venres, 8 de decembro de 2023

A primeira muller telegrafista de Galicia (1881)

11 de febreiro de 1881

Celia Rodríguez Borrajo, filla do telegrafista de Redondela, acude ao centro telegráfico de Vigo, para ter un exame i entrevista con xefe do sector telégrafo, o subdirector e o xefa da estación.  Celia apoiase na real de 23 de outubro de 1880, despois das reformas do servizo de Correos e Telégrafos ditadas en 1879, que permite que mulleres poidan traballar nas estafetas telegráficas, aínda que sen a categoría de funcionarias do Estado

Teñen dúas condicións: deben ser familiares directos (só permitem fillas, esposas e irmás de funcionarios) de funcionarios de estación telegráficas unipersoais é unicamente poden encargarse da recepción de telegramas, polo que, en teoría, nunca estarían soas na estación. 

Celia sería cuarta de toda España (a primeira seriao un par de semanas antes) i estaría acompañada por Josefa de Pontedeume, que sería a quinta de España:

  • 1- Doña Josefa Álvarez Pórtela, en Nava del Rey
  • 2- Carmen Espinosa y Alcoba, en Orgiva
  • 3- Hilaria Martínez de Alegría, en La Palma
  • 4- Celia Rodríguez  Moscoso, en Redondela
  • 5- Josefa Cervent-González, en Pontedeume
  • 6- Carmen López, Rueda, en Osuna  
  • 7- Adelaida Villauendas  Monserrat, en Morella
  • 8- Teresa Pérez Esteban, en Grao
  • 9- Matilde de los Ríos, en Fraga
  • 10- Concepción Lloret y López, en Villajoyosa
  • 11- Justina Lopez Ochoa, en Gandia

Críticas ao proceso na prensa. El Correo gallego diario político de la mañana Ano III Número 591 - 15 de agosto de 1880


A Real Orde veríase modificada posteriormente, en 1884, para permitir tamén o ingreso de viuvas, mais non sería ata decadas máis tarde cando poderían acadar a figura de funcionarias do Estado.

Extracto da Real Orde publicada na Gaceta de Madrid de 26 de xullo de 1884




Para saber máis:
  • La ilustración gallega y asturiana  revista decenal ilustrada Num. 6 (28/02/1881),Num. 8 (18/03/1881)
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano III Número 591 - 15 de agosto de 1880
  • Revista de Telégrafos. 1 de maio de 1881.

domingo, 3 de decembro de 2023

Victor Piedras na Exposición Internacional de Electricidade de París (1881)

A Exposición de Electricidade de París tivo lugar entre o 15 de agosto e o 15 de novembro de 1881 no pazo da Industria de nos Campos Elíseos de París, sendo aínda na actualidade a referencia histórica no mundo do avances tecnolóxicos. En paralelo tivo lugar o congresos de electricistas, que entre outras cousas definiu as unidades de medida de electricidade e onde o galego Andrés Comerma acudiu un representación da Mariña.

Victor era o xefe de telégrafos de Vilagarcía cando comeza a realizar unha certa actividades creativa no eido tecnolóxico. En 1877 aparece Víctor Piedras na Revista de Telégrafos un conmutador que ideara e remitira á revista en setembro de 1876, que permitía sustituir ata tres conmutadores por un só que se operaba xirándoo. Os detalles técnicos aparecen recollidos nesa publicación. 

Revista de telégrafos. 1 de febreiro de 1877

En 1878 estréase nun exposición, neste caso local de Coruña, na que expón tres telégrafos deseñados e construidos por el, que reciben unha mención do xurado do certame.

Victor enche o formulario en 1881 para enviar un novo deseño de estación telegráfica intermedia ante a petición da Dirección de Correos e Telégrafos de obxectos para mostrar na Exposición Internacional de Electricidade de Paris. 

Formulario para o envío de obxectos ao certame de París publicado na Revista de Telégrafos de febreiro de 1881.

A Revista de Telégrafos describí así o dispositivo:

"A luxosa estación Morse intermedia con todos os seus complementos, Meneses de prata, todas as pezas metálicas e minúsculas, é a que presenta o Xefe de Estación D. Víctor Piedras, sinalado co número 1.418. O seu principal mérito está na súa beleza: a construción. 

