sábado, 9 de setembro de 2023

O servizo telegráfico en Tui no século XIX

 A CONSTRUCIÓN DA REDE ATA TUI


Tras empezar as probas en 1854, a primeira rede de telegrafía en España creouse o 1 de marzo de 1855. Decidírase a construción dunha liña de Madrid a Irún que permitira conectar con París e substituir ao ineficiente telégrafo óptico.  Galicia quedara sempre á marxe do telégrafo óptico, xa que o Estado priorizou a conectivade con outras prazas. Este non sería o caso do telégrafo eléctrico.


O 22 de xuño de 1855 publicouse unha lei para a poxa e contratación da liña telegráfica do Noroeste que incluía unha liña que, partindo de Medina de Rioseco, pasaba por Zamora, Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ata chegar a Coruña con dous fíos de 109 leguas. 


Na sesión nas Cortes de Congreso dos Deputados, celebrada o 10 de xullo de 1855, o Sr. D. Lorenzo Cuenca San Juan, deputado polo distrito de A Cañiza pero tudense de adopción,  fai unha proposición de lei para que o telégrafo eléctrico, que se está a construír de Ourense a Vigo, teña unha ramal a Tui. A proposta foi tomada en consideración anunciándose que pasaría ás seccións para o nomeamento da comisión.


Publicada a poxa, ábrense as proposicións o 20 de agosto de 1855 presentándose dous candidatos para a liña do Noroeste:

  • “La Electricidad” de D. José Ruiz de Quevedo, futuro senador por León e constructor de parte da liña de ferrocarril que chegaría a Galicia, que oferta un custe de 19.980 reais por legua a construír da liña telegráfica

  • “Alas del Pensamiento” de D. Saturnino (e o seu irmán Ignacio) Sáenz de Ourense, contratistas e recadadores nesa provincia, ofertando a 13.322 reais por legua, mostrando dispoñibilidade a cambiar o modelo de telégrafos Wheatstone no caso de ser de interese por parte da administración.


Esta proposta tivo unha queixa formal por parte do competidor por incumprir algunha das cláusulas do procedemento, aínda que foi finalmente foi a proposta seleccionada.


O 4 de outubro de 1855 a Comisión aproba a proposta da construción do ramal ata Tui autorizando ao Goberno para a súa posta en marcha, co gallo de garantir a futura comunicación con Portugal. O ditame está baseado en que a distancia de Vigo a Tui era reducida, polo que as tarefas de construción do ramal non serían moi custosas. Tui pasa a ter un perfil estratéxico como fronteira con Portugal, onde xa se comeza a especular sobre unha posible conexión con Porto.


O proxecto de ramal presentado por D. Lorenzo Cuenca, D. Cándido Nocedal, D. Policarpo Carrera, D. Tomás Acha, D. Santiago Alonso Cordero, D. José Vázquez Bugueiro e D. Juan Ramón Patiño, conseguiu o apoio da comisión nomeada, que estivo formada por Ramón Pardo Osorio, D. Eduardo Ruiz Pons, D. M.M Yañez de Rivadeneira, D. G. López de Mollinedo, D. I. Yañez Rivadeneira, D Ramón Ugarte e D. Manuel Gómez.


Posteriormente, esta proposta da comisión foi aprobada polo ministro de Fomento, D. Manuel Alonso Martínez, cun crédito de 45.000 reais para a creación do ramal, desde o circuíto que aínda se estaba a construír. En paralelo, rogase ao goberno portugués que estendan a liña telegráfica en construción ata Porto para que chegue ata a praza de Valença do Minho. O proxecto de lei foi definitivamente aprobado en novembro de 1855 e publicado na Gaceta de Madrid do día 17. En Portugal foi o 3 de setembro de 1855 cano se encargou ao director de obras públicas a construción da liña de Braga a Valença, que comezaría xa en 1857 e sería aberta ao público en marzo de 1858, dous meses antes ca de Tui.


En febreiro de 1856 xurdiu o debate de como construír ese ramal a Tui, chamado a “comunicar os latexos, pensamentos e necesidades dos dous pobos irmáns”, tomando, como primeira opción, unha conexión desde O Porriño. Esta non era a única opción, xa que tamén se especulaba cun ramal que partiría desde Ponteareas (aproveitando que tiña case cinco veces mais poboación que O Porriño e tiña interese en crear alí unha estación) ou, directamente, renunciar a ese ramal, xa que tiña maior custe operativo (pola necesidade de contar cunha central no entronque), e facer que o cable principal fora desde Ponteareas a Tui e, desde alí, a Porriño e Vigo. Esta sería  a solución adoptada.



