martes, 30 de xullo de 2024

Telegrafía e radiotelegrafía nas manobras militares de Bóveda (Lugo) en 1907

 En setembro de 1907 concentráronse 12.000 militares nunha chaira da parroquia de Ver do concello de Bóveda, sendo probablemente a maior concentración militar celebrada en España. O obxectivo era analizar a loxística para xuntar a tantos homes nunhas datas determinadas, e ver todo o necesario para xestionar ese grupo. A vista estaría posta nos conflitos do norte de África, que concetrarían os esforzos militares do primeiro cuarto de século XX, aínda que a excusa era unha posible invasión enimiga pola costa galega.  

Ademáis parecía un lugar seguro para evitar sobresaltos ao rei, que visitaría as manobras, i estaba comunicado por tren, con estacións próximas na liña Monforte-Lugo ás que chegarían 14 trens militares. Alí instaláronse 1.700 tendas, fornos de pan, cocinas, letrinas, etc. nunha finca de 2500m por 400m na recta da estrada de Bóveda a Brollón. Do corpo de enxeñeiros foron 273 homes, 14 cabalos e 39 mulos.

Telegrafistas

En primeiro lugar o corpo de telegrafistas de A Coruña suxería adaptar as estacións de Monforte, Sarria e Bóveda para soportar as comunicacións durante as manobras, coa disponibilidade de fíos adicados, dar carácter permanente ás estacións e instalar un equipo Hughes na estación de Bóveda. Acudiría o xefe da central de Madrid, D. Manuel Balseiro, para coordinar os traballos.

Relativo ao corpo de enxeñeiros, foron responsables de crear unha liña telefónica entre bóveda e o campamento e unha segunda para contixencias. Ademáis, montaron liñas telegráficas, adicando algún dos fíos de uso civil para ter comunicación directa con Madrid. Cursaron 707 telegramas cun total de 20533 palabras (curiosamente, un deles redactado en francés, a París, que chegou sen erros)


Radiotelegrafistas

Primeira vez que se utilizan as estacións radiotelegráficas do exercito nunhas manobras militares. Como o grupo de aerostación (globos) estaba en Sarria (Lugo) i eran necesarios para facer probas de embarcar antenas de fío, o grupo de radio estableceuse nese lugar para sintonizar as antenas. Unha estación quedaría no cuartel xeral mentras que a outra participaría nos recoñecimentos.



O corpo de enxeñeiros tamén traballaría en voos libres de globos, cun que descendería a 2 km de Castropol, traslados nos dous automóviles do corpo, prácticas ciclistas, etc. 


Os mapas dos campamentos





xoves, 25 de xullo de 2024

O invento de Jose de Cora (1923)

O 30 de setembro de 1920 o oficial de Telégrafos Jose de Cora publica un artigo no xornal técnico de referencia "El Telégrafo Español" sobre unha proposta de montaxe dunha mesa de sección para solucionar a conmutación directa entre estacións dependentes. 

En 1923 consegue a aprobación por parte do director xeral Sr. Pérez Crespo para testalo na provincia de Lugo. A idea sería que estacións como Viveiro e Becerreá puideran comunicarse sen necesidade de facer escala en Lugo. O 10 de febreiro consta na prensa coma sae de Madrid o material para facer as probas. 

As probas finalizarían o 21 de abril de 1923. A prensa describe o invento coma un "circuito múltiple" que liga todos as estacións dunha zona, de xeito similar as centrais de conmutación de telefonía da época. O éxito das probas sería celebrado con xefes e oficiais de Lugo nun banquete en Casa Varela "La Neutral". Asistirían o Sr. González Vicente, Andrés de Olano e o Sr. Goy Díaz, entre outros.



Un artigo na revista Electrón do 10 de marzo de 1924 recolle a xustificación do mesmo cun exemplo. Un despacho da autoridade de Pontevedra dirixido a Guillarei sobre un roubo na fronteira. Este telegrama tivo que ir a Coruña, Lugo, Monforte (para pasar a rede de ferrocarril) e, desde aí a Guillarei. Estas estacións intermedias introducen retardos que fixeron que a mensaxe chegara tarde ao destino. 

