luns, 15 de agosto de 2022

1890: A primeira guía de teléfonos en Galicia

 No arquivo da Biblioteca Nacional de España consérvase a guía de teléfonos máis antiga de Galicia da que se ten constancia. Trátase da "Guía-Indicador de La Coruña y de Galicia para 1890-91", un exemplar entregado o 10 de setembro de 1890 na biblioteca do instituto de A Coruña e que terminaría nos arquivos da biblioteca, hoxe en Alcalá de Henares. Existen outros exemplares en bibliotecas galegas, así como unha edición fac-simil de 2008.

Este libro foi editado por Robustiano Faginas Arcuaz, xornalista e, posteriormente, fundador das Irmandades da Gala. O libro agrupa todo tipo de información útil alén da listaxe dos teléfonos: información turistica, directorios de profesionais, rueiro ou información telegráfica.

Portada da Guía-Indicador de La Coruña y de Galicia. 1890. Biblioteca Nacional.

A información da rede urbana de telefonía de A Coruña consta de cinco páxinas, comenzando por unha descripción do servizo. Fai mención ao inicio o 1 de Novembro de 1888 na rúa Riego de Agua e o posterior traslado á rúa Real número 24, 4º, onde o director Mariano Martín Villoslada presta servizo desde as 8:00 ás 22:00.  O concesionario da rede é D. Ildefonso Rebollo, residente en Segovia. 

Ten nese momento 156 abonados, aínda que na lista só aparecen 144. Fai referencias a 110 particulares e 37 teléfonos oficiais. Dentro dos oficiais debía contar gabinetes de médicos municipais e incluso a prensa, para chegar a esas cifras. O resto repártese entre 4 no extrarradio (sendo a mais lonxana a casa de Enrique Carnicero en A Pasaxe), 4 de casinos ou fondas (aínda que na lista parece haber seis: El Liceo Brigantino, Circo de Artesanos, Tertulia de la Confianza, Sporting Club, Hotel de Europa e Fonda ferro-carrilana) e un do propio servizo de telefonía

Os abonados recibían listas mensuais dos teléfonos e mantiñan unha tarxeta de abonado, que daba dereito a utilizar os locutorios (polo momento só existía o da rúa Real) de xeito gratuito (aínda que limitadas a tres minutos), igual que o teléfono da casa. Tamén daba dereito ao envío de telefonemas, mensaxes de texto comunicadas á central que logo os traballadores do servizo entregaban en papel nos domicilios de destino (típicamente aqueles que non tiña servizo de telefonía)


Prezos anuais do servizo (pagos trimestrais). Guía-Indicador de La Coruña y de Galicia. 1890. Biblioteca Nacional.

Cumpre salientar que a pesar de ter números de teléfonos non existían as centrais automáticas. Únicamente se utilizaban para simplicar o traballado do operador da central telefónica na conmutación das liñas. 

Dentro das 37 liñas oficiais estaba o concello, aduanas e fielatos, médicos municipais, instalacións militares, xulgados ou o lazareto de Oza. Entre os particulares estaba a prensa, principais industriais e libre exercientes da cidade. Inclúense os precursores nas liñas privadas, como é o caso do fillo de Sr. Rubine (no seu día a primeira liña privada), Cervigón, Fariña (da rede eléctrica) ou o Sr. Mesa (o gran opositor a rede municipal en 1886)

Para saber máis:
  • Exemplar dixitalizado na Biblioteca Nacional: http://hemerotecadigital.bne.es/

