En marzo de 1875, xa coa normativa de red de sinais internacionais públicada e os primeiros semáforo de España en Tarifa e Santander, aparece a primeira referencia á construcción de estacións semafóricas, ao mencionar a necesidade de extender a rede telegráfica a Vigo ás Illas Cíes o, por outro lado, de Viveiro a Estaca de Bares. Finalmente serían tres os semáforos operativos, xestionados todos pola mariña: Fisterra, Estaca de Bares e Monteventoso (en Ferrol). Os dous primeiros funcionan na actualidade como infraestructuras hoteleiras.
Semáforos de Fisterra, Monteventoso e Estaca de Bares no mapa telegráfico de 1899
Seis anos para construir o semáforo de Fisterra (1877-1883)
Históricamente a reclamación principal sería o caso do semáforo de Fisterra. O xornal coruñes El Ejemplo adica un longo artigo en xullo de 1875, con derivadas en reseñas en días posteriores, a esta causa. A Xunta de agricultura, industria e comercio de Coruña por medio do presidente D. Benito MAristany, solicita aoMinisterio de Fomento a instalación deste semáforo, atendendo ao interés xeral dunha instalación desas características . Expoñen a posibilidade de avisar de barcos que vaian cara os portos galegos, notificar de inclemencias no tempo para que busquen refuxio en Vigo ou Coruña (coa vantaxe de cobro de tributos)
Non existen novedades ata 1877. A prensa recolle que a rede telegráfica a Noia debe ser extendida a Muros, Corcubión e Fisterra, para chegar ata o futuro semáforo. Parece existir certa vontade de instalar semáforos en Estaca de Bares e Fisterra. O ministro de mariña contesta ao deputado D.Candido Martínez en maio de 1878 que están traballando nos planos dos semáforos. En novembro de 1878 repite Candido a pregunta.
En xaneiro de 1879 informa o Diario de Ferrol da construcción da estructura de ferro para o semáforo de Fisterra. As obras do edificio saerían a concurso o 28 de febreiro de 1880, por un importe de 37.851,12 pesetas.
O 25 de agosto de 1881 aparece na prensa que o semáforo xa está dispoñible para a súa apertura, aínda que non se fai efectiva (polo menos para o envío de mensaxes) ata o 1 de febreiro de 1882 (mais a liña telegráfica ata o semáforo tardaría algúns meses máis, ademáis dun extravío da máquina telegráfica, polo que abriría máis adiante). Antes o cañoneiro Pelícano, procedente de Vigo, levou a estructura do semáforo.
Porén, en novembro de 1882 vaise a proceder a súa desmantelamento pola existencia de algúns defectos. Manuel Boyen (ordeanza) e Jose Benito Díaz (segundo vixia, procedente de Monteventoso) aparecen asignados a este semáforo neste ano. A apertura definitiva sería o 21 de febreiro de 1883, sendo dispoñible ao púclivo o 1 de marzo de 1883
El Correo gallego diario político de la mañana Ano VI Número 1328 - 27 de febreiro de 1883
Como curiosidade, a prensa recolle o pasamento do segundo vixia, D. José Iglesias Cores, no propio semáforo, en marzo de 1884. Toma posesión en decembro dese ano Jose Miguel Calviño. Outro problema foi a caída dun raio, que causou destrozos no faro en xaneiro de 1885 e obrigou a instalación dun pararraios e a construción dun pozo para o mesmo que saiu mediante poxa de 1562 pesetas en febreiro de 1886.
O 23 de setembro de 1887 fai a primeira intervención de salvamento que aparece documentada. Detectan o naufraxio a 3 millas da coste de Fisterra dun vapor. O semáforo avisa con cohetes e bandeiras da situación, axudando a que barcos de pescas vaian no rescate e salven a parte da tripulación.
Outra morte acontecería en febreiro de 1889, neste caso ao xefe da estación nesa altura, D. Vicente Galán, que sería ocupado polo segundo vixia Jose Miguel Calviño (que fora trasladado un tempo antes ao semáforo de Monteventoso) durante un meses, antes de volver a Ferrol. En outubro de 1889 sería nomeado xefe Ramón Tabeiro Olveira, que estaba ocupando o posto de segundo vixia, e, neste posto, Cipriano Graña Castro, procedente de Monteventoso.
A evolución do posto de vixia do Monteventoso a un semáforo (1881)
O posto de vixia de Monteventoso contaba con militares que informaban das entradas e saídas de barcos pola ría. A finais de 1878 instalan estacións telegráficas na capitanía xeral e no monte, para facilitar as achegas de información.
En xaneiro de 1881 aparece a primeira referencia a conversión deste posto de vixianza nun semáforo marítimo, ao aparecer destinados D. Pedro Tomás Gayol (primer vixia) e D. Jose Benito Diáz Rayon (segundo vixia), procedentes do semáforo de Santander. Porén, habería que agardar ata o 17 de outubro de 1881 para que apareza publicada a apertura oficial do servizo. A prensa recollería de cando en vez as informacións transmitidas desde o semáforo:
El diario del Ferrol periódico de intereses materiales, noticias y anuncios Num. 2484 (28/03/1882)
O troco de vixia entre os diferentes semáforos de Galicia era bastante frecuente, polo que pasaron por Monteventoso unha boa parte dos vixias galegos como Cipriano Graña, que tomaría posesión como xefe en 1888, ou Cayetano Vaello, que estaría nese posto uns anos antes.
