venres, 24 de febreiro de 2023

Os primeiros anos da telefonía en Tui

Publicado en Castellum Tude. Nº8. Instituto de Estudos Tudenses.


O teléfono pasou en poucos anos da investigación a explotación comercial. Fronte ao acontecido co telégrafo, que quedou sempre nas mans do Estado, o teléfono foi pasando de mans privadas (en rexime de explotación por concesións) a públicas en varias ocasións, dependendo do perfil do Goberno. Os regulamentos telefónicos de 1903, 1909 e 1914 permitían tanto a iniciativa privada como a pública, por parte de deputacións, mancomunidades ou concellos.

Unha circular enviada polo Director Xeral de Comunicacións, o Sr. Emilio Ortuño Verte, o 12 de Xaneiro de 1915 foi o punto de arranque do teléfono en Tui, que ata ese momento só tiñan outras cidades de Galicia (as sete principais agás Lugo) e froito de concesións a compañías privadas. Tui sería un dos primeiros en Galicia en apostar polo teléfono urbano públic, xunto a Ponteareas, Ribadeo e a cidade amurallada.

Antes houbera pequenas iniciativas para establecer o teléfono, como foi unha proposta dunha compañía lisboense para traer a electricidade e telefonía a finais do s.XIX, o proxecto de dotar de telefonía a aduana en 1894 ou a instalación dun teléfono en 1896 entre a fábrica de luz de Tomiño e a sede da compaía dos señores Comesaña e Leiras, cun proxecto levado a cabo por Jesús Adrán.

“Polo acordo nesta data, resolvo o establecemento de 22 centros telefónicos urbanos que, o son capitais de provincia o contan con máis de 20.000 almas. Estes centros explotaranse polo Estado da mesma forma co servizo ao cargo do corpo de Telégrafos.

Co desexo de que a comunicación telefónica poida espallar os seus beneficios ao maior numero de poboacións sen ter que esperar a que atraia os intereses da industria privada, chegou o momento que os xefes de telégrafos conviden aos veciños a través dos alcaldes e cámaras de comercio a que se subscriban, sendo a Dirección a responsable da autorización […] serán os xefes de sección os que indicarán o persoal e material necesarios. […] As instalacións levaranse a cabo ata os limites orzamentarios. ”

O Xefe da estación telegráfica de Tui, D. Manuel López Barreiro, informou ao alcalde da posibilidade de ter o teléfono urbano por iniciativa público. Anos atrás, 1907, xurdira unha iniciativa semellante pero fracasara


A CAPTACIÓN DOS PRIMEIROS ABONADOS


O sábado 20 de febreiro de 1915, o alcalde D. Manuel Cela Fernández, a petición do xefe de Telégrafos, convocou unha reunión no Concello con industriais, comerciantes e profesionais de Tui, para tratar a conveniencia da instalación do servizo telefónico urbano en Tui. Nesa reunión nomearon unha comisión (o propio alcalde, Pío Abundancia, Rodriguez Conde, Canuto Santolalla, Rivas Bugarín, Sabino Jurado e o Director de La Integridad) para facer propaganda entre a veciñanza co gallo de conseguir abonados ao servizo, así como explorar as posibilidades técnicas de cara a súa implantación. Tentan recoller tamén o apoio de D. Mariano Ordóñez, deputado nas cortes polo distrito de Tui, para que fose aprobada a financiación, así como captar unha mostra de interese do bispo.No seguinte pleno municipal do 24 de febreiro de 1915, acordouse que o concello colaborara, incluíndo a impresión dos boletíns para conseguir novos subscritores, así como que tanto o propio concello como o fielato (oficina para o pagamento das taxas de mercadorías) foran abonados ao servizo.

O primeiro día de captación de abonados reportan ter conseguido 36 novos subscritores. O 26 de febreiro aparece publicado en La Integridad, unha primeira listaxe dos subscritores:

  • Doña Avelina Caballero Torres

  • D. Sabino Jurado (dúas instalacións)

  • Ignacio García Sánchez

  • Manuel Cela Fernández

  • Jose Rey Amoedo

  • Pio Abundancia Álvarez

  • Manuel Bargiela Folgar

  • Ramón Lorenzo Rodríguez

  • Alfredo P. Alcalde

  • Darío Álvarez Limeses

  • Martín Lázaro Calvo

  • Jose Gándara Hermida (dúas instalacións)

  • Higinio Pita Brandáriz

  • Juan Álvarez Cordero

  • Casal y Blanco

  • Juan Areses Alonso

  • Rafael Areses Vidal

  • Evaristo Areses Alonso

  • Jose María Pérez Barreiro

  • Estanislao Ferreira y Martínez de Argenta

  • Jose Miranda Llana

  • Juan Luis P. hermida

  • Benito Pérez Álvaarez

  • Tomás Vicente Vázquez

  • SAntiago Beneytez Marcos

  • Ricardo R. Román

  • Salvador Fernández Ferreira

  • Manuel López Vázquez

  • Ignacio Diz Pérez

  • Ricardo Padín Ocampo

  • Francisco Vaquero

  • Maximino Pérez y Pérez

  • Florentino Estévez Lago

  • Casino de Tuy


Os boletíns podíanse recoller na propia casa do Concello ou nos comercios de Sabino Jurado ou Modesto Rodríguez Conde. O día seguinte aparece unha segunda listaxe:

  • Dª Leonisa Sánchez

  • Ignacio Ferreira

  • Fernando Pérez Hermida

  • Segismundo Cal

  • Luis M. Durán

  • Antonino Cerviño

  • Canuto Santolalla

  • Leopoldo Moreira Conde

  • Jose González González

  • Jose García Rodríguez

  • Alejo Diz Jurado

  • Jose Sarmiento Ozores

  • Jose García Sánchez

  • Jesús Rivas Bugarín

  • Modesto Rodríguez Conde

  • Jose Fernández González

  • Heriberto Fernández Estévez

  • Verísimo Abundancia

  • Rafael Ruybal

  • Marcelino Herránz

  • Manuel Martínez Posse

  • Carlos Comenaña Pino

  • Seminario COnciliar

  • Concello (dúas instalacións)

  • La Integridad


O 1 de marzo de 1915 publícase que os primeiros boletíns de subscrición se entregaran ao xefe da estación telegráfica, D. Manuel López. Ademais incluese unha terceira listaxe con novos subscritores:

  • Dª Dolores Pérez

  • Victoriano Serrano de la Riva

  • Luis de la Peña Gavilán

  • Manuel Fernández Montes

  • Jose María Muerza

  • Carlos de la Peña

  • Manuel Pino Sánchez

  • José Blanco y Blanco

  • Juan Cachafeiro

  • Antonio Amorín Ochoa

  • Benito Álvarez Rodríguez

  • Julián de Saracho

  • Laureano Medina

  • Gonzalo Gutiérrez

  • Palatino Pereira

  • Juan B. de Oliveira

  • Víctor de la Vega Bascarán

  • Vicente Casares

  • Manuel Casares

  • José Herráiz Ruybal

  • Antonio Guimaré

  • Juventud Artística


falando xa de 86 abonados, que se incrementan a 90 abonados no 3 de marzo, servindo como mostra de interese e para certificar a masa crítica para poder conseguir a implantación do servizo.

