Extracto Libro guía de Guinalt en 1785 con algunhas paradas de postas en Galicia.
mércores, 14 de agosto de 2024
Dos mensaxeiros reais á rede de postas en Galicia
domingo, 3 de decembro de 2023
Victor Piedras na Exposición Internacional de Electricidade de París (1881)
A Exposición de Electricidade de París tivo lugar entre o 15 de agosto e o 15 de novembro de 1881 no pazo da Industria de nos Campos Elíseos de París, sendo aínda na actualidade a referencia histórica no mundo do avances tecnolóxicos. En paralelo tivo lugar o congresos de electricistas, que entre outras cousas definiu as unidades de medida de electricidade e onde o galego Andrés Comerma acudiu un representación da Mariña.
Victor era o xefe de telégrafos de Vilagarcía cando comeza a realizar unha certa actividades creativa no eido tecnolóxico. En 1877 aparece Víctor Piedras na Revista de Telégrafos un conmutador que ideara e remitira á revista en setembro de 1876, que permitía sustituir ata tres conmutadores por un só que se operaba xirándoo. Os detalles técnicos aparecen recollidos nesa publicación.
En 1878 estréase nun exposición, neste caso local de Coruña, na que expón tres telégrafos deseñados e construidos por el, que reciben unha mención do xurado do certame.
Victor enche o formulario en 1881 para enviar un novo deseño de estación telegráfica intermedia ante a petición da Dirección de Correos e Telégrafos de obxectos para mostrar na Exposición Internacional de Electricidade de Paris.
A Revista de Telégrafos describí así o dispositivo:
"A luxosa estación Morse intermedia con todos os seus complementos, Meneses de prata, todas as pezas metálicas e minúsculas, é a que presenta o Xefe de Estación D. Víctor Piedras, sinalado co número 1.418. O seu principal mérito está na súa beleza: a construción.
Apóiase sobre un zócalo duns 25 centímetros de longo e uns 15 centímetros de ancho, e de cor marrón. O receptor, ou máis ben o acústico, xa que a recepción se realiza no oído, colócanse nun espazo reducido dous manipuladores, dous galvanómetros, unha agulla de Wheatstone e conmutadores; cuberto todo cunha mampara de cristal, parece un reloxo de mesa."
porén, cuestionaba a utilidade unha vez que os teléfonos xa se estaban a utilizar. Aínda todo, Victor conseguíu unha medalla de bronce no certame.
Non quedan fotografía do dispositivo nin dos elementos no stand, pero co mapa do mesmo lógrase atopar un gravado no que aparece o que debe ser parte do pavillón de España, unha mesa con varias vitrinas con dispositivos.
Gravado da Exposición de Electricidade. en primeiro lugar unha vitrina que debe correspondererse co pavillón de España, pola localización do resto dos elementos.
España presentou 21 pezas e 6 libros no evento, varios dos grandes inventores deste tempo no que destacaba Enrique Bonnet.
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano IV Número 808 - 6 de maio de 1881
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 667 (03/05/1881)
- El Independiente : periódico de Pontevedra : defensor de los intereses de Galicia.: Ano I Número 7 - 28 abril 1881; Ano I Número 19 - 9 xuño 1881
- La ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada: Num. 35 (18/12/1881)
- Revista contemporánea: Tomo XXXVII Año VIII Volumen I - 1882 enero 1
- Revista de Telégrafos
venres, 3 de novembro de 2023
As primeiras estacións radiogoniométricas de Galicia
Ás estación radio de Ferrol:https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/10/a-estacion-radiotelegrafica-de-ferrol.html
En maio apróbase a compra de material radiotelegráfico e radiogoniométrico así como a construcción de edificios en Estaca de Bares, da que se da orde en novembro de 1924. En marzo de 1925 saen desde A Coruña o comisario D. Federico Ponte Sotillo e o contador de navío D. Diego Arias Fariñas para facerse cargo das obras da estación. En maio de 1925 iría o tenente de enxeñeiros navais D. Fernando San Martín, para recoñocer o novo edificio.
A revista Galicia Industrial trae un artigo de B. Calderón desde París sobre as bondades da telegrafía sen fios na navegación, para prevención de catástrofes e describe o concepto de radiogoniometría para a determinación de localización exacta. Suxire a instalación de estacións en Coruña, Fisterra e Vigo, para que recibindo únicamente dúas sinais poidas, estimado os ángulos, determinar a localización exacta do barco ou incluso mellor no caso de recibir as tres sinais.
Para elo recomenda a utlización de antenas instaladas sobre marcos, que poidan xirar, para determinar o pico de recepción para a determinación dos ángulos.
Para saber máis:
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1453 (27/12/1921); Num. 2139 (13/11/1924); Num. 2256 (31/03/1925); Ano XI Número 2780 - 1 de xaneiro de 1927; EAno XII Número 3316 - 20 de setembro de 1928; Ano XIII Número 3430 - 3 de marzo de 1929; Ano XIII Número 3589 - 24 de outubro de 1929
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLVIII Número 16762 - 31 de marzo de 1925; Ano XLIV Número 15709 - 29 de decembro de 1921; Ano XLVIII Número 16853 - 16 de xullo de 1925; Ano XLIX Número 17027 - 27 de xaneiro de 1926; Ano XLIX Número 71204 - 18 de agosto de 1926; Ano XLIX Número 17287 - 23 de novembro de 1926; Ano XLIX Número 17288 - 24 de novembro de 1926; Ano XLIX Número 17312 - 22 de decembro de 1926; Ano XLIX Número 17313 - 23 de decembro de 1926; Ano XLIX Número 17477 - 8 de outubro de 1927; Ano XLIX Número 17482 - 14 de outubro de 1927; Ano XLIX Número 17540 - 22 de decembro de 1927; Ano L Número 17727 - 7 de agosto de 1928; Ano L Número 17764 - 19 de setembro de 1928; Ano LI Número 18120 - 23 de outubro de 1929; Ano LII Número 18634 - 23 de xuño de 1931
- Gaceta de Madrid. 19 de maio de 1922; 1 de agosto de 1922
- Galicia diario de Vigo Número 5 - 29 xullo 1922; Número 8 - 2 agosto 1922
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XV Número 4383 - 13 de novembro de 1924
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano II Número 409 - 23 de maio de 1925; Ano III Número 886 - 5 de decembro de 1926; Ano IV Número 1185 - 23 de novembro de 1927; Ano VI Número 1611 - 20 de abril de 1929; Ano VI Número 1738 - 23 de outubro de 1929; Ano VI Número 1796 - 31 de decembro de 1929
- El Heraldo Gallego Órgano de las colectividades gallegas en el Plata Num. 614 (05/07/1925)
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano XVI Número 5069 - 27 de xaneiro de 1926
- El Noroeste diario católico regionalista Ano XXXII Número 13593 - 23 de novembro de 1927; Ano XXXIV Número 14010 - 6 de marzo de 1929
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XXIII Número 7699 - 9 de marzo de 1929
- El Eco de Santiago diario independiente Ano XXXIII Número 14552 - 23 de outubro de 1929
- El Progreso semanario independiente Ano XXIII Número 10151 - 24 de outubro de 1929
- Galicia industrial y comercial : revista mensual ilustrada: Ano I Número 47 - xaneiro 1930
xoves, 14 de setembro de 2023
O telégrafo do Lazareto de San Simón (1856-1883)
O telégrafo de Galicia comezou a construirse en 1856, cunha liña que entraba por Verín e chegaba ata Coruña vía Vigo. Os concesionarios eran os Sres. Saens de Ourense, que tiñan que construir a liña desde Medina de Rioseco. Nese momento pensouse en facer algunha variantes, tales como facer que pasara por Tui para favorecer a interconexión con Portugal.
Sería Lorenzo Cuenca, deputado no goberno, impulsor destas iniciativas, entre as que se atopaba tamén construir un circuito co lazareto de San Simón, que naquel momento tiña o privilexio de acoller en exclusiva a navegantes do Atlántico. Poñer en comunicacións a navieiras coas persoas en cuarentena sería un dos obxectivos principais desta liña.
"A pesar de que este establecimiento carece de edificios suficientes para hospedar a los empleados y cuarentenarios y los que existen se hallan en un estado lastimoso por su deterioro, creo que la casa que hoy lleva con otras en arriendo el fondista y que está destinada a botica, salvo algunos reparos, es la más apropiada para establecer en ella la estación del telégrafo ya que tiene la capacidad necesaria y ya que está contigua a la mar y frente a la puerta de la playa de Cesantes. "
Resposta da dirección do Lazareto de San Simón á petición dunha habitación para o telégrafo por parte do Ministerio de Gobernación. 16 de novembro de 1862.
