Alén da estación radiogoniométrica de Ferrol, existiron outras iniciativas nas primeiras décadas do século XX.
Ás estación radio de Ferrol:https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/10/a-estacion-radiotelegrafica-de-ferrol.html
A estación radiogoniométrica de Estaca de Bares
En maio apróbase a compra de material radiotelegráfico e radiogoniométrico así como a construcción de edificios en Estaca de Bares, da que se da orde en novembro de 1924. En marzo de 1925 saen desde A Coruña o comisario D. Federico Ponte Sotillo e o contador de navío D. Diego Arias Fariñas para facerse cargo das obras da estación. En maio de 1925 iría o tenente de enxeñeiros navais D. Fernando San Martín, para recoñocer o novo edificio.
En xaneiro de 1926 coméntase que vai a abrir en breve e que será a primeira de carácter civil que opere en España, xa que o resto (incluida a de Caranza en Ferrol) teñen uso preferente para comunicacións militares. En novembro de 1926 D. Antonio Farinós Pérez, da estación de Ferrol, é trasladado a Estaca de Bares, onde permanece ata setembro de 1928. Cambia de posto con Francisco Ayuso Gabín, que estaba ata esta data en Bares. O mestra telegrafista Alcedo Aranzasti é destinado a Estaca de Bares en decembro de 1926. Neste período de tempo realízanse probas por parte de cañoneiro "Recalde".
En xaneiro de 1927 volve anunciarse que a apertura está próxima. En outubro trasládase o capataz Jose Martínez Sierra xunto a varios operarios para efectuar unhas reformas na estación. Seguen as probas con outro barco, o cañoneiro "Dato", que repite en agosto de 1928. Jose Casanova Sueiras cesa na estación de Bares e regresa á de Ferrol.
O traslado ás Rias Baixas
O proxecto de Estaca de Bares cesa aí. A partir de 1929 búscase, por motivos non aclarados, unha nova localización nas Rías Baixas, contando novamente con Leopoldo Cal Díaz para atopar o mellor emprazamento. Trasládase a Vilagarcía xunto a Antonio Farinós Pérez. Os primeiros ensaios realízanse na praia de Canelas e na de Baltar (ambas en Sanxenxo, nas proximidades de Portonovo). O Concello cede terreos nesta segunda praia. En decembro de 1929 realizan probas coa estación radiogoniométrica desde un avión chamado "Dornier A" tripulado por Luis Cellier Sánchez e Tomás Moyano.
O 23 de xuño de 1931 consta a cesión do edificio de Estaca de Bares de defensa a fomento. Da estación de Baltar en Sanxenxo non volve haber noticias, polo que parece quedar únicamente a de Ferrol operativa.
O artigo sobre radiogoniometría de 1930
A revista Galicia Industrial trae un artigo de B. Calderón desde París sobre as bondades da telegrafía sen fios na navegación, para prevención de catástrofes e describe o concepto de radiogoniometría para a determinación de localización exacta. Suxire a instalación de estacións en Coruña, Fisterra e Vigo, para que recibindo únicamente dúas sinais poidas, estimado os ángulos, determinar a localización exacta do barco ou incluso mellor no caso de recibir as tres sinais.
A revista Galicia Industrial trae un artigo de B. Calderón desde París sobre as bondades da telegrafía sen fios na navegación, para prevención de catástrofes e describe o concepto de radiogoniometría para a determinación de localización exacta. Suxire a instalación de estacións en Coruña, Fisterra e Vigo, para que recibindo únicamente dúas sinais poidas, estimado os ángulos, determinar a localización exacta do barco ou incluso mellor no caso de recibir as tres sinais.
Examplo de triangulación. Galicia industrial y comercial : revista mensual ilustrada: Ano I Número 47 - xaneiro 1930
Para elo recomenda a utlización de antenas instaladas sobre marcos, que poidan xirar, para determinar o pico de recepción para a determinación dos ángulos.
Galicia industrial y comercial : revista mensual ilustrada: Ano I Número 47 - xaneiro 1930
Para saber máis:
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1453 (27/12/1921); Num. 2139 (13/11/1924); Num. 2256 (31/03/1925); Ano XI Número 2780 - 1 de xaneiro de 1927; EAno XII Número 3316 - 20 de setembro de 1928; Ano XIII Número 3430 - 3 de marzo de 1929; Ano XIII Número 3589 - 24 de outubro de 1929
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLVIII Número 16762 - 31 de marzo de 1925; Ano XLIV Número 15709 - 29 de decembro de 1921; Ano XLVIII Número 16853 - 16 de xullo de 1925; Ano XLIX Número 17027 - 27 de xaneiro de 1926; Ano XLIX Número 71204 - 18 de agosto de 1926; Ano XLIX Número 17287 - 23 de novembro de 1926; Ano XLIX Número 17288 - 24 de novembro de 1926; Ano XLIX Número 17312 - 22 de decembro de 1926; Ano XLIX Número 17313 - 23 de decembro de 1926; Ano XLIX Número 17477 - 8 de outubro de 1927; Ano XLIX Número 17482 - 14 de outubro de 1927; Ano XLIX Número 17540 - 22 de decembro de 1927; Ano L Número 17727 - 7 de agosto de 1928; Ano L Número 17764 - 19 de setembro de 1928; Ano LI Número 18120 - 23 de outubro de 1929; Ano LII Número 18634 - 23 de xuño de 1931
- Gaceta de Madrid. 19 de maio de 1922; 1 de agosto de 1922
- Galicia diario de Vigo Número 5 - 29 xullo 1922; Número 8 - 2 agosto 1922
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XV Número 4383 - 13 de novembro de 1924
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano II Número 409 - 23 de maio de 1925; Ano III Número 886 - 5 de decembro de 1926; Ano IV Número 1185 - 23 de novembro de 1927; Ano VI Número 1611 - 20 de abril de 1929; Ano VI Número 1738 - 23 de outubro de 1929; Ano VI Número 1796 - 31 de decembro de 1929
- El Heraldo Gallego Órgano de las colectividades gallegas en el Plata Num. 614 (05/07/1925)
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano XVI Número 5069 - 27 de xaneiro de 1926
- El Noroeste diario católico regionalista Ano XXXII Número 13593 - 23 de novembro de 1927; Ano XXXIV Número 14010 - 6 de marzo de 1929
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XXIII Número 7699 - 9 de marzo de 1929
- El Eco de Santiago diario independiente Ano XXXIII Número 14552 - 23 de outubro de 1929
- El Progreso semanario independiente Ano XXIII Número 10151 - 24 de outubro de 1929
- Galicia industrial y comercial : revista mensual ilustrada: Ano I Número 47 - xaneiro 1930
Ningún comentario:
Publicar un comentario