El Clamor del País, un diario de A Coruña, foi a primeira baixa dun subscritor dun servizo telefónico urbano. Non parece ser unha baixa simple. Este xornal foi froito dunha fusión de El Noroeste i El Clamor de Galicia, que tería ideoloxía afín ao Partido Liberal Reformista ou romerista, que se vería abocado a desaparecer en agosto de 1889, pouco tempo despois de ter instalado o teléfono nas súas oficinas. Cumpre salientar que non tería o servizo en xaneiro de 1889, xa que se dispón dunha listaxe desa data cos 20 primeiros abonados. No primeira guía conservada, de 1890:
https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/1890-primeira-guia-de-telefonos-en.html
aparecen como vacantes os números 48 e o 54, que pode que algún fora deste xornal (xa que coincide con instalacións nese barrio) que serían instalados cara abril ou maio de 1889, apenas 2 o 3 meses antes da baixa. O compromiso de permanencia era dun ano, sendo o teléfono propiedade da empresa de telefonía.
O feito de só pagar uns meses (sen amortizar a instalación) e non devolver o terminal telefónico crearon un conflito entre o Sr. Canoura e Mariano Martín Villoslada, director da empresa de telefonía, que remataría nos xulgados.
Manuel Canoura, natural de Lugo, era reloxeiro na Coruña, cun negocio na rúa Real 90, que se faría famoso por un roubo que padeceu a finais de 1886 e que tivo trascendencia mediática no xuizo acontecido nos seguintes anos, unha vez descubertos os mangantes. Esta actividade como comerciante a levaría en paralelo ao rol de redactor do xornal. Manuel debía ter una carácter controvertido que o levou a ter conflictos con outros medios, onde se tiña un relato sarcástico contra a liña editorial do xornal de Canoura. Falecería ao ano seguinte (1890) en Lugo. O outro redactor principal era Ricardo Acevedo Fullós, avogado, político e xornalista, que tamen falecería en 1890.
Ningún comentario:
Publicar un comentario