A folga de 1919 de teléfonos afectou a todo España. Nesta publicación analizaremos a incidencia en Galicia.
A primeira referencia na prensa foi o 1 de marzo de 1919, cando dase conta da greve dos repartidores de telefonemas da central interurbana na cidade da Coruña. Estes chegan a agredir a un compañeiro nos Cantóns que regresaba en bicicleta dunha entrega, que tería que ir ao hospital contusionado nunha man. A petición sería marcar turnos de traballo de oito horas, xa a que viñan traballando dende as oito da mañá ás doce e media da noite. O director da central reúnese co Gobernador Civil para darlle conta do sucedido.
Non habería máis novas ata o 17 de abril de 1919 onde a chegada de Juan de la Cierva y Peñafiel ao ministerio crea tensión en Correos e Telégrafos. Desde o 16 ás sete da tarde deixaron de funcionar o telégrafo e teléfono, incluindo a rede da Compañía Peninsular. Así o comentan no xornal El Progreso de Pontevedra, que non conseguen comunicar con Vigo e Coruña, mentras que os empregados comentaban que debía deberse a cruzamentos de fíos. O Diario de Galicia de Santiago tamén ten noticia dunha suposta avaría da liña con Betanzos. La Región de Ourense tamén comenta que os empregados dixeron que se debía a problemas técnicos e que os celadores saíran a revisar as liñas, pero o xornal xa adiantaba que non os creían. Tratábase dunha folga coordinada entre Correos e Telégrados e a Compañía Peninsular que afectaba a toda España.
A primeira mostra de crise na folga aparece publicada no Ideal Gallego, que refire que os empregados de A Coruña non están conformes coa folga da que acusan aos colegas de Madrid. O mesmo xornal critica este folga de costas aos intereses da cidadanía. A Cámara de Comercio de A Coruña publica un comunicado:
Veremos como de desenvolveu a folga nas principais cidades.
Pontevedra
O 19 de abril o deputado Bernarno López xunto á Camara de Comercio de Pontevedra organizan unha reunión con empresarios e comerciantes na que deciden trasladar ao Gobernador Civil Queipo de Llano a situación que lles provoca a folga do servizo telefónico. Califican a actitude dos folguistas de inxustificada, ilóxica e absurda. O gobernador tamén recibe á Asociación de Clases Pasivas no mesmo sentido.
Empregados de Facenda de Pontevedra i ex-traballadores de telégrados de Vigo e Pontevedra ofrécense ao Gobernador Civil de Pontevedra para prestar o servizo. Este solicitara individuos entre 16 e 40 anos que coñeceran os aparellos Hughes e Morse, seguindo o mandato do ministro de Gobernación que trasladou aos gobernadores civís.
O enxeñeiro xefe de obras públicas da provincia de Pontevedra, o Sr. Trapote, xunto ao enxeñeiro delegado de ministro de Fomento, o Sr. Francisco Godines (que viña de Madrid e estaría ata o 2 de maio de 1919), procederon á incautación da central telefónica da Compañía Peninsular, estando presente o xefe da mesma, o Sr. Casado. Sería o enxeñeiro Antonio Saenz Díez e o meritorio Sr. Joaquín Temes, xunto co enxeñeiro de obras públicas. D. Joaquín González e o axudante de obras públicas D. Guillermo Muñoz os que cubrirían o servizo. Outras fontes mencionan tamén ao enxeñeiro D. Antonio Vázquez e o maestro da prisión provincial D. Navarro Zamora.
A prensa indica que o xefe do servizo de Telégrafos de Pontevedra, D. Higinio Blanco, notifica no xulgado cales son os compañeiros que están ausentes no posto de traballo. Datas máis adiante o propio Higinio comunica á prensa que non fixera tal cousa, xa que simplemente informou ao Gobernador Civil que o servizo nos estaba operativo.
Varias estacións telegráficas da provincia non verían alterado o seu funcionamento. Sería o caso de Vilagarcía, Caldas, Cuntis, Cambados, Sanxenxo, Ponteareas, Mondariz, Arbo, Cañiza, Tui, Porriño, Salvaterra e As Neves. Ainda que algunha de certa relevancia sería incautada.
Cara o 8 de maio algúns oficiais reciben a notificación de que poden incorporarse ao posto de traballo. O 15 de xullo de 1919 sería reposto no se seu cargo o director D. Adolfo Casado
Vilagarcía de Arousa
O enxeñeiro delegado de ministro de Fomento, o Sr. Godines, xunto co enxeñeiro xefe o Sr Trapote, procederon á incautación da central telefónica.
Tamén visitou o enxeñeiro o Sr. Esparrago, que vendo as dificultades para restablecer o servizo, decidiu recorrer a liña co automóvil "Michel", un vehículo de aluguer da empresa dos omnibus a Cambados. Visto que non había problema na liña, intentouse restablecer o servizo sen éxito, así que decide prescindir de todo o persoal agás o ordeanza e xestionalo directaemnte el, o Sr. Espárrago, axudado polo sobreestante Sr Lledó e o equipo de exploradores ás ordes do instructor Sr. Urioste.
No caso de telégrafos foi detido o oficial Jose María Escribano, por orde do Gobernador Civil, quedando en liberdade de xeito rápido.
Vigo
En Vigo sería o xuiz D. Paz Mateos o que iría á oficina de telégrafos, tomando declaración ao xefe da estación (o Señor Sevillano), seis oficiais e dous auxiliares femeninos. Cinco oficiais foron detenidos nun primeiro momento, e tres adicionáis a posteriori, e permanecerían no cárcere por 72 horas. A Cámara de Comercio de Vigo reuniuse e prepararon un escrito para o xefe de telégrafos:
Na central de teléfonos interurbanos non realizaron detencións adicionais, pese a entrevistar ao xefe o Sr. Ardanaz. O servizo foi asumido por enxeñeiros civís. O axudante de camiños Sr. Segura, encargouse de recorrer a liña ata Ourense para verificar o funcionamento, que se atopaba interrumpido.
Tui
Según o xornal La Integridad de Tui, veciños recollen sinaturas contra a postura dos funcionarios de Telégrafos. Chegan a 280 sinaturas dirixidas ao señor Maura:
"Como españois e homes que sentimos pola nosa patria o máis vivo amor, protestamos vehementemente contra a actitude antipatriótica na que se colocaron os funcionarios de telégrafos nestes difíciles momentos para a nación" [...]
Chegou o enxeñeiro civil o Sr. Lloréns, para facerse co servizo da central telefónica interurbana de Ourense. Na estación telefónica traballarían tamén o Sr. Oloriz e dous meritorios, xunto con voluntarios das xuventudes mauristas para o reparto de telefonemas.
A prensa recolle comunicados dirixidos ao presidente Maura por parte da Cámara de Comercio, do Comité Maurista, do Liceo Recreo e de funcionarios de Facenda.
O servizo telegráfico non funciona pero o telefónico sí, agás na liña con Vigo, que afecta tamén ás comunicacións con Pontevedra e Santiago, que tardaría días en recuperarse. Os telegrafistas (oito oficiais e dous auxiliares femeninos) reiteran ao gobernador que están dispostos a volver ao servizo tan pronto como este funcione. O gobernador civil, o Sr. Fleta, recibe 34 solicitudes para traballar en Telégrafos.
O encargado da estación telegráfico de Xinzo de Limia (o Sr. Rodolfo Vidal), e Allariz (D. Baldomeo Rodríguez Cobelas) declaran tamén públicamente a súa lealtade ao goberno.
O 15 de maio de 1919 volvería ao traballo os ornananzas e repartidores, pero aínda non o xefe e oficiais do servizo.
Lugo
A prensa de 22 de abril de 1919 recolle que un enxeñeiro industrial chega á cidade para encargase do servizo telefónico. O goberno civil recibiu visitas de persoas dispostas a atender o restablecemento do servizo pero non queda constancia na prensa sobre incorporacións o baixas. O persoal recupera a conectividade coas vilas máis próximas, xa que se detectara unha avaría en Rábade.
Unha caída do servizo de comunicación interurbana en xullo de 1919, entre Monforte e León, por causa dunha descarga eléctrica xeraría algo de confusión sobre unha hipotética nova folga.
Santiago
Ferrol
A estación de telefonía interurbana foi tamén incautada polo enxeñeiro civil D. Jose Togores Rodríguez, que viña en automóvil desde Madrid, encargado polo ministro de fomento de organizar o servizo de teléfonos en toda a provincia. Detecta pequenos desperfectos nos aparellos e nomea as seguintes persoas para xestionar o servizo:
- Director: o enxeñeiro de camiños D. Jose de la Peña e Gavilán
- Encargados do cadro: o enxeñeiro de camiños D. Alfonso Jaraiz; o interventtor do estado D. Rodolfo Obregón; os axudante de obras públicas D. Juan González Bernárdez, D Jose María Osset e D. Juan Galán e o xefe de estadísticas da estación ferroviaria D. Emilio Paramés
- No servizo de admisión de telefonemas: os empregados do ferrocarril Ferrol-Betanzos: D. Celestino Sardiña e D. David Rivas
- Ordenanzas: os empregados da estación ferroviaria: D. Eduardo Ruiz, Enrique Veiga, José Rodríguez e Jesús López, así como os empregados da xunta de obras do porto Antonio Montero.
