O pleno do 11 de xaneiro de 1886 os concelleiros Sres. Juan E. Pan e Jose Quiroga, do Concello de A Coruña, presentan unha moción para conseguir o establecemento dunha central telefónica na casa consistorial para poder recibir as notificacións de calquera sinistro na cidade (principalmente incendios) ou outros usos que puideran ser de interese público. A idea sería que desa central saísen dous fíos condutores, un aos arrabaldes de Santa Lucía e outro na cidade vella (chamada Cidade Alta naquel momento).
Plano da cidade de 1910. Revisado por Sixto Vizcaíno e o Concello de A Coruña. Instituto Geográfico Nacional
Jose Quiroga, que debe tratarse do ex-marido de Emilia Pardo Bazán, reclama que se trate con carácter urxente nunha comisión específica pero, tras a contribución do Sr. Mayor Rivas, decídese que a proposta sexa analizada na comisión de fomento coa participación de ambos señores, para analizar o proxecto e conseguir a aceptación do goberno central sobre esa instalación.
Naquel momento a cidade contaba unicamente co teléfono privado do recentemente falecido Sr. Rubine o, probablemente, a liña privada do Sr. Cervigón, polo que se trataba dunha innovación relevante por parte destes dous concelleiros. O Diario de Avisos do 13 de xaneiro indica que as únicas cidades que contan con teléfonos para notificacións de incendios son Madrid e Barcelona e rogas as concelleiros que apoien esa proposta.
La Voz de Galicia do 16 de xaneiro fala de sete estacións (teléfonos) municipais en lugar de dous, tras ter noticias da comisión do fomento. No seguinte pleno municipal, do 18 de xaneiro dáse conta da reunión desa comisión, onde tras analizar o Real Decreto de 11 de Agosto de 1884 e obter a opinión do arquitecto municipal, deciden enviar unha instancia de solicitude ao Director Xeral de Correos e Telégrafos vía o Gobernador da provincia. As sete localización estarían indicadas nun plano que non se conserva actualmente.
O Sr. Jose Quiroga reclamaba a urxencia do proxecto para contribuír a sufocar posibles incendios. Pola contra, o Sr. Mesa indicaba que non tiña tanta urxencia e requería unha maior análise. Pasouse a votación e gañou a postura do Sr. Mesa:
Non urxente:
- Juan Mesa Rodríguez
- Segundo Pintado Cervigón
- Benigno Morodo Gómez
- Pablo Ibáñez Godó
- Juan Antonio Garcia Collazo
- Ricardo Vidal Alonso
- Joaquín de la Torre Morales
- Ramón Carreras Presas
- Jose Quiroga Pérez
- Alejandro Brandao Piñeiro
- Juan E. Pan de Soraluce
No seguinte pleno, do 25 de xaneiro de 1886 indícase que debe solicitarse ao Director Xeral de Correos e Telégrafos a exención de todo gravame sobre a explotación desa rede. A estimación económica do custe de instalación é de 840 pesetas, adicionais ás 287,70 pesetas do custe das casiñas de madeira para cada teléfono.
O Sr. Mesa indica que o mais rápido o aviso por parte dos gardas municipais e serenos, utilizando os asubíos, do que pode conseguir o sistema telefónico, polo que solicita a retirada da proposta. O Sr. Quiroga rebate que por teléfono pode darse información precisa sobre a tipoloxía do suceso, aportando, por exemplo, información de se está a ocorrer un evento no mar. Unha vez debatido procedeuse á votación:
En contra do proxecto:
- Juan Mesa González
- Segundo Pintado Cervigón
- Pablo Ibáñez Godó
- Alejandro Brandao Piñeiro
- MAnuel Martínez Pérez
- Canuto Berea Rodríguez
- Juan Antonio Garcia Collazo
- Jose Quiroga Pérez
- Juan E. Pan de Soraluce
- Ricardo Vidal Alonso
- Juan Arias Taracido
- Francisco Sevilla García
- Saturnino Alonso López
- Juan Aler Rey
En contra do proxecto:
- Juan Mesa González
- Manuel Lamela Greque
- Mayor Rivas
- Segundo Pintado Cervigón
- Pablo Ibáñez Godó
- Francisco Leal Campos
- Alejandro Brandao Piñeiro
- Canuto Berea Rodríguez
- Juan Antonio Garcia Collazo
- Jaime Casanova Mirabent
- Joaquín de la Torre Morales
- Carreras Presas
- Jose Quiroga Pérez
- Juan E. Pan de Soraluce
- Juan Arias Taracido
- Saturnino Villelga García
- Luis Yllá Acosta
La Voz de Galicia, que se mostraba independente sobre a proposta, ao non darlle especial relevancia, cualifica a actitude dos opositores ao proxecto como "obedecendo a pasións de baixa estofa". Refire que os concelleiros "coa súa ignorancia" aplicaron a sentencia "o que non ten opinión propia contradí aos que si a teñen" e menciona unha circular do Sr. Mesa aos concelleiros para que non asistisen ao pleno para que o proxecto fora desestimado, pechando o artigo co cualificativo de "ineptos" aos opositores ao proxecto.
Para saber máis:
- Diario de sesións do pleno municipal de A Coruña: 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro de 1886
- Diario de Avisos númoer 8467, 8482 e 8490 de 13 e 28 de xaneiro e 5 de fereiro de 1886
- La Voz de Galicia: 16 de xaneiro e 4 de febreiro de 1886
- Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. Número 180. 9 de febreiro de 1886
Tarefas pendentes:
- Atopar o plano das sete estacións telefónicas no arquivo municipal de A Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario