mércores, 22 de febreiro de 2023

A folga de telégrafos de 1918

Os incumplimentos do goberno á hora de dotar de maior persoal ás oficinas de correos e telégrados, que multiplicaron o seu traballo desde 1914, desencadenou a participación dos membros deste corpo nas Xuntas de Defensa, unha especie de sindicato que velaba por conseguir melloras por parte do goberno. Eso creou certa intranquilidade, recollida na prensa, sobre unha posible folga.  Os funcionarios reclamaban a aprobación dun suposto crédido 

En febreiro de 1918 parece iniciarse unha folga encuberta de Telégrafos que acumulan atrasos e sobrecargan  ao teléfono interurbano e dificultando o traballo de prensa. O 13 de marzo de 1918 a Gaceta de Madrid publica a militarización do servizo por parte do ministro de Guerra, para que se garanta o servizo público, ocupando as estacións o 14 de marzo desde as sete da mañá.

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 63 - 15 de marzo de 1918


A prensa local galega recolle como foi o proceso de intervención nas diferentes cidades. No caso de Santiago de Compostela sería a benemérita á que acudiría a estación telegráfica, mentres que a garda de seguridad fariao coa telefonía interurbana, que vese afectada pola censura (sen paralizar o servizo). A idea era parar as comunicacións relativas a esta folga. 

En Santiago móstrase o persoal sorprendido pola medida, xa que non esperaban ir á folga. Chegan a mandar unha comunicación á prensa o 18 de marzo asinada por SerafínMartín Pozuelo, Alberto domínguez Martínez, Ramón TRincado Gil e Alfrezo Bermúdez de Castro Pla.  Queixanse de que se apartara do servizo aos compañeiros sen terse sumado ás Xuntas de Defensa nin ter intención de participar na folga.

No caso de Lugo, onde a telefonía urbana depende de telégrafos tamén, sería a garda Civil a que custodiara o servizo.  En Pontevedra o teléfono interurbano pasa a funcionar toda a noite debido á alta carga de traballo, aínda que aplicando a censura nos telefonemas.

Os empregados de Coruña manteríanse tamén á marxe da folga pero apartados do servizo pola Garda Civil, segundo informou o subsecretario de gobernación, xa que acudirían á autoridade militar para notificalo. Previamente xa acudira o tenente da Garda Civil Sr. Blanco Novo con catro membros do corpo á sede de telégrafos para que os empregados abandonaran a sala. Recibiran ordes de que non tocaran os aparatos porque había a sospeita de que querían inutilizados.


 El Progreso  diario liberal Año XI Número 3163 - 19 de marzo de 1918

Esta militarización apenas duraría 48 horas, pero causo certos danos na operativa de prensa (acostumada a usar os servizo telegráfico) que tamén tivo problemas co teléfono interurbano pola aplicación da censura así como a sobrecarga deste servizo, que motivou este texto satírico recollido na prensa.


El Progreso  semanario independiente Ano XII Número 2605 - 1918 marzo 17


Para saber máis:
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 63 - 15 de marzo de 1918
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3011 (15/03/1918); Num. 3012 (16/03/1918); Num. 3022 (26/03/1918)
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. 5186 (15/03/1918); Num. 5187 (16/03/1918) 
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIII Número 9945 - 15 de marzo de 1918
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 339 (15/03/1918)
  • El Orzán  diario independiente Ano I Número 43 - 15 de marzo de 1918; Ano I Número 44 - 16 de marzo de 1918
  • El Progreso  diario liberal Ano XI Número 3160 - 15 de marzo de 1918; Ano XI Número 3163 - 18 de marzo de 1918
  • El Progreso  semanario independiente Ano XII Número 2604 - 16 de marzo de 1918; Ano XII Número 2605 - 17 de marzo de 1918
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XII Número 4497 - 24 de  febreiro de 1918; Ano XII Número 4514 - 16 de marzo  de 1918
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLI Número 14470 - 19 de marzo de 1918
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano IX Número 2440 - 19 de marzo de 1918
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 67 (20/03/1918)



venres, 17 de febreiro de 2023

A singular detención na central telefónica de Ourense de 1918

10 de novembro de 1918. A central telefónica urbana da rua Progreso de Ourense viviu un novo capítulo negro tras o suicidio un ano antes director da mesa. Neste caso tivo un final feliz. 