Tamén tivo un caso recente de salvamento náutico. O 9 de maio de 1888 un buque que ia de Bilbao a Civitaveccia con ferro roza nuns baixos pola néboa. A mensaxe de auxilio é recollida polo semáforo, que avisa ao vapor Hércules que sae ao seu encontro. Limitouse a escoltalo, xa que o buqe consegur chegar á praia da Malata para a súa reparación.
O terceiro en chegar: O semáforo de Estaca de Bares (1880-1886)
As primeiras referencias firmes ao semáforo de Estaca de bares son de xuño de 1880, onde se comenta a saída do vapor Ferrolano para, mediante probas, analizar a viabilidade da localización do semáforo, trala petición do Ministerio de Fomento. En decembro dese ano aparece a mención na prensa da aprobación do proxecto.
En 1882, xa cos semáforos de Monteventoso operativo e Fisterra en probas, sae publicado o concurso para a construcción do edificio de semáforo de Estaca de Bares por 61.128,14 pesetas. Apenas temos referencias na prensa do semáforo ata maio de 1885 onde menciónase que Cayetano Vaelle pasa a ser o xefe do mesmo (ata 1889, trasladado a Monteventos), que aínda non estaría aberto ao público. A apertura do semáforo aparecería publicada na prensa en xullo de 1886. Outros vixias nestes primeiros anos serían Federico Lojos Malvares e Estanislao Zaragoza.
Como no caso de Fisterra sufriría a caída dun raio. o 26 de marzo de 1890 ás 10 da mañá destruiu catro postes de telégrafos, o fío ata a estación, o propio telégrafo Morse e fundiu o pararraios.
Para saber máis:
- Boletín oficial de la provincia de La Coruña Número 56 - 6 de setembro de 1871; Número 73 - 25 de setembro de 1872; Número 124 - 28 de novembro de 1881; Número 178 - 6 de febreiro de 1886; Número 146 - 26 de decembro de 1888;
- El Eco de Galicia diario de la tarde Num. 101 (22/03/1873)
- El ejemplo Diario de La Coruña Num. 594 (15/07/1875)
- El Diario de Santiago De intereses materiales, noticias y anuncios Num. 917 (21/07/1875); Num. 1372 (31/01/1877); Num. 1550 (11/09/1877); Num. 1872 (07/11/1878); Num. 1887 (25/11/1878)
- El Porvenir diario de noticias e intereses generales. Ano I Número 137 - 25 xullo 187
- El diario del Ferrol periódico de intereses materiales, noticias y anuncios Ano VI Número 1365 - 29 de maio de 1878; Num. 2484 (28/03/1882)
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano I Número 58 - 8 de outubro de 1878; Ano III Número 699 - 22 de decembro de 1880; Ano III Número 659 - 6 de novembro de 1880; Ano III Número 550 - 15 de xuño de 1880; Ano III Número 582 - 24 de xullo de 1880; Ano IV Número 716 - 15 de xaneiro de 1881; Ano IV Número 739 - 10 de febreiro de 1881; Ano IV Número 745 - 17 de febreiro de 1881; Ano IV Número 769 - 18 de marzo de 1881; Ano IV Número 882 - 4 de agosto de 1881; Ano IV Número 899 - 25 de agosto de 1881; Ano IV Número 928 - 1 de outubro de 1881; Ano IV Número 953 - 30 de outubro de 1881; Ano V Número 1016 - 18 de xaneiro de 1882; Ano V Número 1025 - 28 de xaneiro de 1882; Ano VI Número 1328 - 27 de febreiro de 1883; Ano VII Número 1636 - 16 de marzo de 1884; Ano VII Número 1831 - 5 de decembro de 1884; Ano VIII Número 1955 - 7 de maio de 1885; Ano IX Número 2175 - 29 de xaneiro de 1886; Ano IX Número 2328 - 10 de agosto de 1886; Ano X Número 2456 - 16 de xaneiro de 1887; Ano XII Número 2735 - 10 de outubro de 1889; Ano XIII Número 2899 - 1 de maio de 1890
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 13 (17/01/1879); Num. 530 (09/11/1880); Num. 603 (08/02/1881); Num. 796 (14/10/1881); Num. 798 (17/10/1881); Num. 806 (26/10/1881); Num. 807 (27/10/1881); Num. 826 (19/11/1881); Num. 1089 (16/10/1882); Num. 1185 (28/02/1883); Num. 1728 (22/01/1885)
- La ilustración gallega y asturiana revista decenal ilustrada Num. 3 (30/01/1879); Num. 6 (28/02/1880); Num. 2 (18/01/1881); Num. 28 (08/10/1881)
- El telegrama diario de la tarde, imparcial de noticias Ano IX Número 2410 - 14 de xuño de 1882; Ano IX Número 2513 - 17 de outubro de 1882; Ano IX Número 2556 - 7 de decembro de 1882; Ano X Número 2619 - 24 de febreiro de 1883
- Escenas contemporáneas revista política, parlamentaria, biográfica, necrológica, científica, literaria y artística... Num. 13 (01/04/1883)
- Diario de avisos de La Coruña: Ano XVI Número 8394 - 4 de xullo de 1886; Ano XVII Número 9144 - 30 de xullo de 1888
- La Monarquía diario político Ano II Número 239 - 24 de setembro de 1887; Ano III Número 427 - 11 de maio de 1888; Ano IV Número 655 - 18 de febreiro de 1889; Ano IV Número 698 - 12 de abril de 1889;
Ningún comentario:
Publicar un comentario