xoves, 25 de xullo de 2024

O invento de Jose de Cora (1923)

O 30 de setembro de 1920 o oficial de Telégrafos Jose de Cora publica un artigo no xornal técnico de referencia "El Telégrafo Español" sobre unha proposta de montaxe dunha mesa de sección para solucionar a conmutación directa entre estacións dependentes. 

En 1923 consegue a aprobación por parte do director xeral Sr. Pérez Crespo para testalo na provincia de Lugo. A idea sería que estacións como Viveiro e Becerreá puideran comunicarse sen necesidade de facer escala en Lugo. O 10 de febreiro consta na prensa coma sae de Madrid o material para facer as probas. 

As probas finalizarían o 21 de abril de 1923. A prensa describe o invento coma un "circuito múltiple" que liga todos as estacións dunha zona, de xeito similar as centrais de conmutación de telefonía da época. O éxito das probas sería celebrado con xefes e oficiais de Lugo nun banquete en Casa Varela "La Neutral". Asistirían o Sr. González Vicente, Andrés de Olano e o Sr. Goy Díaz, entre outros.



Un artigo na revista Electrón do 10 de marzo de 1924 recolle a xustificación do mesmo cun exemplo. Un despacho da autoridade de Pontevedra dirixido a Guillarei sobre un roubo na fronteira. Este telegrama tivo que ir a Coruña, Lugo, Monforte (para pasar a rede de ferrocarril) e, desde aí a Guillarei. Estas estacións intermedias introducen retardos que fixeron que a mensaxe chegara tarde ao destino. 

As seguintes figuras mostran a montaxe en tres mesas de Lugo, cada unha responsable por tres liñas. O sistema permite mover unhas liñas dunha mesa á outra cos conmutadores A e B e os inversores C e D e utilizar un conmutador múltiple baseado en clavixas, idea herdada das centrais telefónicas.






Para saber máis:

  • El Progreso  diario liberal Ano XIII Número 3940 - 9 de outubro de 1920; Ano XVI Número 4662 - 10 de febreiro de 1923; Ano XVI Número 4716 - 15 de abril de 1923; Ano XVI Número 4722 - 22 de abril de 1923; Ano XVI Número 4723 - 24 de abril de 1923
  • La Integridad diario católico Num. 9909 (28/04/1923)
  • Galicia diario de Vigo - num 178. 17 de febreiro de 1923
  • Electrón do 10 de marzo de 1924

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...