Severino Fernandez e Fernandez foi detido tras sair da central telefónica. Acababa de ter una chamada telefónica coa sua muller, que residía en León. A detención debeuse á creencia de que o citado individuo participara nun asasinato dun viaxeiro, D. Remigio Miranda Alvarez, do tren a Galicia, que fora desuberto na estación de Navalperal o 28 de outubro de 1918.

Remigio Miranda Álvarez. Blog Alma de Herrero. Sen datar.


Severino non puido explicar que quería dicir cando, falando coa súa muller, preguntoulle como marchaban os seus asuntos. Detectouse un resgardo dun recibo de 250 pesetas dun xiro postal que realizara á súa muller. 

Nega toda participación no citado crime, pero unha tenda de Ourense comenta estando Severino dentro da mesma, abandonou a tenda de xeito apurado cando escoitou que se estaba a falar do crime.  Ao detectarse certas incongruencias na sua declaración foi enviado ao cárcere. Severino comentou que o día do crime estaba en Nogueira de Ramuín, pero non foi quen de explicar o obxectivo desa viaxe. 

O xuiz pediu confirmación ao gobernado de León, que confirmou que saira de León cara Galicia o 21 de outubro e se estaba á espera da resposta do alcalde de Nogueira para que confirmase se o 28 estaba nesa vila.

O 9 de novembro, xa fora do cárcere tras varios días, Severino visita a redacción do xornal La Región.  Explica que a súa detención debeuse a que explicando a súa esposa o envío de 250 pesetas para que viñera a Ourense cos seus fillos a coñecer as propiedades que herdara recentemente, o empregado da central telefónica deu notificación á policia. Severino era natural de Nogueira de Ramuín e volvera ao pobo para acompañar ao seu pai nos seus últimos días. 


Para saber máis:

  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3318 (06/11/1918)
  • El Orzán  diario independiente Año I Número 259 - 7 de novembro de 1918
  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano IX Número 2633 - 1o de novembro de 1918
  • Blog Alma de Herrero: https://almadeherrero.blogspot.com/2022/10/el-crimen-del-correo-de-galicia.html


sábado, 11 de febreiro de 2023

Telefonía en Viveiro (1915-1921)

Verdad y Justicia foi un semanario publicado en Viveiro que comezou a súa andaina o 29 de maio de 1915. Nesa mesma data, no número 1, comezaron por facer unha reclamación do teléfono urbano. O programa do director xeral de Comunicacións, o Sr. Ortuño, que despertara o interese de cidades como Tui, Lugo, Monforte ou Betanzos ou a vila de Ponteareas, non foi alleo a este xornal, que reclama un tratamento similar para Viveiro.  Esta reclamación a repetirían con certa insistencia en outros números.

En xuño de 1915 coñécense os plans de que a Compañía Interurbana Peninsular instale una central en Viveiro nunha liña que atravesaría o norte da mariña cara Xixón, supostamente grazas ás xestións do deputado lucense Sr José Soto Reguera. Este proxecto paralizaríase en favor do corpo de telégrafos.


Retrato de Jose Soto Reguera. Ano descoñecido


Febreiro de 1917: recóllese na prensa a visita do funcionario de telégrafos D. Manuel Ladron de Cegama, encargado da montaxe da rede de telefonía urbana en Viveiro, que quedaría ata finais de marzo de 1917. Pasan de 50 as persoas interesadas neste servizo, que era o requirimento mínimo para a montaxe da rede. 

Ao igual que ocorría en Ribadeo, buscábase unha casa para o servizo telegráfico e telefónico, neste caso en aluguer cun prezo máximo de 550 pesetas anuais. Porén, en agosto de 1917 parece que o proxecto segue parado, argumentando que non se atopou unha casa en condicións para prestar o servizo. 

Hai que agardar ata xaneiro de 1918. Aparece na prensa que se reserva o diñeiro necesario para a montaxe da rede. Dependendo da ideoloxía da prensa agradecen a xestión ou acusan da demora ao deputado Soto Reguera. O 28 de xaneiro de 1918 o xefe de liña Fernando García Abad e o capataz Sr. Antena desprázanse a Viveiro para planificar a instalación, constando a chegada do persoal o 18 de febreiro de 1918. 