Betanzos
Se ben os traballadores non abandonaron o servizo, dase a nova da incautación da estación telefónica (urbana e interurbana, xestionada pola Compañía Peninsular) de Betanzos por parte de dous enxeñeiros civís e os sobreestantes Lago e Prego. Peóns camineiros pasan a ser responsables de repartir os telefonemas.
Para saber máis:
- El Progreso diario liberal Año XII Número 3448 - 1 de marzo de 1919; Año XII Número 3488 - 20 de abril de 1919; Ano XII Número 3489 - 22 de abril de 1919; Ano XII Número 3492 - 25 de abril de 1919; Ano XII Número 3526 - 5 de xuño de 1919; Ano XII Número 3557 - 11 de xullo de 1919;
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 8472 (04/03/1919)
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Vilagarcía Ano XIII Número 4845 - 17 de baril 1919; Ano XIII Número 4847 - 20 de abril de 1919; Ano XIII Número 4849 - 23 de abril de 1919; Ano XIII Número 4850 - 24 de abril de 1919 ; Ano XIII Número 4851 - 25 de abril de 1919; Ano XIII Número 4852 - 26 de abril de 1919 ; Ano XIII Número 4857 - 3 de maio de 1919
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano X Número 2765 - 17 de abril de 1919; Ano X Número 2768 - 22 de abril de 1919; Ano X Número 2771 - 25 de abril de 1919; Ano X Número 2773 - 27 de abril de 1919; Ano X Número 2787 - 15 de maio de 1919
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLII Número 14909 - 19 de abril de 1919; Ano XLII Número 14913 - 24 de abril de 1919; Ano XLII Número 14914 - 26 de abril de 1919; Ano XLII Número 14914 - 26 de abril de 1919; Ano XLII Número 14925 - 13 de maio de 1919; Ano XLII Número 14939 - 29 de maio de 1919
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 680 (19/04/1919); Num. 687 (27/04/1919); Num. 700 (13/05/1919)
- El Progreso semanario independiente Ano XIII Número 2236 - 20 de abril de 1919; Ano XIII Número 2239 - 24 de abril de 1919
- El norte de Galicia diario político y de información Num. 5220 (22/04/1919)
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano IX Número 2988 - 22 de abril de 1919; Ano IX Número 2990 - 24 de abril de 1919; Ano IX Número 2995 - 30 de abril de 1919
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXVI Número 10504 - 21 de abril de 1919; Ano XXXVI Número 10505 - 22 de abril de 1919; Ano XXXVI Número 10506 - 23 de abril de 1919; Ano XXXVI Número 10507 - 24 de abril de 1919; Ano XXXVI Número 10509 - 26 de abril de 1919; Ano XXXVI Número 10518 - 8 de maio de 1919; Ano XXXVI Número 10520 - 10 de maio de 1919;
- Vida gallega ilustración regional Ano XI Volume VII Número 131 - 20 de agosto de 1919
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. 5470 (22/04/1919); Num. 5471 (23/04/1919)
- A Nosa Terra - 26 de abril de 1919
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXVI Número 10508 - 25 de abril de 1919; Ano XXXVI Número 10513 - 1 de maio de 1919
- El noticiero gallego Diario de Santiago Num. 127 (09/05/1919); Num. 176 (07/07/1919); Num. 199 (02/08/1919)
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. 5478 (02/05/1919); Num. 5485 (10/05/1919); Num. 5531 (09/07/1919)
- El Orzán diario independiente Año II Número 394 - 22 de abril de 1919; Anno II Número 396 - 24 de abril de 1919; Anno II Número 400 - 29 de abril de 1919
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 683 (23/04/1919); Num. 684 (24/04/1919); Num. 685 (25/04/1919); Num. 686 (26/04/1919); Num. 691 (02/05/1919); Num. 697 (09/05/1919); Num. 702 (15/05/1919)
- El regional diario de Lugo Num. 12262 (09/05/1919)
- La Voz de Galicia de 16 de abril de 1919; 20 de abril de 1919; 22 de abril de 1919; 24 de abril de 1919; 25 de abril de 1919; 26 de abril de 1919; 27 de abril de 1919; 29 de abril de 1919; 6 de maio de 1919; 10 de maio de 1919; 13 de xuño de 1919;
Ningún comentario:
Publicar un comentario