As seguintes figuras mostran a montaxe en tres mesas de Lugo, cada unha responsable por tres liñas. O sistema permite mover unhas liñas dunha mesa á outra cos conmutadores A e B e os inversores C e D e utilizar un conmutador múltiple baseado en clavixas, idea herdada das centrais telefónicas.






Para saber máis:

  • El Progreso  diario liberal Ano XIII Número 3940 - 9 de outubro de 1920; Ano XVI Número 4662 - 10 de febreiro de 1923; Ano XVI Número 4716 - 15 de abril de 1923; Ano XVI Número 4722 - 22 de abril de 1923; Ano XVI Número 4723 - 24 de abril de 1923
  • La Integridad diario católico Num. 9909 (28/04/1923)
  • Galicia diario de Vigo - num 178. 17 de febreiro de 1923
  • Electrón do 10 de marzo de 1924

xoves, 4 de xullo de 2024

O intento de asasinato en Telegrafos de Lugo (1916)

23 de novembro de 1916.

Á noite atopábase só traballando Eugenio Olano Silva, telegrafista lucense, na última hora antes do peche da central.  Catro mulleres entran con coitelos e unha fouce e intentan asasinar a Eugenio, deixando 53 coiteladas graves na cara e resto da cabeza.

Eugenio Olano ofrecíase como mestre para auxiliares femininas nese ano. La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano VII Número 1799 - 1 febreiro 1916


O ordenanza Sr. Varela estaba descansando nun reservado, pero achegouse rápidamente a socorrer a Eugenio. O lesionado foi levado a Casa de Socorro polo garda municipal, xunto con tres das agresoras tamén feridas, de menor consideración na liorta.  Resultaron ser tres irmás (María, Luisa e Mercedes Sanchez, esta última menor de idade), unha delas a ex-noiva de Eugenio. Ían acompañadas pola curmá Camila del Río, filla da "Cacharerra".

Participaron os médicos de garda D. Hermenegildo López, o director do Hospital Sr. Vega, o médico Sr. Del Río , así como o médico militar Sr. Manso, xa que Eugenio era tamén soldado. As tomas de declaración correron por conta do xuiz de instrucción Sr. Freire Marquina e o secretario xudicial Naveira. Atoparon a fouce nun vertedoiro na parte posterior da sastrería de Sánchez (pai das tres irmás), na rúa Castelar (hoxe Teatro). Dous coitelos máis apareceron na cociña da sastrería e baixo un moble de telégrafos. 

Luisa quedaría uns días no hospital pero as outras tres pasarían ao cárcere modelo, compartindo cella, aínda que separaría a Camila posteriormente. Sobre Luisa especulábase que tivera unha menor responsabilidade, quedando ferida ao intentar separar ás agresoras. As irmás intentaron liberar a Camila, pero a declaración de Eugenio indicou que ela foi a primeira en agredilo, ademáis da portadora da fouce. Esa fouce sería prestada unhas horas antes polo propia Camila a Dominga de San Roque, que recibiría presións da nai de Camila para non declarar.Confesarían nun que os coitelos foran mercados no San Froilán para este propósito, pero resoltou finalmente que novamente Camila iría ao Bazar Moderno, na rúa da Raiña, para compralos esa tarde.


Eugenio foi parella de María e tiña unha filla con ela, que tiña recoñecida no Rexistro Civil. A relación rompeuse e Eugenio iría casar en tres días con outra muller, curmá de sangue, chamada Francisca García de Olano. María demandara xudicialmente a Eugenio para que se fixera cargo da manutención da súa filla. Tamén protagonizou algúns altercados previos ao encontrarse coa nova noiva de Eugenio. Movida polos ciumes, entrou en telégrafos usando o pretexto de devolver uns retratos. Ela inmobilizoulle as máns mentras o resto atacouno.