Apóiase sobre un zócalo duns 25 centímetros de longo e uns 15 centímetros de ancho, e de cor marrón. O receptor, ou máis ben o acústico, xa que a recepción se realiza no oído, colócanse nun espazo reducido dous manipuladores, dous galvanómetros, unha agulla de Wheatstone e conmutadores; cuberto todo cunha mampara de cristal, parece un reloxo de mesa."

Gravado do esquema do dispositivo presentado por Victor Piedras na Exposición.

porén, cuestionaba a utilidade unha vez que os teléfonos xa se estaban a utilizar.  Aínda todo, Victor conseguíu unha medalla de bronce no certame.

Non quedan fotografía do dispositivo nin dos elementos no stand, pero co mapa do mesmo lógrase atopar un gravado no que aparece o que debe ser parte do pavillón de España, unha mesa con varias vitrinas con dispositivos.


Gravado da Exposición de Electricidade. en primeiro lugar unha vitrina que debe correspondererse co pavillón de España, pola localización do resto dos elementos. 


España presentou 21 pezas e 6 libros no evento, varios dos grandes inventores deste tempo no que destacaba Enrique Bonnet.


Catálogo oficial da Exposición Internacional de Electricidade de París de 1881.  Páxinas dos expositores españois.


Victor Piedras obtería tamén un recoñecimento nunha exposición rexional en Zaragoza en 1885. Sería xefe de estación e de sector en Pontevedra e, antes da xubilación en Barcelona.  Non deixou fillos i está soterrado en Cornazo (Vilagarcía de Arousa).


Para saber máis:
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano IV Número 808 - 6 de maio de 1881
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 667 (03/05/1881)
  • El Independiente : periódico de Pontevedra : defensor de los intereses de Galicia.: Ano I Número 7 - 28 abril 1881; Ano I Número 19 - 9 xuño 1881
  • La ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada: Num. 35 (18/12/1881)
  • Revista contemporánea: Tomo XXXVII Año VIII Volumen I - 1882 enero 1
  • Revista de Telégrafos 






martes, 28 de novembro de 2023

Os teléfonos do museo naval de Ferrol

O museo naval de Ferrol ten dos teléfonos de tipoloxía Bell fabricados por Siemens Halske en Alemaña en 1878, que pasan por ser dos teléfonos máis antigos conservados en España na actualidade.  



Existe unha certa incertidume sobre a orixe dos teléfonos, pero sabemos que estaban expostos na ETEA de Vigo na sala de xuntas de Edificio Faraday, na planta segunda no interior dunha vitrina, e que foron trasladados ao Museo Naval de Ferrol i expostos na sala 4, con otros elementos de telecomunicación, en 2002.  Aparecen rotulados cos números 3370 e 3376, no que parece ser, froito de analizar otros teléfono semellantes, o número de serie. 


Unha posibilidade de sobre a chegada deses teléfonos sería por parte de Andrés Comerma, nas probas que levou a cabo en 1878, pero aparecen referencias a que foron teléfonos fabricados por Francesc Dalmau en Barcelona conforme a patente Bell. Ademais, os teléfonos Siemens de Ferrol parece ser duns meses posteriores, xa que seguen a patente de Siemens 3396 de 8 de maio de 1878 (consultable parcialmente no Journal Télégraphique de Berna de 25-II-1879 de Karl Eduard Zetzsche), con algunhas modificacións adicionais. Antes Siemens tivo a patente 2355 de 14 de decembro de 1877, pero os teléfonos de Ferrol non parecen corresponderse coa tipoloxía desde teléfonos.




Podes ler máis sobre as probas de Andrés Comerma en 1878 en:  https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/1878-primeira-chamada-de-telefono-en.html


 



xoves, 23 de novembro de 2023

Os semáforos marítimos en Galicia (1875-1890)

En marzo de 1875, xa coa normativa de red de sinais internacionais públicada e os primeiros semáforo de España en Tarifa e Santander, aparece a primeira referencia á construcción de estacións semafóricas, ao mencionar a necesidade de extender a rede telegráfica a Vigo ás Illas Cíes o, por outro lado, de Viveiro a Estaca de Bares. Finalmente serían tres os semáforos operativos, xestionados todos pola mariña:  Fisterra, Estaca de Bares e Monteventoso (en Ferrol). Os dous primeiros funcionan na actualidade como infraestructuras hoteleiras.