Isto chegaría pronto. O pleno municipal do 24 de marzo de 1915, que tamén recolle a prensa escrita, menciona que a corporación recebe a comunicación por parte de D Mariano Ordóñez para confirmar que o director de Correos e Telégrafos tiña concedido o Centro telefónico urbano.

DOUS ANOS PARA A CONSTRUCIÓN DA REDE URBANA


Un mes máis tarde, en abril de 1915, sería o propio Director de Correos e Telégrafos, o Sr. Ortuño y Berte, quen comunicaría ao deputado o Sr. Ordóñez o inicio destas obras.

Antes, o 23 de marzo de 1915, xa se tiña publicado que o xefe de Telégrafos, D. Julio Herreros García, estaba na cidade de Tui para comezar os traballos para a creación dun centro telefónico urbano, así como para o estudo de crear a rede para dotar de conectividade a Tomiño, como posible vila dependente do novo centro de Tui. Dous meses máis tarde, o 31 de maio son o inspector de Correos e Telégrafos D. Emilio Novoa de la Vega e o xefe de Sección don Enrique Holgado Romero os que visitan Tui para planificar as obras do servizo.

O proxecto de rede urbana non se limitaba a Tui, xa que a idea era que Goián, Caldelas ou Porriño dependeran dese centro telefónico a construír. O regulamento de 1914 recollía a posibilidade de atender desde centros urbanos poblacións ata 15 km. Así, xa no verán de 1915, menciónase a o comezo das instalacións entre Tomiño e Tui, dando conta de que os postes telefónicos estanse a instalar nas rúas e que estes dificultan o tránsito (ademais de pecar de certa falta de estética). Sobre este asunto, xa en 1916, recóllese nun pleno municipal unha pregunta do concelleiro D. Fernández Ferreira preguntando sobre a idoneidade dos postes na rúa Elduayen (hoxe Paseo de Calvo Sotelo), apuntando a posibilidade de seren cubertos de aluminio ou reemprazados por outros de ferro cando o servizo xa estivera operativo.

Poste telefónico no paseo de Elduayen. Postal posterior a 1917.



Comezan os atrasos. No pleno municipal do 3 de Xaneiro de 1916 ínstase ao Deputado polo distrito, D. Mariano Ordóñez, así como ao Director de Correos e Telégrafos, D. Francos Rodríguez, para que inclúan dentro do novo orzamento anual o diñeiro necesario para a construción da rede, obtendo, en datas posteriores, unha resposta afirmativa que foi recollida pola prensa.

De xeito parecido o proceso de captación de abonados en Tui, en febreiro de 1916 recolle La Integridad o interese de potenciais abonados no O Porriño: a Casa de Concello, D Jose Carrera Ramilo, D. Ramón González, D. Manuel Paz Varela, Dª Rudesinda Rey Rodríguez, D. Juan Cabaleiro Comesala, D. Emilio Santos Herrero, D. Gabino Iglesia Ávila, D. Hipólito Hermida Oubiña, D. Toribio de la Aldea García, El Eco de Porriño y Mos e D. Antonio González Fornos, que nun primeiro momento estarían na rede de Tui pero que finalmente quedarían excluídos.

Neste mes de febreiro de 1916 foi enviado a Madrid o proxecto de Tui, realizado polo Inspector de liña de Vigo D. Vicente Aguado, agardando por un rápido visto bo por parte da Dirección de Comunicacións. Esta aprobación prodúcese en marzo, segundo o pleno municipal.

Dende abril de 1916 hai un regueiro de novas na prensa local sobre os continuos adiamentos da instalación, froito da chegada tardía de materiais polo conflito bélico internacional, a especulación sobre as datas de inicio das obras dos diferentes ramais ou a falta de adicación do persoal técnico (brigadas de celadores) ou de Inspector Xefe de liña, o Sr. Herreros García.

En maio de 1916 confírmase a aprobación do orzamento de 4.496 pesetas para a construción do teléfono urbano. Porén, nas seguintes datas segue a preocupación na prensa local por considerar que as obras seguen paradas. Estas parecen retomarse o 8 de xuño, chegando ata Carregal (Tomiño). Tanto La Integridad como a Cámara de Comercio telegrafan ao Director de Comunicacións e ao Deputado polo distrito D. Mariano Ordóñez en sinal de agradecemento.

Xa en xullo trabállase na colocación do templete de ferro para terminación de liñas no centro telefónico, obra de ferreiros locais. Nesas datas infórmase tamén da recepción da central telefónica e dos 60 primeiros aparatos para ser instalados nos domicilios, así como da finalización da rede ata Goián e o inicio da extensión cara Porriño, que volven pararse uns meses por falta de subministros ou dispoñibilidade dos operarios, ocupados nas reparacións en Vigo.

O 14 de outubro de 1916 recíbese unha comunicación por parte do deputado Ordóñez e o Director de Comunicacións, Francos onde informan de que retomarán a instalación en Tui tras solucionar os problemas. A brigada chegaría esa mesma semana acompañada do inspector de telégrafos, o Sr. Aguado, conseguindo finalizar a instalación ata Guillarei o día 20 dese mes, tendo que parar novamente a extensión ata Porriño ata mediados de novembro.

En novembro de 1916 visitaron a vila de Tui o inspector rexional de telégrafos, D. Valentín Margarida Bernabé, que volve de novo en Xaneiro de 1917, e o director de telégrafos de Vigo, D. Gorgonio Sevillano, co obxectivo de supervisar as obras. Trasladan as súas inquedanzas a La Integridad, como principal impulsor do servizo, sobre a falla de materiais. Tamén visita a cidade o inspector de telégrafos, o Sr Aguado, en varias ocasións cando se retoman as obras xa no mes de decembro de 1916.