O 16 de maio de 1918 publícanse que teñen comezado as obras da torre do teléfono, xunto á igrexa de Santa María do Campo. O Sr. Bolaño, xefe da sección telegráfica de Lugo, informa neste mes dos plans de conectar a estación ao servizo interurbano. O 20 de setembro de 1918 ábrese ao publico a estación telefónica urbana

En decembro de 1919 aparece mencionado que o proxecto de telefonía interurbana se envía á dirección xeral de Telégrafos. 

Hai novas en setembro de 1921, onde aparece a mención ao tendido da rede en curso con Mondoñedo, así como a inclusión na Real Orde de 26 de agosto de 1921 de creación de novas estacións da rede interurbana, xunto a Ortigueira, Ordes, Ribadeo e Guillarei.  Tamén se menciona o adiamento provocado polo roubo de 90 metros de cable en novembro de 1921 á altura de Valadouro, por parte de Jose Ramón Díaz López, da parroquia de Vilacampa.

A estación quedaría aberta para comunicacións interurbanas o 6 de agosto de 1922


Para saber máis: 

  • El Regional: diario de Lugo. Núm 11815 (22/01/1918); Num. 13569 (19/06/1922); Num. 13610 (07/08/1922)
  • Verdad y justicia: semanio imparcial defensor de los intereses generales: Ano I Número 1 - 29 de mario de 1915; Ano II Número 63 -  5 de agosto de 1916; Ano II Número 72 - 7 de outubro de 1916; Ano III Número 91 - 17 de febreiro de 1917; Ano III Número 116 - 11 de agostos de 1917; Ano IV Número 139 - 26 de xaneiro de 1918
  • La idea moderna: diario democrático en Lugo: Num. 7863 (13/02/1917); Num. 7908 (09/04/1917); Num. 8096 (26/11/1917); Num. 8152 (22/01/1918); Núm. 8157 (28/1/1918); Núm. 8175 (18/2/1918); 
  • El Correo de Galicia: Diario independiente de avisos y noticias: Num. 4910 (29/03/1917);  Núm 5171 (26/2/1918)
  • La voz de la verdad : diario católico con censura eclesiástica: Ano VII Número 2335 - 19 de febreiro de 1917; Ano VII Número 2394 - 30 de abril de 1917; Ano VII Número 2463 - 24 de xullo de 1917; Ano VII Número 2570 - 27 de novembro 1917; Ano VIII Número 2701 - 30 de abril de 1918;  Ano XII Número 3943 - 7 de xuño de 1922;  Ano XII Número 3952 - 18 de xuño de 1922; Ano XII Número 3996 - 9 de agosto de 1922 
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIII Número 9907 - 30 de xaneiro de 1918; Ano XXIII Número 9930 - 26 de febreiro de 1918
  • El Progreso  diario liberal Ano XI Número 3138 - 19 de febreiro de 1918; Ano XI Número 3209 - 16 de maio de 1918; Ano XIV Número 4279 - 10 de novembro de 1921; Ano XV Número 4452 - 7 de xuño de 1922
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3075 (19/05/1918)
  • La Voz de Galicia. 17 de xuño de 1915; 27 de maio de 1918
  • El Orzán  diario independiente Año II Número 585 - 10 de decembro de 1919
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XLIV Número 15634 - 2 de outubro de 1921
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 6143 (30/09/1921)
  • El regional  diario de Lugo Num. 12996 (30/09/1921)

martes, 7 de febreiro de 2023

Os conflitos da rede interurbana coa urbana de Coruña (1914-1916)

Xa están os postes pendentes de instalar, polo que o 17 de Marzo de 1914 os representantes da Compañía Peninsular estiveron visitando a cidade para planificar os traballos de conexión a Lugo e a selección do local. A Cámara de Comercio reclámalles por cara que aceleren os traballos, obtendo resposta do director xerente de que está prevista a inauguración en xullo de 1914.

D. Félix López Betuerto solicita autorización á alcaldia para utilizar o local da rúa Juana de Vega nº 18-20. A data prevista sería o 31 de agosto, que sería finalmente adiada ás sete da tarde do 3 de setembro de 1914 baixo a tutela do xefe técnico José Ruiz Medina. Asumiría a dirección da rede D. Juan J Caimary Sierra, contando con Juan Montenegro como oficial. Anunciase os prezos de 0,5 pesetas con Betanzos, 0,75 con Santiago e Ferrol e 1,25 pesetas con Vigo, Pontevedra, Lugo; Monforte, Vilagarcía e Ourense, todas por 3 minutos. Bancos en decembro de 1918 solciitarían, via Camara de Comercio, unha redución das cotas do teléfono.