Nestas datas tamén se comeza a falar de como construír o empalme con Valença utilizando un cable aéreo, finalmente descartado, ou subfluvial, baixo o río Miño, tendo en conta  que aínda non existía a ponte internacional. Tamén se barallou a posibilidade de que cruzase a Portugal desde A Guarda ata Caminha, estendendo o cable de Tui a A Guarda por Baiona. O capitán portugués Joaquim José de Almeida foi o encargado do lado portugués. Este pediron axuda do director de telégrafos de España para que enviara un empregado para marcar os puntos de unión, pero, segundo recollen as memorias portuguesas, o funcionario español chegou tres días máis tarde de ter finalizado os traballos.


Xa en marzo de 1856 comézase a falar das demoras na construción do cableado. A prensa recolle como xa dispoñen de 18.000 postes e o cable no porto de Santander, parados na aduana. As causas do atraso parecen ser tramites administrativos sobre as condicións do material, trocos ou melloras propostas no servizo ou a definición das rutas que debe seguir o cableado, tendo en conta que en tramos non existen aínda nin estradas nin ferrocarril, ou as dificultades propias da climatoloxía no inverno. O goberno prorrogou todas as concesións, incluída a dos Sr. Sáenz da liña do Noroeste, que comezaron pola instalación do tramo comprendido entre Vigo e Ferrol.


Os atrasos seguen no mes de novembro de 1856. O contratista, a través dunha publicación na prensa por parte do apoderado Jose Bordas, achaca esta demora a falta de comunicación por parte da administración sobre a dirección que debía tomar o ramal de Tui; a indefinición sobre se Betanzos debía ter estación telegráfica de seu; coñecer que aparatos substituen aos Wheastone e a falta de  asignación das casas para as estacións telegráficas de Vigo, Santiago e Tui. Os atrasos terminan por non ser asumibles e a propia Administración finaliza a instalación, prescindindo do contratista. 


A primeira colocación de postes en Tui aparece recollida na prensa no 15 de novembro de 1856. En xaneiro do 1857 volve a falarse da conexión internacional, coa utilización dun cable subfluvial. O proxecto consta como parado por parte Director Xeral de Obras Públicas, D. Cipriano Segundo Montesinos, por necesitar o acordo co goberno portugués. O 18 de xuño de 1857 Portugal adheriuse ao acordo proposto polo Marqués de Pidal, que previamente se asinara con Bélxica, Francia, Cerdeña e Suiza no 29 de decembro de 1855. Este acordo implica que España pasa a aceptar os despachos tamén en portugués:


“Art 5. Interin non se unan os condutores eléctricos nas fronteiras de ambos países, abriranse estacións mixtas, tanto la liña da Extremadura Española como en calquera outra que se estableza”


“Art 6. Ambos gobernos elixirán de común acordo os puntos de entrada e saída dos despachos telegráficos para a liña do leste, Elvas ou Badajoz e para a liña do Norte, Valença ou Tui”.


En marzo de 1858 xa está operativa a liña telegráfica entre Tui e Vigo, aínda que non estea  dispoñible ao público. Como unha das vantaxes da construción da rede, apúntase na prensa que chegarán rápido a Madrid as novas dos vapores que chegan ao porto de Vigo desde as Antillas.



O 4 de marzo de 1858 anúnciase, pola Direcção Geral dos Telegrahphos do Reino de Portugal, que queda aberta ao público a estación telegráfica de Valença xunto ás de Caminha e Viana do Castelo. No caso de Tui haberá que agardar ata o 20 de maio para que se produza esa abertura ao público, xunto co resto de estación da liña do Noroeste (incluíndo A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense)


O 23 de maio de 1859, un ano despois das abertura estacións de Tui e Valença, quedan unidas por un cable subfluvial de 3 fíos e 195 metros, que quedará dispoñible ao público o 1 De xullo. Será o segundo enlace entre ambos países despois dos existente entre Elvas e Badajoz, que foi aberto no 26 de marzo de 1857.



O ROL DE TUI NOS PRIMEIROS DESPACHOS TELEGRÁFICOS


En 1861 publicouse unha carta telegráfica de España e Portugal baixo a dirección de Jose María Mathé, director do corpo de telégrafos e considerado o inventor do telégrafo óptico, e os directores de área Ignacio Hacar, Rafael Palet e Vicente Villareal. 


Na imaxe móstrase a rede construída con liña continua. Tanto a estación de Vilagarcía como a liña pola Mariña lucense están en fase de proxecto.


