Os fachos e o lume como medio de comunicación
Erguerémola espranza sobre ista térra escura coma quen ergue un facho nunha noite sin lúa.
Erguerémola espranza sobre ista térra escura coma quen ergue un facho nunha noite sin lúa.
Extracto do poema Espranza. Celso Emilio Ferreiro
Facho. Eminencia donde se encendían facheiros u hogueras, para señal de lo concertado, lo mismo tierra adentro que en la cosa.
Diccionario Gallego Castellano. Rodríguez Gil, Francisco Javier. 1863
Xa no século IV antes de Cristo os gregos Cleóxenes e Tácito idearon un sistema alfabético de comunicación baseado en cinco bengalas. Versións deses sistemas puideron estar activas xa na época castrexa, que axudarían a explicar a localización dos poboamentos e toponimia conservada. Existiría unha rede óptica castrexa?
Temos que chegar ata o século XVIII para atopar referencia como o manuscrito “instrución y advertencias sobre la utilización de los fachos” de 1739 que fai mención a unha rede de fachos de costa para detección de intrusos, coa obriga de retransmitir mensaxes de alarma:
- Navío sospeitoso no Norte (alumear unha fogueira de 15 min)
- Navío sospeitoso no Sur (dúas fogueiras de 15 min, intercaladas)
- Detección dun desembarco (fogueira dunha hora)
instrución y advertencias sobre la utilización de los fachos [Manuscrito]. -- Coruña : [s.n.], 1739, julio, 8. Deputación de Pontevedra
Anteriormente hai unha referencia previa de 1729 no arquivo da Coruña que menciona a lista dos vinte fachos da provincia de Santiago (cando Galicia eran sete provincias) e as condicións de mantemento dos mesmos. Inclúe a obriga para a poboación civil da contorna de facer quendas de vixía, así como as sancións no caso de incumprimento.