A interconexión coa rede urbana

O conflito coa rede urbana sería algo singular en Galicia. Ambas compañías non se poñen de acordo para conectar as redes e permitir cos abonados da rede urbana poidan chamar desde as súas casas a fora da cidade. 

En decemhro de 1914 o alcalde Javier Ozores Pedrosa require ao xerente da Compañía Peninsular que acceda a interconectar a súa rede coa urbana.

Carta do alcalde Sr. Ozores Pedrosa ao xerente da Compañía Peninsular. 7 de decembro de 1914.


Polo o que declara o director da Compañía Peninsular Enrique Parellada Pallás contesta que a rede urbana está a requerir que sexa a Compañía Peninsular a que instale os teléfonos nas casas dos usuarios interesados e que a compañía urbana quería parte do diñeiro recaudado nese tipo de chamadas. Esta é a comunicación que remite ao alcalde.

Carta de Eduardo Parellada ao alcalde Sr. Ozores Pedrosa. 16 de decembro de 1914.


En xaneiro de 1915 anunciase o acordo de interconexión, pero na práctica a compañía urbana segue a poñer trabas para facer esa interconexión. O concelleiro Casares Quiroga mostrase moi crítico co concesionario da rede urbana, criticando os postes antiestéticos, os líos nos fíos e a falta de interese en poñerse de acordo coa rede interurbana. Nunha carta ao director anónima un lector pide que sexa o concello o que explote o servizo urbano, como ocorre en Santander.

O 9 de novembro de 1915 a Compañía Peninsular ofrece a posibilidade, dados os problemas para conectarse coa rede urbana, de instalar teléfonos e cables conectados directamente á rede interurbana. Así, os usuarios poderían ter dous terminais e liñas na súa casa, una para a rede urbana e outro na interurbana.

El Noroeste' - Ano XX Número 9632 (09/12/1915)

Esto non sentou ben ao concesionario da rede urbana, que nas listaxes de abonados do mes seguinte (xaneiro de 1916) inclue este texto para mostrar que el non ten responsabilidade sobre a adaptación á rede interurbana

Art. 52. Cando un abonado dunha central telefónica urbana solicite tamén a subscrición á comunicación interurbana, a instalación dos equipamentos necesarios para este servizo correrá a cargo do concesionario da liña interurbana.

que por parte da Compañía Peninsular interpretan doutro xeito ben diferente:

 El Noroeste Año XXI Número 9683 -  30 de xaneiro de 1916

Os seguintes anos ata a incautación en 1924

O director da central interurbana D. Juan Caimary obtén un recoñecemento ao ascender a oficial de segunda clase en febreiro de 1918. A vacante como oficial de terceira pasa a ser ocupada polo aspirante D. Julián Sandoval. Nesas datas debatiríase no concello sobre a petición de instalar un poste nos terreos da dársena para dar servizo á Capitanía Xeral e a levantar pavimento do ensanche para reparar cables subterráneos.

Pasando a1921, chegarían D. Justo Pérez Fafían, procedente de Lugo, e Ramiro Castro Iglesias asignados a esta central. En 1922 chegaría Fernando Aniño Constanti, que permutaría desde Ferrol con Eduardo Tobío Mosquera. Tamén a prensa comenta que Juan Caimary recupera o cargo de encargado da estación, en lugar de Benito Zabalo Vázquez que o ocupaba interinamente e que en outubro de 1924 sería trasladado a Astorga

En marzo de 1922 parece existir unha folga de repartidores da central. Contaba con 12 repartidores que se declaran en folga solicitando un aumento dos salarios (ata o momento cobraban 22,5 pesetas). A compañía prescinde deles asignando esa tarefa a dous empregados para que fagan o reparto en bicicleta. 

Tamén hai mudanza, en abril de 1923 móvese a central interurbana, que estaba na mesma rúa (Juana de Vega) que a central urbana, ata os Cantóns, no antigo local do Centro Castellano, por un custe de 1000 pesetas mensuais.


