sábado, 28 de outubro de 2023

A estación Marconi de Fisterra (1913)

A Compañía Nacional de Telegrafía Sin Hilos, domiciliada en Madrid, necesitaba outro punto de conectividad na costa galega para chegar a todos os buques. Tras intentar Cabo Vilán, onde non atoparon un lugar axeitado para colocar a torre e carecer de conectividade telegráfica, que habería que construir, deciden optar por Fisterra, que será vista con bos ollos pola Cámara de Comercio de Coruña para facilitar as comunicacións cos empresarios e consignatarios. 

Tras a estación do Monte Vixiador en Vigo, esta estación estaba chamada a cubrir unha grande extensión, chegando incluso ata as Canarias (aínda que logo a prensa recollería un alcance de 400 quilómetros durante o día). Sería colocada no alto do monte San Guillermo (ou Facho), con 70 metros de altura, nunha elevación natural de 231 metros. Próximos á torre se levantarían douas vivendas con todos os aparatos necesarios

Queda aberta o 1 de decembro de 1913 ao público, que xa podería enviar marconigramas desde as estación s telegráficas. A tasa sería de 4.50 pesetas ou francos (no caso de barcos estranxeiros) por 10 palabras. A primeira mensaxe sería dos Sr. del Río de Coruña nunha mensaxe ao vapor "Konig Friedrich August" da compañía "Hamburg-Amerika Linie" para notificar o número de pasaxeiros a embarcar na parada en Coruña.

Vida gallega  ilustración regional Ano VI Volume IV Número 52 - 25 de febreiro de 1914

Como curiosidade, terían que lidiar coa denuncia do Cruceiro Río de la Planta, que realizou unha denuncia ao goberno español por contar en Fisterra cunha central clandestina en maio de 1915.

O director é Mr. A. C. Lewis (que casaría en 1921 coa veciña Fanny Juan Martinez Herrera), contando como telegrafistas con Mr W. Hicti e os Señores Salvador Más e Emilio de Medrano (que marcharía a Madrid en 1922). A prensa recolle como os telegrafista padeceron o roubo de 42 pezas de roupa branca que estaban nun tendedeiro anexo á estación en 1922.

En maio de 1922 chega destinado de novo a Fisterra, D. Manuel Mari Morante, desde a estación de Carabanchel.  Antes estaría desde a apertura da estación ata 1921, onde tivo tempo de casar con Dª Gloria Dios Soler, filla dun dos fareiros. Manuel sería unha figura de certo renome na sociedade radiotelegráfica española. Nesta época seria sería  director da estación D. Juan Ignacio Gómez de Parada e como telegrafistas menciónanse aos señores Lloret e Manuel Campos Pedreira.

Para saber máis:
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 704 (05/12/1912)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXIV Número 6830 - 6 decembro 1912
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXX Número 8876 - 1913 decembro 2
  • Noticiero de Vigo  diario independiente de la mañana Ano XXVIII Número 11601 - 1913 decembro 13
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano IV Número 1043 - 1913 xullo 18
  • Vida gallega  ilustración regional Ano VI Volume IV Número 52 - 1914 febreiro 25
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 4142 (18/05/1915)
  • El Progreso diario liberal Año XI Número 3198 - 2 de maio de 1918
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIV Número 10139 - 22 de xullo de 1919;  Año XXVI Número 10351 - 4 de febreiro de 1921; Anno XXVII Número 10127 - 10 de abril de 1922; Ano XXVII Número 10162 - 22 de Maio de 1922
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XLVII Número 16517 - 27 de agosto de 1924 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...