venres, 13 de xaneiro de 2023

O teléfono interurbano en Ourense (1913-1917)

 Ourense sería a primeira capital de Galicia en ter teléfono interurbano. A primeira referencia específica á esta estación sería do 20 de xuño de 1913, cando se apostaba polo mes de agosto de 1913 para ter dispoñible o servizo. Non habería máis novedades ata xaneiro de 1914. 

O 20 de xaneiro dase conta da chegada a Ourense do material necesario para a nova rede, para conectar Monforte, xa operativo, con Ourense e dar continuidade cara Vigo. A estación estaría ubicada no local do café "La Unión", na rúa Pereiras 17. No pleno do Concello do 23 de xaneiro de 1914 se autoriza a colocación de postes e noutro posterior a colocación dun cartel luminoso na central.

Eladio Sanz, que logo se faría tristemente famoso, sería o director da central telefónica. A inauguración marcouse para o día 20 de abril de 1914 e participaría o director técnico José Ruiz Medina.  Asistiron o Sr. Bispo, autoridades civiles e militares e representantes da prensa local. O gobernador civil Sr. Casas chamaría aos ministros o Sr. Bugallal e o Sr. Sanchez Guerra. A data prevista de conexión con Vigo e Coruña sería a mediados de xuño.


Fotografía de Mundo Gráfico do 5 de Xullo de 1916

La central cuenta con 2 pupitres para escribir los telefonemas que se entregan por unha fiestra ao traballador. Ten tamen dous locutorios con doble porta para manter a confidencialidade das chamadas. Hai un despacho para o director da oficina e outro para o interventor, que será o responsable de aplicar a censura por parte do Estado. A prensa detalla a existencia de reloxios de area para controlar a duración das chamadas de tres minutos. 

Nose seguintes meses comeza a haber reclamacións para ampliar o horario da central, que se consigue en marzo de 1915 provocando a incorporación dun novo telefonisto Mauro Sanz Bermejo. A estación participaría nos dous sucesos máis relevantes desta época:

O Sr. Vicente Oloriz Arcelus sería o novo director da central tras o pasamento de Eladio Sanz, tras un breve paso de Aurelio Rey, da central de Monforte, que asumiu a dirección de ambas. 

A central tivo que cambiar de ubicación á rúa do Progreso. Celebrouse unha nova inauguración o 18 de decembro de 1916 ás cinco da tarde. O Hotel Roma serviria un champán. Falarán Vicente Oloriz, o director da central, e D. Francisco Villanueva, presidente da Cámara da Comercio e o gobernador civil. Estaban tamén o oficial da estación o Sr. Docal Ruano e os auxiliares os Sres. Pulido e Gradín. 

Xa en maio de 1918 sería nomeado o pontevedrés Arturo Tobío Mosquera como oficial da central. n xuño de 1919 chegaría Carlos L. de Delpan y Tofé como novo xefe. En abril de 1920 sería Pablo Valerio Gabín o que chegaría a Ourense como novo empregado. Xa en agosto de 1921 o horario extenderíase ás 2 da mañá.  En xuño de 1922 mencionase a visita dun montador mecánico da Compñía Peninsular para resolver problemas técnicos. Sería D. José Abraham Giralt, sendo o xefe da central o Sr. Castrillo. 


Neste tempo apareceran críticas na prensa sobre o servizo:


La Zarpa  diario de los agrarios gallegos Ano II Núm. 160 - 30 xaneiro 1922

En setembro de 1923 terían un conflito coa Sociedad Eléctrica, xa que os cables eléctricos están próximos i entorpecen as conferencias, causando as queixas dos abonados. En 1924 sabemos pola prensa que o xefe da estación sería D. Manuel Sierra, procedente de Vigo. A noticia viria polo triste pasamento dunha auxiliar doméstica de 20 anos que traballaba na casa del, que morrería afogada no Miño mentras lavaba a roupa.

Para saber máis:

  •  El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (20/06/1913); (21/01/1914); (22/04/1914); (04/05/1915); Num. 5232 (11/05/1918)
  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano V Número 1197 - 20 de xaneiro de 1914; Ano V Número 1201 - 24 de xaneiro de 1914;  Ano V Número 1208 -1 de febreiro de 1914; Ano V Número 1253 - 28 de marzo de 1914; Ano V Número 1270 - 18 de abril de 1914;  Ano V Número 1272 - 21 de abril de 1914; Ano VI Número 1487 - 6 de xaneiro de 1915; Ano VI Número 1542 - 12 de marzo de 1915; Ano VI Número 1579 - 27 de abril de 1915; Ano VII Número 1988 - 31 de agosto de 1916; Ano VII Número 2073 - 10 de decembro de 1916 ; Ano VII Número 2079 - 20 de decembro de 1916; Ano XII Número 3452 - 17 de agosto de 1921; Ano XIV Número 4038 - 29 de setembro de 1923
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 1618 (21/04/1914); Num. 2566 (20/12/1916)
  • Faro de Vigo - 21 de abril de 1914; 2 de setembro de 1916; 19 de decembro de 1916.
  • La Voz de Galicia - 21 de abril de 1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7043 (22/04/1914); Num. 7044 (23/04/1914); Num. 7117 (21/07/1914)
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 1542 (30/03/1915)
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 265 (12/12/1916)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVIII Número 8204 - 24 novembro 1916
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXI Número 9078 - 20 de decembro de 1916
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXV Número 10226 - 10 de maio 1918
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLIII Número 15227 - 29 de abril de 1920
  • La Zarpa  diario de los agrarios gallegos Ano II Núm. 268 - 8 xuño 1922

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O mindoniense Cándido Martínez na reclamación salarial dos telegrafistas de 1880

 Candido Martínez Montenegro foi un deputado liberal durante tres décadas por Mondoñedo (Lugo), que nos ano 1881 - 1883 sería director de Co...