Neses tres períodos que estivo aberta foi atentida por un único telegrafista, que estaría tempadas (semanas ou meses na estación). Sería Cristobal Burera, Julio Fuembuena e Isidro Unsain os que pasarían tempadas no lazareto. A singularidade da estación foi recollida pola Direccion de Telégrafos, que aprobou un sobresoldo para o telegrafista da illa dun 50% (e ocasionalmente un 100%) do soldo habitual para compensar a singularidade do servizo. Este sobresoldo estaba limitado a esta persoa e os telegrafistas que viaxaran con Casa Real.
O 24 de setembro de 1868 sairá publicado na Gaceta de Madrid o concurso para suministrar cable telegráfico submarino para a conexión de Vigo e San Simón asi como para atravesar a ría de Santoña. No caso de San Simón pedíanse 2900 metros de cable subacuático, o que leva a pensar que a conexión xa non se faría por Cesantes. Esta primeira subasta quedaría deserta, pasado a realizarse unha nova o 28 de novembro de 1868, quedando novamente deserta. O 23 de abril de 1869 anúnciase a compra directa de material, pero non consta a instalación do mesmo.
Non sería ata 1883, xa cunha estación telegráfica en Redondela, cando abriría novamente a estación de San Simón.
Para saber máis:
- Gaceta de Madrid núm. 1142, de 19/02/1856; 10 de xuño de 1863; núm. 268, de 24/09/1868; núm. 333, de 28/11/1868; núm. 113, de 23/04/1869
- La Oliva periódico de política, literatura e intereses materiales Ano I Número 10 - 5 marzo 1856
- El Correo de Lugo Periódico de intereses morales y materiales 1 novembro 1860
- La Nueva Galicia periódico destinado a la defensa de los intereses morales y materiales del país Ano I Número 49 - 5 xullo 1863
- Revista de telégrados: 15 de xaneiro de 1861; 15 de abril de 1864; 1 de xuño de 1864; 15 de outubro de 1864; 1 de xaneiro de 1865; 15 de novembro de 1865
- Expediente sobre instalación de novas liñas telegráficas en Vilagarcía e no Lazareto de San Simón (1861). referencia 17.655/4. Deputación de Pontevedra
- Comunicacións do Ministerio de Gobernación sobre a instalación da oficina telegráfica no Lazareto de San Simón (1862). Referencia 40.321/27. Deputación de Pontevedra
sábado, 9 de setembro de 2023
O servizo telegráfico en Tui no século XIX
A CONSTRUCIÓN DA REDE ATA TUI
Tras empezar as probas en 1854, a primeira rede de telegrafía en España creouse o 1 de marzo de 1855. Decidírase a construción dunha liña de Madrid a Irún que permitira conectar con París e substituir ao ineficiente telégrafo óptico. Galicia quedara sempre á marxe do telégrafo óptico, xa que o Estado priorizou a conectivade con outras prazas. Este non sería o caso do telégrafo eléctrico.
O 22 de xuño de 1855 publicouse unha lei para a poxa e contratación da liña telegráfica do Noroeste que incluía unha liña que, partindo de Medina de Rioseco, pasaba por Zamora, Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ata chegar a Coruña con dous fíos de 109 leguas.
Na sesión nas Cortes de Congreso dos Deputados, celebrada o 10 de xullo de 1855, o Sr. D. Lorenzo Cuenca San Juan, deputado polo distrito de A Cañiza pero tudense de adopción, fai unha proposición de lei para que o telégrafo eléctrico, que se está a construír de Ourense a Vigo, teña unha ramal a Tui. A proposta foi tomada en consideración anunciándose que pasaría ás seccións para o nomeamento da comisión.
Publicada a poxa, ábrense as proposicións o 20 de agosto de 1855 presentándose dous candidatos para a liña do Noroeste:
“La Electricidad” de D. José Ruiz de Quevedo, futuro senador por León e constructor de parte da liña de ferrocarril que chegaría a Galicia, que oferta un custe de 19.980 reais por legua a construír da liña telegráfica
“Alas del Pensamiento” de D. Saturnino (e o seu irmán Ignacio) Sáenz de Ourense, contratistas e recadadores nesa provincia, ofertando a 13.322 reais por legua, mostrando dispoñibilidade a cambiar o modelo de telégrafos Wheatstone no caso de ser de interese por parte da administración.
Esta proposta tivo unha queixa formal por parte do competidor por incumprir algunha das cláusulas do procedemento, aínda que foi finalmente foi a proposta seleccionada.
