O Real Decreto de de 30 de xuño de 1914 que permitía a creación de redes urbanas públicas ou iniciativas provinciais. En abril de 1915 menciónase na prensa a vontade de crear unha rede entre Marín (que xa tiña servizo desde a rede urbana de Pontevedra) e Bueu, Cangas e Moaña, convertendo as estacións telegráficas en telefónicas.  Cumpre salientar que Cangas contou cunha estación telefónica inaugurada o 1 de outubro de 1892, antes de converterse en telegráfica.
Xurdiu por medio da iniciativa do presidente da Deputación Provincial D. Antonio Pazos Fontenla, tras a presentación por parte dos alcaldes destas tres poboacións unha solicitude formal, que está conservada no arquivo da Deputación.
Extracto da solicitude dos concellos do Morrazo á Deputación de Pontevedra. 1915.
En 1916 sería a Compañía Peninsular a que visitaría Bueu, que contaba cunha forte industria pesqueira, co gallo de analizar a instalación dunha liña que recorrera o Morrazo desde Vigo a Pontevedra, pasando polos catro concellos. O proxecto non se levaría a cabo. 
Extracto do plan provincial de Francos Rodríguez. 1917.
A rede provincial de 1917
Xa en novembro de 1917, cando Prudencio Landín presentara o proxecto de telefonía provincial, Bueu falaría con él e con Antonio Pazos para solicitar que empezaran por esta vila, usando os postes do telégrafo, material facilitado pola compañía eléctrica e ofrecendo a terraza da Casa do Concello para poñer un locutorio. 
O proxecto provincial retrasaríase ata finais de 1920. Novamente conseguen priorizar o Morrazo, para que se comece o replanteo nesa península. O xefe de liña, Sr. Julio Herreros, queda asignado para revisar o proxecto de implantación que finaliza en xaneiro de 1921, incluindo tamén parroquias como Beluso, Aldán e Hío. En maio de 1921, quedaría asignado o seu colega José Sandoval, quen visita Madrid para reclamar o material (cables, illadores i estacións) para o montaxe da liña, co obxectivo de que estivera instalado no verán. 
O proxecto chegaría aprobado por parte do ministerio en agosto de 1921 e o 23 de decembro aparece na prensa a chegada do material a Pontevedra. Comezan as obras de tendido do cable en xaneiro de 1922, comezando por Pontevedra ata Marín (finalizando o 25 de xaneiro de 1922), Bueu (que se inaugura o 2 de marzo de 1922), Cangas (na sede de telégrados, inaugurado o 21 de marzo de 1922) e Moaña.  Vilaboa solicita ser incluido no proxecto, cunha reunión na Deputación co alcalde e curas das parroquias.
Inaugurado non quere dicir aberto ao público, causando certo malestar que aparece reflectido na prensa. Aínda no mes de novembro de 1922 reclámase persoal para atender o servizo e poder abrilo, aproveitando que o director de Comunicacións e o galego Sr. Rodríguez Viguri. A apertura se produciría o 26 de xaneiro de 1923 no caso de Bueu e o 27 de xaneiro de 1923 no caso de Cangas (xestionado polo xefe de telégrafos Angel Jiménez). No caso de Marín, que se faría o enlace coa rede urbana de Pontevedra, nomearíase á auxiliar Dª Juana Pérez Areal.
A primeira extensión sobre o plan provincial de 1917 chegaría na parroquia de Beluso, coa aprobación da extensión á praia de Beluso e a Bon de Arriba a finais de 1922, que se segue a reclamar en marzo de 1923. En abril noméase un encargado para a estación de Beluso, que sería Clemente Lago.
A incautación por parte da Compañía Telefónica Nacional de España a finais de 1924 motivaría trocos nas estación interurbanas do Morrazo, que ofrecerían servizos de conferencias e telefonemas. Así, no caso de Bueu, a centralita pasaría a estar instalada no comercio de Jose García Parada; en Cangas no da señora Viuva de Aniceto Eiroa e, no caso de Moaña, no de Ventura Pérez. 