En febreiro de 1917 comeza a traballarse na tirada do cable a Caldelas. O locutorio xa está listo e vaise recibindo progresivamente o material restante (bobinas térmicas, aparatos telefónicos, etc). Agárdase polo fío de cobre para acabar a instalación ata Porriño, que tiña xa instalados os postes. O Xefe de liña da sección de Pontevedra, D. Julio Herrero, asume a dirección das obras para a instalación dos circuítos interiores do teléfono urbano. Julio ten que viaxar a Madrid para reclamar un maior orzamento e tentar conseguir máis fío de cobre para poder rematar a instalación. A través do Sr Ordóñez chegan novas sobre a aprobación de dito orzamento.

O tendido do cable cara Vigo comeza o 20 de abril de 1917, finalizando o 23 de xuño mentres seguen as obras da rede urbana. Consta neste período unha nova visita do inspector rexional de telégrafos, D. Valentín Margarida para supervisar as obras, onde algúns dos primeiros abonados aproveitaron para comunicarse desde os seus domicilios e así facer as primeiras probas do servizo.

27 de agosto de 1917: TEMPO DE INAUGURACIÓN



En agosto de 1917, recóllese un amplo artigo en La Integridad para comentar tódolos pasos realizados para conquistar o servizo telefónico en Tui. Ponse en valor a iniciativa do Director Xeral de Comunicación, D. Emilio Ortuño, de crear centros telefónicos en múltiples vilas e cidades, a pesares das dificultades no subministro de materiais motivadas pola guerra.

Anúnciase tamén que a data de inauguración do teléfono que coincidirá coa homenaxe ao novo bispo de Tui Dr. Lago González, para que poida bendicir o novo centro e dar unha maior solemnidade o evento.

Continúase coa instalación de liñas de abonado, supervisadas polo Xefe de liña Sr. Herreros, agardando ter o maior número posible de usuarios para a data da inauguración. En paralelo, a veciñanza emite un telegrama de agradecemento ao Director de Comunicacións polo seu esforzo.

Poucos días antes da inauguración desprázase Julio Herreros a Vigo para facer probas de chamadas desde o centro telegráfico. E chega o día da inauguración, onde están presentes a maior parte das forzas vivas da cidade, entre políticos, estamento eclesial e militar, non constando fotografía do evento. Dentro da sede de centro telefónico instalouse unha capeliña para poder facer a bendición por parte do bispo. Houbo unha intervención por parte do xefe da sección de Vigo, D. Gorgorio Sevillano, na que acabou pedindo a nacionalización do propio servizo de telefonía, petición recurrente do corpo de telégrafos e avalada por experiencias similares noutros países, que non se faría realidade ata 1924 e por parte dunha empresa pública non ligada ao corpo de telégrafos.




Na intervención do bispo Lago González comentou que a igrexa asociábase a “tódalas formas de progreso verdadeiro, estando sempre do lado da ciencia”. Falou tamén do telégrafo como elemento que “leva a través do espazo todas ás ideas que xorden da mente, mentres que o teléfono transmite tamén os afectos que brotan do corazón”.

Aproveitouse o evento para mandar telegramas de louvanza ao director de Comunicacións, Sr. Ortuño e aproveitar para reclamar a interconexión coa rede urbada de Vigo, ao que daría resposta afirmativa en datas posteriores. Tamén se mostrou o agradecemento ao Xefe de liña Sr. Herreros e os seu capataz Sr. Angel Rodríguez. Outros políticos (incluídos o Sr Ordóñez e González Besada) tamén recibiron telegramas nesa liña aos que darían resposta nos días posteriores. La Integridad e Faro de Vigo falaron por teléfono co xefe de servizo de Vigo. D. Antonio García Álvarez, así como cos colegas de Faro de Vigo nesa cidade.

Nesas datas refórzase o servizo mediante a incorporación de funcionarios como D. Eudoro Fernández Murientes, oficial mecánico da sección de Vigo, e D. Joaquín Felloy, oficial de telégrafos, ambos de xeito temporal.

A prensa publica as condicións e prezos da subscrición, onde existían estas categorías conforme á tipoloxía do abonado, conforme ao publicado no regulamento de 10 de xullo sobre tarifas máximas.

  • Abono de familia: 4 pesetas

  • Abono de comerciantes e negocios: 4,80 pesetas

  • Abono para posadas e fincas de varios inquilinos: 5,60 pesetas

  • Abono para casinos: 6,40 pesetas

  • Abono para hoteis: 8,10 pesetas

  • Abono para cafés, restaurantes i estacións do ferrocarril: 10,40 pesetas


Imaxe. Primeiro anuncio en prensa local con número de teléfono.  28/febreiro/1918. La Integridad, número 8365.


O servizo está operativo de abril a setembro de 7 da mañá a 10 da noite mentres que de outubro a marzo comeza ás 8 da mañá finalizando á mesma hora.

Imaxe. Instrucións do uso dos aparatos telefónicos. 28/maio/1918. La Integridad, número 8437.




A HOMENAXE AO VALEDOR: DARIO ÁLVAREZ LIMESES


O 5 de setembro de 1917 ofrécese un banquete homenaxe a Darío Álvarez Limeses, redactor de La Integridad, na fonda de Generosa Parada, como o persoeiro que máis esforzos realizou para acadar o servizo telefónico en Tui. Os principais asistentes foron:
  • Eusebio Lerones (Gobernador militar)

  • Jose Luis Pérez Hermida, organizador da homenaxe

  • Enxeñeiro Sr Areses

  • Sr Viquiera (administrador da alfándega)

  • Sr Lozano (Comandante de infantería)

  • Benito Ulloa (juez de instrucción)

  • Luis Durán

  • Pablo Bugarín

  • Canuto Santolalla

  • Carlos Comesaña

  • Venancio Varela

  • Benito Pérez

  • Federico Moreno

  • Pablo T. Santolalla

  • Armindo González Vallejo


Darío aproveitou para agradecer a Sr. Ordóñez, Francos e Ortuño os seus esforzos para conseguir o teléfono en Tui. Agradecementos que logo enviarían por telegrama, asinado polos participantes e que obterían resposta en datas posteriores.