O 4 de outubro de 1855 a Comisión aproba a proposta da construción do ramal ata Tui autorizando ao Goberno para a súa posta en marcha, co gallo de garantir a futura comunicación con Portugal. O ditame está baseado en que a distancia de Vigo a Tui era reducida, polo que as tarefas de construción do ramal non serían moi custosas. Tui pasa a ter un perfil estratéxico como fronteira con Portugal, onde xa se comeza a especular sobre unha posible conexión con Porto.
O proxecto de ramal presentado por D. Lorenzo Cuenca, D. Cándido Nocedal, D. Policarpo Carrera, D. Tomás Acha, D. Santiago Alonso Cordero, D. José Vázquez Bugueiro e D. Juan Ramón Patiño, conseguiu o apoio da comisión nomeada, que estivo formada por Ramón Pardo Osorio, D. Eduardo Ruiz Pons, D. M.M Yañez de Rivadeneira, D. G. López de Mollinedo, D. I. Yañez Rivadeneira, D Ramón Ugarte e D. Manuel Gómez.
Posteriormente, esta proposta da comisión foi aprobada polo ministro de Fomento, D. Manuel Alonso Martínez, cun crédito de 45.000 reais para a creación do ramal, desde o circuíto que aínda se estaba a construír. En paralelo, rogase ao goberno portugués que estendan a liña telegráfica en construción ata Porto para que chegue ata a praza de Valença do Minho. O proxecto de lei foi definitivamente aprobado en novembro de 1855 e publicado na Gaceta de Madrid do día 17. En Portugal foi o 3 de setembro de 1855 cano se encargou ao director de obras públicas a construción da liña de Braga a Valença, que comezaría xa en 1857 e sería aberta ao público en marzo de 1858, dous meses antes ca de Tui.
En febreiro de 1856 xurdiu o debate de como construír ese ramal a Tui, chamado a “comunicar os latexos, pensamentos e necesidades dos dous pobos irmáns”, tomando, como primeira opción, unha conexión desde O Porriño. Esta non era a única opción, xa que tamén se especulaba cun ramal que partiría desde Ponteareas (aproveitando que tiña case cinco veces mais poboación que O Porriño e tiña interese en crear alí unha estación) ou, directamente, renunciar a ese ramal, xa que tiña maior custe operativo (pola necesidade de contar cunha central no entronque), e facer que o cable principal fora desde Ponteareas a Tui e, desde alí, a Porriño e Vigo. Esta sería a solución adoptada.
Nestas datas tamén se comeza a falar de como construír o empalme con Valença utilizando un cable aéreo, finalmente descartado, ou subfluvial, baixo o río Miño, tendo en conta que aínda non existía a ponte internacional. Tamén se barallou a posibilidade de que cruzase a Portugal desde A Guarda ata Caminha, estendendo o cable de Tui a A Guarda por Baiona. O capitán portugués Joaquim José de Almeida foi o encargado do lado portugués. Este pediron axuda do director de telégrafos de España para que enviara un empregado para marcar os puntos de unión, pero, segundo recollen as memorias portuguesas, o funcionario español chegou tres días máis tarde de ter finalizado os traballos.
Xa en marzo de 1856 comézase a falar das demoras na construción do cableado. A prensa recolle como xa dispoñen de 18.000 postes e o cable no porto de Santander, parados na aduana. As causas do atraso parecen ser tramites administrativos sobre as condicións do material, trocos ou melloras propostas no servizo ou a definición das rutas que debe seguir o cableado, tendo en conta que en tramos non existen aínda nin estradas nin ferrocarril, ou as dificultades propias da climatoloxía no inverno. O goberno prorrogou todas as concesións, incluída a dos Sr. Sáenz da liña do Noroeste, que comezaron pola instalación do tramo comprendido entre Vigo e Ferrol.
Os atrasos seguen no mes de novembro de 1856. O contratista, a través dunha publicación na prensa por parte do apoderado Jose Bordas, achaca esta demora a falta de comunicación por parte da administración sobre a dirección que debía tomar o ramal de Tui; a indefinición sobre se Betanzos debía ter estación telegráfica de seu; coñecer que aparatos substituen aos Wheastone e a falta de asignación das casas para as estacións telegráficas de Vigo, Santiago e Tui. Os atrasos terminan por non ser asumibles e a propia Administración finaliza a instalación, prescindindo do contratista.