1Francisco PonteSan Andrés 30, 1º
2Goberno CivilRiego de Agua
3ConcelloSan Agustín
4Xulgado de instrucciónFama 1
5La Voz de GaliciaSantiago 1
6Escribanía do Sr. RodríguezParrote 10
7Escribanía del Sr. CavalCuesta de San Agustín
8Xulgado municipalSan Agustín
9Luis Puig y Marcelí (habitación)Riego de Agua
10Luis Puig y Marcelí (fábrica)Socorro 10
11Escribanía do Sr. López VaamondeConstitución
12Capitanía XeralPr. Constitución
13José Pérez PortoReal 65
14Goberno MilitarVeeduría
15Cuartel de Alfonso XII (cazadores Reus)Campo da Leña
16Angel Taibo, Villa de ParísReal 36
17El anunciadorSan Andrés, 3
18El TelegramaSan Nicolas 28
19El liceo brigantinoSan Andrés 1
20Santiago UcedaReal 46 y Marina 26
21Lopez Perez e CompañíaRiego de Agua 21
22Francisco JuncalSanto Domingo 6
23Factoría de subsistencias militares
24Circo de ArtesanosReal 71
25Hilario Hervada e CompañíaReal 86
26Enrique ZaragüetaCastiñeiras, Os mallos
27Fábrica de tabacosPalloza
28Diputación ProvincialRiego de Agua
29Inspección de vixianciaTrav. riego de Agua
30José Rodríguez (médico)REal 11, 3º
31Dimas Corral (medico)Riego de Agua 9-11
32Oficinas de obras provinciaisRiego de Agua 3, 5
33Presidente da AudienciaConstitución
34Nicandro FariñaSanchez Bregua 4
35Mesa Marchesi y MartínezSánchez Bregua 9
36Sres D., E. e J. de Carricarte (escritorio)Alameda 1, 3º
37Suevos Casilla GabarrerrosPeirao
38Agustín García Andrés (Comercio)Cantón Grande 8
39Herce e CompañiaReal 73
40Hilario Hervada e Compañía (sucursal)San Andrés 20-22
41Marchesi DalmauReal 74
42Jaime C. MayorCantón Pequeño 23-24
43Indalecio VarelaCantón Grande 18
44Perruquería do Sr. EspínNueva 1
45Antonio A. NogueiraRiazor 5
46Primitiva casa de bañosRubine 5
47Angel Durán (médico)San Andres 113
49Angel Sastre (escritorio)San Andrés 105
50Roman TasaReal
51Crédito GallegoNueva 26
52La Prensa GallegaNueva 22
53Anastasio RojoBailén 4
55Angel Sastre (domicilio)Pr. Pontevedra 16
56Santiago Torrado e CompañíaRiego de Agua 13-15
57Benigno MartínezRiego de agua 12
58E. de Carricarte (domicilio)Riego de Agua 13-15
59Raimundo MolinaMarina 22
60Jesús Cueto, La Estrella de OroReal 31,
61Papelería de FerrerReal 61
62El DuendeBarrera 19
63Avelino Aguilar BolañoMarina 17
64Marcelino Suárez (depósito de carbóns)Torreiro
65Cuartel de caballeríaHospital
66Tertulia de la ConfianzaSan Andrés
67HospicioHospital
68AduanaMarina 17
69Alejandro San MartínREal 34
70Sanjurjo e Compañía (fábrica de pastas)Santa Margarita
71Félix MartínezReal 58
72Enrique Carnicero (ostras)Pasaxe
73C. González Aguinaga (confitería, ostras)Riego de Agua 54
74María Castelo (modista)Real 37
75Agustín García Andrés (habitación)Cantón Grande 17
76Cuartel da Garda Civil
79José FiolPasaxe
80SAnidad MarítimaMarina 25
81Jose LongueiraMarina 24
82Lorenza Pérez MareyBailén 2
83Fábrica de gasSan Andres 43
84Víctor UriaSan Andrés 75
85Fabrica fundicion Sr OrtizCamino nuevo
87Andrés Souto RamosMarina 19
88Sobrinos de Andrea Pérez e CompañíaCantón Grande 20
89Peña e CompañíaSan Andrés 162
92Luis LaplanaReal 79, 3º
94Lazareto de OzaOza
95Canuto BereaReal 38
96Maristany HermanosCanton Grande 9
97Sucesores de Enrique VeigaCantón Grande 28
98Rubine e filloReal 77
99Director de TelégrafosFama 1
100Jaime C. Mayor (almacén de sal)Palliza 22
101Santiago FabriqueJuana de Vega 15, 3º
102Maristany Hermanos (almacén de sal)Santa Lucía 13
104Administración de consumosCompostela, 1
105Fielato da Porta de ArribaPr Pontevedra 14
106Fielato CentralMarina 25
107Gumersindo PArdo Reguera (farmacia)Real 92
108Fielato da EstaciónCaballeros
109Manuel BelloCaballeros
110Silverio de OchoaJuana de Vega 12 2º
112Jose Sellier (fotógrafo)Real 86
113Bombas de incencio (serv. municipal)Bombas 1
114Antonio Lens (farmacia municipal)San Andrés 33
115Eduardo CervigónReal 47
116Federico Barbeito (hixienista)Real 30
117Manuel Barbeito (médico municipal))Panaderas 13
118Eugenio Varela Portal (medico municipal)Riego de Agua 13-15
119Antonio Deus García (médico municipal)Garás, 4
120Jesús de LabraCantón Pequeno 2
121Juan VillardefrancosRubine 21
122Pombo e CompañiaSan Andrés 164
123José Fiol (hotel de Europa)San Andrés 81
124Francisco Aznar (médico municipal)Juana de Vega 46
125Fabrica de cortizas e deposito carbónsRastro 2
126Fiscal da AudienciaReal 55, 3º
127Juan Mayor y RivasMarina 25
128Manuel Bermúdez (escritorio)Santa Catalina 34
129Manuel Bermúdez (domicilio)Garás 55
131Francisco Ferrer y LlunchNueva 16
132Angel Rodríguez Montero (higienista municipal)Pontevedra 6
133Maximino Gomar (médico do hospicio)Barrera 9,3º
134Avelino Aguilar BolañoReal 3, 3º
135Francisco Leal (fábrica de chocolate)Rastro 21
136Francisco Leal (sucursal)San Andrés 24
137Juan Piñón (fábrica de pastas)Galera 36
138Litografía artísticaJuana de Vega
138Narciso Obanzareal 55, 1º
139Fonda ferro-carrilanaReal 100
140Secretaría de obras do PortoTRavesia Real 1
141Coruña CómicaAmargura 17
142Luciano SolerJuana de Vega 11, 1º
143Luciano Puga
144Intendencia MilitarVeeduría
145Cuartel de Alfonso XII (reg. Zamora)Campo da Leña
146Viuda de J. Domínguez (almacén de ferros)Sanchez Bregua 3
147Manuel Solorzano (fundición)Monelos
148Comandancia de la 5º secciones de obreroLuchana 25-27
149Sobrinos de José PastorMaría Pita 19
150Manuel Fernandez AbellaSAnta Catalina 13
151Sporting ClubReal 85
152Simeón García e compañíaFranja
153Francisco LovecGaras 24, 2º


