. Ademais de destatar na prensa a calidade dos locutorios forrados de terciopelo ou dos teléfonos da casa Edison, poñen a súa ollada nos retretes, que serán do tipo water-closet recibidos desde o estranxeiro. O director será Jose Gutierrez Zurbano, contacto como telefonista a Eugenio Hurtado, dous ordenanzas e dous repartidores de telefonemas.

A inauguración seria o 9 de setembro de 1914 onde se emiten telefonemas a numerosas poboacións. O primeiro sería un ao presidente Eduardo Dato para felicitalo na decisión de manter a España neutral na primeira guerra mundial. Entre as 50 persoas na inauguración, estarían na inauguración varios concelleiros de Santiago, o xeneral Reixa, o tenente coronel o Sr Dato, o xuiz Fuentes, e outras autoridades e representantes da prensa. Ofreceuse un lunch por parte da Casa de Blanca. Sería a última en inaugurarse da primeira fase en Galicia. Faltaría por concluir o enlace de Santiago con Pontevedra, polo que para comunicar estas dúas cidades a chamada pasaría por Betanzos, Lugo, Monforte, Ourense e Vigo.

O primeiro usuario de pago desta central sería Francisco Ramallo cunha conferencia con Manuel Lobit de Ourense. En febreiro de 1916 conéctanse as redes urbana e interurbana, de tal maneira que os usuarios do primeiro, previo troco do teléfono, poden facer conferencias interurbana desde os cadanseus domicilios.

En canto aos directores, se pasaría de Jose Gutiérrez Zurbano a Benigno Marín Herrero e deste a Luis Royo Polo, procedente de Madrid en maio de 1917. Luis sería moi popular en Santiago chegando ao punto de sair na revista Vida Gallega.  Nos seus primeiros meses tería que lidiar coa suspensión temporal das comunicacións, decretada polo goberno e con novos proxectos. Así extendería a rede co enlace con Vilagarcía e Pontevedra, a ampliación do vestíbulo da estación, o doble fío telefónico con Betanzos e o nomeamento de novos oficiais con Antonio Sande e Antonio Fernández.

Luis Royo Polo en Vida Gallega. 25 de setembro de 1917.

Luis sería trasladado a Madrid en xullo de 1918, sendo sustituido polo segundo xefe da estación de Monforte D. Manuel Cortés. Manuel Cortés duraría pouco (sería destinado a Burgos) porque en agosto dese ano sería destinado como xefe da central, D. Vicente Cenalmor, procedente da central de Ferrol onde estaba desde a apertura do servizo. 
 
En xaneiro do 1919 sería nomeado xefe D. Víctor Acero, así coma os ascensos dos oficiais Sr Sande e Fernández. Víctor sufriría unha grave doencia, a gripe do 19, en marzo de 1920 que causaría o ser pronto pasamento, causando certa conmoción. Compañeiros e oficiais da compañía en Galicia participan do seu enterro. 

Temporalmente viría a Santiago o director da central de Betanzos, D.Santos Velasco, que sería sustituido por D. Antonio Martín e Francisco Caballero, da central de Madrid (que en 1921 sería destinado a Bilbao), e D. Félix Alba de Bilbao (ascendido a Oficial segundo en 1921 e destinado a Gijón en 1923). Sería nomeado o alumno de medicina D. Antonio Fernández e Fernández coma novo director, ata ese momento oficial de recadación, que era fillo do secretario da sucursal do Banco de España. Outros compañeiros nesas datas serían Fernando Fernández e Manuel Carballeira.  O cargo de xefe pasa a ser desempeñado, de maneira interina, por D. Primitivo Alba, pasando a D. Antonio Marín e Marín, procedente de Valladolid, en outubro de 1922. Os oficiais Ramón Castro (procedente de Gijón) e Sr. Tojo (de Vigo) chegarían en 1923, así coma o regreso de Antonio Martín de Marcos, que estivera uns meses na central de Vigo.