A primeira colocación de postes en Tui aparece recollida na prensa no 15 de novembro de 1856. En xaneiro do 1857 volve a falarse da conexión internacional, coa utilización dun cable subfluvial. O proxecto consta como parado por parte Director Xeral de Obras Públicas, D. Cipriano Segundo Montesinos, por necesitar o acordo co goberno portugués. O 18 de xuño de 1857 Portugal adheriuse ao acordo proposto polo Marqués de Pidal, que previamente se asinara con Bélxica, Francia, Cerdeña e Suiza no 29 de decembro de 1855. Este acordo implica que España pasa a aceptar os despachos tamén en portugués:
“Art 5. Interin non se unan os condutores eléctricos nas fronteiras de ambos países, abriranse estacións mixtas, tanto la liña da Extremadura Española como en calquera outra que se estableza”
“Art 6. Ambos gobernos elixirán de común acordo os puntos de entrada e saída dos despachos telegráficos para a liña do leste, Elvas ou Badajoz e para a liña do Norte, Valença ou Tui”.
En marzo de 1858 xa está operativa a liña telegráfica entre Tui e Vigo, aínda que non estea dispoñible ao público. Como unha das vantaxes da construción da rede, apúntase na prensa que chegarán rápido a Madrid as novas dos vapores que chegan ao porto de Vigo desde as Antillas.
O 4 de marzo de 1858 anúnciase, pola Direcção Geral dos Telegrahphos do Reino de Portugal, que queda aberta ao público a estación telegráfica de Valença xunto ás de Caminha e Viana do Castelo. No caso de Tui haberá que agardar ata o 20 de maio para que se produza esa abertura ao público, xunto co resto de estación da liña do Noroeste (incluíndo A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense)
O 23 de maio de 1859, un ano despois das abertura estacións de Tui e Valença, quedan unidas por un cable subfluvial de 3 fíos e 195 metros, que quedará dispoñible ao público o 1 De xullo. Será o segundo enlace entre ambos países despois dos existente entre Elvas e Badajoz, que foi aberto no 26 de marzo de 1857.
O ROL DE TUI NOS PRIMEIROS DESPACHOS TELEGRÁFICOS
En 1861 publicouse unha carta telegráfica de España e Portugal baixo a dirección de Jose María Mathé, director do corpo de telégrafos e considerado o inventor do telégrafo óptico, e os directores de área Ignacio Hacar, Rafael Palet e Vicente Villareal.
Na imaxe móstrase a rede construída con liña continua. Tanto a estación de Vilagarcía como a liña pola Mariña lucense están en fase de proxecto.
Imaxe. Extracto do mapa telegráfico de 1861. Instituto Geográfico Nacional
O tráfico internacional por Tui-Valença é relevante porque mentres por recadación (despachos feitos na propia estación), Tui ocupa o posto 87º en España en maio de 1862, está no posto 27º por tráfico telegráfico, tendo en conta que se exclúe o tráfico directo de Vigo a Castela. Algo similar acontece con Irún (53º en recadación, pero 4º en tráfico). Tui sitúase só por detrás de A Coruña e Vigo e, curiosamente, supera a Badajoz, polo que pode deberse a que era a vía principal de comunicación de España con Portugal, se ben non hai datos sobre número de despachos enviados a Portugal.
Neste ano de 1862, Tui era unha das 43 estacións permanentes (24 horas ao día) en España, xunto con A Coruña, Betanzos, Vigo e Ferrol en Galicia. Pontevedra, Lugo, Ourense ou Santiago de Compostela abrían quince horas diarias (de 9 da mañá a 12 da noite), mentres que Padrón, Verín ou Caldas o facían unicamente seis horas cada día. Por desgraza, esta importancia da central de Tui duraría pouco.
Nos datos de utilización de 1866 temos que Tui expide a España 237 despachos oficiais e 682 particulares, que son números bastante modestos (no mesmo período Vigo expide 3.916 despachos particulares). A Portugal expide 25 oficiais e 25 particulares. Na estación de Tui fan escala 5.302 despachos nese ano, pero non hai números claros sobre cantos van a Portugal.
.
Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1867. Instituto Geográfico Nacional
Nun inventario do 1 de agosto de 1867 onde se detallan todos equipamento nas diferentes estacións, aparecendo Tui como a estación con mais aparatos de Galicia e a segunda que consigna un maior presuposto detrás de A Coruña.