Semáforos de Fisterra, Monteventoso e Estaca de Bares no mapa telegráfico de 1899


Seis anos para construir o semáforo de Fisterra (1877-1883)

Históricamente a reclamación principal sería o caso do semáforo de Fisterra. O xornal coruñes El Ejemplo adica un longo artigo en xullo de 1875, con derivadas en reseñas en días posteriores, a esta causa. A Xunta de agricultura, industria e comercio de Coruña por medio do presidente D. Benito MAristany, solicita aoMinisterio de Fomento a instalación deste semáforo, atendendo ao interés xeral dunha instalación desas características . Expoñen a posibilidade de avisar de barcos que vaian cara os portos galegos, notificar de inclemencias no tempo para que busquen refuxio en Vigo ou Coruña (coa vantaxe de cobro de tributos)

Non existen novedades ata 1877. A prensa recolle que a rede telegráfica a Noia debe ser extendida a Muros, Corcubión e Fisterra, para chegar ata o futuro semáforo. Parece existir certa vontade de instalar semáforos en Estaca de Bares e Fisterra. O ministro de mariña contesta ao deputado D.Candido Martínez en maio de 1878 que están traballando nos planos dos semáforos. En novembro de 1878 repite Candido a pregunta.

En xaneiro de 1879 informa o Diario de Ferrol da construcción da estructura de ferro para o semáforo de Fisterra. As obras do edificio saerían a concurso o 28 de febreiro de 1880, por un importe de 37.851,12 pesetas. 

O 25 de agosto de 1881 aparece na prensa que o semáforo xa está dispoñible para a súa apertura, aínda que non se fai efectiva (polo menos para o envío de mensaxes) ata o 1 de febreiro de 1882 (mais a liña telegráfica ata o semáforo tardaría algúns meses máis, ademáis dun extravío da máquina telegráfica, polo que abriría máis adiante). Antes o cañoneiro Pelícano, procedente de Vigo, levou a estructura do semáforo. 

Porén, en novembro de 1882 vaise a proceder a súa desmantelamento pola existencia de algúns defectos. Manuel Boyen (ordeanza)  e Jose Benito Díaz (segundo vixia, procedente de Monteventoso) aparecen asignados a este semáforo neste ano. A apertura definitiva sería o 21 de febreiro de 1883, sendo dispoñible ao púclivo o 1 de marzo de 1883


El Correo gallego  diario político de la mañana Ano VI Número 1328 - 27 de febreiro de 1883

 
Como curiosidade, a prensa recolle o pasamento do segundo vixia, D. José Iglesias Cores, no propio semáforo, en marzo de 1884. Toma posesión en decembro dese ano Jose Miguel Calviño. Outro problema foi a caída dun raio, que causou destrozos no faro en xaneiro de 1885 e obrigou a instalación dun pararraios e a construción dun pozo para o mesmo que saiu mediante poxa de 1562 pesetas en febreiro de 1886.

O 23 de setembro de 1887 fai a primeira intervención de salvamento que aparece documentada. Detectan o naufraxio a 3 millas da coste de Fisterra dun vapor.  O semáforo avisa con cohetes e bandeiras da situación, axudando a que barcos de pescas vaian no rescate e salven a parte da tripulación.

Outra morte acontecería en febreiro de 1889, neste caso ao xefe da estación nesa altura, D. Vicente Galán, que sería ocupado polo segundo vixia Jose Miguel Calviño (que fora trasladado un tempo antes ao semáforo de Monteventoso) durante un meses, antes de volver a Ferrol. En outubro de 1889 sería nomeado xefe Ramón Tabeiro Olveira, que estaba ocupando o posto de segundo vixia, e, neste posto, Cipriano Graña Castro, procedente de Monteventoso.


