D. Félix López Betuerto solicita autorización á alcaldia para utilizar o local da rúa Juana de Vega nº 18-20. A data prevista sería o 31 de agosto, que sería finalmente adiada ás sete da tarde do 3 de setembro de 1914 baixo a tutela do xefe técnico José Ruiz Medina. Asumiría a dirección da rede D. Juan J Caimary Sierra, contando con Juan Montenegro como oficial. Anunciase os prezos de 0,5 pesetas con Betanzos, 0,75 con Santiago e Ferrol e 1,25 pesetas con Vigo, Pontevedra, Lugo; Monforte, Vilagarcía e Ourense, todas por 3 minutos. Bancos en decembro de 1918 solciitarían, via Camara de Comercio, unha redución das cotas do teléfono.
A interconexión coa rede urbana
O conflito coa rede urbana sería algo singular en Galicia. Ambas compañías non se poñen de acordo para conectar as redes e permitir cos abonados da rede urbana poidan chamar desde as súas casas a fora da cidade.
En decemhro de 1914 o alcalde Javier Ozores Pedrosa require ao xerente da Compañía Peninsular que acceda a interconectar a súa rede coa urbana.
En xaneiro de 1915 anunciase o acordo de interconexión, pero na práctica a compañía urbana segue a poñer trabas para facer esa interconexión. O concelleiro Casares Quiroga mostrase moi crítico co concesionario da rede urbana, criticando os postes antiestéticos, os líos nos fíos e a falta de interese en poñerse de acordo coa rede interurbana. Nunha carta ao director anónima un lector pide que sexa o concello o que explote o servizo urbano, como ocorre en Santander.
O 9 de novembro de 1915 a Compañía Peninsular ofrece a posibilidade, dados os problemas para conectarse coa rede urbana, de instalar teléfonos e cables conectados directamente á rede interurbana. Así, os usuarios poderían ter dous terminais e liñas na súa casa, una para a rede urbana e outro na interurbana.
Esto non sentou ben ao concesionario da rede urbana, que nas listaxes de abonados do mes seguinte (xaneiro de 1916) inclue este texto para mostrar que el non ten responsabilidade sobre a adaptación á rede interurbana
Art. 52. Cando un abonado dunha central telefónica urbana solicite tamén a subscrición á comunicación interurbana, a instalación dos equipamentos necesarios para este servizo correrá a cargo do concesionario da liña interurbana.
que por parte da Compañía Peninsular interpretan doutro xeito ben diferente:
Os seguintes anos ata a incautación en 1924
O director da central interurbana D. Juan Caimary obtén un recoñecemento ao ascender a oficial de segunda clase en febreiro de 1918. A vacante como oficial de terceira pasa a ser ocupada polo aspirante D. Julián Sandoval. Nesas datas debatiríase no concello sobre a petición de instalar un poste nos terreos da dársena para dar servizo á Capitanía Xeral e a levantar pavimento do ensanche para reparar cables subterráneos.
Pasando a1921, chegarían D. Justo Pérez Fafían, procedente de Lugo, e Ramiro Castro Iglesias asignados a esta central. En 1922 chegaría Fernando Aniño Constanti, que permutaría desde Ferrol con Eduardo Tobío Mosquera. Tamén a prensa comenta que Juan Caimary recupera o cargo de encargado da estación, en lugar de Benito Zabalo Vázquez que o ocupaba interinamente e que en outubro de 1924 sería trasladado a Astorga
En marzo de 1922 parece existir unha folga de repartidores da central. Contaba con 12 repartidores que se declaran en folga solicitando un aumento dos salarios (ata o momento cobraban 22,5 pesetas). A compañía prescinde deles asignando esa tarefa a dous empregados para que fagan o reparto en bicicleta.
Tamén hai mudanza, en abril de 1923 móvese a central interurbana, que estaba na mesma rúa (Juana de Vega) que a central urbana, ata os Cantóns, no antigo local do Centro Castellano, por un custe de 1000 pesetas mensuais.
Para saber máis:
- El Eco de Galicia diario católico é independiente Num. 2369 (17/03/1914); Num. 2391 (08/04/1914); Num. 2537 (02/09/1914)
- La Voz de Galicia. 17 e 18 de marzo de 1914; 21 de abril de 1914; 10 de xaneiro de 1915; 10 de decembro de 1915; 6 de febreiro de 1918; 17 de febreiro de 1918; 11 de decembro de 1918; 11 de outubro de 1919; 8 de xullo de 1922; 19 de outubro de 1924
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 1591 (18/03/1914)
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 7015 (18/03/1914); Num. 7124 (04/09/1914)
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12103 - 18 de agosto de 1914; Ano XXXVIII Número 12226 - 12 de xaneiro de 1915; Ano XLV Número 15752 - 17 de febreiro de 1922
- El Noroeste Año XIX Número 9785 - 20 de agosto de 1914; Ano XIX Número 9790 - 25 de agosto de 1914; Ano XIX Número 9798 - 2 de setembro de 1914; Ano XIX Número 9808 - 3 de decembro de 1914; Ano XIX Número 9817 - 12 de decembro de 1914; Ano XIX Número 9822 - 17 de decembro de 1914; Ano XX Número 9587 - 25 de outubro de 1915; Anno XX Número 9618 - 25 de novembro de 1915; Ano XXII Número 10016 - 22 de abril de 1917
- El norte de Galicia diario político y de información Num. 3983 (04/09/1914)
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XXVI Número 7406 - 4 setembro 1914; Ano XXVI Número 7408 - 6 setembro 1914
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano V Número 1385 - 4 de setembro de 1914
- El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXI Número 9106 - 8 de setembro de 1914
- El Correo de Galicia / Diario independiente de avisos y noticias/ Num. s.n. (25/02/1916)
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXIII Número 9924 - 19 de febreiro de 1918; Ano XXVI Número 10719 - 25 de outubro de 1921; Ano XXVII Número 10101 - 8 de marzo de 1922
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 507 (12/09/1918); Num. 1513 (08/03/1922)
- El Orzán diario independiente Año I Número 6 - 6 de febreiro de 1918
- El Progreso diario liberal Año XIV Número 4147 - 9 de xuño de 1921; Ano XV Número 4480 - 9 de xullo de 1922
- La Integridad diario católico Num. 9350 (11/06/1921)
- El Compostelano diario independiente Ano V Número 1394 - 20 de outubro de 1924