Estación | Circunstancias | Aparatos | Estaciones dependientes | Consignación gastos | Consignación escritorio |
Caldas | Estación subalterna | 1 | 0 | 96 | 0 |
A Coruña | Capital provincia 1ª clase | 4 | 4 | 444 | 144 |
Lugo | Capital provincia 3ª clase | 1 | 2 | 180 | 96 |
As Nogais | Estación subalterna | 1 | 0 | 96 | 0 |
Ourense | Capital provincia 3ª clase | 2 | 2 | 228 | 96 |
Padron | Estación subalterna | 1 | 0 | 96 | 0 |
Pontevedra | Capital provincia 3ª clase | 1 | 6 | 204 | 132 |
Ribadeo | Estación subalterna | 2 | 0 | 120 | 0 |
Santiago | Estación subalterna | 1 | 0 | 120 | 0 |
Tui | Estación subalterna | 5 | 0 | 252 | 0 |
Verín | Estación subalterna | 1 | 0 | 96 | 0 |
Vigo | Estación subalterna | 2 | 0 | 216 | 0 |
Vilagarcía | Estación subalterna | 1 | 0 | 108 | 0 |
Viveiro | Estación subalterna | 1 | 0 | 120 | 0 |
En 1868 publícanse as bases para permitir que concellos, sociedades, empresas e particulares tiveran iniciativas para estender a rede e uso do telégrafo para chegar a novas localizacións. A norma publica que 19 estacións principais estarán dispoñibles para formar aos novos traballadores que deberán xestionar as novas estacións e ramais. Entre esas estacións principais están Tui e A Coruña en Galicia.
Tui está presente nesas normas para garantir a operativa do servizo telegráfico. Desde Madrid, no caso de estar os circuítos en repouso, fan unha conexión cada 30 minutos a dez estacións da rede, que se atopan nos extremos da mesma, entre as que están, no caso de Galicia, Tui e A Coruña. A estación de Tui tamén ten a responsabilidade de probar a conectividade con Portugal con esa periodicidade, feito que non acontece con Badajoz.
No mapa telegráfico do ano 1870 aparece coas liñas directas ata Madrid e Coruña, así como as liñas de enlace local con Vigo e Ribadavia. Deste xeito, Tui é a segunda cidade de Galicia, tras A Coruña, con maior número de terminacións de liña.
Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1870. Instituto Geográfico Nacional
AS PERSOAS DO SERVIZO
Revista de Telégrafos e Semana Telegráfica eran dúas revistas populares entre os traballadores do corpo de telégrafos que permitían ter información sobre trocos en outras estacións, mobilidade de persoal, novidades tecnolóxicas e un modesto voceiro sindical. Estas revistas publicaron en moitas ocasións as altas e baixas de traballadores nas diferentes estacións, que permiten constatar a relevancia de Tui, ao aparecer en moitas ocasións, así como a gran mobilidade, nos primeiros anos do servizo.
Na seguinte listaxe inclúense as notificacións de destino entre os anos 1860 e 1890, con moitas chegadas e saídas de traballadores desde Galicia a outras partes do Estado e viceversa.
NOME | INGRESO TUI | SALIDA TUI | NOME | INGRESO TUI | SALIDA TUI |
Amancio Cabello | 1/1/1874 | 15/10/1874 | Jose R. Borrajo | n/a | 1/1/1866 |
Angel Baraja Mathé | 1/5/1865 | n/a | Jose Ramón Pérez | n/a | 15/3/1865 |
Angelo García | n/a | 1/10/1862 | Jose Savall y Savat | 1/10/1867 | 1/2/1868 |
Antonio Lombardía | n/a 15/9/1864 | 15/3/1862 1/5/1865 | Jose Taboada | n/a | 15/3/1866 |
Antonio Medrano | 1/12/1865 | n/a | Jose Waiss | 1/9/1871 | 1/1/1874 |
Antonio Peña | 1/5/1863 | n/a | Juan F. Fariña | n/a | 15/2/1867 |
Antonio Villahermosa | 1/2/1868 | 1/10/1868 | Juan Lira Zaetón | 1/11/1878 | 1/12/1878 |
