sábado, 15 de xullo de 2023

As tres fases do teléfono urbano en Redondela (1890, 1911 e 1926)

 O 22 de abril de 1890 menciónase no Faro de Vigo que en poucas datas quedaría aberta unha estación telefónica en Redondela, para comunicar cos abonados de Vigo. As concesións telefónicas urbanas tiñan dereito a dar servizo ata 15 km, polo que tiña sentido que o concesionario construira un locutorio na vila de Redondela. Ademáis. e posible que solicitara permiso para utilizar a estructura de postes xa existente do servizo telegráfico estatal, que utilizaba a vía do tren.


Pero algo parece indicar que eses días para abrir o servizo serían finalmente 21 anos, xa que o 7 de maio de 1911 é cando se anuncia a apertura do servizo baixo a dirección de Martín M. Villoslada. Aproveita para publicar as tarifas de conferencias e telefonemas, pero indicando que o servizo queda limitado a chamadas desde a central telefónica urbana. O servizo sería gratuito durante 3 días para observas as vantaxes do mesmo.

A alegría polo servizo duraría 2 meses. O 12 de xullo de 1911 Martín Villoslada comenta que durante o tempo que leva disponible como proba, non compensa o custes ocasionados no mesmo, tanto na recuperación do esforzo da montaxe, coma no custe de operación da persoa no locutorio de Redondela.  Martín ofrece a dar continuidade se consegue 12 o 15 abonados ao servizo nesa vila, para o que terá una central telefónica sucursal da de Vigo. 

Non figura na prensa a data de suspensión do servizo, pero non aparece abonados na guía telefónica publicada en 1916, polo que cabe pensar que sería suspendido pouco tempo despois de xullo de 1911.


A definitiva sería o 26 de decembro de 1926, cando a Compañía Telefónica Nacional de España inauguraría a central telefónica de Redondela. Coincidiría no día coa inauguración da central de Porriño. A central foi bendecida polo cura de Redondela, D. Rufino Fernández, estando presentes as autoridades locais como o alcalde D. Saturno Cal e os señores D. Manuel Elías Barros Martínez e D. Jose Novás. Ofrecerían un lunch ás autoridades incluido ao Gobernador Civil.  A encargada do servizo é Teresita Rúa Alvarado. 

 Cadro da estación de Redondela coa telefonista Srta. Rúa. El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano III Número 907 - 31 de decembro de 1926

Inauguración coa presencia do Gobernador Civil.  El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano III Número 907 - 31 de decembro de 1926

Os apéndices do anuario de Telefónica recolle o número de abonado durante os primeiros anos de servizo, pero curiosamente non aparecen no guía telefónica de 1928. Habería que esperar á de 1933 para ter unha primeira listaxe de abonado, á marxe dos directorios que recibirían en papel, que non se conservan.

  • Fin de 1926: 19 abonados (enténdese que este número era o de solicitudes)
  • Fin de 1927: 11 abonados
  • Fin de 1928: 8 abonados
  • Fin de 1929: 12 abonados



Redondela na guía telefónica de 1933 


Para saber máis:

  • Faro de Vigo. 22 de abril de 1890M 7 de maio de 1911
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXVIII Número 8098 - 8 de maio de 1911
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 110 (09/05/1911)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXIII Número 6360 - 9 maio 1911; Ano XXIII Número 6412 - 12 xullo 1911
  • El Eco de Galicia  diario católico é independiente Num. 1445 (10/05/1911)
  • El Noroeste Año XVI Número 5640 - 10 de maio de 1911
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 3191 (13/07/1911)
  • La Voz de Galicia de 10 de maio e 1911; 12 de xullo de 1911.
  • El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano III Número 906 - 30 de decembro de 1926; Ano III Número 907 - 31 de decembro de 1926
  • El Progreso : semanario independiente: Ano XX Número 9562 - 30 de decembro de 1926
  •  El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XLIII Número 12590 - 30 de decembro de 1926 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...