Imaxe. Extracto do mapa telegráfico de 1861. Instituto Geográfico Nacional


O tráfico internacional por Tui-Valença é relevante porque mentres por recadación (despachos feitos na propia estación), Tui ocupa o posto 87º en España en maio de 1862, está no posto 27º por tráfico telegráfico, tendo en conta que se exclúe o tráfico directo de Vigo a Castela. Algo similar acontece con Irún (53º en recadación, pero 4º en tráfico). Tui sitúase só por detrás de A Coruña e Vigo e, curiosamente, supera a Badajoz, polo que pode deberse a que era a vía principal de comunicación de España con Portugal, se ben non hai datos sobre número de despachos enviados a Portugal. 


Neste ano de 1862, Tui era unha das 43 estacións permanentes (24 horas ao día) en España, xunto con A Coruña, Betanzos, Vigo e Ferrol en Galicia. Pontevedra, Lugo, Ourense ou Santiago de Compostela abrían quince horas diarias (de 9 da mañá a 12 da noite), mentres que Padrón, Verín ou Caldas o facían unicamente seis horas cada día. Por desgraza, esta importancia da central de Tui duraría pouco. 


Nos datos de utilización de 1866 temos que Tui expide a España 237 despachos oficiais e 682 particulares, que son números bastante modestos (no mesmo período Vigo expide 3.916 despachos particulares). A Portugal expide 25 oficiais e 25 particulares. Na estación de Tui fan escala 5.302 despachos nese ano, pero non hai números claros sobre cantos van a Portugal.

.

Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1867. Instituto Geográfico Nacional


Nun inventario do 1 de agosto de 1867 onde se detallan todos equipamento nas diferentes estacións, aparecendo Tui como a estación con mais aparatos de Galicia e a segunda que consigna un maior presuposto detrás de A Coruña. 


Estación

Circunstancias

Aparatos

Estaciones dependientes

Consignación gastos

Consignación escritorio

Caldas

Estación subalterna

1

0

96

0

A Coruña

Capital provincia 1ª clase

4

4

444

144

Lugo

Capital provincia 3ª clase

1

2

180

96

As Nogais

Estación subalterna

1

0

96

0

Ourense

Capital provincia 3ª clase

2

2

228

96

Padron

Estación subalterna

1

0

96

0

Pontevedra

Capital provincia 3ª clase

1

6

204

132

Ribadeo

Estación subalterna

2

0

120

0

Santiago

Estación subalterna

1

0

120

0

Tui

Estación subalterna

5

0

252

0

Verín

Estación subalterna

1

0

96

0

Vigo

Estación subalterna

2

0

216

0

Vilagarcía

Estación subalterna

1

0

108

0

Viveiro

Estación subalterna

1

0

120

0



En 1868 publícanse as bases para permitir que concellos, sociedades, empresas e particulares tiveran iniciativas para estender a rede e uso do telégrafo para chegar a novas localizacións. A norma publica que 19 estacións principais estarán dispoñibles para formar aos novos traballadores que deberán xestionar as novas estacións e ramais. Entre esas estacións principais están Tui e A Coruña en Galicia. 


Tui está presente nesas normas para garantir a operativa do servizo telegráfico. Desde Madrid, no caso de estar os circuítos en repouso, fan unha conexión cada 30 minutos a dez estacións da rede, que se atopan nos extremos da mesma, entre as que están, no caso de Galicia, Tui e A Coruña. A estación de Tui tamén ten a responsabilidade de probar a conectividade con Portugal con esa periodicidade, feito que non acontece con Badajoz.


No mapa telegráfico do ano 1870 aparece coas liñas directas ata Madrid e Coruña, así como as liñas de enlace local con Vigo e Ribadavia. Deste xeito, Tui é a segunda cidade de Galicia, tras A Coruña, con maior número de terminacións de liña.


Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1870. Instituto Geográfico Nacional



AS PERSOAS DO SERVIZO


Revista de Telégrafos e Semana Telegráfica eran dúas revistas populares entre os traballadores do corpo de telégrafos que permitían ter información sobre trocos en outras estacións, mobilidade de persoal, novidades tecnolóxicas e un modesto voceiro sindical. Estas revistas publicaron en moitas ocasións as altas e baixas de traballadores nas diferentes estacións, que permiten constatar a relevancia de Tui, ao aparecer en moitas ocasións, así como a gran mobilidade, nos primeiros anos do servizo. 


Na seguinte listaxe inclúense as notificacións de destino entre os anos 1860 e 1890, con moitas chegadas e saídas de traballadores desde Galicia a outras partes do Estado e viceversa.