A anécdota xurdiu tras unha mención de agradecemento a Sr. Rafael Areses por doar a madeira árbores necesarias para a construción de postes na rede telefónica tanto en Tomiño como na rede que conecta A Guarda con Oia. En días posteriores tanto o alcalde de Tomiño, Juan Mariño, como o de Oia confirmaron ter pagado por eses postes con fondos municipais, polo que negaron que se tratara dunha doazón do enxeñeiro forestal.


Imaxe: Menú do xantar homenaxe ofrecido a Darío Álvarez Limeses


O resto dos asistentes que aparecen nos relatos da prensa son:
  • Rodriguez Conde

  • Caravelos

  • Manuel Bargiela

  • Abellás

  • Fiorentino Estévez Lugo

  • Ramón Lorenzo

  • Juán Álvarez

  • Jose Rodríguez Vila

  • M. Cela

  • L. Revuelta

  • Salvador Fernández

  • Amorín Ochoa

  • I Ferreira

  • J Saracho

  • Martín Lázaro 

  • J García Sánchez

  • Eduardo Padín

  • Ferreira y Martín de Argenta

  • Del Barrio

  • Medina 

  • Alonso Bernárdez

  • Gonzalo Gutierrez

  • F Baquero

  • E Areses

  • Paz Varela

  • Fernández Montes

  • Gerardo García Limeses




Imaxe: Vida Gallega : Ilustración regional: Año IX Volumen VI Número 94 - 1917 octubre 15



RECLAMANDO MÁIS CALIDADE NO SERVIZO




En setembro de 1917 notifícase desde La Integridad a recepción dunha carta do deputado D. Mariano Ordóñez onde recomenda ao Director de Comunicacións que envíe a Tui ao número necesario de funcionarios. Neste momento só conta co titular, o Sr. López, e unha auxiliar para atender todos os servizos do centro, incluídas as 60 chamadas diarias que se producen desde os 38 terminais.

Tamén búscase unha mellora nas instalacións do propio centro. Mediante unha moción de concelleiro D. Pio Abundancia reclámase ao deputado D. Mariano Ordóñez a construción dun novo edificio na cidade para Correos e Telégrafos, de xeito similar a outras poboacións, ademais de reclamar novamente máis persoal para o servizo.

Sobre as liñas, durante os últimos meses do ano 1917 reclámase, ao Xefe de liña o D. Julio Herreros e o Director de Comunicacións, o material restante e a presenza de persoal para atender as numerosas incidencias, así como seguir traballando na instalación de novos abonados. Outra reclamación sería a entrega das listas impresas de abonados que, segundo a prensa, distribúen finalmente o 21 de setembro. O xornal La Integridad publica a listaxe definitiva o 28 de maio de 1918, que se inclúe como anexo neste documento, así como unha actualización no 23 de outubro 1920.

En novembro do 1917 chega a notificación de que teñen sido designadas as auxiliares dona Casilda Sáenz de Regadera y Sáenz de Tejada (segunda clase) e dona Antonia Sáenz de Regadera (terceira clase) ao centro telefónico de Tui . En setembro de 1918 menciónase a Srta. Luisa Gómez Vera, aínda que non hai referencias sobre se estas incorporacións chegaron a producirse.

Imaxe. La Integridad: Diario católico. Número 8218 - 5/setembro/1917



Xa en Xaneiro de 1918 anunciase por parte de xefe de liña de telégrafos, D. Julio Herreros, a volta da brigada de celadores, tras ter dispoñible algo de fío de cobre para instalar o servizo a algún dos abonados pendentes. Rapidamente tense que parar as obras de novo por falta de material. Os traballos retómanse en días posteriores ata que o 25 de maio de 1918 o Sr. Herreros informa que finalizaron as tarefas de instalación (ven Anexo 1 coa lista de abonados). A partires deste momento será necesario abonarse vía notificación ao Xefe da Central de Telégrafos, D. Manuel López.

En 1919 as queixas seguen sendo recorrentes polas numerosas avarías e interrupcións do servizo. Achácanse, en ocasións, a mala disposicións dos postes ou a problemas cos aparatos telefónicos dalgúns abonados. En marzo reclámase a atención do Director de Telégrafos en Vigo, o Sr. Sevillano, para solucionar estes problemas así como para demandar material para máis instalacións, provocando unha nova visita do inspector xefe de liña, o Sr. Herreros, para a súa análise.



O PLAN DE TELEFONÍA PROVINCIAL DE PRUDENCIO LANDÍN EN 1917


O pleno do 24 de outubro de 1917 aproba o plan proposto polo deputado Prudencio Landín para conectar todos os concellos da provincia, aproveitando o Real Decreto de 30 de xuño de 1914 que autoriza esta clase de convenios, que seguía a estela da deputación de Guipúscoa, que fixera algo semellante uns anos antes. Este proxecto de telefonía conseguiría, desde unha fase inicial, diferentes apoios nos concellos e outras institucións, xestionándose desde unha comisión especial da propia Deputación, na que actuaba como representante pola zona de Tui-Vigo o Sr. Fernando Villamarín. Incluía 11 centrais (Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Caldas de Reis, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Tui, A Guarda e A Cañiza), así como 8 subcentrais (incluíndo O Porriño) e 51 suplementais (incluíndo Tomiño, Oia, O Rosal, Goián, Salcidos, Guillarei e Salvaterra).

A idea era pedir ao Estado que se encargue da instalación da propia rede, para o que a propia Deputación e os concellos subvencionarían o 20% do custe de instalación en cotas anuais por 5 anos, para un custe total estimado en 467.000 pesetas. A deputación daba un prazo de dous anos para a construción da rede. A contía por cada concello sería de 303,23 pesetas anuais. Recíbese unha resposta satisfactoria por parte do Ministro de Facenda, o Sr. González Besada, que se encarga de xestionalo co Ministro de Gobernación e Director de Comunicacións. Tristemente actúan con certa parsimonia, xa que se ven reclamando periódicamente por parte da Deputación.

Xa en xullo de 1920 chega a nova por parte do Deputado Sr. Bernardo Sagasta sobre a confirmación por parte do Director Xeral de Comunicacións sobre o tendido do teléfono provincial. No ano 1921 aparece a asignación dun funcionario, o Sr. Jose Sandoval Tapizares, Xefe de telégrafos da Dirección de Comunicacións, para a elaboración do proxecto de construción, que comezará polo Morrazo. Nos seguintes anos, ata 1924, cando se produce a nacionalización do servizo, consta como instalada, ao abeiro deste proxecto, a rede no Morrazo (Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas e Moaña), así como a liña a Caldas de Reis e Cuntis e cara Salvaterra de Miño (Redondela, Porriño, Ponteareas e un ramal a Mondariz) e se comeza a construír á de Sanxenxo. Tui quedou finalmente á marxe deste proxecto, pero en paralelo traballou a interconexión coa Compañía Peninsular.