Para saber máis:

  • El Eco de Galicia  diario católico é independiente  Num. 2369 (17/03/1914); Num. 2391 (08/04/1914); Num. 2537 (02/09/1914)
  • La Voz de Galicia. 17 e 18 de marzo de 1914; 21 de abril de 1914; 10 de xaneiro de 1915; 10 de decembro de 1915; 6 de febreiro de 1918; 17 de febreiro de 1918; 11 de decembro de 1918; 11 de outubro de 1919; 8 de xullo de 1922; 19 de outubro de 1924
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 1591 (18/03/1914)
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7015 (18/03/1914); Num. 7124 (04/09/1914)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12103 - 18 de agosto de 1914; Ano XXXVIII Número 12226 - 12 de xaneiro de 1915; Ano XLV Número 15752 - 17 de febreiro de 1922
  • El Noroeste Año XIX Número 9785 - 20 de agosto de 1914; Ano XIX Número 9790 - 25 de agosto de 1914; Ano XIX Número 9798 - 2 de setembro de 1914; Ano XIX Número 9808 - 3 de decembro de 1914; Ano XIX Número 9817 - 12 de decembro de 1914; Ano XIX Número 9822 - 17 de decembro de 1914; Ano XX Número 9587 - 25 de outubro de 1915;  Anno XX Número 9618 - 25 de novembro de 1915; Ano XXII Número 10016 - 22 de abril de 1917
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 3983 (04/09/1914)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7406 - 4 setembro 1914; Ano XXVI Número 7408 - 6 setembro 1914
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano V Número 1385 - 4 de setembro de 1914
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9106 - 8 de setembro de 1914
  • El Correo de Galicia / Diario independiente de avisos y noticias/ Num. s.n. (25/02/1916) 
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXIII Número 9924 - 19 de febreiro de 1918; Ano XXVI Número 10719 - 25 de outubro de 1921; Ano XXVII Número 10101 - 8 de marzo de 1922
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 507 (12/09/1918); Num. 1513 (08/03/1922)
  • El Orzán  diario independiente Año I Número 6 - 6 de febreiro de 1918
  • El Progreso  diario liberal Año XIV Número 4147 - 9 de xuño de 1921;  Ano XV Número 4480 - 9 de xullo de 1922
  • La Integridad diario católico Num. 9350 (11/06/1921)
  • El Compostelano  diario independiente Ano V Número 1394 - 20 de outubro de 1924

xoves, 2 de febreiro de 2023

Telefono interurbano en Vilagarcía (1914-1924)

 O 18 de xuño de 1914 sae publicado o proxecto de instalación da rede interurbana en Vilagarcía. O proxecto incluía usar postes de madeira na estrada de Chapa a Carril e a continuidade pola via de tren. A idea era que estivera disponible en setembro de 1914.

A estación estaría ubicada nun baixo da rúa Calderón (hoxe alcalde Rey Daviña). A inauguración tivo lugar no 12 de setembro de 1914, xusto despois da de Santiago e a última das dez estacións previstas nesta primeira fase. Á inauguración acudiron autoridades locais e prensa. Desafortunadamente non se conservan copias de Galicia Nueva, o xornal de Vilagarcía, desa data. A comunicación coas vilas máis próximas (Santiago e Pontevedra) costaría 0,5 pesetas por tres minutos.

O xefe da estación sería Manuel Villaspí. A central urbana (moi próxima á interurbana) estaría conectada para permitir que abonados poideran chamar desde as súas casas, como se observa na imaxe. Desde marzo de 1915 comeza a reclamarse unha ampliación de horarios ata a medianoite e persoal, de xeito similar a outras poboacións de Galicia, que parece aceptarse parcialmente (ata as 20h) xa en abril de 1915, pasando a ser ata as 22h en xullo de 1915.

En 1916 o servizo cambia de localización pasando a estar na rúa Vista Alegre número 18, esquina coa praza da Fonte, no lugar onde se atopaba o antigo hotel Suizo. En abril de 1918 Manuel Vallespí confirma que o horario pasaría a ser de oito da maña a dúas da noite, reducíndose á medianoite en setembro de 1919.

O 12 de decembro de 1923 sae a nova de que Manuel Vallespí ten un novo destino en Zaragoza, pasado a ser titular do cargo Jose María de la Bodega Gil, con Salvador Blanco Danés de oficial.  

