Saltar ao contido principal

A telefonía no primeiro nacionalismo galego (1918)

O 17 e 18 de novembro de 1918 tería lugar a primeira asemblea nacionalista, organizada na cidade de Lugo no teatro Lugo-Salón da Rúa Aguirre (hoxe desaparecido) por parte das Irmandades da Fala. Curiosamente se recolle erróneamente que fora celebrado no Hotel Méndez Núñez.  Nesta asemblea marcaríase o ideario galeguista coa aprobación do Manifesto Nazonalista, considerado hoxe a base da teoría nacionalista ata a Guerra Civil, que deixaba atrás os principios rexionalistas, que non recollía "todal-as aspiraciós" dos presentes.

Teatro Lugo-Salon na marxe esquerda. Ano descoñecido. Arquivo Fernandez Arribes.


Este manifesto, asinado por 67 persoas, incluindo figuras senlleiras como Afonso D. Rodríguez Castelao, Vicente Risco o Anxel Casal, presentaba aspectos modernos na época coma a igualdade de dereitos para as mulleres (' pol-o menos no caso de emigrazón do marido'), así como un réxime fiscal propio, control da educación ou acabar coas deputación provinciais.

No capítulo IV recolle as competencias do Poder Galego, incluido no seu punto sétimo:

Correos e telégrafos: O seu servicio ó carrego do poder Central: a súa creación será cousa do poder autónomo; o servicio dos Teléfonos encarga do Poder Galego. A censura n-estes son poderá ser exercida pol-o Poder Central mais que no caso de guerra.


O teléfono estaba de moda, xa que acababa de chegar a telefonía interurbana a Galicia, e tamén a telefonía urbana á cidade de Lugo.


Fotografía dos asistentes á Asemblea Nacionalista. Autor descoñecido.


 Para saber máis:

  • A nosa terra boletín quincenal  idearium das Irmandades da Fala Número 73 e 74 - 5 de decembro de 1918
  • O Tío Marcos d'a Portela  parrafeos c'o pobo gallego Época Terceira Parrafeo 44 -  7 de decembro de 1918
  • Vida gallega  ilustración regional Ano X Volume VI Número 118 - 10 de decembro de 1918
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXV Número 10381 - 22 de novembro de 1918

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil

Manuel Sanjurjo Otero era o segundo fillo de Antonio Sanjurjo Badía, un famoso industrial e inventor vigués cunha fundición e estaleiros de seu. Manuel, enxeñeiro industrial de formación, axudou nos negocios familiares pero deu o salto a negocios fora da cidade de Vigo. Nunha primeira fase como impulsor do proxecto, e posterior concesionario, da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, construído en 1908 e inaugurada a primeiros de 1909.  Gaceta de Madrid.-Núm. 74 de 14 de marzo de 1908  Antonio comezara a comprar autocares de vapor en 1903 a compañías de Ferrol, Verín ou Santiago para posteriormente adaptalos, na súa nave en Vigo da Industriosa,  para que funcionaran con bencina, un tipo de hidrocarburo. En 1906 consigue a aprobación para comezar o servizo entre Coruña e Santiago, aínda con autocares de vapor, nomeando ao seu fillo Manuel o responsable da liña.  Sería a primeira empresa en Galicia en prestar este servizo motorizado, deixando atrás as pesadas dilixencias. A empresa tiña

O rol do teléfono na catástrofe de tren de Frieira (1915)

  A nova da catástrofe do descarrilamento do tren de Frieira en 1915 chegou rapidamente a Vigo, a través da rede de telefonía da Compañía Peninsular de Teléfonos. O accidente cubriu portadas da prensa en España polo pasamento dunha 19 persoas (a cifra exacta varía dependendo da fonte), moitas delas vencelladas a unha compañía de zarzuela que se desprazaban a actuar a Vigo. Tres vagóns víronse directamente afectados polo corremento de terras. Casualmente, un celador da compañía de teléfonos viaxaba no tren e puido comunicar o accidente desde o mesmo lugar da catástrofe.  Fotografía coloreada onde se observan os fíos telegráficos cortados. Mundo Gráfico. 13 de marzo de 1915 A rede telegráfica do Estado e a paralela da compañía telegráfica víronse afectadas polo derrube e quedaron inutilizadas, polo que non se puido utilizar o sistema de telegrafía do tren. Porén, a nova rede telefónica, que apenas levaba unha semanas en funcionamento, estaba operativa tras empalmar un par de cables.  Ces

O crime da central telefónica de Ourense

O 28 de Xullo de 1916, Braulio González González, 26 anos, natural de Valderas (León), recibe un telefonema, unha mensaxe anónima desde Vigo que di "Acude conferencia 12:30. Garda absoluta reserva. Abelardo". Ao día seguinte preséntase na oficina de teléfonos interurbanos da Compañía Peninsular de Teléfonos, situada na rúa Pereira de Ourense, hoxe na Praza de Bispo Cesáreo 17, servizo que fora inaugurado dous anos antes. O director, Eladio Sanz Bermejo, advírtelle de que por mor dunha avaría técnica nos fíos non pode facer esa chamada ata ás 20h.  Fotografía de Mundo Gráfico do 5 de Xullo de 1916 A esa hora volve e se atopa unicamente con Eladio na oficina. Este pásao a un locutorio, onde volve fallar o teléfono, e logo á oficina do telegrafista. Aí aproveita para darlle un golpe na cabeza cun pico de canteiro para intentar matalo. Braulio queda tan so ferido e, entre gritos de "que me matan", logra escapar e pedir auxilio na rúa. Eladio, acurralado, decide pegarse