O PROBLEMA DA INTERCONEXIÓN COA COMPAÑÍA PENINSULAR


Cumpre salientar que, mentres que o teléfono urbano era responsabilidade do estado, o teléfono interurbano era explotado normalmente por compañías privadas. O mesmo regulamento para o establecemento i explotación do servizo telefónico que regulou o proxecto provincial de Landín, tamén ratificaba a concesión da exclusividade do servizo interurbano á Compañía Peninsular de Teléfonos. Así, como recolle a prensa do 16 de abril de 1915, o deputado Sr. Ordóñez intenta conseguir o compromiso de D. Eduardo Estelat y Torres, Inspector Xeral da Compañía Peninsular de Teléfonos, responsable do servizo interurbano, de conseguir a conectividade con Tui, que naquel momento comezaba a instalación do servizo público urbano. Nese ano incluso se explora a posibilidade dunha hipotética liña interurbana de Portugal a Valença, que fose estendida ata Tui para dar conectividade coas poboacións de España e Portugal.

O 30 de setembro de 1916 comunícase, por parte do deputado Sr. Ordóñez, o acordo coa Compañía Peninsular de Teléfonos para o establecemento dun centro telefónico interurbano, que agradece o alcalde accidental D. Pío Abundancia e a Cámara de Comercio de Tui, pero non deixa de ser o inicio dun logo proceso.

En decembro de 1917, o xefe de Telégrafos de Tui, D. Manuel López comunica que xa é posible comunicar entre Vigo e Tui, establecendo as chamadas desde os centros telefónicos. Para poder optar a este servizo os abonados deben facer un depósito de prepago (mínimo 25 pesetas). Debido á reducida capacidade de canais, as conferencias limítanse a tres minutos, podendo espallarse tres minutos máis se as condicións o permiten.

En febreiro de 1918 reclámase a Dirección de Comunicacións que sexa posible chamar ao centro telefónico de Vigo desde os fogares dos abonados ao servizo, que se consigue o 2 de abril de 1918. O custe das chamadas a Vigo será de 50 céntimos en conferencias de 3 minutos.

Queda aínda pendente que se poida conectar con outros centros que teñan servizo da Compañía Peninsular. Ademais, solicítase que se prolongue a liña de Goián ata A Guarda; que a liña a Vigo entre na estación de Porriño (para poder falar con esta vila) e que se estableza unha subcentral en Caldelas.

En 1919 únense varios abonados do servizo para reclamar do novo Director de Comunicacións, D. Alas Pumariño, a interconexión co resto de centros da compañía Peninsular. Así, asinada por uns oitenta abonados e usuarios (listaxe que recolle a prensa), reclaman que a interconexión non se limite á cidade de Vigo, para favorecer o comercio local.

A esta solicitude recíbese unha resposta, tempo despois, por parte do Sr. Ordóñez por parte do Inspector Xeral da Compañía Telefónica accedendo a realizar esta interconexión. A solución aportada pola compañía pasa por utilizar o seus propios cables instalados, ao abeiro da liña do tren, para que sexan seccionados e intercalar unha estación telefónica para dar servizo á cidade, que require a aprobación por parte do Director de Comunicacións D. Alas Pumariño.

O tempo pasa e a Gaceta de Madrid, o 21 de marzo de 1921 da conta dun contencioso entre o Ministerio de Gobernación, ao cargo do pontareano Gabino Bugallal, e a Compañía Peninsular sobre a responsabilidade de asumir a interconexión da rede urbana de Tui coa rede da compañía. O criterio deste ditame seriá válido para conflitos similares noutras localidades.

A GARDA CIVIL OCUPA O CENTRO TELEGRÁFICO EN 1918


Desde 1917 foron organizándose traballadores de centros telegráficos de Madrid, Barcelona, Valencia ou Bilbao en Xuntas de Unión e Defensa para reclamar mellores condicións laborais, xa que apenas aumentaba o persoal a pesares do notable incremento do servizos. Ante a ameaza dunha folga, o 14 de marzo de 1918 decide o goberno de Manuel García Prieto a militarización do servizo e a disolución do corpo de funcionarios de telégrafos e correos.

O 15 de marzo de 1918 foron ocupadas, por orde do goberno central, todas as oficinas de telégrafos de España. Iso non ocorreu en Tui ata as 22h, cando con tenente da Garda Civil, o Sr. Rodriguez Urbano, chegou ás novas oficinas cun sarxento, o Sr. Fandiño, e outro garda. O tenente trasladou ao Xefe de Telégrafos, D. Manuel López que tiña ordes para incautar esa central. Este, xunto ao resto de subalternos, retirouse sen resistencia.

No caso de Vigo o director da sección telegráfica, o Sr. Sevillano, decidiu visitar o Goberno militar en Pontevedra para falar co Xeral Sr. Prieto Valero para mostrar a súa dispoñibilidade para volver ao posto de traballo seguindo as indicacións do ministro da Guerra, sen tomar parte nas Xuntas de Defensa ou outros grupos análogos.

A Vigo acudiu o tenente de enxeñeiros D. Salvador Ponte Conde, pertencente ao rexemento de telégrafos do exército, xunto a un sarxento, un cabo e dous soldados, para manter o servizo en funcionamente. Finalmente o goberno de Maura restituíu o corpo de telégrafos nas súas funcións.

A GRANDE FOLGA DO CORPO DE TELÉGRAFOS DE 1919


A historia se repite ao ano seguinte. O persoal de Telégrafos e Teléfonos de Tui non foi á folga, pero si unha boa parte dos seus colegas das principais cidades. O conflito comezaría a mediados de abril, exténdendose por varias xornadas. Mentres que o teléfono urbano funcionaba con normalidade, non era posible establecer ningunha comunicación fora de Tui.

Isto causaría certo desacougo entre os comerciantes e industriais que, apelando á falta de compromiso patriótico dese corpo, organizan unha recollida de sinaturas, dispoñible na farmacia de Juan Álvarez Cordero, na xastraría de Ignacio Ferreira e nos locais comerciais de Modesto R. Conde, Estanislao Ferreira, Florentino Estévez e Canuto Santaolalla. La Integridad tamén emite o seu propio xuízo de valor ao cuestionar a súa falta de corrección, serenidade, non valorar as ‘grandes concesións’ do Estado para con eles e provocar graves trastornos ao público.

