O 20 de decembro de 1891 aparece unha mención na prensa de que D. Sergio Espinosa Baladrón, farmacéutico de Gondomar, obtén unha licencia para realizar unha instalación telefónica entre Gondomar e o centro telegráfico de Baiona. Esta sería a primeira e única liña destas características en Galicia, onde a iniciativa privada crea un servizo de acceso público sen vocación de crear unha rede urbana.
El mendo. 22 de decembro de 1891
En febreiro de 1892 procédese a tender os postes e cables. O servizo inaugúrase o 1 de abril de 1892. Fai mención a que ten autorización para expedir e recibir despachos telegráficos con toda España e o estranxeiro así como conferencias telefónicas con Baiona.
El Eco de Galicia diario de la tarde Num. 1772 (09/04/1892)
Nos plenos municipais non hai referencias a proxectos de rede ou autorizacións, xa que debía ser suficiente co permitso da Dirección Xeral de Comunicacións, pero sí que hai varias peticións ao concello entre 1892 e 1897 pedindo unha subvencións para o servizo, que costaba 80 pesetas anuais de canon, máis o custe do operador do servizo e da oficina. A primeira petición fo o 27 de marzo de 1892, catro días antes de abrir o servizo.
Faro de Vigo. 6 de marzo de 1935
Non queda constancia de como cobraba polo servizo aos usuarios nin o acordo para pagar á estación telegráfica de Baiona. Tampouco se, como cabe esperar, usaba os postes do corpo de telégrafos entre a Ramallosa e Baiona o se puxo uns propios.
Nestas peticións ao concello (feitas en 1892, 1893, 1895 e 1897), sempre denegadas pola pouca capacidade económica do mesmo, pedía de 150 pesetas a 180 pesetas anuais. Alternativamente, ofrece en 1892 a posibilidad de asumir o servizo de cartería, como ocorre nas oficinas públicas de correos e telégrafos. Sergio insiste no importante servizo que presta, especialmente a familias con membros en Andalucía, Portugal e América, que poden recibir noticias de importancia.
Curiosamente, ao pouco de comezar o servizo, o cable, pertecente ao Estado, que conecta Vigo e Baiona padece un roubo masivo (no que se fala de doce mil metros, pero cabe a posibilidade de que sexa una cantidade sensiblemente inferior)
O momento de maior criticidade parece ser en decembro de 1897, cando ofrece a cesión do servizo ao Concello, farto de non ter resposta positiva ás rogos. As condicións que impón son: (1) o mantemento do servizo nas condicións existentes, (2) que sexa aprobada pola dirección xeral de comunicacións, (3) que pode seguir usando o local actual, propiedade de Sergio Espinosa (4) que se decida antes do 31 de decembro de 1897, que é cando remata o canon pagado e se nombre un empregado.
O resto das novas sobre o servizo foron a queixa do concesionario por ter mover un poste pola chegada do tranvía á Ramallosa en 1893 (proxecto que se cancelaría) e pequenos problemas. En agosto de 1896 menciónase a caída dunha chispa que provoca a caída dun poste e rotura dos fíos. En decembro de 1897 ocorriría un acto de vandalismo xa que tiraron algúns dos postes.
En 1911 aparece un directorio no que Sergio Espinosa aparece como encargado de servizo telefónico (ademais de farmacéutico)
Directorio de Galicia guía especial de las provincias de La Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra Ano 1º - Ano 1911
En 1916 aparece unha mención na prensa sobre a detención de Gumersindo Domínguez Pérez, poñendo a disposición xudicial por parte de garda civil, por tirar dos poste da liña telefónica á altura da Ramallosa, de onde era veciño.
A seguinte noticia sería xa en 1921, tras o pasamento de Sergio acontecido no 1919, cunha mención no diario La Integridad que indica que tras levar 30 anos de servizo público parece terse suspendido sobre o mes de marzo de 1921. A prensa indica que por "economizar unhas pesetas", levaron o servizo de telefonía á casa do Concello, en teoría para reducir custes. Estivo tempo sen servizo.
Un roubo en xaneiro de 1923 que non se puido notificar por non funcionar o teléfono levantou críticas, que motivan a recuperación do servizo o 23 de febreiro de 1923 (e unha nova caída do servizo o 24 de maio).
Recuperaríase en febreiro de 1924 cunha nova instalación de cable con doble fío polo camiño vello de Viso de Calvos, Borreiros e Mañufe, evitando os fíos de alta tensión da estrada principal, pero segue a dar fallos en setembro de 1924, polo que xa quedaría da man da Compañía Telefónica Nacional de España dar este servizo a partir da concesión que obtiveron a finais de 1924.
Para saber máis:
- Faro de Vigo de 20 de decembro de 1891; 28 de novembro de 1897; 15 de setembro de 1916
- El telegrama diario de la tarde, imparcial de noticias Año XVIII Número 5288 - 22 de decembro de 1891
- La Monarquía diario político Año VI Número 1516 - 23 de decembro de 1891
- El Eco de Galicia diario de la tarde Num. 1772 (09/04/1892)
- La voz de Galicia: 12 de febrero de 1892; 10 de abril de 1892; 11 de agosto de 1892
- El regional diario de Lugo Num. 2801 (11/02/1892)
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 208 (21/08/1896)
- El áncora diario católico de Pontevedra Num. 209 (29/12/1897)
- Directorio de Galicia guía especial de las provincias de La Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra Ano 1º - Ano 1911
- La Integridad diario católico Num. 9366 (01/07/1921); Num. 9816 (08/01/1923); Num. 9857 (23/02/1923); Num. 9930 (24/05/1923); Num. 10129 (19/01/1924); Num. 10161 (23/02/1924)
- Expediente do teléfono e libro de actas dos plenos do Concello de Gondomar.
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano I Número 10 - 7 de febreiro de 1924; Ano I Número 103 - 27 de maio de 1924; Ano I Número 203 - 21 de setembro de 1924
- El Progreso semanario independiente Ano X Número 2032 - 15 de setembro de 1916