Utilizando as notas na prensa, podemos ter información da dinámica de prezos que tiña o servizo telefónico en 1923.
Prezos por quilómetro de cable
O máis relevante é que a cota gardaba certa relación entre o número de quilómetros de cable (non en liña recta ou por estrada, que podería ser o máis lóxico) e o prezo do servizo. Así, se de Vigo a Tui hai 41 quilómetros de cable, o prezo era proporcional a iso. Na seguinte imaxe están os prezos desde a estación interurbana de Tui.
A duración das chamadas estaría limitada a tres minutos.
O horario das chamadas e disponibilidade do servizo
- Burgos, Vitoria, Haro, Logroño, Miranda, Palencia, Valladolid, Medina del Campo, Salamanca, Zamora e Ávila: ás horas en punto
- Madrid, Gualajara, Toledo y Alcalá: ás horas e media
- Bilbao, Durango e Castro Urdiales: ás horas e dez minutos
- Oviedo, Gijón, Avilés, Torrelavega e Santander: ás horas e cuarenta minutos
- Monforte, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Ourense: ás horas e dez minutos
- Lugo, Betanzos, Ferrol e Coruña ás horas en punto
- Santiago de Compostela: ás horas e media
O prezo dos telefonemas e dos avisos de chamada
Os teléfonemas era un servizo de notificacións escritas que se repartía a domicilio, de xeito similar aos telegramas (xestionados sempre por Correos e Telégrafos), pero utilizando o soporte telefónico e, daquela, cunha menor validez legal.
A principal utilidade era o envío de notificacións de conferencia, para que as persoas se presentaran a unha hora determinada na sede da Compañía Peninsular e tiñan un custe de 0,35 pesetas na provincia e 0,60 pesetas fora da provincia.
Á marxe dos avisos de conferencia se podería utilizar o servizo para calquer mensaxe, con prezos dependentes da lonxitude do mesmo (de xeito similar aos telegramas):
- Normais na provincia: 0,65 pesetas (15 palabras) e 0,05 pesetas por palabras extra
- Normais fora da provincia: 1,15 pesetas (15 palabras) e 0,10 pesetas por palabras extra
- Urxentes na provincia: 1,65 pesetas (15 palabras) e 0,15 pesetas por palabras extra
- Urxentes fora da provincia: 3,15 pesetas (15 palabras) e 0,30 pesetas por palabras extra
Ningún comentario:
Publicar un comentario