A evolución do posto de vixia do Monteventoso a un semáforo (1881)

O posto de vixia de Monteventoso contaba con militares que informaban das entradas e saídas de barcos pola ría. A finais de 1878 instalan estacións telegráficas na capitanía xeral e no monte, para facilitar as achegas de información.

En xaneiro de 1881 aparece a primeira referencia a conversión deste posto de vixianza nun semáforo marítimo, ao aparecer destinados D. Pedro Tomás Gayol (primer vixia) e D. Jose Benito Diáz Rayon (segundo vixia),  procedentes do semáforo de Santander. Porén, habería que agardar ata o 17 de outubro de 1881 para que apareza publicada a apertura oficial do servizo. A prensa recollería de cando en vez as informacións transmitidas desde o semáforo:

El diario del Ferrol  periódico de intereses materiales, noticias y anuncios Num. 2484 (28/03/1882)

O troco de vixia entre os diferentes semáforos de Galicia era bastante frecuente, polo que pasaron por Monteventoso unha boa parte dos vixias galegos como Cipriano Graña, que tomaría posesión como xefe en 1888, ou Cayetano Vaello, que estaría nese posto uns anos antes.

Tamén tivo un caso recente de salvamento náutico. O 9 de maio de 1888 un buque que ia de Bilbao a Civitaveccia con ferro roza nuns baixos pola néboa. A mensaxe de auxilio é recollida polo semáforo, que avisa ao vapor Hércules que sae ao seu encontro. Limitouse a escoltalo, xa que o buqe consegur chegar á praia da Malata para a súa reparación.


O terceiro en chegar: O semáforo de Estaca de Bares (1880-1886)

As primeiras referencias firmes ao semáforo de Estaca de bares son de xuño de 1880, onde se comenta a saída do vapor Ferrolano para, mediante probas, analizar a viabilidade da localización do semáforo, trala petición do Ministerio de Fomento. En decembro dese ano aparece a mención na prensa da aprobación do proxecto.

En 1882, xa cos semáforos de Monteventoso operativo e Fisterra en probas, sae publicado o concurso para a construcción do edificio de semáforo de Estaca de Bares por 61.128,14 pesetas. Apenas temos referencias na prensa do semáforo ata maio de 1885 onde menciónase que Cayetano Vaelle pasa a ser o xefe do mesmo (ata 1889, trasladado a Monteventos), que aínda non estaría aberto ao público. A apertura do semáforo aparecería publicada na prensa en xullo de 1886. Outros vixias nestes primeiros anos serían Federico Lojos Malvares e Estanislao Zaragoza.

Como no caso de Fisterra sufriría a caída dun raio. o 26 de marzo de 1890 ás 10 da mañá destruiu catro postes de telégrafos, o fío ata a estación, o propio telégrafo Morse e fundiu o pararraios. 