Victor Acero en Vida gallega do 25 de maio de 1920



Para saber máis:

  • La Voz de Galicia. 16 de abril de 1914
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XIX Número 6562 - 17 de abril de 1914; Ano XIX Número 6683 - 8 de setembro de 1914; Ano XIX Número 6685 - 10 de setembro de 1914; Ano XXI Número 7144 - 9 de marzo de 1916; Ano XXII Número 9142 - 10 de marzo de 1917; Ano XXII Número 9188 - 5 de maio de 1917; Ano XXII Número 9254 - 28 de xullo de 1917; Ano XXII Número 9256 - 31 de xullo de 1917;  Ano XXII Número 9283 - 1 de setembro de 1917; Ano XXIII Número 10047 - 9 de xullo de 1918; Ano XXIII Número 10058 - 2 de agosto de 1918; Ano XXIV Número 10108 -  29 de xaneiro de 1919; Ano XXV Número 1077 - 9 de marzo de 1920; Ano XXV Número 10136 - 9 de xuño de 1920; Ano XXV Número 10149 - 25 de xuño de 1920; Año XXVI Número 10346 - 29 de xaneiro de 1921; Ano XXVI Número 10674 - 1 de setembro de 1921; Ano XXVI Número 10678 - 6 de setembro de 1921; Ano XXVIII Número 11423 - 27 de marzo de 1923
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 1616 (18/04/1914); Num. 1621 (24/04/1914); Num. 2074 (12/08/1915); Num. 2818 (02/09/1917); Num. 2930 (23/12/1917); Num. 3198 (18/07/1918); Num. 3221 (01/08/1918)
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7041 (20/04/1914); Num. 7129 (10/09/1914)
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (12/05/1914);  (11/09/1914); Num. 4894 (09/03/1917)
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 112 (06/06/1914); Num. 125 (05/07/1914); Num. 146 (31/07/1914);  Num. 182 (10/09/1914); Num. 183 (11/09/1914); Num. 20 (22/02/1916); Num. 101 (04/05/1917) ; Num. 150 (31/07/1917); Num. 169 (03/08/1918); Num. 182 (20/08/1918)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7345 - 4 xullo 1914
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12094 - 7 de agosto de 1914;  Ano XLI Número 14688 - 31 de xullo de 1918; Ano XLV Número 15958 - 18 de outubro de 1922
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9093 - 24 de agosto de 1914; Ano XXXI Número 9109 - 11 de setembro de 1914; Ano XXXV Número 10275 - 18 de xullo de 1918; Ano XXXVII Número 10871 - 25 de xuño de 1920
  • El Eco de Galicia  diario católico é independiente  Num. 2545 (10/09/1914)
  • El regional  diario de Lugo Num. 10254 (10/09/1914)
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 3988 (10/09/1914)
  • El Noroeste Ano XIX Número 9806 - 10 de setembro de 1914
  • Noticiero de Vigo  diario independiente de la mañana Ano XXIX Número 11905 - 10 de setembro de 1914
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 1242 (11/09/1914);  Año X Número 3255 - 9 de marzo de 1920
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 253 (18/12/1917); Num. 926 (05/03/1920); Num. 929 (09/03/1920)
  • El Progreso  diario liberal Año XI Número 3140 - 21 de febreiro de 1918
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XII Número 4616 - 19 de xullo de 1918
  • El Compostelano  diario independiente Ano I Número 30 - 8 de marzo de 1920; Ano I Número 112 - 1920 xuño 25; Ano II Número 292 - 31 de xaneiro de 1921; Ano II Número 377 - 14 de maio de 1921; Ano III Número 804 - 18 de outubro de 1922;  Ano IV Número 1074 - 22 de setembro de 1923
  • La Integridad: diario católico: Num. 8971 (09/03/1920)
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XI Número 3026 - 9 de marzo de 1920
  • Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Año XIV Número 5101 - 9 de marzo de 1920
  • Vida gallega  ilustración regional Ano XII Volume VIII Número 144 - 25 de maio de 1920
  • Faro de Vigo: 31 de decembro de 1918; 19 de outubro de 1922

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...