As centrais telefónicas facían o rol de locutorios para aquela maioría de potenciais usuarios que non dispuñan de teléfono na casa. Adicionalmente outras ubicacións tamén permitían usar un teléfono mediante uso compartido previo pagamento. As populares cabinas telefónicas de pago por moedas non chegarían ata finais dos anos 50, sendo as primeiras experiencias en Madrid nos anos fináis dos anos vinte do século XX.
Un dos lugares que máis chama a atención e o locutorio telefónico do quiosco do Obelisco, que aparece en fotografías e postais ao estar situado nun dos iconos principais da cidade da Coruña, a poucos da central telefónica no edificio do Casino da rúa Real. Que sabemos deste locutorio?
Postal. O quiosco do obelisco indicando "Teléfonos. Servicio Público". Sen datar.
Primeiro uso como despacho de leite
A prensa recolle en abril de 1906 a apertura dun chalé modernista con luxo e elegancia, para aqueles que gusten de tomar leite crúa ou cocida, baixo a marca de "Lechería Gallega" que contaría con outros puntos de venta da cidade. Durante uns anos de actividades, ata 1914 aproximadamente, deixaría frecuentes anuncios na prensa e certa pegada en forma de fotografías.
El Eco de Galicia : diario católico é independiente : Num. 637 (03/10/1908)
El Noroeste : diario católico regionalista: Ano XVII Número 6066 - 1912 abril 15
Curiosamente este quiosco sería noticia en febreiro de 1909 por unhas liortas nunha folga de pintores, nun momento en que dúas persoas, Alfredo Castro Segade e Ricardo Marcote estaba a pintar de cor verde o mesmo. Este caso chegaría á audiencia en 1911. Tamén en setembro dese ano aparecería una referencia a un impago dun vaso de leite consumido por Jesús González Vázquez que ocasionaría unha multa de 25 pesetas.
En 1911 aparece unha referencia á venda de localidades para o partido de futbol entre o Deportivo e un equipo de Burdeos que estaba na cidade.
Postal do quiosco do obelisco cun carro de "Lechería Gallega". Sen datar
A comisión de Policía no 17 de maio de 1913 do Concello de A Coruña autoriza o traspaso do quiosco de Enrique Teijeiro a Manuel García Juncosa, propietario do Salón Cinema Coruña, para transformalo nun salón para limpabotas.
A nova era do quiosco
En xuño de 1915, tras dous anos levando a concesión, debátese no Concello se cumpre eliminar esa concesión ao considerala "un privilexio". Non volvería o asunto ata maio de 1918, onde se aproba a retirada do quiosco, non se algo de controversia desde as páxinas do Ideal Gallego. Esta retirada tardaría en producirse. Cumpre salientar que en todo momento refírense a él como quiosco para limpabotas, obviando a función de teléfono público.
En 1917 queimouse a central telefónica da rúa Real e, tras uns meses sen servizo, trasladouse á Rúa Juana de Vega. Debe ser nesta época cando abriu como servizo de teléfono público, xa que antes existiría un locutorio na propia central a escasos 25 metros.
El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Num. 400 (16/05/1918)
Adicionalmente, cumpre mencionar que aparece na prensa en múltiples mencións como despacho de billetes para a praza de touros e outras actividades, pero tratábase de outra casilla, situada entre o obelisco e o quiosco, rematada cunha bandeira de España.
Postal onde vese o quiosco e unha casilla independente para a venda de entradas para corridas de touros. Sen datar (~1919)
Un novo acordo do concello impulsa a retirada do quiosco en decembro de 1920, dando un prazo de 60 días, que alongaríase no tempo, xa que a confirmación formal na prensa chegaría en abril de 1921. O concesionario reclamaría que non foi notificado en tempo e forma por parte do concello.
Para saber máis:
- Revista gallega : semanario de literatura e intereses regionales: Ano XII Número 578 - 1906 abril 15
- El Eco de Galicia : diario católico é independiente : Num. 637 (03/10/1908); Num. 925 (09/09/1909); Num. 1425 (16/04/1911); Num. 1467 (04/06/1911); Num. 2077 (18/05/1913); Num. 2820 (10/06/1915)
- El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXVI Número 7440 - 1909 febreiro 25
- El Noroeste : diario católico regionalista: Ano XVII Número 6066 - 1912 abril 15
- El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Num. 400 (16/05/1918); Num. 401 (17/05/1918); Num. 1105 (23/10/1920); Num. 1157 (22/12/1920)
- Acción coruñesa : periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia: Ano II Número 20 - 14 marzo 1921
- La Voz de Galicia: 16 de maio de 1918; 23 de decembro de 1920; 17 de marzo de 1921; 6 de abril de 1921
Ningún comentario:
Publicar un comentario