Benigno Iglesias | 16/6/1861 | 1/10/1861 | Julian Servat | 15/2/1867 n/a | 16/11/1869 15/7/1871 |
Benito del Campo | 1/9/1864 | n/a | Julio Fuembuena | 15/8/1868 | n/a |
Casimiro Canalejo Soler | n/a | 1/3/1884 | Leonardo Calvo | 1/10/1869 | n/a |
Cecilio Ruiz | n/a | 1/2/1865 | Leopoldo Abella Baroni | 1/8/1880 | 1/3/1883 |
Celestino Fernández Caveda | 15/10/1861 15/4/1864 | 15/2/1862 n/a | Lucas Mariano de Tornos | 1/10/1868 | n/a |
Claudio Cubeiro | 1/2/1864 | n/a | Luis Nuñez y Blas | n/a | 1/8/1977 |
Cristobal Buceda | n/a | 1/6/1864 | Manuel López y López | 15/10/1862 1/10/1867 | n/a n/a |
Eduardo Sobral | 1/5/1871 | 1/9/1871 | Manuel López Vázquez | 1/5/1879 | n/a |
Emilio Paredes | n/a | 15/4/1869 | Manuel Nogueira | n/a | 15/8/1868 |
Ernesto Salgado | 1/5/1866 | n/a | Manuel Parejo | 1/1/1866 | n/a |
Eugenio Domínguez | 15/6/1864 | 15/8/1864 | Manuel Ramos del Villar | n/a | 1/8/1882 |
Evaristo Caballero | 1/10/1861 15/3/1865 | 1/6/1864 n/a | Manuel Villa | 15/9/1864 | n/a |
Fernando Delgado Rajoy | 15/1/1862 | n/a | Martín Urtazun | n/a | 1/5/1879 |
Fernando Sáez | n/a | 1/9/1864 | Matías Vázquez | 1/8/1862 | 1/4/1863 |
Fernando Segares | n/a | 15/9/1874 | Miguel Fullana y Acosta | n/a | 1/2/1880 |
Francisco López Romero | 16/5/1886 | 16/5/1887 | Narciso Bóver | 1/5/1864 | 1/12/1865 |
Francisco Martínez Tejada | 1/5/1871 | n/a | Pastor Domínguez | n/a 1/11/1869 15/4/1870 | 15/2/1865 1/3/1870 n/a |
Francisco Martín Rivero | n/a | 1/1/1884 | Rafael Bilbao | 15/1/1867 | 15/4/1873 |
Felipe Retuerto Ruiz | 1/1/1884 | n/a | Ramón Fernández Menéndez | 1/4/1862 1/7/1864 1/10/1867 | 1/1/1863 15/8/1864 30/7/1870 |
Francisco Peñaredonda Flores | 1/7/1882 7/10/1891 | 7/7/1891 n/a | Ramón Peñaredonda | n/a | 15/5/1861 |
Gerardo Sabater | n/a | 1/12/1864 | Ricardo Araujo | 1/9/1864 30/8/1869 | n/a n/a |
Ignacio Rivera | 15/12/1867 | 1/7/1873 | Ricardo Rey | 15/2/1861 | 15/11/1869 |
Isidoro Unsain | 1/2/1861 15//1971 | 1/1/1862 n/a | Roque Cuervo | 1/9/1864 | n/a |
Joaquín Duro | n/a | 15/4/1864 | Ruberto Manzanedo | n/a | 1/12/1961 |
Joaquin Piferrer | n/a 1/3/1970 | 1/10/1869 15/4/1970 | Santiago Manzanares | 1/5/1861 | n/a |
Jose Escuredo | 1/4/1866 | n/a | Secundino G Valdes | 15/2/1865 | 15/3/1866 |
Jose León Zurrita | 15/12/1866 | n/a | Tomas Ojea y Cahibe | 1/8/1977 | n/a |
Jose López Valcárcel | 15/8/1864 1/9/1877 | n/a 15/12/1890 | Ulpiano Cifuentes | 1/9/1866 | 1/5/1871 |
Jose María Ibañez | 1/2/1867 | 15/2/1867 | Victor Piedras y Macho | 30/6/1869 | n/a |
Jose Martínez Hernández | n/a | 1/9/1885 | Victoriano Cimbrelo | 1/12/1866 | 1/1/1867 |
Jose Mengos | 1/4/1866 | n/a | Victoriano Páz López | 1/9/1885 | 16/5/1886 |
Victoriano García | 1/9/1866 | n/a |
Non será ata 1891 cando de contrate a primeira muller, neste caso como temporeira. Dª Luisa López, segundo informa a revista El Telégrafo Español no 1 de agosto de 1891.
TUI FORA DO CENTRO DA NOVA REDE DE 1874
En 1874 proponse a construción dunha nova rede, para aproveitar o trazado do tren, que tamén sería usuario da rede para a coordinación de tráfico ferroviario. A nova rede sae da estación do Norte de Madrid (agora Príncipe Pío) cara Zamora, continuando desde Benavente cara Tui polos postes do trazado preexistente, pero ampliando un circuíto de 5mm.