Para saber máis:
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña Número 56 - 6 de setembro de 1871; Número 73 - 25 de setembro de 1872; Número 124 - 28 de novembro de 1881; Número 178 - 6 de febreiro de 1886; Número 146 - 26 de decembro de 1888; 
  • El Eco de Galicia diario de la tarde Num. 101 (22/03/1873)
  • El ejemplo Diario de La Coruña Num. 594 (15/07/1875)
  • El Diario de Santiago De intereses materiales, noticias y anuncios Num. 917 (21/07/1875); Num. 1372 (31/01/1877); Num. 1550 (11/09/1877);  Num. 1872 (07/11/1878); Num. 1887 (25/11/1878)
  • El Porvenir diario de noticias e intereses generales. Ano I Número 137 - 25 xullo 187
  • El diario del Ferrol periódico de intereses materiales, noticias y anuncios Ano VI Número 1365 - 29 de maio de 1878;  Num. 2484 (28/03/1882)
  • El Correo gallego diario político de la mañana Ano I Número 58 - 8 de outubro de 1878; Ano III Número 699 - 22 de decembro de 1880; Ano III Número 659 - 6 de novembro de 1880; Ano III Número 550 - 15 de xuño de 1880; Ano III Número 582 - 24 de xullo de 1880; Ano IV Número 716 - 15 de xaneiro de 1881; Ano IV Número 739 - 10 de febreiro de 1881; Ano IV Número 745 - 17 de febreiro de 1881; Ano IV Número 769 - 18 de marzo de 1881; Ano IV Número 882 - 4 de agosto de 1881; Ano IV Número 899 - 25 de agosto de 1881; Ano IV Número 928 - 1 de outubro de 1881; Ano IV Número 953 - 30 de outubro de 1881; Ano V Número 1016 - 18 de xaneiro de 1882; Ano V Número 1025 - 28 de xaneiro de 1882; Ano VI Número 1328 - 27 de febreiro de 1883; Ano VII Número 1636 - 16 de marzo de 1884; Ano VII Número 1831 - 5 de decembro de 1884; Ano VIII Número 1955 - 7 de maio de 1885; Ano IX Número 2175 - 29 de xaneiro de 1886; Ano IX Número 2328 - 10 de agosto de 1886; Ano X Número 2456 - 16 de xaneiro de 1887; Ano XII Número 2735 - 10 de outubro de 1889; Ano XIII Número 2899 - 1 de maio de 1890
  • Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 13 (17/01/1879); Num. 530 (09/11/1880); Num. 603 (08/02/1881); Num. 796 (14/10/1881); Num. 798 (17/10/1881); Num. 806 (26/10/1881); Num. 807 (27/10/1881); Num. 826 (19/11/1881); Num. 1089 (16/10/1882); Num. 1185 (28/02/1883); Num. 1728 (22/01/1885)
  • La ilustración gallega y asturiana revista decenal ilustrada Num. 3 (30/01/1879); Num. 6 (28/02/1880); Num. 2 (18/01/1881); Num. 28 (08/10/1881)
  • El telegrama diario de la tarde, imparcial de noticias Ano IX Número 2410 - 14 de xuño de 1882; Ano IX Número 2513 - 17 de outubro de 1882; Ano IX Número 2556 - 7 de decembro de 1882; Ano X Número 2619 - 24 de febreiro de 1883 
  • Escenas contemporáneas  revista política, parlamentaria, biográfica, necrológica, científica, literaria y artística... Num. 13 (01/04/1883)
  • Diario de avisos de La Coruña: Ano XVI Número 8394 - 4 de xullo de 1886; Ano XVII Número 9144 - 30 de xullo de 1888
  • La Monarquía  diario político Ano II Número 239 - 24 de setembro de 1887; Ano III Número 427 - 11 de maio de 1888; Ano IV Número 655 - 18 de febreiro de 1889; Ano IV Número 698 - 12 de abril de 1889;

venres, 17 de novembro de 2023

As pombas mensaxeiras como medio de comunicación (1892-1925)

A primeira referencia sobre a utilización de pombas mensaxeiras foi en 1892, sobre a posibilidade de instalar un pombal na cidade da Coruña, xa que en varias cidades de España xa existían para propósitos militares desde hai bastantes anos.  Ferrol ten una iniciativa similar coincidente no tempo.

O enxeñeiro da armada D. Secundino Armesto instala un pombal en 1893 nunha bufarda da rúa Gravina de Ferrol, onde residía. O xornal El Correo Gallego salienta as diferencias con pombais tradicionais, xa que este conta cunha galería de observación para que as pombas poidan familizarse co terreo. En 1894 aparecen as primeiras probas na prensa cunha solta na Coruña sendo capaces de volver a Ferrol en poucos minutos. Repite as probas desde Rábade, Guitiriz o Caaveiro neste anos. Tamén aparecen iniciativas de colombófilos de Portugal ou Gualajara (sede de pombal oficial do exército) de traer animais a Galicia para facer probas. As pombas cobran importancia como medio de comunicación militar,polo que acadan un certo grado de protección:


Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 127 - 5 de xuño de 1897


A colombofilia en Vigo

En 1902 sería Eduardo Campos de Vigo o que aparecería na prensa como dono dun pombal e participante en probas de solta desde Ourense. 

