venres, 17 de novembro de 2023

As pombas mensaxeiras como medio de comunicación (1892-1925)

A primeira referencia sobre a utilización de pombas mensaxeiras foi en 1892, sobre a posibilidade de instalar un pombal na cidade da Coruña, xa que en varias cidades de España xa existían para propósitos militares desde hai bastantes anos.  Ferrol ten una iniciativa similar coincidente no tempo.

O enxeñeiro da armada D. Secundino Armesto instala un pombal en 1893 nunha bufarda da rúa Gravina de Ferrol, onde residía. O xornal El Correo Gallego salienta as diferencias con pombais tradicionais, xa que este conta cunha galería de observación para que as pombas poidan familizarse co terreo. En 1894 aparecen as primeiras probas na prensa cunha solta na Coruña sendo capaces de volver a Ferrol en poucos minutos. Repite as probas desde Rábade, Guitiriz o Caaveiro neste anos. Tamén aparecen iniciativas de colombófilos de Portugal ou Gualajara (sede de pombal oficial do exército) de traer animais a Galicia para facer probas. As pombas cobran importancia como medio de comunicación militar,polo que acadan un certo grado de protección:


Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 127 - 5 de xuño de 1897


A colombofilia en Vigo

En 1902 sería Eduardo Campos de Vigo o que aparecería na prensa como dono dun pombal e participante en probas de solta desde Ourense. 

En 1904 aparece un proxecto de facer un pombal na cidade, de maneira semellante a iniciativas en Ferrol e Coruña nesta época, incentivado pola recentemente creada Sociedade Colombófila de Galicia, de D. Enrique Pereira Borrajo. Parece que se acaba de crear nun piso alto da rúa Real no centro da cidade.  ESte tipo de sociedades aparecen tamén noutras cidades de Galicia en anos posteriores, como é o caso de Coruña que construe un pombal en Santa Margarita. 

O Sr. Bravo Collazo propón en 1904 crear unha rede de comunicacións baseada em pombas que permita comunicar en poucos minutos Bouzas, Cangas, Moaña e otras poboaciónns coa cidade de Vigo. Igualmente para Pontevedra con vilas da súa ría. Indica que o custe o reducido para o transporte de aerogramas (asubío para espantar outras aves, cestos para o transporte, etc)


As pombas perdidas

Outro dos asuntos de chamaba a atención na prensa era a recollida de pombas perdidas, que algunha ocasións tiñan mensaxes misteriosas. O primeiro caso mencionado é en 1897 na parroquia de Meira onde aparecen duas pombas, unha delas, sacrificada por unha moza da vila, cunha inscripción nunha á: "Número 28. F R E O A L".  Mais o caso de maior interese, pola complexidade do caso e das inscricións, pasoulle a Bernardino Maseda de Ferrol.

 El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXVI Número 8845 - 1904 xullo 14

En anos posteriroes seguirán aparecendo na prensa anuncios de outros pombas encontradas e algún anuncio de propietarios que perderon as súas e ofrecen unha gratificación. 

 

As pombas como medio de telecomunicación

En teoría as pombas eran xa utilizadas na antiguidade como mecanismo de comunicación e, nas eras máis recentes, coma no Sitio de París de 1870. En España hai poucas referencias de uso máis alá de como afección, pero si que se fixeron probas como mecanismo para comunicar desde barcos á terra. No caso de Galicia, ao chegar este medio tan tarde, xa prácticamente á par da radiotelegrafía, limitou as posibilidades prácticas, pero a hemeroteca deixa un par de casos de interese:

En 1912 estudantes de Santiago levan pombas a Ferrol á botadura dun acorazado coa presenza real. Comentan como a nova chegou antes a Santiago polas pombas que polo telégrafo. 

A mais curiosa sería en Lugo en 1916. A cidade aínda non tiña teléfono urbano. Correos e telégrafos estaban intervidos polo Estado. Maquinistas aproveitaron pombas mensaxeiras traídas desde Coruña para confirmar a participación nunha folga do servizo ferroviario e que tiveran constancia os compañeiros da Coruña.

El Progreso  diario liberal Año IX Número 6560 - 11 de xullo de 1916




Para saber máis:

  • El lucense  diario católico de la tarde Num. 2283 (30/05/1892); Num. 2838 (14/04/1894); Num. 2911 (12/07/1894)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XVI Número 4354 - 12 de marzo de 1893; Ano XVI Número 4425 - 9 de xuño de 1893; Ano XVII Número 4754 - 8 de xullo de 1894; Ano XIX Número 6146 - 5 de maio de 1896; Ano XXVI Número 8845 - 14 de xullo de 1904; Ano XXXIX Número 12647 - 30 de marzo de 1916
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 81 (15/04/1894); Num. 108 (11/05/1895); Num. 135 (18/06/1904); Num. 202 (01/09/1904); Num. 142 (28/10/1905); Num. 29 (07/02/1912) 
  • El Anunciador  diario de La Coruña y de Galicia Num. 13625 (09/05/1895)
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 127 - 5 de xuño de 1897
  • El Eco de Santiago diario independiente Año II Número 544 - 14 de decembro de 1897
  • El regional  diario de Lugo Num. 9692 (21/07/1897); Num. 6716 (05/06/1902)
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo Num. 2942 (03/10/1900); Num. 3437 (05/06/1902)
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXI Número 3467 - 30 de agosto de 1904; Ano XXV Número 7245 - 29 de xuño de 1908; Ano XXVIII Número 8183 - 23 de agosto de 1911; Ano XXIX Número 8346 - 7 de marzo de 1912
  • El Noroeste Año IX Número 3425 - 2 de xuño de 1904
  • Noticiero de Vigo diario independiente de la mañana Ano XXI Número 5376 - 29 de marzo de 1905; Ano XXVI Número 10930 - 22 de maio de 1911
  • Nova Galicia  revista semanal, órgano dos gallegos é pr'os gallegos n'as Amérecas Ano XXI Número 1022 - 24 de novembro de 1921
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 623 - 1 de marzo de 1912
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2063 (01/08/1915)
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 4233 (07/09/1915)
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 1605 (24/07/1915)
  • El Progreso  diario liberal Año IX Número 6560 - 11 de xullo de 1916

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...