xoves, 20 de xullo de 2023

Anécdotas do servizo urbán de Pontevedra de Manuel Corbal (1910 - 1924)

Manuel Corbal sería o único concesionario da rede urbana de Pontevedra, ata a chegada da Compañía Telefónica Nacional de España, que adquiriría o súa rede, xunto á de Ourense, que tamén era da súa propiedade, en 1927, pouco antes do vencimento da súa concesión. Nesta publicación revisaremos os sucesos máis senlleiros desde a súa inauguración o 6 de xaneiro de 1910.

Construcción da rede urbana de Pontevedra (1895-1910): https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/09/a-rede-urbana-de-pontevedra.html

En primeiro lugar as condicións da concesión permitían desplegar a rede nas poboacións que se atopaban a menos de 15 km do centro urbano, ante a dificultade de definir doutro xeito o que se consideraba urbano dunha maneira válida para todo o Estado. Isto foi útil para Manuel Corbal, que tiña a posibilidade de engadir Marín e Pontecaldelas ao proxecto. Co primeiro sería especialmente rápido, deixando ao segundo sen dispor do servizo, que dependería doutros plans para dispor do servizo (o proxecto provicial de 1917 e, antes, o plan de balnearios)

A subcentral urbana de Marín: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/11/a-subcentral-urbana-de-marin-1910-1912.html


A acusación de roubo de auga na central 

En xullo de 1914 o concelleiro D. Bernardino González Paz acusa ao concesionario da rede urbana D. Manuel Corbal, no pleno do Concello, de roubo de auga da traída municipal, tendo un caño ilegal que leva auga ao edificio da central da rúa San Román. Convócase ao fontaneiro municipal, o Sr. Dobarro, a que revise se isto é certo. Varios concelleiros, o propio alcalde, e o fontaneiro acudirían a revisar á casa e non atoparían a suposta conexión ilegal á rede. 

El Progreso  semanario independiente Ano VIII Número 1389 - 29 de xullo de 1914


O estrés do Ramón Rodríguez co teléfono

D. Ramón Rodríguez, propietario do restaurante da estación de tren, notifica ao público, en xullo de 1916, que non ten capacidade de atender o teléfono como lle gustaria ao recibir mútiples chamadas de clientes preguntando por chegadas de trens. A xente acostuma a chamar nas horas nas que conta con maior número de cliente i está ocupado en atender ao público. Comunica en nota en prensa que non ten obligación de contestar todas as chamadas e que necesitaría a unha persoa destinada únicamente a atender ese servizo.


O boi de Balbina Paz

En abril de 1918 ocurriu unha desgraza no barrio do Burgo. Durante a madrugada desprendeuse un cable de teléfonos sobre o cable eléctrico, creando unha situación de perigo. Ao paso dunha carreta tirada por bois, conducida por Balbina Paz, veciña da rúa do Progreso, un dos animais tocou un dos cables e morreu de xeito instantáneo. Balbina salvou case de casualidade.


O roubo de Poio

En xuño de 1920 roubáronse 980 metros de cable telefónico en Poio, valorados en 70 pesetas. Foi un caso bastante relevante na prensa da época. Foron detidos polo inspector Sr. Gómez Serreno e o cabo Francisco Hernández, os rapaces Fernando Rodríguez Falco, de 16 anos, Jose María Tourón Fernández, de 14 anos e Martín Guiance Guiance, de 20 anos, como autores do furto de cable desde a ponte da Barca. 

Tamén diteveron ás mulleres Benita Fernández Buhigas e a súa filla Isolina Cabezas Fernández, veciñas da rúa de San Guillermo, que compraran o cable aos muchachos. O fío foi atopado na taberna de Rosario Blanco, no Mollabao, onde o tiña escondido Benita.


O atentado de 1920

Tratado nunha publicación específica: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/04/o-atentado-cun-cable-telefonico-en.html


Os teléfonos do tranvía de Pontevedra

En 1923 chegaría o tranvía eléctrico á propia cidade, por parte da empresa que operaba o travía que ía a Marín. Estes novos vehículos contarían, aproveitando que os fíos eléctricos írían sempre próximos a vía e descubertos, con teléfonos nos coches para poder notificar incidencias no servizo, tanto á central eléctricoa como a cocheras. Non queda constancia se utilizarían fíos propios ou se conectarían aos da rede urbana. Pode que se realizara de maneira parecida o servizo de bus Coruña - Santiago de Manuel Sanjunjo.

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/autocares-la-regional-primeira.html


Telefonistas indiscretas

O dous de xuño de 1924 aparece unha nota na prensa cunha queixa sobre as telefonistas do servizo urbano de Pontevedra.  Acúsanas de facer escoitas das conversas. Asumen a curiosidade pero queixanse de que, cando fan isto, baixa a calidade da conversa, que case é imperceptible. Recomenda que as telefonistas busquen outro pasatempo como, de xeito irónico, ser mais dilixentes no establecimento das chamadas.


O incendio de 1924

Varias centrais urbanas queimáronse nos primeiros anos do seculo XX, incluindo tres incendios na de Ferrol. en 1924 sería a quenda de Pontevedra, aínda que sería menos relevante que en outras poboaciós.  Ás dúas da tarde do 15 de setembro de 1924 iniciouse un incendio na cheminea da casa da central telefónica. Tiveron tempo de avisar ao corpo de bombeiros, dirixido polo señor Montero, que o apargaría se maiores consecuncias. 


Para saber máis:

  •  El Progreso  semanario independiente Ano I Número 4 - 27 de outubro de 1907; Ano VIII Número 1389 - 29 de xullo de 1914; Ano VIII Número 1395 - 5 de agosto de 1914; Ano IX Número 1765 - 23 de outubro de 1915; Ano XIV Número 2523 - 25 de xuño de 1920; Ano XVI Número 2898 - 11 de abril de 1922; Ano XVIII Número 5512 - 16 de setembro de 1924
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXI Número 5791 - 7 xuño 1909; Ano XXVIII Número 8089 - 30 xullo 1916; Ano XXVIII Número 8199 - 19 novembro 1916
  • La Libertad Num. 249 (09/07/1910)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXIII Número 9572 - 17 de marzo de 1916; Ano XXXVII Número 10871 - 25 de xuño de 1920; Ano XXXIX Número 11421 - 8 de abril de 1922; Ano XL Número 11643 - 1 de xaneiro de 1923; Ano XLI Número 11789 - 10 de abril de 1924; Ano XLI Número 11833 - 2 de xuño de 1924
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXIII Número 9965 - 11 de abril de 1918; Ano XXV Número 10142 - 16 de xuño de 1920
  • El Compostelano  diario independiente Ano I Número 104 - 16 de xuño de 1920; Ano V Número 1229 - 28 de marzo de 1924
  • La Integridad diario católico Num. 9531 (14/01/1922)
  • El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 908 (02/09/1923)
  • El Progreso  diario liberal Año XVI Número 4630 - 4 de xaneiro de 1923
  • La Voz de Galicia. 4 de xaneiro de 1923
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XVII Número 6052 - 29 de xullo de 1923
  • El Progreso  diario liberal Año XVII Número 5013 - 29 de marzo de 1924

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...