Curiosamente chegaría antes a telefonía interurbana, da man dos plans da Compañia Pensinsular de Teléfonos, que a urbana, como veremos máis adiante. A diferencia doutras vilas e cidades de tamaño similar, non se despertou un gran interese en anos anteriores sobre a posibilidad de construir unha rede urbana. Únicamente consta na hemeroteca un par de proxectos de telefonía particular levados a cabo na última decada do século XIX. Chegaríamos a 1914 sen tentativas de proxectos de conectividade.
A rede interurbana
Betanzos sería unha das dez cidades galegas que estrearían o servizo interurbano. O 25 de abril de 1914 aparece na prensa o reporte dun pleno urbano na que se require axuda para que a compañía telefónica consiga o aluguer da nave que ocupa o xulgado de primera instancia, aínda que non queda constancia si sería para almacenaxe dos elementos necesarios para a montaxe da rede o para construir o centro telefónico. A rede sería inaugurada o 3 de setembro de 1914
A rede urbana
A poxa pola rede urbana publícase o 1 de xuño de 1915 no boletín oficial da provincia (antes fora aprobado o 14 de maio e publicado na Gaceta de Madrid o 25 de maio), dando un prazo ata o 19 de xuño de 1915 para presentar as proposicións. O servizo tería un periodo máximo de 20 anos, tendo a obriga de facilitar cinco abonos gratuitos ás entidades que designe a dirección xeral de telégrafos. A poxa xa incluía unha maior flexibilidade á hora da montaxe da rede (típicamente de 6 meses) ao ter en conta a guerra europea.
Anuncio da poxa para o servizo telefónico urbano de Betanzos. Boletín Oficial da Provincia. 1 de xuño de 1915
Esta poxa sería ganada pola Compañía Peninsular, que sería a promotora da mesma e que tiña un dereito de tanteo sobre outras propostas que se puideran recibir. Na prensa aparece Santos Velasco como xefe de sección en 1918 e 1920. Tamén hai unha mención á necesidade de dispoñer da máis persoal coma a incorporación de D. Jesús Cabaleiro Pedreira en decembro de 1918, procedente da central de Ferrol, que padecería una suspensión de emprego e soldo en 1920 por parte do director da central que sería levantada posteriormente pola dirección da compañía. Tamén en xuño de 1920 se incorporaría Jose Cabanillas, procedente de Sevilla i en agosto de 1921 Enrique Blanco Manilo.
Betanzos na primeira guía telefónica
A primeira guía telefónica completa de España foi editada en 1916 por parte da Compañía Peninsular de Teléfonos, que operaba a rede interurbana e algunha das redes urbanas de Galicia. Naquel momento había pouco maís de 1000 abonados en Galicia, e 30.000 en todo España. O traballo de edición e impresión foi contratado á empresa Los Tiroleses, coa idea de publicar 40.000 exemplares, cos datos persoais (nome, domicilio, teléfono) de todos os abonados en poboacións que están conectadas á rede interurbana.
Neste ano os cidades e vilas galegas que están incluidas son Betanzos, Ferrol, Coruña (e O Burgo), Monforte, Ourense, Vilagarcia, Pontevedra (e Marín) e Vigo.
- 1: Concello, Pr. Constitución.
- 2: D. Valentin Puente, P. Arines.
- 3: D. Manuel Becaria, Sánchez Bregua.
- 4: D. Constantino Rodríguez, Infesta.
- 5: D. Victor Valderrama, Constitución.
- 6: D. Bernardo Carro, Valdoncel.
- 7: D. Manuel Loureda, Roibeira.
- 8: D. Eugenio Corrra1, Monjas.
- 9: Pastor Núñez, Sánchez Bregua.
- 10: D. Agustín Barros, Méndez Núñez.
- 11: D. Manuel Martínez, Valdoncel.
- 12: D. José Martín, Infesta.
- 13: Mapa Militar, Ribera.
- 14: D. Gerardo Vidal, Infesta.
- 15: Pita y Fernández, P. Arines
- 16: Sres. Núñez y Compañia, Ponte Novo
- 17: Sres. Hijos de Núñez, Sánchez Bregua.
- 18: D. Juan López, P. Arines.
- 19: Xulgado de Instrucción, P. Arines.
- 20: Cuartel de la Guardia Civil, Alhóndiga.
- 21: Comandancia Militar, P. Arines.
- 22: Hospital de San Antonio, P. Arines.
- 23: Cárcel del partido, Sánchez Bregua.
- 24: D. Luis Varela, Méndez Nuñez.
- 25: Dª. Teresa Arias. P. Arines.
- 26: Dª. Consuelo Pedreira, Rua Traviesa
- 27: D. Tomás Larco, Valdoncel.
- 28: Dª. Carmen Paez, Praza da Constitución.
- 29: Dª. Dolores Maristany, Sánchez Bregua, 15.
- 30: D. César Sánchez, Praza da Constitución.
- 31: D. José Teijeiro, San Francisco.
- 32: D. José Vázquez Leis, Rua Nueva.
- 33: D. Eduardo González, Avenida da Estación.
- 34: Concello de Bergondo, Bergondo.
- 35: D. Julio Linarragua, Angeles.
- 46: Jefe de Telégrafos. . .
- 47: Jefe de Teléfonos.
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXXVII Número 11965 de 25 de abril de 1914; Número 12046 de 19 de xuño de 1914
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXI Número 9102 de 3 de setembro de1914
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 7123 de 3 de setembro de 1914
- Anuario telefónico da Compañía Peninsular de Teléfonos. Editorial Los Tiroleses. 1916.
- Gaceta de Madrid. 25 de maio de 1915
- Boletín Oficial da Provincia da Coruña. 1 de xuño de 1915
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias. 2 de xuño de 1915
- El Noroeste Año XX Número 9444. 2 de xulo de 1915
- El Orzán diario independiente Año I Número 302 - 28 de decembro de 1918
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3221 (01/08/1918)
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXV Número 10318 - 23 de decembro de 1920
- El Progreso diario liberal Año XIII Número 3831 - 2 de xuño de 1920
- La Voz de Galicia de 24 de agosto de 1921
Ningún comentario:
Publicar un comentario