Amador Rodriguez Guerra , nado en Canedo (Monfero) en 1894 foi un xornalista (colaborador de El Ideal Gallego, Ecos del Eume i El Pueblo Gallego, en diferentes fases), escritor ensaista, militar, politico (creou o Partido Radical Agrario Gallego) e propagandista agrario e un represaliado no golpe de 1936 ('paseado' o 19 de agosto) que, na súa corta vida, tivo tempo de publicar dous libros sobre radiotelegrafía e facer probas de receptores creados por el.
As probas co receptor superheterodino nos trens
En xuño de 1925 sae de Ferrol para Madrid para probar un aparato da súa invención, para a recepción e transmisión de radiotelefonía e radiotelegrafía, sobre un tren en marcha durante a noite. Trataríanse das primeiras probas de conectividade en mobilidade destas características es España, ás que se achegaron varios técnicos. O aparato está baseado nun receptor superheterodino de sete lámparas cun fío tendido dentro do vagón, sen ter toma de terra. Foi un gran éxito, ao recibir transmisión de varias estacións americanas.
Escribiu días obras:
- La radiotelefonía práctica:manual práctico y detallado de toda clase de receptores y transmisores de telefonía y telegrafía sin hilos, publicada en Madrid, pola librería Alejandro Pueyo, en 1924
- La recepción de la T.S.H. a larga distancia, coa mesma editoria en 1925.
Para saber máis:
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano XV Número 4890 - 1 de xullo de 1925
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XVI Número 4576 - 3 de xullo de1925
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XLII Número 12156 - 20 de xuño de 1925
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano II Número 433 - 20 de xuño de 1925; Ano II Número 441 - 30 de xuño de 1925
- El Orzán : diario independiente: Año VIII Número 2213 - 20 de xuño de 1925
- La Libertad: Año VII Número 1636 - 21 de xuño de 1925
- La recepción de la T.S.H. a larga distancia, Ed. Alejandro Pueyo. 1925.
- La Voz de Galicia. 7 de xuño de 1924; 20 de xuño de 1925
Amador Rodríguez Guerra (1894-1936) unha voz silenciada do agrarismo eumés.
ResponderEliminarCátedra revista eumesa de estudios nº 17, 2010
Se puede consultar en DIalnet