mércores, 10 de agosto de 2022

O primeiro conflito cos teléfonos: os postes dos Cantóns da Coruña

O primeiro conflito serio motivado pola instalación do servizo telefónico urbano foi en A Coruña, primeira rede urbana instalada en Galicia, entre Mariano Martín Villoslada, responsable do novo servizo telefónico e Nicandro Fariña, concesionario do servizo de subministro eléctrico a particulares desde o 29 de xullo de 1887, sobre a colocación e uso dos postes situados diante dos cantóns que recentemente instalara Nicandro e ao que quería ter acceso Mariano para o servizo telefónico.

Mariano presenta un escrito o 20 de decembro de 1888 no Concello de A Coruña, con selo da Compañía Telefónica del Cantábrico, no que comenta que ten necesidade de levar os fíos telefónicos polos cantóns e que recibira do concello o encargo de utilizar os postes que Nicandro tiña instalados nesa zona, aínda sen utilizar xa que a rede demorou tempo en ser instalada, pola negativa deste pola suposta incompatibilidade dos usos. 

O Arquitecto municipal Juan de Ciórraga prepara un informe para o alcalde o 29 de decembro onde comenta que non ve esa incompatibilidade entre ambas instalacións pero considera que non é un problema do concello ao tratarse de dúas compañías privadas. Recomenda, iso si, convocar unha comisión conxunta de policía e paseos e xardíns cos interesados para intentar reconducir a situación.

Cantóns de A Coruña. Detalle dos postes só para uso eléctrico, pasando o telefónico polos faiados das casas. Ano 1900. Arquivo do Reino de Galicia.



Á convocatoria do 15 de xaneiro de 1889 acude unicamente Mariano onde comenta que de non ter acceso aos postes terá que instalar o servizo con "palomillas" nas fachadas e faiados dos edificios dos cantóns. Explorada esta posibilidade atopou a oposición dos propietarios dos edificios 9-10, 23-24, 14 e 11-10 do Cantón Pequeno e do número 9 do Cantón Grande. A comisión acorda convidar aos propietarios a que acepten o paso dos fíos por baixo das repisas dos balcóns e galerías ou polo faiado dos edificios. Non caso de non aceptar esta proposta serán instalados postes diante das vivendas, por mais que prexudique ao ornato público.    

