Saltar ao contido principal

Os problemas de Jose María Rivera na telefonía de Coruña (1910-1918)

Pasados 20 anos da primeira poxa, de 1888, publícase unha nova poxa a Gaceta de Madrid o 18 de marzo de 1908. O prazo queda aberto ata o 18 de abril vía presentación de propostas na sede do goberno civil ou na dirección de Correos e Telégrados para que se poida celabrar a poxa o 23 de abril de 1908. A concesión sería por un prazo máximo de 12 anos neste caso. A prensa recolle como Jose María Fariña presentaría unha proposición a esta poxa e sería gañador da mesma, tendo a concesión o 21 de xullo de 1908.

Francisco Fiol, o anterior director da rede, cesa o 18 de agosto de 1908, xa que o estado fai unha incautación para ceder a rede ao novo adxudicatario.

A prensa recolle varias incidencias no servizo nos primeiros anos con Jose María Fariña como concesionario:

  • 1 de outubro de 1908: declarouse un pequeno incendio na central telefónica. Débese a un cruzamento do cables de electricidad e telefonía, tras unha tronada. O servizo recuperaríase unha semana máis tarde, tras avisar Jose María Fariña aos abonados.
  • 10 de maio de 1909: cables do teléfono na rúa San Andrés despréndense sobre os de electricidade, tendo que movilizar dous empregados para recoller os arames caidos.
  • 18 de maio de 1909: un cable cae na praza de Lugo, enrollandose nas pernas dun asno propiedade de Tomás Pérez Luengo, que cae ao chan e sofre queimaduras.
  • 21 de decembro de 1909: o vento dos temporais de decembro de 1909 interrompe o servizo telefónico por varios días.
Por razones non clara Jose María Fariña cede o 26 de xullo de 1910 a Jose María Rivera os dez anos de concesión restantes mediante escritura notarial do Sr. Pérez Porto.  

Jose María Rivera Corral (1856 - 1936). Sen datar.



O novo concesionario tería que lidiar con algúns problemas semellantes:
  • 29 de novembro de 1910: o temporal provoca a caída de cables do servizo telefonico
  • 12 de decembro de 1911: caída de cable de telefonía i electricidade no Cantón Pequeno
  • 26 de xaneiro de 1915: o desprendimento dun fío telefónico na rúa da Estrella fixo que tocara o cable eléctrico que derribou a unha mula que tiraba dun carro propiedad de Jose Naya Mallo.
  • 28 de febreiro de 1915: un conato de inecncio na torre da central telefónica por un cortocircuito cos cables eléctricos. A avaría tardaría un par de día en arranxarse. 
  • 13 de agosto de 1915: o alcalde impuso unh sanción de 50 pesetas a Jose María Rivera por colocar un poste na rúa Castiñeiras de Abaixo sen autorización
  • 8 de xaneiro de 1916: A comisión provincial de A Coruña decidiu denuncias á empresa explotadora da rede urbana por cortar sen permiso árbores da estrada entre Coruña e Sada ademais de roubar a leña dos mesmos.
  • 5 de novembro de 1916: o temporal leva varios postes de teléfono nos que se desprenderon fíos que tras contactar con cables eléctricos provocaroon chispazos.
e tres principais: a caída dos postes de 1912, que veremos neste post, o incidente coa compañía interurbana (ligazón) e o incencido na central de 1917.


A caída masiva de postes do 16 de outubro de 1912

Por mor de terse desprendido un fío sobre os cables de alta tensión pola caída dun poste corcomido da rúa Compostela mentres se estaban realizado un traballos por parte de varios operario.  Fundíronse varios fíos e caeron varios postes do recheo, Cantóns e da rúa Compostela ao non ter o contrapeso dos postes contrarios, incluso o poste de ferro próximo ao obelisco. Coa caída dos postes caeron arbores dos xardíns de Méndez Nuñez. Afortunadamente non aconteceron víctimas deste suceso, pero tivo uns danos valorados en máis de 10.000 pesetas. 

O concesionario, Jose María Rivera, tivo que pedir a Madrid cable de cobre.  Jose María comenta ao alcalde, o Sr. Martínez Fontela, que a causa é a falta de protección nos cables eléctrico. O concello ordena retirar un poste da Praza de Lugo e outro da rúa Santa Catalina.

En novembro de 1912  concesionario comeza instalar 14 postes na vía pública en sustitución dos afectados pero o alcalde Lafuente comenta que os novos son totalmnete antiestéticos, e que non están á altura do agardado para os Cantóns. Agardaba que foran de ferro en lugar dos de madeira. Jose María Rivera ten o apoio do concelleiro D. Juan González Rodríguez que indica que os postes de castiñeiro son igual de bos que os de ferro. Jose María recibe a autorización para colocar un poste de madeira para valorar se queda estético nos Cantóns, pero o resulta é negativo, polo que obrigan ao concesario  ausar o modelo de postes que usa a compañía eléctrica.

