martes, 25 de xullo de 2023

O teléfono en Baiona (1921-1924)

Realmente Baiona tiña servizo telefónico desde 1892, xa que o farmacéutico de Gondomar Sergio Espinosa construira unha liña telefónica desde esa vila ata o centro telegráfico de Baiona, dependente de Correos. A comunicación con Vigo sería por vía telegráfica.

O alcalde do Baiona, D. Jose Barreiro Álvarez, en outubro de 1921 remite unha instancia ao oficial de telégrafos D. Ignacio Herrero Bermejo de Vigo, que participara na construcción de varias redes na zona, para que remita ao director xeral de comunicacións a solicitude de construción dunha central telefónica en Baiona

En decembro de 1921 publican un concurso para o aluguer dunha casa con destino á estación telegráfica e telefónica en Baiona, cun prezo máximo de 1500 pesetas. A información do mesmo se xestionaria desde o centro telegráfico de Vigo por parte do xefe D. Gorgonio Sevillano.

Cables de teléfono sobre a actual Praza Pedro de Castro. Baiona. Sen datar. Asociación Val Miñor Espacio Abierto.


O concurso parece ser ganado por unha casa do Sr. Estévez na rúa de Eduardo Iglesias de Baiona, para o que se despraza o xefe de liña de telégrafos D. Antolín Ribalta en febreiro de 1922. 

Nos habería máis novas relevantes ata maio de 1923, cando aparece na prensa a chegada desde Vigo dunha torre para a instalación do teléfono urbano na cidade. Unha vez instalada coméntase que empezarán as obras de tendido dos cables. A prensa agradece o rol do alcalde Jose Barreiro así como dos funcionarios D. Enrique Holgado e Ignacio Herrero. As primeiros postes e fíos téndense en agosto de 1923.

A instalación parece pararse ante 1924 novamente, cando aparece na prensa que o 17 de marzo chega persoal encargado de traballar nos fíos telefónicos que deberían conectar Baiona con Vigo. Sería novamente a corporación municipal a que faría forza para recuperar o servizo.


O 11 de  decembro de 1924, xa coa actividade da Compañía Telefónica Nacional de España, sería cando se inaugurara o servizo. Dase conta da posibilidade de comunicarse con toda a rexión, agradecendo a actividade do xefe de telégrafos D. Enrique Holgado, así coma a nova compañía, que promote extender o servizo a todo o Val Miñor. 

O número de abonados sería reducido nos primeiros anos, polo que aparecía nos apéndices da memoria anual da compañía telefónica:

  • Fin de 1926: 28 abonados
  • Fin de 1927: 24 abonados
  • Fin de 1928: 20 abonados
  • Fin de 1929: 23 abonados

No directorio publicado en 1928 aparecen 23 abonados:

1José Barreiro ÁlvarezRamón i Cajal 5
3Salustiano Olaguibel FernándezBola
4Remigio EloyElduayen 4
6Garda CivilUrzaiz 22
7Jesús Varela SolleiroUrzaiz 19
8Casino RecreativoElduayen 21
9ConcelloConsistorio 2
10Angel Bedrinana MeanaMonte Real
11Amalio Couto PachecoElduayen 5
13HospitalSanti Spriru
14José Rodríguez PérezElduayen 14
16Ventura Salgado MuiñoHospital 2
17José Rodríguez de Vicente
18Celestino Álvarez EstévezVentura Misa 54
19Julián de RebollarElduayen 8
20Juan Tapia RodríguezS. PAtrix
21Ignacio Cordero AlonsoUrzaiz 17
22Emilio Cepa BesadaVentura Misa 4
23Carmen Alonso RodríguezConsistorio 7
25Jose PugaRamon y Cajal
27Aurelio AlarUrzaiz 1
28Tomás Mirambel MaristanyVilla Rosa
29Manuel Barreiro AlvarezUrzaiz 25
99Compañía Telefónica Nacional de EspañaEduardo Iglesias 5


Para saber máis:

  • Faro de Vigo:  24 de decembro de 1921; 12 de decembro de 1924
  • La Integridad diario católico Num. 9462 (22/10/1921) ; Num. 9567 (25/02/1922); Num. 9924 (17/05/1923)
  • Galicia  diario de Vigo Número 332 - 24 agosto 1923
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXVIII Número 11560 - 31 de agosto de 1923
  • El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 897 (17/06/1923); Num. 900 (08/07/1923)
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano I Número 24 - 23 de febreiro de 1924; Ano I Número 44 - 18 de marzo de 1924




Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...