Adicionalmente, obriga a Nicandro Fariña a dar uso aos postes instalados nos cantóns nun prazo de dous meses ou forzará a súa retirada vía resolución da concesión. Nicandro, consignatario e propietario dunha empresa gasística, tivera a concesión para o servizo eléctrico o ano 1887 baseado nunha máquina de vapor. As oficinas da consignataria foron as primeiras en utilizar o subministro eléctrico.

Cantóns desde Praza de Mina. A Coruña. Detalle dos postes só para uso eléctrico (esquerda) e outros para telefonía (dereita). Ano 1900. Arquivo do Reino de Galicia.



O dítame da comisión lévase, a través do alcalde accidental Juan Antonio García Collazo, ao pleno do 28 de xaneiro, onde un concelleiro indica que tiña novas de que chegaran a un acordo os Sres. Fariña e Villoslada sobre a utilización dos postes. Así, Nicandro cede os postes e Mariano conecta as tres liñas particulares de Nicandro á rede, pagando como se unicamente tivera unha. Nicandro Fariña solicitara, en Outubro de 1887, autorización para establecer unha rede telefónica entre as oficinas da rlaza de Ourense nº5 (sede onde tiña a turbina eléctrica), Sánchez Blécua nº 4, Juana de Vega nº 9 e Rúa Real nº 53. 


Acordo entre os Sres Fariña e Villoslada. La Voz de Galicia. 2 de febreiro de 1889
 

Para saber mais: 

  • Expediente da policia de comodidad do Concello de A Coruña do ano 1888. Arquivo municipal de A Coruña. Exp. 129/1888
  • Diario de Avisos de La Coruña. Número 8864. 19 de outubro de 1887; Ano XIX Número 9942 - 7 de novembro de 1890
  • La Voz de Galicia. 11 e 30 de xaneiro e 2 de febreiro de 1889

    sábado, 6 de agosto de 2022

    A Coruña: o proxecto fallido de rede municipal de 1886

     O pleno do 11 de xaneiro de 1886 os concelleiros Sres. Juan E. Pan e Jose Quiroga, do Concello de A Coruña, presentan unha moción para conseguir o establecemento dunha central telefónica na casa consistorial para poder recibir as notificacións de calquera sinistro na cidade (principalmente incendios) ou outros usos que puideran ser de interese público. A idea sería que desa central saísen dous fíos condutores, un aos arrabaldes de Santa Lucía e outro na cidade vella (chamada Cidade Alta naquel momento).  

    Plano da cidade de 1910. Revisado por Sixto Vizcaíno e o Concello de A Coruña. Instituto Geográfico Nacional

    Jose Quiroga, que debe tratarse do ex-marido de Emilia Pardo Bazán, reclama que se trate con carácter urxente nunha comisión específica pero, tras a contribución do Sr. Mayor Rivas, decídese que a proposta sexa analizada na comisión de fomento coa participación de ambos señores, para analizar o proxecto e conseguir a aceptación do goberno central sobre esa instalación.

    Naquel momento a cidade contaba unicamente co teléfono privado do recentemente falecido Sr. Rubine o, probablemente, a liña privada do Sr. Cervigón, polo que se trataba dunha innovación relevante por parte destes dous concelleiros. O Diario de Avisos do 13 de xaneiro indica que as únicas cidades que contan con teléfonos para notificacións de incendios son Madrid e Barcelona e rogas as concelleiros que apoien esa proposta. 

    La Voz de Galicia do 16 de xaneiro fala de sete estacións (teléfonos) municipais en lugar de dous, tras ter noticias da comisión do fomento. No seguinte pleno municipal, do 18 de xaneiro dáse conta da reunión desa comisión, onde tras analizar o Real Decreto de 11 de Agosto de 1884 e obter a opinión do arquitecto municipal, deciden enviar unha instancia de solicitude ao Director Xeral de Correos e Telégrafos vía o Gobernador da provincia. As sete localización estarían indicadas nun plano que non se conserva actualmente. 