En 1904 aparece un proxecto de facer un pombal na cidade, de maneira semellante a iniciativas en Ferrol e Coruña nesta época, incentivado pola recentemente creada Sociedade Colombófila de Galicia, de D. Enrique Pereira Borrajo. Parece que se acaba de crear nun piso alto da rúa Real no centro da cidade.  ESte tipo de sociedades aparecen tamén noutras cidades de Galicia en anos posteriores, como é o caso de Coruña que construe un pombal en Santa Margarita. 

O Sr. Bravo Collazo propón en 1904 crear unha rede de comunicacións baseada em pombas que permita comunicar en poucos minutos Bouzas, Cangas, Moaña e otras poboaciónns coa cidade de Vigo. Igualmente para Pontevedra con vilas da súa ría. Indica que o custe o reducido para o transporte de aerogramas (asubío para espantar outras aves, cestos para o transporte, etc)


As pombas perdidas

Outro dos asuntos de chamaba a atención na prensa era a recollida de pombas perdidas, que algunha ocasións tiñan mensaxes misteriosas. O primeiro caso mencionado é en 1897 na parroquia de Meira onde aparecen duas pombas, unha delas, sacrificada por unha moza da vila, cunha inscripción nunha á: "Número 28. F R E O A L".  Mais o caso de maior interese, pola complexidade do caso e das inscricións, pasoulle a Bernardino Maseda de Ferrol.

 El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXVI Número 8845 - 1904 xullo 14

En anos posteriroes seguirán aparecendo na prensa anuncios de outros pombas encontradas e algún anuncio de propietarios que perderon as súas e ofrecen unha gratificación. 

 

As pombas como medio de telecomunicación

En teoría as pombas eran xa utilizadas na antiguidade como mecanismo de comunicación e, nas eras máis recentes, coma no Sitio de París de 1870. En España hai poucas referencias de uso máis alá de como afección, pero si que se fixeron probas como mecanismo para comunicar desde barcos á terra. No caso de Galicia, ao chegar este medio tan tarde, xa prácticamente á par da radiotelegrafía, limitou as posibilidades prácticas, pero a hemeroteca deixa un par de casos de interese:

En 1912 estudantes de Santiago levan pombas a Ferrol á botadura dun acorazado coa presenza real. Comentan como a nova chegou antes a Santiago polas pombas que polo telégrafo. 

A mais curiosa sería en Lugo en 1916. A cidade aínda non tiña teléfono urbano. Correos e telégrafos estaban intervidos polo Estado. Maquinistas aproveitaron pombas mensaxeiras traídas desde Coruña para confirmar a participación nunha folga do servizo ferroviario e que tiveran constancia os compañeiros da Coruña.

El Progreso  diario liberal Año IX Número 6560 - 11 de xullo de 1916




Para saber máis:

  • El lucense  diario católico de la tarde Num. 2283 (30/05/1892); Num. 2838 (14/04/1894); Num. 2911 (12/07/1894)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XVI Número 4354 - 12 de marzo de 1893; Ano XVI Número 4425 - 9 de xuño de 1893; Ano XVII Número 4754 - 8 de xullo de 1894; Ano XIX Número 6146 - 5 de maio de 1896; Ano XXVI Número 8845 - 14 de xullo de 1904; Ano XXXIX Número 12647 - 30 de marzo de 1916
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 81 (15/04/1894); Num. 108 (11/05/1895); Num. 135 (18/06/1904); Num. 202 (01/09/1904); Num. 142 (28/10/1905); Num. 29 (07/02/1912) 
  • El Anunciador  diario de La Coruña y de Galicia Num. 13625 (09/05/1895)
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo Número 127 - 5 de xuño de 1897
  • El Eco de Santiago diario independiente Año II Número 544 - 14 de decembro de 1897
  • El regional  diario de Lugo Num. 9692 (21/07/1897); Num. 6716 (05/06/1902)
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo Num. 2942 (03/10/1900); Num. 3437 (05/06/1902)
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXI Número 3467 - 30 de agosto de 1904; Ano XXV Número 7245 - 29 de xuño de 1908; Ano XXVIII Número 8183 - 23 de agosto de 1911; Ano XXIX Número 8346 - 7 de marzo de 1912
  • El Noroeste Año IX Número 3425 - 2 de xuño de 1904
  • Noticiero de Vigo diario independiente de la mañana Ano XXI Número 5376 - 29 de marzo de 1905; Ano XXVI Número 10930 - 22 de maio de 1911
  • Nova Galicia  revista semanal, órgano dos gallegos é pr'os gallegos n'as Amérecas Ano XXI Número 1022 - 24 de novembro de 1921
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 623 - 1 de marzo de 1912
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2063 (01/08/1915)
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 4233 (07/09/1915)
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 1605 (24/07/1915)
  • El Progreso  diario liberal Año IX Número 6560 - 11 de xullo de 1916