NOME

INGRESO TUI

SALIDA TUI

NOME

INGRESO TUI

SALIDA TUI

Amancio Cabello

1/1/1874

15/10/1874

Jose R. Borrajo

n/a

1/1/1866

Angel Baraja Mathé

1/5/1865

n/a

Jose Ramón Pérez

n/a

15/3/1865

Angelo García

n/a

1/10/1862

Jose Savall y Savat

1/10/1867

1/2/1868

Antonio Lombardía

n/a

15/9/1864

15/3/1862

1/5/1865

Jose Taboada

n/a

15/3/1866

Antonio Medrano

1/12/1865

n/a

Jose Waiss

1/9/1871

1/1/1874

Antonio Peña

1/5/1863

n/a

Juan F. Fariña

n/a

15/2/1867

Antonio Villahermosa

1/2/1868

1/10/1868

Juan Lira Zaetón

1/11/1878

1/12/1878

Benigno Iglesias

16/6/1861

1/10/1861

Julian Servat

15/2/1867

n/a

16/11/1869

15/7/1871

Benito del Campo

1/9/1864

n/a

Julio Fuembuena

15/8/1868

n/a

Casimiro Canalejo Soler

n/a

1/3/1884

Leonardo Calvo

1/10/1869

n/a

Cecilio Ruiz

n/a

1/2/1865

Leopoldo Abella Baroni

1/8/1880

1/3/1883

Celestino Fernández Caveda

15/10/1861

15/4/1864

15/2/1862

n/a

Lucas Mariano de Tornos

1/10/1868

n/a

Claudio Cubeiro

1/2/1864

n/a

Luis Nuñez y Blas

n/a

1/8/1977

Cristobal Buceda

n/a

1/6/1864

Manuel López y López

15/10/1862

1/10/1867

n/a

n/a

Eduardo Sobral

1/5/1871

1/9/1871

Manuel López Vázquez

1/5/1879

n/a

Emilio Paredes

n/a

15/4/1869

Manuel Nogueira

n/a

15/8/1868

Ernesto Salgado

1/5/1866

n/a

Manuel Parejo

1/1/1866

n/a

Eugenio Domínguez

15/6/1864

15/8/1864

Manuel Ramos del Villar

n/a

1/8/1882

Evaristo Caballero

1/10/1861

15/3/1865

1/6/1864

n/a

Manuel Villa

15/9/1864

n/a

Fernando Delgado Rajoy

15/1/1862

n/a

Martín Urtazun

n/a

1/5/1879

Fernando Sáez

n/a

1/9/1864

Matías Vázquez

1/8/1862

1/4/1863

Fernando Segares

n/a

15/9/1874

Miguel Fullana y Acosta

n/a

1/2/1880

Francisco López Romero

16/5/1886

16/5/1887

Narciso Bóver

1/5/1864

1/12/1865

Francisco Martínez Tejada

1/5/1871

n/a

Pastor Domínguez

n/a

1/11/1869

15/4/1870

15/2/1865

1/3/1870

n/a

Francisco Martín Rivero

n/a

1/1/1884

Rafael Bilbao

15/1/1867

15/4/1873

Felipe Retuerto Ruiz

1/1/1884

n/a

Ramón Fernández Menéndez

1/4/1862

1/7/1864

1/10/1867

1/1/1863

15/8/1864

30/7/1870

Francisco Peñaredonda Flores

1/7/1882

7/10/1891

7/7/1891

n/a

Ramón Peñaredonda

n/a

15/5/1861

Gerardo Sabater

n/a

1/12/1864

Ricardo Araujo

1/9/1864

30/8/1869

n/a

n/a

Ignacio Rivera

15/12/1867

1/7/1873

Ricardo Rey

15/2/1861

15/11/1869

Isidoro Unsain

1/2/1861

15//1971

1/1/1862

n/a

Roque Cuervo

1/9/1864

n/a

Joaquín Duro

n/a

15/4/1864

Ruberto Manzanedo

n/a

1/12/1961

Joaquin Piferrer

n/a

1/3/1970

1/10/1869

15/4/1970

Santiago Manzanares

1/5/1861

n/a

Jose Escuredo

1/4/1866

n/a

Secundino G Valdes

15/2/1865

15/3/1866

Jose León Zurrita

15/12/1866

n/a

Tomas Ojea y Cahibe

1/8/1977

n/a

Jose López Valcárcel

15/8/1864

1/9/1877

n/a

15/12/1890

Ulpiano Cifuentes

1/9/1866

1/5/1871

Jose María Ibañez

1/2/1867

15/2/1867

Victor Piedras y Macho

30/6/1869

n/a

Jose Martínez Hernández

n/a

1/9/1885

Victoriano Cimbrelo

1/12/1866

1/1/1867

Jose Mengos

1/4/1866

n/a

Victoriano Páz López

1/9/1885

16/5/1886




Victoriano García

1/9/1866

n/a


Non será ata 1891 cando de contrate a primeira muller, neste caso como temporeira.  Dª Luisa López, segundo informa a revista El Telégrafo Español no 1 de agosto de 1891.



