O servizo telefónico urbano era prestado polo corpo de telégrafos desde 1917, no momento da súa inauguración. Houbo queixas repetidas, sobre a calidade do servizo e o pouco personal destinado ao mesmo, pero as queixas alcanzaron o cumio en novembro de 1923.
Desta vez sería o novo xornal La Provincia a que encabezaría as queixas, cun foco no tempo necesario para obter resposta na central. O xefe de telégrafos, o Sr. Nicolás Ballesteros, excúsase indicando que co material e persoal (tres señoritas telefonistas) do que dispón ofrecen un servizo de calidade como en cidades de maior tamaño e laiase dos insultos que reciben as telefonistas. Cumpre salientar que dous meses antes o xornal La Provincia publicara unha noticia nese sentido.
La Provincia diario de información y de intereses generales Año I Número 150 - 23 de novembro de 1923
A prensa non acepta a exposición do xefe de telégrafos. Ademais, esta comunicación obtén responsta en prensa por "varios abonados" que indican que na central prodúncense reunións (escoitase balbordo nas chamadas) e dase a entender que se fan escoitas ilegais das chamadas.
La Provincia diario de información y de intereses generales Año I Número 94 - 19 de setembro de 1923
As queixas chegan ata o Director de Correos e Telégrafos, que procede á instrucción dun expediente para comprobar as deficiencias indicadas. Chega a Lugo o 5 de decembro de 1923 o funcionario de telégrafos D. Marcelino Ortega, para revisar as causas do conflito, onde contacta co persoal e coa Cámara de Comercio. Marcelino permanece uns 10 días na cidade ata que da a crise por finalizada.
A telefonía urbana en Lugo (1900 - 1922): https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/a-chegada-telefonia-urbana-en-lugo-1900.html
Para saber máis:
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano XIII Número 4391 - 20 de novembro de 1923; Ano XIII Número 4393 - 22 de novembro de 1923; Ano XIII Número 4401 - 1 de decembro de 1923
- La Provincia diario de información y de intereses generales Ano I Número 146 - 18 de novembro de 1923; Ano I Número 147 - 20 de novembro de 1923; Ano I Número 148 - 21 de novembro de 1923; Ano I Número 149 - 22 de novembro de 1923; Ano I Número 150 - 23 de novembro de 1923; Ano I Número 160 - 5 de novembro de 1923; Ano I Número 169 - 15 de novembro de 1923; Ano I Número 170 - 16 de novembro de 1923
- El Progreso diario liberal Año XVI Número 4902 - 20 de novembro de 1923
Ningún comentario:
Publicar un comentario