A inauguración da rede urbana de Cangas
Alén de Marín, que xa tiña rede urbana desde 1912, a primeira central urbana sería en Cangas o 19 de decembro de 1926, inaugurada pola Compañía Telefónica Nacional de España. 
Guia telefónica de Cangas do Morrazo en 1928
Para saber máis: 
- Faro de Vigo. 4 de outubro de 1892; 17 de xuño de 1915; 20 de xullo de 1916; 4 de novembro de 1917; 24 de febreiro de 1922; 8 de novembro de 1922; 19 de decembro de 1926
 - Marín  Semanario independiente Num. 117 (11/04/1915); Num. 124 (30/05/1915)
 - El Noroeste Año XX Número 9397 - 14 de abril de 1915
 - La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano VI Número 1569 - 15 de abril de 1915; Ano XII Número 3278 - 21 de xaneiro de 1921;  Ano XII Número 3350 - 17 de abril de 1921; Ano XII Número 3391 - 7 de xuño de 1921
 - El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXII Número 9340 - 17 de xuño de 1915; Ano XXXIV Número 10046 - 3 de outubro de 1917; Ano XXXVII Número 11009 - 6 de decembro de 1920; Ano XXXVIII Número 11046 - 19 de xaneiro de 1921; Ano XXXVIII Número 11153 - 28 de maio de 1921; Ano XXXVIII Número 11212 - 5 de agosto de 1921; Ano XXXVIII Número 11332 - 23 de decembro de 1921; Ano XXXIX Número 11343 - 5 de xaneiro de 1922; Ano XXXIX Número 11384 - 23 de febreiro de 1922; Ano XXXIX Número 11403 - 18 de marzo de 1922; Ano XXXIX Número 11548 - 7 de setembro de 1922; Ano XXXIX Número 11599 - 7 de novembro de 1922; Ano XL Número 11705 - 15 de marzo de 1923; Ano XL Número 11720 - 3 de abril de 1923
 - El Progreso  semanario independiente Ano X Número 1980 - 16 de xullo de 1916; Ano XVI Número 2880 - 21 de marzo de 1922
 - La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVIII Número 8078 - 19 de xullo de 1916
 - Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XIV Número 5333 - 7 de decembro de 1920; Ano XV Número 5503 - 16 de novembro de 1921; Ano XVI Número 5533 - 1 de xaneiro de 1922; Ano XVI Número 5535 - 4 de xaneiro de 1922;  Ano XVI Número 5550 - 25 de xaneiro de 1922
 - El Progreso  diario liberal Ano XIII Número 3994 - 11 de decembro de 1920; Ano XIV Número 4139 - 31 de maio de 1921; Ano XV Número 4388 - 23 de marzo de 1922; Ano XVII Número 3054 - 27 de xaneiro de 1923; Ano XVII Número 3056 - 30 de xaneiro de 1923
 - El Orzán  diario independiente Ano IV Número 995 - 29 de maio de 1921; Ano IV Número 1004 - 9 de xuño de 1921;
 - El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXVI Número 10596 - 30 de maio de 1921;  Ano XXVI Número 10736 - 15 de novembro de 1921
 - El Compostelano  diario independiente Ano II Número 284 - 21 de xaneiro de 1921; Ano II Número 391 - 1 de xuño de 1921
 - La Voz de Galicia de 21 de xaneiro de 1921; 7 de aneiro de 1922; 22 de marzo de 1922; 23 de marzo de 1922; 23 de maio de 1923
 - La Integridad diario católico Num. 9336 (28/05/1921)
 - El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 823 (22/01/1922); Num. 890 (29/04/1923)
 - El Eco de Galicia  órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas  Num. 1101 (20/02/1922)
 - El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 1462 (06/01/1922)
 - Galicia  diario de Vigo Número 52 - 22 setembro 1922; Número 92 - 8 novembro 1922;  Número 201 - 16 de marzo de 1923
 - El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 882 (04/03/1923)
 - La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Año XIII Número 4241 - 27 de maio de 1923
 - Faro de Vigo. 28 de maio de 1921; 19 de agosto de 1922; 10 de setembro de 1922; 20 de outubro de 1922; 28 de xaneiro de 1923