A nova normativa marca as características técnicas que deben cubrir as instalacións futuras como é o establecemento de 17 postes, preferentemente de pino, por cada quilómetro. Define tamén dúas categorías para os postes, podendo ser de 8m de altura (no caso de pasos a nivel ou cruzamentos) ou 6m no resto dos casos. No caso do arame, será de ferro galvanizado con zinc, con peso mínimo de 156 gramos por metro para os circuítos de 5mm.
Nestes anos Tui perde a importancia. Pasa de ter conexións directas con Madrid e Coruña, a que esa responsabilidade pase a Vigo. Mantén as conexións con Portugal, pero o tráfico parece limitarse a conexións de xeito mais local, xa que as estadísticas mostran un volume baixo tanto de despachos orixinados no propia estacións como aqueles que circulan en tránsito. Ademais, pasa de ser unha estación permanente a completa, polo que deixa de estar aberta en horario nocturno.
Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1880. Instituto Geográfico Nacional
Despachos | 1879 | 1880 |
A Coruña | 63309 | 65300 |
Vigo | 41266 | 43121 |
Ferrol | 26539 | 28610 |
Santiago | 18189 | 19155 |
Lugo | 15127 | 14901 |
Pontevedra | 14666 | 14805 |
Ourense | 13574 | 14651 |
Vilagarcía | 11586 | 11712 |
Ribadeo | 8998 | 9125 |
Padron | 4351 | 4525 |
Viveiro | 4227 | 4191 |
Tui | 4024 | 4040 |
Ortigueira | 2925 | 3033 |
Noia | 2579 | 2506 |
Ponteareas | 2325 | 2240 |
Betanzos | 1918 | 2048 |
Verín | 1880 | 1937 |
Marin | 1841 | 1885 |
Mondoñedo | 1669 | 1715 |
Ribadavia | 1370 | 1275 |
Pontedeume | 1118 | 1235 |
Carballino | — | 1116 |
Redondela | 1129 | 999 |
Caldas de Reis | 745 | 837 |
As Nogais | 593 | 566 |
Xinzo de Limia | 601 | 522 |
Vilalba | 144 | 315 |
A Gudiña | — | 185 |
En 1885 defínese unha numeración estándar para os cables telegráficos de todo o territorio estatal:
1-20: Cables directos xerais internacionais
21-100: Cables directos xerais interiores
101-120: Cables parciais internacionais
120-200: Cables parciais interiores
201-300: Cables graduais
301-500: Ramais dunha única estación
501-800: Condutores dentro das poboacións
801 en adiante: Condutores das estacións municipais.
No seguinte mapa, algo posterior ao ser de 1899, móstranse os cable existentes en 1885, así coma outros novos. Así por Tui temos os cables:
110: de Vigo a Viana do Castelo, pasando por Tui
111: de Vigo a Porto, pasando por Tui
112: de Tui á fronteira portuguesa
214: de Benavente a Vigo por Ourense e Tui, pola vía do tren que entra en Tui
O Cable 5, que se corresponde co trazado orixinal pola estrada que pasa por Ponteareas e Porriño deixaría de pasar por Tui para conectar directamente con Vigo. O 133 que pasa pola vía do tren e conecta A Coruña e Vigo con Benavente non pasará tampouco por Tui. Algo parecido ao que ocorre co novo cable 67, que conecta Vigo e Ourense.
O século péchase con poucos novas da reducida estación telegráfica tudense, agás aquelas relacionadas con interrupcións do servizo por causas meteorolóxias. Este é o caso de febreiro de 1889, cando recolle a prensa caída de varios postes debido ao vento na estrada que comunica Tui con O Porriño, que queda resolto nun período de tempo breve. Pero será na tormenta de 1896 que causara estragos en varios concellos da zona e caeu unha tronada sobre a propia estación telegráfica de Tui, causando a inutilización dun dos receptores Morse da estación.
Imaxe. Extracto de mapa telegráfico de 1899. Instituto Geográfico Nacional
Fachos como primeiro mecanismo de comunicación a distancia en Galicia
A palabra é o xeito natural de comunicarse nas proximidades. Desde antigo existen mecanismos para comunicarse onde a forza das verbas non ch...
-
A Gaceta publica en marzo de 1908 a subasta da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, conforme ao proxecto que preparara Manuel Sanjurjo Ot...
-
A palabra é o xeito natural de comunicarse nas proximidades. Desde antigo existen mecanismos para comunicarse onde a forza das verbas non ch...
-
A primeira referencia ao correo ten lugar por parte de Alfonso X (1221-1284) no libro das sete partidas, que recolle a figura dos mandadeiro...














