xoves, 24 de novembro de 2022

Telefonía en Monforte de Lemos (1909 - 1924)

Monforte sería a primeira poboación galega conectada a rede interurbana da Compañía Peninsular, así como a primeira cidade da provincia de Lugo en ter telefonía urbana, incluso antes da capital. Ao igual que en Betanzos, chegaría en primeiro lugar a telefonía interurbana, que daría paso a urbana por parte da mesma empresa.


A rede interurbana

O 10 de maio de 1913 chegarían a Monforte traballadores da Compañía Peninsular de Teléfonos, para facer un replanteo de proxecto de telefonía interurbana. Dúas brigadas de 30 homes entre Monforte e Astorga. Ademáis, a estación de Monforte recibiría as mercadorías para a montaxe da rede en Galicia. 

Sería a primeira cidade galega en contar con este servizo. A inauguración sería o 4 de febreiro de 1914 ás 18h, estando presente o director D. Aurelio Rey Mouriño, fillo do deputado Manuel Rey Gosende. Ao evento asistiron autoridades civís e militares, comerciantes e industrais, que quedaron impresionados coas instalacións. Aproveitaron para chamar a personalidades residentes en Madrid.

As oficinas estaban situadas na Rúa Emilio Castelar nº2.

Rúa do Cardenal. Monforte de Lemos. Sen datar. 

Manuel Cortés chega a estación de Monforte en Agosto de 1918, procedente da central telefónica de Santiago de Compostela. No seu lugar queda Víctor Acero.  Manuel permanece de xeito interino uns meses ata que en xullo de 1919 queda oficialmente nomeado. En xullo deste ano chegaría Pedro López, procedente da estación telefónica de Santiago. Manuel Cortes permanecería no carga ata setembro de 1924, cando sería destinado a Tarancón (Cuenca), sendo reemplazado por Jacinto Bermejo, antigo xefe da central de Tui.


A rede urbana

La Voz de Galicia recolle no 2 de outubro de 1909 como Francisco Conde Balvís, que tiña a concesión de Ourense, que non chegara a montar, tiña interese tamén en prestar servizo en Monforte de Lemos. Non o consegue.

Habería que agardar seis anos. Publícase o 29 de maio de 1915 a poxa da rede de telefonía urbana no boletín oficial da provincia (antes fora aprobado o 14 de maio e publicado na Gaceta de Madrid o 25 de maio), coincidindo con de Betanzos (e outras 7 localidades do resto de España) . O servizo tería un periodo máximo de 20 anos, tendo a obriga de facilitar cinco abonos gratuitos ás entidades que designe a dirección xeral de telégrafos. A poxa xa incluía unha maior flexibilidade á hora da montaxe da rede (típicamente de 6 meses) ao ter en conta a primeira guerra mundial (guerra europea o gran guerra, naquel momento)

Anuncio da poxa para o servizo telefónico urbano de Monforte. Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 29 de maio de 1915

Esta poxa sería ganada pola Compañía Peninsular, que sería a promotora da mesma e que tiña un dereito de tanteo sobre outras propostas que se puideran recibir. A nova da inauguración chegaría á prensa o 24 de novembro de 1915, mediante un comunicado do director D. Mariano Arturo Fuentes Zalzivar.


Os problemas no servizo

Un dos sucesos máis relevantes acontecidos foi en maio de 1919 cando unha forte tormenta ocasionou unha descarga sobre as liñas telegráficas e telefónicas. Sería no caso da central telefónica onde provocaría unha chispa e unha avaria. Ademáis , os tres empregados que se atopaban de servizo acabaron rodando polo chan, pero qeudaría todo nun susto.

O 11 de novembro de 1919 recolle a prensa como se produciron algaradas de certa importancia relacionadas co servizo telefónico que prestaba a Compañía Peninsular. Algúns grupos de persoas reclamaban á instalación do servizo público en pobos da bisbarra como Pantón, Sober, O Saviñao entre outros. Foi necesaria a aparición da benemérita para para evitar maiores incidentes.

Outro feito relevante foi en xuño de 1920 cando unha tormenta non sí afectou as centrais de telefonía urbana e interurbana da Compañía Peninsular. Varios postes foron destrozados, deixando ser servizo á poboación por un tempo

Na boletín provincial aparece tamén unha mención ao acordo municipal de non autorizar a instalación dun poste de 16m na rúa General Rubín en agosto de 1924.


Monforte na primeira guía telefónica

A primeira guía telefónica completa de España foi editada en 1916 por parte da Compañía Peninsular de Teléfonos, que operaba a rede interurbana e algunha das redes urbanas de Galicia. 

Os abonados de Monforte serían:

