19 de xullo de 1914. Principe 48. Un incendio devasta o servizo telefónico da cidade.
Estaba de guardia a telefonista, a Srta. Ignacia Pérez desde as oito da tarde. Ás oito e cuarto, pouco despois de incorporarse, observou coma na centraliña aparecían como caídos varias das liñas. Nun primeiro momento pensou que poderían deberse ós frecuentes incidentes cos cables eléctricos, que tocaban accidentalmente aos da telefonía.
Trala medianoite comezou a notar un forte olor a caucho queimado. Saiu ao balcón e notou que había unha gran cantidade de fume. Xusto nese terceiro andar do edificio, na parte traseira, vivía outro empregado do servizo Sr. Robustiano (referido como Salustiano, en algunhas fontes) Villalba Miguel, coa súa muller e cinco fillos, un deles impedido. Robustiano, natural de Palencia, comezara a traballar nos telégrafos de Coruña uns anos antes. Ignacia correu a avisar a Robustiano i este subiu pola escaleira que sube ao faiado e comprobou que a torre estaba chea de lapas. Chamou a un garda municipal polo balcón mentres Ignacia chamaba por teléfono aos bombeiros.
Estes chegaron e atacaron o incendio con dúas mangueiras, unha pola fachada ata o teito e outra polas escaleiras do edificio. En pouco tempo conseguiron apagar o incendio. A propietaria do edificio era a señora viuva de Celada, que acollía a Sombrerería Colón no baixo, a propia central telefónica e tres vivendas. No primeiro piso vivía o industrial D. Fermin Miguelez, dono do restaurante La Cueva. No segunda a modista Dª Herminia Martínez. No terceiro, además da central telefónica, estaba a vivenda de Robustiano.
Anuncio de Sobrerería Colón, a situada nos baixos da central telefónica. Publicado en El pueblo gallego- 30 de maio de 1926.
Este incendio captou a atención do alcalde Francisco Lago, os concelleiros Heraclio Botana, D. Orencio Arosa, Amador Montenegro e Ramón Arbones, o inspector de policia, o Sr. Rodríguez Araujo, así como o xuiz municipal o señor Bernárdez.
Curiosamente, para evitar problemas, decidiuse corta a luz nas dúas fábricas de luz da cidade, deixando sen servizo electrico a toda a cidade. En paralelo, o director da central telefónica interurbana, o Sr. Ardanaz, decidiu cortar os fíos para aillar a central telefónica.
A valentía e axilidade dos bombeiros para sufocar o incendio motivou que recibiran unha mención honorífica por parte do concello, a proposta da comisión de policía.
O 25 de xullo recolle a prensa que xa máis de 200 abonados recuperaran o servizo e que en poucos días xa todos os usuarios terían recuperado o servizo.
Para saber máis:
- Faro de Vigo. 20, 23 e 25 de xullo de 1914
- El Eco de Santiago. Núm 6640, 21 de xullo de 1914
- Noticiero de Vigo. Núm 11861 de 21 de xullo de 1914
- La Correspondencia Gallega. Núm 7362 de 21 de xullo de 1914
Ningún comentario:
Publicar un comentario