Galicia nunca chegou a ter una rede de telegrafía óptica. Xusto cando se fixo unha certa aposta acababa Morse de validar a telegrafía eléctrica en 1844. Porén, a invasión francesa espertou un certo interese en dispoñer antes de esta rede de avisos oficiais, que xa estaba moi difundida en Francia de 1794 grazas ao seu inventor Claude Chappe.
Unha primeira experiencia militar na baía de Cadiz nos primeiros anos do século XIX resultou de utilidade para informar das incursións francesas. Doutro xeito, as novas tiñas que circular por carreiras de postas, a velocidade humana. Así, tras a experiencia defensiva de 1809, aparecen un par de suxestións relativas a construción desta rede.
No semanario político, histórico y literario de La Coruña Num. 22 de xaneiro de 1809, fálase da importancia de que Madrid poida estar ben informada. A suxestión era conectar Astorga con Coruña, pasando por Asturias e Galicia; e outra liña de Puebla de Sanabria a Ourense, que poida chegar a Lugo e Coruña; ambas para uso meramente militar.
O 7 de maio de 1810 emítese un oficio da xunta provincial de Mondoñedo (por parte de Juan Moscoso) ao presidente e vogais da Xunta Superior de Galicia no que os informa da retirada dos franceses a Luarca e da proposta do marqués de Vista Alegre, vogal da xunta de Asturias, de establecer telégrafos para informar rapidamente dos movementos do inimigo, que se inclue a continuación:
O 21 de maio emite unha nova carta na propón o establemento dos telégrafos segundo o proposto por Manuel Olmedo, tenente coronel, e as máquinas diseñadas por Miguel Febrer, coengo racioneiro da catedral de Mondoñedo. O tenente facilitaría os recursos humanos necesarios para operar os telégrafos.
O texto explica a importancia de contar con persoal de confianza manter o contida da mensaxe. Indica tamén que de noite debe facerse con farois nos brazos con sináis simples, para evitar confusións. Tamén indica que no caso de existencia de néboa onde tería que contar con material combustible para xerar fortes chamas e poder enviar mensaxes simples.
Polo estado da contendo, suxiren crear unha liña de Villafranca del Bierzo a Navia de Suarna e, dende alí, seguindo o río Navia cara o mar. En paralelo podería facerse unha liña para comunicación coa Coruña. Unha vez feita esa rede xa se podería facer ramáis coas capitais de provincia
A proposta desbótase polo custe económico que implica, pero invitan a Juan Moscoso a probar o funcionamento con telégrafos xa creados por Miguel Febrer. Non consta aparición documental dos telégrafos deseñados.
Non construidos estes telégrafos pasaría ata o ano 1844 cando se plantexa a construción das grandes liñas do estado por parte do galego Manuel Varela Limia (Malpica 1796 - Madrid 1853), como director de camiños, canles e portos. Jose María Mathé, brigadier, sería o responsable técnico do proxecto. Estas tres liñas principais conectarián Madrid con Irún, Cádiz e Barcelona (e La Junquera), que serían finalmente construidas.
Unha segunda fase falaba de facer ramáis e Manuel Varela contemplou a construcción dun ramal desde Valladolid a Coruña vía Zamora e Ourense, pero que a inminente chegada do telégrafo eléctrico imposibilitou. Os Boletíns Provinciais deixan mostras do inicio do proxecto de estudo en 1844, pero non quedou información escrito do mesmo, probablemente perdida no incencio de arquivo general da administración de Alcalá de Henares en 1939.
Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 31 de maio de 1844.
Ningún comentario:
Publicar un comentario