O documento, liderado por D. Juan Álvarez Cordero, vai dirixido ao presidente Antonio Maura e asinado por máis de cen tudenses. A lista publícase en La Integridad do 23 de abril de 1919, incluíndo o texto asinado:

Como españoles y como hombres que sentimos por nuestra Patria el más vivo amor, protestamos vehemente contra la actitud antipatriótica en que se han colocado los funcionarios de Telégrafos en estos difíciles momentos para la Nación. 

Y al elevar nuestra protesta ante los Poderes públicos, nos ofrecemos al gobierno con todo nuestro entusiasmo y decisión, para prestar nuestro activo concurso, a fin de que las maniobras del sindicalismo internacional no prosperen ni puedan poner en peligro la tranquilidad y bienestar del pueblo español.

Modesto es el apoyo que al gobierno podemos brindar y escasos los medios a nuestro alcance para auxiliar en su labor a las autoridades, pero grande es nuestro entusiasmo y muy grande, repetimos, el amor que nuestra patria nos inspira, y ese amor y ese entusiasmo ofrecemos al gobierno, porque es justo que en estas horas tan difíciles y de prueba, haya españoles que sepan serlo y ciudadanos que se dispongan a salir al encuentro de los que quebrantan la disciplina social ponen en peligro los intereses de la Nación y atenta contra la autoridad, faltando a los más elementales deberes de patriotismo.


O Domingo 27 o enxeñeiro Rafael Areses, designado polo delegado do ministro de Fomento, o Sr. Francisco Godínez, preséntase do centro telegráfico co mandato de asumir o servizo e recuperar a conectividade. O xefe de telégrafos, que non abandonara o posto, colaborou en todo momento, para activar o centro telefónico de xeito inmediato no piso alto da propia casa de D. Rafael, na rúa Elduayen. Esa tarde comunican a dispoñibilidade do servizo desde as oito da mañá ata as nove da noite. Conta con seus propios peóns gardas do Monte Aloia para axudar con esa actividade. Recuperan a conectividadecon Vigo, Pontevedra e Vilagarcía nas seguintes datas. O primeiro usuario resultou ser Jose García Sánchez, correspondente en Tui do Faro de Vigo, para enviar a súa crónica.. O 1 de maio Rafael devolve os efectos ao xefe de telégrafos, xa que o conflito do corpo de telégrafos co estado xa queda resolto.

Imaxe. Condicións para o traslado de aparatos telefónicos. La Integridad: diario católico - Númoer 8972 - 10/marzo/1920



A IMPLANTACIÓN DA COMPAÑÍA PENINSULAR


O enxeñeiro delegado da Compañía Peninsular de Teléfonos, D. Jose Berenguer, escribiu unha carta ao alcalde unha vez finalizado o estudo do trazado para intercalar unha estación telefónica en Tui. Necesitaban a concesión de permisos para colocar unha serie de postes en camiños veciñais e servidumes de fincas, para chegar desde a sección en Guillarei, na propia estación, ata o novo centro telefónico a construír en Tui. Desde Guillarei chegarían a Tui pola marxe esquerda da liña férrea, separándose xa próximos á cidade. Denda alí pasarían polo antigo cemiterio, hortas do novo hospital e a praza de abastos.


A Compañía pedía do Concello certas garantías para non ter atrancos á hora de comezar as obras. Nesa data xa identifica algunhas posibles localizacións:

  • no camiño adxacente ás fincas de Manuel Gomez e Joaquín Gómez
  • entre as fincas de Joaquín Gómez e Indalecio Díaz

  • no linde da finca de Juan Cruces

  • no camiño adxacente entre as fincas de Juan Fontán e Carmen Pérez

  • na horta de D. Juan Costas Giménez

  • na horta de Eduardo Fernández

  • na horta de Salustiano Casal 

  • dous postes na praza de Abastos

  • tres postes no camiño sobre murallas


En maio xa están traballando na instalación no tramo de Guillarei a Tui, ao recibirse material que tiñan nos almacéns da compañía en Monfort,. O traballo de instalación está dirixido polo xefe de sección D. Manuel Cortés que compaxina en paralelo coa reforma do local das oficinas para a Central, que estará situado na rúa Ordóñez número 13.

A inauguración da Central de Teléfonos da compañía Peninsular en Tui, que tivo lugar a finais de xullo de 1921, contou, como acontecera no caso do servizo urbano, coa presenza das forzas vivas da cidade, incluíndo o Sr. Bispo, autoridades civís, militares e delegados da prensa. Novamente non consta a existencia de fotografías de dita inauguración.

O enxeñeiro delegado Berenguer resaltou o compromiso da compañía por levar as telecomunicacións a lugares afastados e aproveitou para agradecer a dispoñibilidade da cidade para implantar o servizo. Por parte do bispo, suxeriu enviar un telefonema ao Rei, que estaba no Pazo da Magdalena en Santander, co seguinte texto:

“En el momento de inaugurarse el servicio telefónico interurbano de la Compañía Peninsular en esta ciudad, las autoridades todas y las fuerzas vivas elevan a S.M el rey, augusto propulsor de todo adelanto legítimo, respetuoso saludo, expresando sus vivos sentimientos de adhesión a su real persona y dinastía. Obispo”

Respondendo en datas posteriores o Caballerizo maior de S.M. “Dado conocimiento a S.M. de su telefonema, me ordena le transmita muy expresivas gracias por los sentimientos expresados”.

Por parte do enxeñeiro delegado envíase mensaxes ao Director da compañía Peninsular, ao Inspector Xeral da Compañía, así como ao Director Xeral de Comunicacións e a Sr. Antero Rubín, Capitán Xeral de Galicia, o Gobernador Civil de Pontevedra e o Director de centro telegráfico de Vigo. Por teléfono contactouse co Deputado o Sr. Ordóñez e co Inspector Xeral da Compañía Peninsular. o Sr. Estelat.


Ademais do enxeñeiro delegado, estaba na inauguración o Xefe de sección, o Sr. Cortés, o mecánico Sr. Mas, o xefe da nova estación D. Jacinto Bermejo, que sería destinado a Monforte en 1924 (substituído por Antonio Martínez Folgado), e o seu oficial Sr. Francisco Montes Dapena, que prestou servizo tamén ata 1924 (suspendido de emprego e soldo, aínda que parece que por vontade propia, e substituído por Benito Rey Castro) ao que pronto se incorporará, como segundo oficial o Sr. Leandro Serrano.