O 22 de novembro de 1912 a rede seguía ser servizo e comeza a haber voces que reclaman solucións, polo que se autoriza a instalación dos postes provisionais de eucalipto coa base pintaba, que cruzaban os Cantóns diagonalmente e que non gustan a varios concelleiros. O arquitecto municipal comprométese a analizar a mellor colocación dos postes. Nos plenos do 12 de febreiro e 16 de abril de 1913 aínda non estaban pintados os postes, polo que xurden queixas por parte de concelleiros.

Acordado o traslado dos postes, o concesionario solicita ao concello que se lle conceda o 60% do custo dese traslado o 11 de febreiro de 1914.  A rotura dun poste da zona do recheo o 4 de xullo de 1915, leva de novo o tema dos postes ao pleno do 7 de xullo, o concelleiro Sr. Menlle propón que se tiren os postes telefónicos do paseo e xardíns de Méndez Núñez, pola ameaza de que caian. Acórdase que o concesionario cambie os múltiples cables por uns múltiples (un cable con varios fíos), que se explore a posibilidade de que vaian soterrados e que de ser necesarios o postes se instalen de ferro. O alcalde o Sr. Ozores Pedrosa trasladaría o acordo ao concesionario cun prazo de 3 meses para facer a reforma e visitaría o lugar do suceso, decretando que se pechase a zona ao tránsito, polo risco de caída.

O 10 de decembro de 1916 publícase unha carta no xornal El Noroeste, asinada por varios comerciantes. na que se laian do ton provocativo e desafiador de Jose María Rivera e reclaman que cumpla o seus compromisos sobre os cambios de postes para evitar caídas, calidade dos cables, reducción dos cruces de liñas e frecuentes indisponibilidades da rede, etc. Introducen o asunto da calidade dos teléfonos, xa que comentan que só se entende unha sílaba de cada palabra e o custe do servizo. Indican que está cobrando as tarifas máximas do servizo, sen ter en conta a rebaixa que propuso na poxa, e que tras reclamación de usuarios viuse obrigado a devolver diñeiro. Outro abonado publica unha carta animando aos abonados a darse de baixa do servizo.

No pleno do concello do 7 de febreiro de 1917 pídese ao arquitecto municipal a relación de postes que non reunen as condicións regulamentarias. Todo finaliza no xulgado, xa que Jose María Rivera leva a decisión do concello do 7 de xullo de 1915. O Gobernador Civil Jose Boente dicta sentenza o 12 de xuño de 1917 a favor do concesionario, xa que as competencia para decidir a idoneidade da rede urbana estarían delegadas no xefe de telégrafos da poboación. O concello decide recorrer no pleno do 10 de setembro de 1917.

Mentres tanto, no pleno de 14 de marzo de 1918, apróbase o cambio de algúns postes por parte do concesionario na Praza de Pontevedra, estrada de Santa Margarita (agora Av. Fisterra), rúa Paio Gómez e Praza de Galicia. Porén, o preito segue. O concello busca un novo letrado para xestionar o pasamento do D. Ramó Patiño Castro. 


Para saber máis: 

  • El Noroeste Ano XIII Número 4595 - 19 de marzo de 1908; Ano XIII Número 4599 - 24 de marzo de 1908; Ano XIII Número 4723 - 18 de agosto de 1908; Ano XIII Número 4762 - 2 de outubro de 1908; Ano XIV Número 4951 - 11 de maio de 1909; Ano XVII Número 6127 - 6 de xuño de 1912; Ano XVII Número 6281 (07/11/1912); Ano XVII Número 6289 - 15 de novembro de 1912; Ano XVII Número 6291 - 17 de novembro de 1912; Ano XVII Número 6294 - 20 de novembro de 1912; Ano XVII Número 6296 - 22 de novembro de 1912; Ano XVII Número 6323 - 19 de novembro de 1912; Ano XVII Número 6324 - 20 de novembro de 1912; Ano XVIII Número 6378 - 13 de febrero de 1913; Ano XVIII Número 6440 - 17 de abril de 1913; Ano XVIII Número 6454 - 1 de maio de 1913; Ano XX Número 9894 - 1 de marzo de 1915; Ano XX Número 9480 - 8 de xullo de 1915: Ano XX Número 9481 - 9 de xullo de 1915; Ano XX Número 9482 - 10 de xullo de 1915; Ano XX Número 9517 - 14 de agosto de 1915;  Ano XXI Número 9986 - 10 de decembro de 1916; Ano XXI Número 9988 - 12 de decembro de 1916; Ano XXII Número 9944 - 8 de febreiro de 1917; Ano XXII Número 10079 - 24 de xuño de 1917; Año XXII Número 10149 - 11 de setembro de 1917
  • La Voz de Galicia  - 19 de marzo de 1908; 15 de abril de 1908; 18 de agosto de 1908; 22 de decembro de 1909; 24 de decembro de 1909; 30 de novembro de 1910;  7 e 15 de novembro de 1912; 20 e 22 de decembro de 1912; 8, 9 e 13 de xullo de 1915; 11 de setembro de 1917; 14 de marzo de 1918
  • La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XX Número 5438 - 27 marzo 1908
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña Número 74, 31 de marzo de 1908
  • El Eco de Galicia  diario católico é independiente Num. 636 (02/10/1908); Num. 642 (09/10/1908);  Num. 828 (19/05/1909); Num. 1779 (06/06/1912);  Num. 1894 (18/10/1912); Num. 1911 (07/11/1912);  Num. 1923 (21/11/1912); Num. 1947 (19/12/1912); Num. 2050 (17/04/1913); Num. 2336 (12/02/1914); Num. 2898 (08/07/1915); Num. 2980 (28/09/1915)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XVI Número 9123 - 13 de decembro de 1911
  • Faro de Vigo - 17 de outubro de 1912
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 238 (18/10/1912)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXIX Número 8534 - 19 de outubro de 1912
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (27/01/1915)
  • El Progreso semanario independiente Ano X Número 1838 - 18 de xaneiro de 1916
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año X Número 4106 - 6 de novembro de 1916
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña  Número 113 - 20 de maio de 1916
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente  Num. 84 (24/06/1917) ; Num. 155 (11/09/1917); Num. 338 (14/03/1918); Num. 555 (07/11/1918); Num. 641 (27/02/1919).
  • El Orzán  diario independiente Ano I Número 42 - 14 de marzo de 1918; Ano I Número 259 - 7 de novembro de 1918