TUI FORA DO CENTRO DA NOVA REDE DE 1874


En 1874 proponse a construción dunha nova rede, para aproveitar o trazado do tren, que tamén sería usuario da rede para a coordinación de tráfico ferroviario. A nova rede sae da estación do Norte de Madrid (agora Príncipe Pío) cara Zamora, continuando desde Benavente cara Tui polos postes do trazado preexistente, pero ampliando un circuíto de 5mm. 


A nova normativa marca as características técnicas que deben cubrir as instalacións futuras como é o establecemento de 17 postes, preferentemente de pino, por cada quilómetro. Define tamén dúas categorías para os postes, podendo ser de 8m de altura (no caso de pasos a nivel ou cruzamentos) ou 6m no resto dos casos. No caso do arame, será de ferro galvanizado con zinc, con peso mínimo de 156 gramos por metro para os circuítos de 5mm.


Nestes anos Tui perde a importancia. Pasa de ter conexións directas con Madrid e Coruña, a que esa responsabilidade pase a Vigo. Mantén as conexións con Portugal, pero o tráfico parece limitarse a conexións de xeito mais local, xa que as estadísticas mostran un volume baixo tanto de despachos orixinados no propia estacións como aqueles que circulan en tránsito. Ademais, pasa de ser unha estación permanente a completa, polo que deixa de estar aberta en horario nocturno.



Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1880. Instituto Geográfico Nacional


 

Despachos

1879

1880

A Coruña

63309

65300

Vigo

41266

43121

Ferrol

26539

28610

Santiago

18189

19155

Lugo

15127

14901

Pontevedra

14666

14805

Ourense

13574

14651

Vilagarcía

11586

11712

Ribadeo

8998

9125

Padron

4351

4525

Viveiro

4227

4191

Tui

4024

4040

Ortigueira

2925

3033

Noia

2579

2506

Ponteareas

2325

2240

Betanzos

1918

2048

Verín

1880

1937

Marin

1841

1885

Mondoñedo

1669

1715

Ribadavia

1370

1275

Pontedeume

1118

1235

Carballino

1116

Redondela

1129

999

Caldas de Reis

745

837

As Nogais

593

566

Xinzo de Limia

601

522

Vilalba

144

315

A Gudiña

185


En 1885 defínese unha numeración estándar para os cables telegráficos de todo o territorio estatal:


1-20: Cables directos xerais internacionais

21-100: Cables directos xerais interiores 

101-120: Cables parciais internacionais

120-200: Cables parciais interiores

201-300: Cables graduais

301-500: Ramais dunha única estación

501-800: Condutores dentro das poboacións

801 en adiante: Condutores das estacións municipais.


No seguinte mapa, algo posterior ao ser de 1899, móstranse os cable existentes en 1885, así coma outros novos. Así por Tui temos os cables:

110: de Vigo a Viana do Castelo, pasando por Tui

111: de Vigo a Porto, pasando por Tui

112: de Tui á fronteira portuguesa

214: de Benavente a Vigo por Ourense e Tui, pola vía do tren que entra en Tui


O Cable 5, que se corresponde co trazado orixinal pola estrada que pasa por Ponteareas e Porriño deixaría de pasar por Tui para conectar directamente con Vigo. O 133 que pasa pola vía do tren e conecta A Coruña e Vigo con Benavente non pasará tampouco por Tui.  Algo parecido ao que ocorre co novo cable 67, que conecta Vigo e Ourense. 


O século péchase con poucos novas da reducida estación telegráfica tudense, agás aquelas relacionadas con interrupcións do servizo por causas meteorolóxias. Este é o caso de febreiro de 1889, cando recolle a prensa caída de varios postes debido ao vento na estrada que comunica Tui con O Porriño, que queda resolto nun período de tempo breve. Pero será na tormenta de 1896 que causara estragos en varios concellos da zona e caeu unha tronada sobre a propia estación telegráfica de Tui, causando a inutilización dun dos receptores Morse da estación. 



Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1899. Instituto Geográfico Nacional





Ningún comentario:

Publicar un comentario

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...