Chega a Ferrol para facer probas, en outubro de 1914, o capitán de enxeñeiros D. Braulio Amaro, que tamén tomaría máis adiante o control da estación da Coruña. A estación serviría para probas e formación da armada e para conexión dos buques militares ao logo da costa galega. A prensa indica que os equipos da estación foron levantados neste mes, polo que pode ter un uso moi puntual.
Curiosamente aparece a estación no mapa militar publicado nesta data, pero co acrónomo de R.G. que aclaran na lenda que se corresponde con Estación Radionomiométrica e, por tanto, deseñada para axudar por triangulación a ubicar os buques. Non hai referencias adicionais sobre este tipo de estación ata 1920 (1923 no caso de Ferrol) polo que pode referirse as probas que se realizaron en 1914.
En paralelo, en novembro de 1914 o ministro de gobernación ten permiso para adquirir aparatos e materiais das estacións de Ferrol e Coruña por un importe de 29.920 pesetas. Habería que esperar ata febreiro de 1916 para ter novas. Nesta data fálase da construcción dunha torre con sistema Telefunken na zona militar do arsenal, que se debe inaugurar rápidamente, xa que en maio de 1916 queda asignado o contramestre D. Manuel Varela como conserxe da estación. En decembro de 1919 quedaría nomeado D. Leopoldo Cal y Díaz que xefe da estación telegráfica, que foi antes inspector radioeléctrico con base en Vigo.
A estación radiogoniométrica de Caranza
En 1923 comeza a falarse da estación radiogoniométrica, que comentamos anteriormente, situada no lugar indicado no plano no Prado de Caranza (43º 29' 05''N, 8º 12' 58''W). Asígnande a esta estación: D. Pedro Espiñeira Varela, D. Antonio Fariñós Pérez e D. Jose Ibáñez Almoguera. Comezan a facer probas en agosto de 1924, utilizando o barco "Contramaestre Casado" en viaxe a Santander. Queda aberta ao públic o 22 de outubro de 1924 coas iniciais de chamada EBAW, como queda publicado na Gaceta de Madrid.
En abril de 1925 márcanse as tarifas de servizo, pasando a ser cotas de 10 pesetas por marcación, a recaudar pola Comandancia de Mariña de Ferrol. A cota sería de 10 francos de oro para barcos mercantes estranxeiros a reecaudar, neste caso, pola Dirección Xeral de Comunicacións.
A estación radiotelegráfica do Arsenal
Con respecto á estación do Arsenal, ata 1925 as noticias que aparecen son referidas a deserción dun aprendiz radiotelegrafista, sobre o que se ordena a súa detención, D. Gregorio Cabrera Rodríguez, en xaneiro de 1921. Tamén o pasamento doutro de 20 anos, D. Francisco Ameijeiras Cerviño, por causas naturais, en mayo de 1922.
Para saber máis:
- Galicia revista semanal ilustrada Ano XI Número 29 - 1912 xullo 20
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 720 - 1912 xuño 28; Ano VII Número 1826 - 1916 febreiro 15
- El Progreso semanario independiente Ano VIII Número 1489 - 1914 novembro 20
- El Progreso diario liberal Ano VII Número 2184 - 1914 outubro 8; Ano VII Número 2186 - 1914 outubro 10; Ano IX Número 6414 - 1916 febrero 15
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 7153 (09/10/1914); Num. 7462 (19/10/1915)
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XXVI Número 7408 - 6 setembro 1914
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXI Número 9106 - 1914 setembro 8; Ano XXXII Número 9445 - 1915 outubro 19
- Marín Semanario independiente Num. 87 (13/09/1914)
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 1541 (17/01/1914)
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Año X Número 4053 - 1916 febrero 21
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXXIX Número 12674 - 1916 maio 3; Ano XXXIX Número 12741 - 1916 xullo 25; Ano XLII Número 15102 - 1919 decembro 3; Ano XLVI Número 16289 - 13 de novembro de 1923
- Boletín oficial de la provincia de La Coruña Número 3 - 5 de xaneiro de 1921
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1517 (30/05/1922); Num. 2067 (22/08/1924); Num. 2126 (29/10/1924)
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano VI Número 1611 - 20 de abril de 1929
Ningún comentario:
Publicar un comentario