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil

Manuel Sanjurjo Otero era o segundo fillo de Antonio Sanjurjo Badía, un famoso industrial e inventor vigués cunha fundición e estaleiros de seu. Manuel, enxeñeiro industrial de formación, axudou nos negocios familiares pero deu o salto a negocios fora da cidade de Vigo. Nunha primeira fase como impulsor do proxecto, e posterior concesionario, da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, construído en 1908 e inaugurada a primeiros de 1909.  Gaceta de Madrid.-Núm. 74 de 14 de marzo de 1908  Antonio comezara a comprar autocares de vapor en 1903 a compañías de Ferrol, Verín ou Santiago para posteriormente adaptalos, na súa nave en Vigo da Industriosa,  para que funcionaran con bencina, un tipo de hidrocarburo. En 1906 consigue a aprobación para comezar o servizo entre Coruña e Santiago, aínda con autocares de vapor, nomeando ao seu fillo Manuel o responsable da liña.  Sería a primeira empresa en Galicia en prestar este servizo motorizado, deixando atrás as pesadas dilixencias. A empresa tiña

O rol do teléfono na catástrofe de tren de Frieira (1915)

  A nova da catástrofe do descarrilamento do tren de Frieira en 1915 chegou rapidamente a Vigo, a través da rede de telefonía da Compañía Peninsular de Teléfonos. O accidente cubriu portadas da prensa en España polo pasamento dunha 19 persoas (a cifra exacta varía dependendo da fonte), moitas delas vencelladas a unha compañía de zarzuela que se desprazaban a actuar a Vigo. Tres vagóns víronse directamente afectados polo corremento de terras. Casualmente, un celador da compañía de teléfonos viaxaba no tren e puido comunicar o accidente desde o mesmo lugar da catástrofe.  Fotografía coloreada onde se observan os fíos telegráficos cortados. Mundo Gráfico. 13 de marzo de 1915 A rede telegráfica do Estado e a paralela da compañía telegráfica víronse afectadas polo derrube e quedaron inutilizadas, polo que non se puido utilizar o sistema de telegrafía do tren. Porén, a nova rede telefónica, que apenas levaba unha semanas en funcionamento, estaba operativa tras empalmar un par de cables.  Ces

O crime da central telefónica de Ourense

O 28 de Xullo de 1916, Braulio González González, 26 anos, natural de Valderas (León), recibe un telefonema, unha mensaxe anónima desde Vigo que di "Acude conferencia 12:30. Garda absoluta reserva. Abelardo". Ao día seguinte preséntase na oficina de teléfonos interurbanos da Compañía Peninsular de Teléfonos, situada na rúa Pereira de Ourense, hoxe na Praza de Bispo Cesáreo 17, servizo que fora inaugurado dous anos antes. O director, Eladio Sanz Bermejo, advírtelle de que por mor dunha avaría técnica nos fíos non pode facer esa chamada ata ás 20h.  Fotografía de Mundo Gráfico do 5 de Xullo de 1916 A esa hora volve e se atopa unicamente con Eladio na oficina. Este pásao a un locutorio, onde volve fallar o teléfono, e logo á oficina do telegrafista. Aí aproveita para darlle un golpe na cabeza cun pico de canteiro para intentar matalo. Braulio queda tan so ferido e, entre gritos de "que me matan", logra escapar e pedir auxilio na rúa. Eladio, acurralado, decide pegarse