mércores, 21 de xuño de 2023

A visita de Francos a Galicia (1916)

 O 27 de xullo de 1916, o Director de Comunicacións, Sr. Francos Rodríguez, visita Galicia. Neste momento algunhas vilas (Tui, Ponteareas, Ribadeo) e Lugo están construindo redes de telefonía urbana baixo o seu mandato. Ademáis daba servizo de telégrafos por parte do corpo do Estado. Ademais, tiña varios proxectos de casas de correos en marcha. 

Así, visita Ferrol, tras chegar en tren a Coruña, incluindo a estación de telégrafos e a central de Correos. A pesar de non depender directamente de el, visita tamén a estación de telefonía interurbana da Compañía Peninsular, sendo recibido polo xefe, o Sr. Agullo. De aí partiría a Sada, onde sería recibido poR Alejandro Pérez Lugín, autor de La Casa de Troya, que era escrito, coma o director xeral e amigo deste. 

Francos Rodríguez. Ano descoñecido


De aí partiu a Coruña, sendo recibido na casa de Correos por funcionario deste corpo e de telégrafos. Con respecto ao corpo de telégrafos, laiouse de que servicios pasaran a empresas particulares (en referencia a telefonía da Compañía Peninsular) indicando "non pode ser e hai que rectificalo, aínda que sen violencias. Cumpre respetar o establecido mais preparando o porvir". Comenta tamén que estas empresas non invisten en vilas pequenas i está a pensar nun proxecto nacional, por parte do corpo de telégrafos, que presentaría ese mesmo ano.

Saíu ao día seguinte rumo cara Santiago, cunha reunión co corpo de Correos, e, dende alí, a Lugo e Pontevedra, ambos para visitar as obras das Casas de Correos, e regreso a  a Madrid. 

 Xefe de telegrafos Galicia e altas cargos Vigo esperando por Francos - Vida gallega  ilustración regional Ano VIII Volume V Número 75 - 15 de setembro de 1916


Para saber máis:

  • La Voz de Galicia. 28 de xullo de 1916
  • El Noroeste - Año XXI Número 9862 (29/07/1916)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...