Jose María trasladaría a sede á rúa González Garra 5 (actual rúa Rey Daviña) coa axuda do instalador José Abraham e o mecánico de Vigo D. Manuel Comesaña, dirixidos polo xefe da central de Vigo, D. Constancio Lambán.

Central interurbana de Vilagarcía. Archivo de la Fundación Telefónica. Sen datar.


Unha vez pasado o conflito da reducción horaria, volvería intentarse, por parte da Cámara de Comercio, en xuño de 1924 que volvera a pechar ás doce da noite.


Para saber máis:

  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7329 - 18 xuño 1914; Ano XXVI Número 7364 - 23 xullo 1914
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (23/07/1914); Num. s.n. (14/09/1914); Num. 7132 (14/09/1914) (14/09/1914); Num. 5212 (17/04/1918); Num. 723 (28/03/1920)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9066 - 23 de xullo de 1914; Ano XXXI Número 9114 - 17 de setembro de 1914; Ano XXXV Número 10207 - 16 de abril de 1918 
  • Faro de Vigo  - 23 de xullo de 1914; 11 de xullo de 1914 
  • El Eco de Santiago diario independiente Año XIX Número 6643 - 24 de xullo de 1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7120 (24/07/1914);  Num. 7343 (29/05/1915)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano VIII Número 2754 - 11 de setembro de 1914;  Ano VIII Número 3035 - 9 de abril de 1915; Ano IX Número 3830 - 10 de xullo de 1915; Ano IX Número 3811 - 11 de xuño de 1915; Ano X Número 4171 - 21 de xuño de 1916; Ano XII Número 4539 - 16 de abril de 1918; Ano XIII Número 4963 - 9 de setembro de 1919; Ano XVII Número 6167 - 12 de decembro de 1923; Ano XVII Número 6168 - 13 de decembro de 1923; Ano XVIII Número 6349 - 3 de xullo de 1924
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12126 - 16 de setembro de 1914
  • El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano I Número 114 - 8 de xuño de 1924

sábado, 28 de xaneiro de 2023

As dúas sedes do teléfono interurbano de Ferrol (1914-1917)

O teléfono interurbano tamén chegou a Ferrol en 1914, neste caso como un ramal desde a central de Betanzos.  A inauguración estaba prevista para o 1 de setembro, pero finalmente sería o 7 de setembro de 1914 ás sete da tarde.

A central queda establecida na rúa Real número 52, con dous locutorios para conferencias e catro pupitres para o envío de telefonemas. Tería xa un horario extendido, de oito da mañá a doce da noite. O director da estación será D. Rafael Agulló. Na inauguración tamén estarían o xefe mecánico. D Francisco Aguilar, o oficial de servizos D. Vicente Zenalmor e o director técnico D. Jose Ruiz Medina, que tamén estivo no resto de estacións galegas inauguradas neste ano. Os abonados da rede urbana poden facer conferencias desde o seu propio domicilio, mediante un depósito prepago na nova central.

Asistirn á inauguración representantes da prensa, comandantes de buques militares, autoridades civís e tamén o Sr. Parellada, xerente da Compañía Peninsular. Ademais dunha visita ás instalacións ofreceuse un lunch no salón do Café Español. O alcalde Zelada e o presidente da Cámara de Comercio D Manuel Comellas aproveitaron para enviar telefonemas a autoridades da provincia e de Madrid.

Estivo presente o Xeneral de Enxeñeiros Andres A. Comerma, ao que lle pediron que dixera unhas verbas ao público asistente. Neste evento dixo que instalou o primeiro teléfono particular de Galicia, entre a súa casa e a dun veciño, así como os primeiros teléfonos oficiais, entre a Capitanía Xeral de Ferrol e a de Galicia, na cidade da Coruña. Por último, invitou a xuventude ferrolá a que loite por seguir traendo adiantos tecnolóxicos á cidade. 

En xuño de 1917 realizaríase un traslado de local, pasando á rúa Dolores 67, esquina con Sánchez Barcaiztegui, no antigo comedor do Hotel Suizo. Sería o director Rafael Agulló o responsable desta migración, axudado polo montador o Sr. Perna e o resto dos oficiais telefonistas. Realizouse a inauguración o 16 de xuño de 1917, aínda que ao público sería aberta o día 25, incorporandose semanas máis tarde D. Manuel García Cortés como novo oficial telefonista. O horario pasaría a ser ata as 3 da mañá, gracias a participación de D. Baldomero Lios, secretario de ministro de gobernación, desde o 16 de xullo de 1918.