domingo, 12 de novembro de 2023

As probas de Amador Rodriguez Guerra nos trens (1925)

Amador Rodriguez Guerra , nado en Canedo (Monfero) en 1894 foi un xornalista (colaborador de El Ideal Gallego, Ecos del Eume i El Pueblo Gallego, en diferentes fases), escritor ensaista, militar, politico (creou o Partido Radical Agrario Gallego) e propagandista agrario e un represaliado no golpe de 1936 ('paseado' o 19 de agosto) que, na súa corta vida, tivo tempo de publicar dous libros sobre radiotelegrafía e facer probas de receptores creados por el. 

Amador Rodriguez Guerra. Sen datar.

As probas co receptor superheterodino nos trens

En xuño de 1925 sae de Ferrol para Madrid para probar un aparato da súa invención, para a recepción e transmisión de radiotelefonía e radiotelegrafía, sobre un tren en marcha durante a noite. Trataríanse das primeiras probas de conectividade en mobilidade destas características es España, ás que se achegaron varios técnicos. O aparato está baseado nun receptor superheterodino de sete lámparas cun fío tendido dentro do vagón, sen ter toma de terra. Foi un gran éxito, ao recibir transmisión de varias estacións americanas. 

Escribiu días obras: 

  • La radiotelefonía práctica:manual práctico y detallado de toda clase de receptores y transmisores de telefonía y telegrafía sin hilos, publicada en Madrid, pola librería Alejandro Pueyo, en 1924
  • La recepción de la T.S.H. a larga distancia, coa mesma editoria en 1925.

A segunda obra inclue unha referencia a críticas recibidas na primeira obra: "ciertos comentadores de profesión, sin ni siquiera molestarse a ojearla, quisieron adivinar en ella una intención que no tenía, a pesar de que expresamente manifestaba que solo me había propuesto escribir un libro para aficionados y no para hombres de ciencia [...] claro está me propuse desenmascarar a unos cuantos acaparadores de esta ciencia que, dentro y fuera de las esferas oficiales, están a sueldo y comisión de las compañías explotadoras del negocio de telecomunicación en España"

Ademáis de unha explicación do receptor heterodino de nove lámpadas, que describe como o mellor da categoría e que afirma ter probado no laboratorio. Afirma recibir a diario sen interrupción as estacións americanas cunha antena exterior 20 e 40 metros, a unha altura de catro metros sobre o teito dos edificios, cun fío de cobre de dous milímetros de diámetro.



Abandonou axiña a Armada, para pasar a realizar tarefas políticas, acabando tristemente en 1936:


Para saber máis:

  •  La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XV Número 4890 - 1 de xullo de 1925
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XVI Número 4576 -  3 de xullo de1925
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XLII Número 12156 - 20 de xuño de 1925
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano II Número 433 - 20 de xuño de 1925; Ano II Número 441 - 30 de xuño de 1925
  • El Orzán : diario independiente: Año VIII Número 2213 - 20 de xuño de 1925
  • La Libertad: Año VII Número 1636 - 21 de xuño de 1925
  • La recepción de la T.S.H. a larga distancia, Ed. Alejandro Pueyo. 1925.
  • La Voz de Galicia. 7 de xuño de 1924; 20 de xuño de 1925

martes, 7 de novembro de 2023

Os primeiros radiofaros de Galicia (1922)

En maio de 1922 terminaba a montaxe dos radiofaros de Cabo Vilán e Fisterra proxectados polo enxeñeiro D. Mauro Serret, do servizo central de faros e sinais, seguindo as experiencias previas con esta tecnoloxía en Francia. Foron montados pola Compañía Ibérica de Electricidad, de Rafael de la Cerda. En febreiro de 1923 creouse un plan nacional de radiofaros, que debía empezar polo Noroeste, incluindo seis localizacións en Galicia (Bares, Prior, Vilán, Fisterra, Sálvora e Silleiro).