Imaxe. Sede da Compañia Peninsular. Rúa Ordóñez 13. Arquivo Histórico de Telefónica.



A EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE ABONADOS


O carácter público do servizo telefónico en Tui no período 1917 a 1921, así como a falta interconexión coa rede, fixo que se excluíse dos directorios de abonados que se publicaban en España. O Anuario Telefónico Español era o libro de referencia, xa que recollía as listaxes de todas as poboacións. Temos os datos do numero de abonados en Tui grazas as publicacións en maio de 1918 e outubro de 1920, que se recollen como anexo a este documento, con anotacións de altas e baixas.

O Anuario Telefónico de 1919, con datos recollidos ata xuño de 1918, permítennos ter unha comparativa con outras poboacións galegas que xa contaban co servizo de teléfonos. Tui destaca por detrás das principais cidades galegas, grazas a rápida adopción do servizo froito da comunicación e promoción do mesmo realizada desde 1915 por Darío Álvarez Limeses desde as páxinas de La Integridad.




Poboación

Abonados en xuño 1918

Vigo (adherida á Compañía Peninsular)

620

A Coruña (concesión privada)

439

Pontevedra (concesión privada)

302

Ourense (concesión privada)

204

Santiago de Compostela (concesión privada)

172

Lugo (xestionada polo corpo de telégrafos)

160

Ferrol (concesión privada)

151

Tui (xestionada polo corpo de telégrafos)

~92

Vilagarcía de Arousa (concesión privada)

89

Monforte de Lemos (iniciativa da Compañía Peninsular)

64

Betanzos (iniciativa da Compañía Peninsular)

49

Marín (dependente da concesión de Pontevedra)

48

O Burgo, Culleredo (dependente da concesión da Coruña)


33

Xubia, Narón (dependente da concesión de Ferrol)

11

Táboa. Elaboración propia a partir dos datos do Anuario Telefónico Español de 1919



OS PASOS CARA A RACIONALIZACIÓN DO SERVIZO


A fragmentación entre as diferentes tipoloxías de centrais telefónicas, desde as pertencentes á Compañía Peninsular de Teléfonos, as doutras compañías privadas ou as públicas (municipais, provinciais ata ás pertencentes á Dirección Xeral de Comunicacións), motivou que comezara un proceso de normalización do servizo en 1921. Neste momento, o corpo de Telégrafos reclamaba a reversión das diferentes concesións en favor do Estado, pero implicaba un custe económico alto.

O 25 de agosto de 1924, a International Telephone and Telegraph Company (ITT) fíxose, nun procedemento público, co control do sistema telefónico español, a través da CTNE (Compañía Telefónica Nacional de España), en competencia con LM Ericsson. Cun canon de 5 millóns pasaría a obter a titularidade dos centros estatais, incluíndo por tanto a ‘incautación’ do centro urbano de Tui e resto de vilas, que se formalizará nos meses seguintes desde ano.

En 1927 especúlase sobre a posibilidade de diminuír a categoría da Central de Tui a oficina familiar, iniciativa que tentaríase parar polo Concello e a Cámara de Comercio. A prensa recolle como o Sr. Proctor, vicepresidente da CTNE, visita Vigo e pasa por Tui cara Portugal, xunto ao xefe da Central Telefónica de Vigo, D. Manuel García Cortes. Dous anos máis tarde, en xuño de 1929 establécese finalmente a interconexión entre Tui e Valença do Miño. Esto proxecto xa se anunciara desde Lisboa a finais de 1927 por parte do Sr. Pedro Pérez Sánchez, vicepresidente da CNTE, xunto coa conexión de outros tres puntos transfronteirizos. Pasaran 14 anos desde que se especulara con esa posibilidade, que viña sendo unha reclamación frecuente por parte da emigración galega en Portugal.

Imaxe. Anuncio de subscrición de accións da CNTE con puntos en Tui. Varios xornais. Ano 1929

ANEXO 1. LISTA DE ABONADOS NOS ANOS 1917 e 1918

NOME DO ABONADO

REFERENCIA DO ABONADO

1

Telégrafos

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

2

Rafael Areses

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

3

Rosendo Fernández (Guillarei)

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

4

Benjamin González (Guillarei)

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

5

Calixto del Barrio

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

6

Manuel Cela

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

7

Salcedo y Ustara

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

8

Evaristo Areses (almacén)

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

9

Garda Civil

Alta 12/9/1917, segundo La Integridad 8224

10

Darío Álvarez Limeses

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

11

Alejo Diz Jurado

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

12

Alfredo B. Pereira

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

13

Fernando P. Hermida

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

14

Hotel La Generosa

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

15

Ramón Lorenzo, automóviles

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

16

Viudad de Jurado

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

17

Seminario Conciliar

Alta 12/9/1917, segundo La Integridad 8224

18

Juzgado de Instrucción

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

19

Jose Gándara, comercio

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

20

Juventud Artística

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

21

Juan Areses

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

22

Casino de Tui

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

23

Hotel Moderno

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

24

Jose Sarmiento Ozores

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

25

Salvador Fernández Ferreira

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

26

Evaristo Areses

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

27

Ricardo Román, Cónsul

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

28

Casa Jurado, Ignacio Jurado

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

29

Manuel Pino Sánchez

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

30

Jose Herráiz Ruybal

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

31

Pazo Episcopal

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

32

Concello

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

33

La Integridad

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

34

Manuel López (Finca)

Alta 12/9/1917, segundo La Integridad 8224

35

Sociedad Eléctrica

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

36

Central de Tomiño

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

37

Pio Abundancia

Primeira listaxe La Integridad - agosto 1917

38

Fielato Central

Alta 12/9/1917, segundo La Integridad 8224

39

Jose García Sánchez

Alta 22/10/1917, segundo Integridad 8255

40

Luis de la Peña Gavilán

Alta 22/10/1917, segundo Integridad 8255

41

Ermindo Vallejo

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

42

Manuel Areses (A Guía)

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

43

Jesús Rivas Bugarín

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

44

Señoritas de Lugo (San José)