Foto. Plano do comedor do antigo hotel Suizo (nova sede da telefonía interubana en 1917) Catálogo da Exposición de Arquitectura Modernista Ferrolá (1900-1925). Ano 1979. COAG.

A prensa recolle cambio no persoal da central. Este sería do oficial Vicente Jiménez Salazar (destinado a Valladolid en xaneiro de 1919) ou Jesús Cabaleiro Pedreira (destinado a Betanzos nas mesmas datas). De Vilagarcía chegaría Jose García Sánchez e Benito Rey, que ven da central de Pontevedra.  En xuño de 1919 chega un novo xefe, D. Carlos Herce (ou Erce), que ven de Donostia e regresaría en maio de 1920.  En decembro de 1919 chegaría Manuel García Cortés e Jose Añino. En xullo de 1920 chegaría o novo xefe, D. Jose Uriol e un novo telefonista, Manuel García Cortés. Ambos serían ascendidos en marzo de 1921, xunto a Fernando Aniño (que solicitaría unha permuta en 1922 con Eduardo Tobío Mosquera) e Manuel Gómez Permuy. En agosto de 1921 chegaría Luis Rey Arias i en 1922 Sergio Tojo Otero (procedente de Santiago). Xa coa chegada da Compañía Telefónica Nacional de España o oficial de Ferrol D. Francisco Bastida sería trasladado a Coruña, sendo reemplazado por Segundo Fernández, procedente de Monforte.

Para saber máis:

  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7113 (22/08/1914);  Num. 7127 (08/09/1914); Num. 8293 (16/07/1918)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12119 - 5 de setembro de 1914; Ano XXXVII Número 12120 - 6 de setembro de 1914; Ano XXXVII Número 12121 - 8 de setembro de 1914; Ano XXXVII Número 12122 - 11 de setembro de 1914; Ano XL Número 12997 - 1 de xuño de 1917; Ano XL Número 13009 - 26 de xuño de 1917; Ano XLI Número 14673 - 13  de xullo de 1918; Ano XLI Número 14681 - 23 de xullo de 1918; Ano XLIII Número 15248 - 25 de maio de 1920;  Ano XLIII Número 15279 - 1 de xullo de 1920; no XLIII Número 15292 - 16 de xullo de 1920; no XLIII Número 15331 - 31 de agosto de 1920; Ano XLIV Número 15703 - 22 de decembro de 1921; Ano XLV Número 15752 - 17 de febreiro de 1922; Ano XLV Número 15948 - 6 de outubro de 1922; Ano XLVII Número 16375 - 21 de febreiro de 1924; Ano XLVII Número 16569 - 30 de outubro de 1924
  • El Noroeste Ano XIX Número 9802 - 6 de setembro de 1914; Ano XXII Número 10072 - 17 de xuño de 1917
  • El Eco de Galicia  diario católico é independiente Num. 2542
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 3986 (08/09/1914)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano VIII Número 2752 - 9 de setembro de 1914; Ano XIII Número 4749 - 5 de xaneiro de 1919
  • La Voz de Galicia - 2 de agosto de 1917; 24 de agosto de 1921;
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 153 (03/08/1917)
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 42 (13/05/1917); Num. 62 (02/06/1917); Num. 748 (19/07/1919); Num. 2099 (15/06/1924)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXII Número 9223 - 18 de xuño de 1917
  • El Orzán  diario independiente Año I Número 160 - 14 de xullo de 1918; Ano V Número 1188 - 10 de xaneiro de 1922
  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano IX Número 2538 - 17 de xulllo de 1918
  • El Progreso  diario liberal Ano XII Número 3684 - 5 de decembro de 1919
  • El noticiero gallego  Diario de Santiago Num. 28 (04/01/1919)
  • Faro de Vigo - 13 de xuño de 1917
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XIV Número 4685 - 31 de outubro de 1924

O mindoniense Cándido Martínez na reclamación salarial dos telegrafistas de 1880

 Candido Martínez Montenegro foi un deputado liberal durante tres décadas por Mondoñedo (Lugo), que nos ano 1881 - 1883 sería director de Co...