 

Plan de 1923 de radiofaros incluido na Revista de Obras Públicas. 1929. Tomo 1


As primeiras probas as fixeron a determinadas horas do día, recepcionando as sináis na estación de Campo da Estrada de Coruña (a unos 60 quilómetros de Cabo Vilán e 75 de Fisterra) e no barco Hernán Cortés, que estivo facendo probas por 15 días. No diario de abordo do barco queda constancia das impresións do comandante onde salienta que con un radiogoniometro (que non levaba) podería localizar o barco nos días de néboa. 

Os radiofaros eran xestionado pola dirección de obras públicas e non emitían de maneira directivas, polo que eran os barcos os que debían levar sistemas radiogoniométricos abordo para determinar a súa ubicación. Pola contra, competían con sistemas radiogoniométricos da mariña de guerra (que tiñan en Caranza en Ferrol e, de xeito puntual, en Estaca de Bares e Portonovo) onde era a estación terrestre a que podía detectar a localización dos buques e facilitar esta informacion. 

Faro de Cabo Vilán. Anterior ao radio faro


Os seguintes faros previstos serían os de Cabo Silleiro, illa de Sálvora e Cabo Prior, anunciados en 1924 e finalizados a finais de 1925 no caso dos dous primeiros (onde asignarían un torreiro adicional en cada un). O quinto debería ser o de Cabo Prior, pero decidiuse montalo en Machichaco, por ter maior criticidade. En 1929 tiñanse construidos só seis radiofaros en España do plan inicial, pero catro foron en Galicia (Vilán, Fisterra, Silleiro e Sálvora), quedando pendentes Estaca de Bares e Cabo Prior, que non se retomarían ata os anos corenta. 

A onda radiada era de 1000 metros por oscilación amortiguada de chispa musical e as antenas de tipo T, cunha parte horizantal apoiada nun extremo no propio faro e constituida por dos (por exemplo no Cabo Vilán, SIlleiro e Sálvora) ou tres fíos (en Fisterra)

Radiofaro de cabo Vilán

Radiofaro de Fisterra


Radiofaro de Silleiro




No caso do faro de Cabo Vilán a emisión consta da letra V (...-) en morse (logo cambiada a VI) que se repite quince veces durante 47 segundos seguida dunha raia de 10 segundos e unha emisión final dunha letra V. A continuación están en silencio catro minutos, volvendo a repetir o proceso. Así fai doce emisións cada hora, de xeito automático, polo que non necesita de persoal especializado.

No caso de Fisterra seria a letra F (..-.), logo cambiada a FI, con patrón idéntico a Vilán. No caso de Silleiro sería RO (.-. ---) durante 30 segundos e no caso de Sálvora SOO (... --- ---) tamén durante 30 segundos. 


Para saber máis:

  • El Progreso semanario independiente Ano XVIII Número 3403 - 27 de abril de 1924; Ano XXII Número 10091 - 25 de xullo de 1928
  • Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6213 - 5 de febreiro de 1924; Ano XIX Número 6663 - 15 de outubro de 1925
  • La Integridad diario católico Num. 10143 (05/02/1924)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XLII Número 12156 - 20 de xuño de 1925; Ano XLII Número 12666 - 30 de marzo de 1927
  • La Provincia  diario de información y de intereses generales Ano III Número 541 -  6 de marzo de 1925
  • Correo de Galicia Num. 1112 (15/05/1927)
  • El Noroeste  diario católico regionalista Ano XXXII Número 13398 - 8 de abril de 1927
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano IV Número 991 - 8 de abril de 1927
  • Revista de Obras Públicas. 1929, 77, tomo I (2533): 354-357; 929, 77, tomo I (2534): 370-374


O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...