Existen tres casos identificados na década de 1910 que deben tratarse das primeiras perruquerías en Galicia que contaban con teléfono para xestionar as reservas. A primeira en Vigo, que adoptaría o teléfono entre 1913 e 1916, e dous en Lugo, coincidindo coa chegada do teléfono a Lugo en 1917.
Na Guía teléfonica da Compañía Peninsular de 1916, que incluían os abonados da telefonía urbana das principais cidades (agás Lugo, que Aínsa non contaba co servizo). Incluía tamén o teléfono de comercios, no que só aparece unha perruquería, a de Rivas, en Vigo.
Cara 1912 móvese a Velázquez Moreno, onde contaría cun teléfono, (estaría a escasos metros da central) aínda que non se menciona o número nas escasas aparicións de publicidade na prensa
Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXVII 11228 - 18 de xuño de 1912
Fotografía de 1912 nunha entreplanta na Porta do Sol, antes de mudarse a Velázquez Moreno.
Cumpre salientar que tería certa sona, xa que tiña unha sucursal no balneario de Mondariz.
A Moderna e a Higiénica de Lugo (1917)
Ambas perruquerías aparecen como alta nas liñas urbanas no 30 de xullo de 1917. Eran prácticamente veciñas colindantes (número 8 e 14 da rúa da Raíña) e debían ser as grandes competidoras da época.
El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 4727 (30/07/1917)
En 1918 aparece na prensa unha mención á inauguración da perruquería Moderna na rúa da Raíña de Lugo, por parte de Jesús García, a pesares da mención anterior duns meses meses. O teléfono acababa de chegar á cidade e tivo unha grande adopción nos meses previos, alcanzando rápidamente un cento de subscritores. Segundo o anuncio na prensa, xa non era preciso mandar os serventes a solicitar cita na perruquería.
Anuncio en El norte de Galicia diario político y de información Num. 4862 (04/01/1918)
Apenas hai mencións na prensa a esta perruquería con posterioridade a esta data, xa que non facia publicidade na prensa. Algo parecido ocorre coa Perruquería Higiénica, que aparecen novas na data da súa inauguración, a primeiros de 1917, pero apenas hai mencións posteriores á adopción do teléfono ata chegar a un par de referencias do anos 1926 e 1927, onde mantiña o número orixinal (120)
Anuncio previo da chegada do teléfono por parte da Perruquería Higiénica. No "El norte de Galicia" Num. 4564 (11/01/1917)
Anuncio mencionando o número de teléfono. La voz de la verdad : diario católico con censura eclesiástica: Año XVII Número 6075 - 2 de outubro de 1927
Anuncio no Libro de Oro de Lugo. P.P.K.O. 1927
Para saber máis:
- El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 4564 (11/01/1917); Num. 4573 (22/01/1917); Num. 4727 (30/07/1917); Num. 4862 (04/01/1918)
- La voz de la verdad : diario católico con censura eclesiástica: Ano VIII Número 2603 - 7 de xaneiro de 1918; Ano XVII Número 6075 - 2 de outubro de 1927
- La idea moderna : diario democrático en Lugo : Num. 7870 (21/02/1917)
- La Provincia : diario de información y de intereses generales: Ano IV Número 1016 - 17 de setembro de 1926
Ningún comentario:
Publicar un comentario