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

45

Luis M. Durán

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

46

Gonzalo Gutierrez

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

47

Casal y Blanco

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

48

Juan Álvarez Cordero

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

49

Modesto Rodríguez Conde

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

50

Antonino Cerviño

Alta 4/10/1917, segundo La Integridad 8243

51

Fábrica la Peninsular

Directorio 28/5/1918, La Integridad 8437

52

Fiorentino Estévez Lago

Alta 22/10/1917, segundo Integridad 8255

53

Canuto Santolalla Benito

Alta 19/11/1917, segundo La Integridad 8281

54

Francisco Baquero Pérez

Alta 22/10/1917, segundo Integridad 8255

55

Jose Gandara

Directorio 28/5/1918, La Integridad 8437

56

Maximino Pérez Pérez

Alta 19/11/1917, segundo La Integridad 8281

57

Alvaro Jurado

Directorio 28/5/1918, La Integridad 8437

58

Manuel Rodríguez Grova

Alta 24/11/1917, segundo La Integridad 8286

59

Evaristo Rodríguez Vila

Alta 24/11/1917, segundo La Integridad 8286

60

Victor de la Vega de Bascaran

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

61

Aduana da Ponte Internacional

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

62

Servando López

Directorio 28/5/1918, La Integridad 8437

63

Marcelino Herranz

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

64

Gerpe Braga

Directorio 28/5/1918, La Integridad 8437

65

Salort y Compañía

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

66

Segismundo Cal

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

67

Antonio Guimaré

Directorio 28/5/1918, La Integridad 8437

68

Fielato da Cal

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

69

Jose González

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

70

Jose Miranda de la Llana

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

71

Cuartel infantería

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

72

Miguel Cuervo

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

73

Benito Gil

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

74

Administración da Alfándega

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

75

Carlos Comesaña Piño

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

76

Corales y Compañía

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

77

Estación sanitaria

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

78

Ramón Lorenzo

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

79

Francisco Peris

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

80

Viveiro forestal de Areas

Alta 10/5/1918 , segundo La Integridad 8422

81

Juan Álvarez (Farmacia)

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

82

Ignacio Ferreira Gómez

Alta 10/5/1918 , segundo La Integridad 8422

83

Jose María Muerza (Correos)

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

84

Venancio Lorenzo Álvarez

Alta 10/5/1918 , segundo La Integridad 8422

85

Manuel Martínez Posse

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

86

Veríssimo Abundancia

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

87

Manuel Fernánez Montes

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

88

Benito Pérez Álvarez

Alta 10/5/1918 , segundo La Integridad 8422

89

Manuel Fernánez Montes

Alta 10/5/1918 , segundo La Integridad 8422

90

Juan Cachafeiro

Alta 1/5/1918 , segundo La Integridad 8415

91

Jose Luis Pérez Hermida (Bouzabalada)

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365

92

Argimiro Fernández (Paramos)

Alta 28/2/1918 , segundo La Integridad 8365



ANEXO 2. ABONADOS A 23/outubro/1920

NOME DO ABONADO

1

Telégrafos

2

Carolina Fernandez, vda Hermida (baixa de Rafael Areses o 18/febreiro/1920 )

3

Rosendo Fernandez (Guillarei)

4

Benjamin Gonzalez (Guillarei)

5

Sucesores de Calixto del Barrio

6

Viuda e hijos de Diz

7

Salcedo y Ustara

8

Sucesores de Evaristo Areses

9

Guarda Civil

10

Dario Álvarez Limeses

11

Alejo Diz - Médico

12

Tenente da Guardia Civil

13

Fernando P. Hermida

14

Manuel Fernandez Costas

15

Rodriguez Gavaldá y compañía

16

Viuda Jurado

17

Seminario

18

Xulgado Instrucción

19

Jose Gandara (Corredera)

20

Juventud Artística

21

Juan Areses - Farmacia

22

Casino

23

Hotel Moderno

24

Jose Sarmiento

25

Salvador Fernández

26

Viuva de Areses

27

Viuva de Martin Davila

28

Ignacio Jurado  (baixa previa de Rafael Areses o 8/febreiro/1920)

29

Manuel Pino

30

Jose Herráiz

31

Bispo de Tui

32

Concello

33

La integridad

34

Manuel Lopez (FInca Manteigada)

35

Sociedad Eléctrica de Tui

37

Pío Abundancia

38

Fielato Central

39

Jose García Sánchez

40

Luis de la Peña

41

Ermindo G. Vallejo

42

Manuel Areses (Guía)

43

Jesús Rivas Bugarín

44

Ramona Lago (S- Jose)

45

Luis María Durán

46

Joaquín Martínez (baixa previa de Gonzalo Gutierrez o 18/febreiro/1920)

47

Agustín Blanco

48

Juan Álvare Cordero

49

Modesto R- Conde

NOME DO ABONADO

50

Pablo Torre Santolalla

51

Oliveira y comapñía

52

Florentino estevez

53

Canuto santolalla

54

Francisco Baquero

55

Jose Gandara (S telmo)

56

Maximino Pérez

57

Jaudenes y Barcena

58

Reguladora Tudense

59

Evaristo Rodríguez

60

Libre coa primeira baixa do servizo por parte de Encarnación Vega de Bascarán o 3/abril/2019 e unha alta temporal de Genaro Comesaña o 3/abril/2019 

61

Aduana da Ponte, Avenida Ponte 38

62

Antonio Amorin

63

Marcelino HErránz

64

Manuel Capón (baixa previa de Gerpe i Braga o 18/febreiro/1920)

65

Salort y compañía

66

Segismundo Cal

67

Antonio Guimaré

68

Fielato de la Cal

69

Jose González

71

Cuartel de infantería

72

Miguel Cuervo

73

Benito Gil

74

Aduana

75

Carlos Comesaña

76

Corales y compañia

78

Ramon Lorenzo

79

Francisco Peris

80

Viveiro Forestal

81

Juan Alvarez (Corredera)

82

Cesáreo Pérez

84

Venancio Lorenzo

85

VErísimo Abundancia

87

Libre pero con alta posterior de Alvaro Jurado o 25/maio/1921

88

Benito Pérez Álvarez

89

Antonio González

90

Armada. Caseta do Perla

91

Jose Luis Pérez Hermida (Bouzabalada)

92

Argimiro Fernández (Paramos)

93

Telégrafos

94

Servando Albuerne (baixa previa de Manuel Fdez Costas o 18/febreiro/1920)

95

Jose Martínez

96

Jesus Cornejo

97

Casa forestal Aloia (Areses)

98

Jose Grau (Guillarei)

99

Monge y Garcia





Imaxe. Postes na rúa Martínez Padín. Fotografía J. Vila. Deputación de Pontevedra. Sen datar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...