En maio de 1922 terminaba a montaxe dos radiofaros de Cabo Vilán e Fisterra proxectados polo enxeñeiro D. Mauro Serret, do servizo central de faros e sinais, seguindo as experiencias previas con esta tecnoloxía en Francia. Foron montados pola Compañía Ibérica de Electricidad, de Rafael de la Cerda. En febreiro de 1923 creouse un plan nacional de radiofaros, que debía empezar polo Noroeste, incluindo seis localizacións en Galicia (Bares, Prior, Vilán, Fisterra, Sálvora e Silleiro).
As primeiras probas as fixeron a determinadas horas do día, recepcionando as sináis na estación de Campo da Estrada de Coruña (a unos 60 quilómetros de Cabo Vilán e 75 de Fisterra) e no barco Hernán Cortés, que estivo facendo probas por 15 días. No diario de abordo do barco queda constancia das impresións do comandante onde salienta que con un radiogoniometro (que non levaba) podería localizar o barco nos días de néboa.
Os radiofaros eran xestionado pola dirección de obras públicas e non emitían de maneira directivas, polo que eran os barcos os que debían levar sistemas radiogoniométricos abordo para determinar a súa ubicación. Pola contra, competían con sistemas radiogoniométricos da mariña de guerra (que tiñan en Caranza en Ferrol e, de xeito puntual, en Estaca de Bares e Portonovo) onde era a estación terrestre a que podía detectar a localización dos buques e facilitar esta informacion.
Os seguintes faros previstos serían os de Cabo Silleiro, illa de Sálvora e Cabo Prior, anunciados en 1924 e finalizados a finais de 1925 no caso dos dous primeiros (onde asignarían un torreiro adicional en cada un). O quinto debería ser o de Cabo Prior, pero decidiuse montalo en Machichaco, por ter maior criticidade. En 1929 tiñanse construidos só seis radiofaros en España do plan inicial, pero catro foron en Galicia (Vilán, Fisterra, Silleiro e Sálvora), quedando pendentes Estaca de Bares e Cabo Prior, que non se retomarían ata os anos corenta.
A onda radiada era de 1000 metros por oscilación amortiguada de chispa musical e as antenas de tipo T, cunha parte horizantal apoiada nun extremo no propio faro e constituida por dos (por exemplo no Cabo Vilán, SIlleiro e Sálvora) ou tres fíos (en Fisterra)
No caso de Fisterra seria a letra F (..-.), logo cambiada a FI, con patrón idéntico a Vilán. No caso de Silleiro sería RO (.-. ---) durante 30 segundos e no caso de Sálvora SOO (... --- ---) tamén durante 30 segundos.
Para saber máis:
- El Progreso semanario independiente Ano XVIII Número 3403 - 27 de abril de 1924; Ano XXII Número 10091 - 25 de xullo de 1928
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6213 - 5 de febreiro de 1924; Ano XIX Número 6663 - 15 de outubro de 1925
- La Integridad diario católico Num. 10143 (05/02/1924)
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XLII Número 12156 - 20 de xuño de 1925; Ano XLII Número 12666 - 30 de marzo de 1927
- La Provincia diario de información y de intereses generales Ano III Número 541 - 6 de marzo de 1925
- Correo de Galicia Num. 1112 (15/05/1927)
- El Noroeste diario católico regionalista Ano XXXII Número 13398 - 8 de abril de 1927
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano IV Número 991 - 8 de abril de 1927
- Revista de Obras Públicas. 1929, 77, tomo I (2533): 354-357; 929, 77, tomo I (2534): 370-374
Ningún comentario:
Publicar un comentario