O xuiz desprazouse a sala de aparatos da estación telegráfica para verificar a realidade das declaración. Atoparon abundantes manchas de sangue. Os pais das irmás sufriron coa situación. As irmás pedirían permiso para coser para o seu pai desde o cárcere, e poder axudar a aliviar a situación creada. 

Telegrafos tamén necesitaba elaborar un expediente, para o que nomean a Jose Cora e Lira como responsable. Toma declaración ao ordenanza, á agresora e o pai de Eugenio, Ramón Olano Carreira, ao estar aínda convalecente. Eugenio conseguiría o alta un mes despoís. 

O xuizo

No xuizo, onde as acusadas serían defendidas polo avogado Jose Gayoso Castro, pediríanse10 anos de carcere para todas menos para Mercedes, menor de idade, que quedaría limitada a tres anos. Este xuizo demoraríase ata marzo de 1918, onde estarían as acusadas en liberdade condicional. A prensa recolle os detalles do mesmo, xa que se pensara que podía ter lugar a porta pechada, pero finalmente permitiron o acceso da prensa.

María, a ex-noiva, declara que tras seis anos de relación y ter unha filla de catro, da que Eugenio no se facía cargo. Declarou que fora agredida días antes por Eugenio, tras insultar esta á nova noiva. Afirma que levou os coitelos e fouce por se Eugenio volvía agredila. Afirma que Eugenio estaba violento e insultouna, polo que tivo que usar o arma para defenderse (sic). As irmás e curmá testifican de maneira similar.

María i Eugenio (este non comparece) confirman que foi ela a que avisou ao ordenanza Indalecio Varela Blanco. Éste declarou que María pedíalle a Eugenio Olano que non morrera. Declara o garda municipal Antonio Fernández e a persoa que cede a fouce Dominga Abeleda. O fiscal troca a petición de intento de asasinato pola de delito de agresións graves, pode que molesto pola incomparecencia de Eugenio Olano ao xuizo). 

Dous meses máis tarde, o 28 de maio de 1918, foron declaradas non culpables.


Para saber máis:

  • El Progreso  diario liberal Ano IX Número 6695 - 24 de novembro de 1916; Ano IX Número 6695 - 24 de novembro de 1916; Ano IX Número 6696 - 25 de novembro de 1916; Ano IX Número 6697 - 26 de novembro de 1916; Ano IX Número 6701 - 30 de novembro de 1916; Ano IX Número 6703 - 2 de decembro de 1916; Ano X Número 6812 - 23 de marzo de 1917; Ano XI Número 3153 - 7 de marzo de 1918; Ano XI Número 3154 - 8 de marzo de 1918; Ano XI Número 3155 - 9 de marzo de 1918; Ano XI Número 3219 - 28 de maio de 1918
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano VII Número 2264 - 27 de novembro de 1916; Ano VII Número 2265 - 28 de novembro de 1916; Ano VII Número 2287 - 24 de decembro de 1916; Ano VII Número 2395 - 2 de maio de 1917; Ano VIII Número 2656 - 9 de marzo de 1918; Ano VIII Número 2714 - 28 de maio de 1918
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXII Número 9186 - 3 de maio de 1917
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXIII Número 9786 - 30 de novembro de 1916 
  • El correo de Galicia  diario independiente de avisos y noticias Num. 4812 (27/11/1916); Num. 4814 (29/11/1916)
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 4525 (27/11/1916); Num. 4909 (09/03/1918
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano VII Número 2062 - 26 de novembro de 1916
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXVIII Número 8206 - 26 novembro 1916
  • El Noroeste Año XXI Número 9972 - 26 de novembro de 1916
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2543 (26/11/1916)
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo Época 2ª Ano XXVII Número 7813 - 13 de decembro de 1916
  • El regional  diario de Lugo Num. 11857 (09/03/1918)
  • La Voz de Galicia 25 de novembro de 1916


O receptor de Gonzalo Brañas

Gonzalo Brañas nado na Coruña (1866) foi un físico catedrático dos institutos de Oviedo (conseguida en 1903 cun aparellos receptores de radi...