  • 1: Concello, Alcaldía, Rúa Comercio
  • 2: D. Javier Rodríguez, Rúa do Cardenal
  • 3: D. Hilario Cepeda, Juez de instrucción, Rúa Dr. Teijeiro
  • 4: D. Manuel Banet, Notario, Rúa do Cardenal
  • 5: Luis R. Alvarado, Rúa Comercio
  • 6: Hotel del Comercio, Rúa Comercio
  • 7: D. Emiliano Pérez, tejidos, Rúa Comercio
  • 8: D. José M. Alonso, farmacia, Rúa Comercio
  • 9; D. Tomás Sánchez, Rúa Comercio
  • 10: D. Cayetano de la Puente, confitería, Rúa Comercio
  • 11: D. Vicente Taboada, relojería, Rúa Comercio
  • 12: D. Manuel Hermida, Rúa do Cardenal
  • 13: D. José Miguez, Rúa do Cardenal
  • 14: Hotel Español, Rúa Comercio
  • 15: Sociedad Eléctrica de Orense, Rúa do Cardenal
  • 16: D. Jesús Ramos, Procurador, Rúa do Cardenal
  • 17: D. Manuel Salgueiro, Avenida Osma
  • 18: D. Manuel F. Moreiras, ferretería, Rúa do Cardenal
  • 19: D. Gonzalo Sánchez, Juez municipal, Rúa do Cardenal
  • 20: Viuva de J. Andrade, ultramarinos, Praza da Constitución
  • 21: D. Manuel Borrego, Rúa Lagares
  • 22: D. José Parrilla, Praza da Constitución
  • 23: Sres. Guitián Hermanos, fábrica de chocolates, Praza da Constitución
  • 24: B. Eladio Franjo, carpintería, Costa de Santo Domingo
  • 25: D. Ramón Martínez, cochería, Rúa Doutor Casares
  • 26: D. Baldomero Rodríguez, almacenista, Rúa Doutor Casares
  • 27: D. Amador López, fabricante de gaseosas, Rúa Doutor Casares
  • 28: D. Fernando Alonso, almacenista, Rúa Ascención
  • 29: D. Mariano Gordaliza, Estrada da estación
  • 30: D. Jesús Coya, almacenista, Estrada da estación
  • 31: D José Quiroga, ganadero, Rúa Ascención
  • 32: D. Antonio Losada Curto, huevería, Rúa Ascención
  • 33: Sociedad Liceo Artístico, Rúa Doutor Casares
  • 34: D, Juan Casanova, Médico, Rúa Doutor Casares
  • 35: D. José Guitián, carretero, Estrada de Lugo
  • 36: D. Evaristo Mosquera, ganadero, Rúa Alfonso XIII
  • 37: D. Manuel Mosquera, ganadero, Rúa Alfonso XIII
  • 38: Centro Telégrafos, línea de servicio, Rúa Doutor Casares
  • 39: Cuartel de la Guardia civil, Estación de tren
  • 40: D. José M. Rubio, ganadero, Rúa Ascención
  • 41: D. Rodrigo Somoza, ganadero, Rúa Ascención
  • 42: D. N. N., Rúa do Cardenal
  • 43: D, Emilio Fernández Moreiras, Rúa do Cardenal
  • 44: D. Francisco González, (correos), Rúa do Cardenal
  • 45: D. Francisco de las Cuevas, Estrada de Quiroga
  • 46: RR. PP. Escolapios, Rúa Compañía
  • 47: D. Antonio Dacal, Médico, Rúa do Cardenal
  • 48: D. Francisco C. Artime, Estrada de Quiroga
  • 49: D, Florencio Iglesias, Rúa Compañía
  • 50: Dª. Dolores Rodríguez, Rúa Compañía
  • 51: Sres. Fernández e Barreira, Almacenistas, Rúa da Barreira
  • 52: D. Jose María Fernández, Praza da Constitución
  • 53: Sociedad casino tertulia de Monforte, Rúa do Cardenal
  • 54: Cárcel pública, Cuesta de Santo Domingo
  • 55: D. Antonio Domínguez, Rúa do Cardenal
  • 56: D. Filotero López, Rúa Dr. Teijeiro
  • 57: D. Ramón Pérez, Estrada de Quiroga
  • 58: Viuva de Yáñez, Dr. Casares
  • 59: D. Manuel Franco, Abeledas
  • 60: D. Camiño Baamonde, A Granxa
  • 61: Viuva de Hermida, A Devesa
  • 62: Comandancia militar, 
  • 64: D. Mariano Arias, Os Chaos
  • 65: Cuartelillo de Policia, Praza


Para saber máis: 
  • La Voz de Galicia. 2 de outubro de 1909; 29 de xuño de 1920
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias; 10 de maio de 1913
  • La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XXV Número 7004 de 12 de xullo de 1913; Número 7015 de 26 de xullo de 1913
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXX Número 8760  de 17 de xullo de 1913;  Ano XXXI Número 8930 de 6 de febreiro de 1914; Número 8934 - 12 de febreiro de 1914; Número 8935 - 13 de febreiro de 1914; Ano XXXII Número 9477 de 25 de novembro de 1915; Ano XXXVII Número 10874 - 30 de xuño de 1920
  • Nova Galicia  revista semanal, órgano dos gallegos é pr'os gallegos n'as Amérecas Ano XIV Número 438 de 18 de abril de 1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 6974 de 10 de febreiro de 1914
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XIX Número 6511 de 13 de febreiro de 1914; Ano XXIII Número 10072 - 20 de agosto de 1918;  Ano XXIV Número 10225 - 13 de novembro de 1919
  • El Regional. Diario de Lugo.  Num. 10375 de 26 de maio de 1915; Num. 10602  de 25 de novembro de 1915
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. Número 123 de 29 de maio de 1915; Número 201 de 27 de agosto de 1924
  • El Progreso  diario liberal Ano XI Número 3214 - 22 de maio de 1918; Ano XII Número 3516 - 24 de maio de 1919; Ano XII Número 3552 - 5 de xullo de 1919
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Año IX Número 3016 - 24 de maio de 1919; Ano IX Número 3051 - 7 de xullo de 1919; Ano XIV Número 4615 - 10 de agosto de 1924
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XIII Número 4912 - 8 de xullo de 1919
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 709 (23/05/1919); Num. 2089 (16/09/1924
  • El Compostelano  diario independiente Ano I Número 115 - 30 de xuño de 1920
  • Faro de Vigo: 5 de xullo de 1919.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...