    O Sr. Jose Quiroga reclamaba a urxencia do proxecto para contribuír a sufocar posibles incendios. Pola contra, o Sr. Mesa indicaba que non tiña tanta urxencia e requería unha maior análise. Pasouse a votación e gañou a postura do Sr. Mesa:

    Non urxente:

    • Juan Mesa Rodríguez
    • Segundo Pintado Cervigón
    • Benigno Morodo Gómez
    • Pablo Ibáñez Godó
    • Juan Antonio Garcia Collazo
    • Ricardo Vidal Alonso
    Urxente:
    • Joaquín de la Torre Morales
    • Ramón Carreras Presas
    • Jose Quiroga Pérez
    • Alejandro Brandao Piñeiro
    • Juan E. Pan de Soraluce

    Retrato de José Quiroga Pérez. Fotógrafo L. W. Kurtz. Depósito da Real Academia Galega. Ano 1870 a 1873

    No  seguinte pleno, do 25 de xaneiro de 1886 indícase que debe solicitarse ao Director Xeral de Correos e Telégrafos a exención de todo gravame sobre a explotación desa rede. A estimación económica do custe de instalación é de 840 pesetas, adicionais ás 287,70 pesetas do custe das casiñas de madeira para cada teléfono. 

    O Sr. Mesa indica que o mais rápido o aviso por parte dos gardas municipais e serenos, utilizando os asubíos, do que pode conseguir o sistema telefónico, polo que solicita a retirada da proposta. O Sr. Quiroga rebate que por teléfono pode darse información precisa sobre a tipoloxía do suceso, aportando, por exemplo, información de se está a ocorrer un evento no mar. Unha vez debatido procedeuse á votación:

    En contra do proxecto:

    • Juan Mesa González
    • Segundo Pintado Cervigón
    • Pablo Ibáñez Godó
    • Alejandro Brandao Piñeiro
    • MAnuel Martínez Pérez
    • Canuto Berea Rodríguez
    • Juan Antonio Garcia Collazo
    A favor do proxecto:
    • Jose Quiroga Pérez
    • Juan E. Pan de Soraluce
    • Ricardo Vidal Alonso
    • Juan Arias Taracido
    • Francisco Sevilla García
    • Saturnino Alonso López
    • Juan Aler Rey
    Empatada a votación procederase a repetir a mesma na seguinte sesión. O Diario de Avisos do 28 de xaneiro fai unha crítica mordaz ao Sr. Mesa.

    O 1 de febreiro repítese a votación desaprobando o proxecto por nove votos contra oito, quedando finalmente descartado:

    En contra do proxecto:

    • Juan Mesa González
    • Manuel Lamela Greque
    • Mayor Rivas
    • Segundo Pintado Cervigón
    • Pablo Ibáñez Godó
    • Francisco Leal Campos
    • Alejandro Brandao Piñeiro
    • Canuto Berea Rodríguez
    • Juan Antonio Garcia Collazo
    A favor do proxecto:
    • Jaime Casanova Mirabent
    • Joaquín de la Torre Morales
    • Carreras Presas
    • Jose Quiroga Pérez
    • Juan E. Pan de Soraluce
    • Juan Arias Taracido
    • Saturnino Villelga García
    • Luis Yllá Acosta

    La Voz de Galicia, que se mostraba independente sobre a proposta, ao non darlle especial relevancia, cualifica a actitude dos opositores ao proxecto como "obedecendo a pasións de baixa estofa". Refire que os concelleiros "coa súa ignorancia" aplicaron a sentencia "o que non ten opinión propia contradí aos que si a teñen" e menciona unha circular do Sr. Mesa aos concelleiros para que non asistisen ao pleno para que o proxecto fora desestimado, pechando o artigo co cualificativo de "ineptos" aos opositores ao proxecto.

    Para saber máis: 

    • Diario de sesións do pleno municipal de A Coruña:  11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro de 1886
    • Diario de Avisos númoer 8467, 8482 e 8490 de 13 e 28 de xaneiro e 5 de fereiro de 1886
    • La Voz de Galicia: 16 de xaneiro e 4 de febreiro de 1886
    • Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. Número 180. 9 de febreiro de 1886

    Tarefas pendentes:

    - Atopar o plano das sete estacións telefónicas no arquivo municipal de A Coruña

    O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

    No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...