O Ministerio de Gobernación sinalou algúns puntos da xeografía galega como bases de instalación radiotelegráficas, para cubrir as comunicacións con barcos. Estaban puntos como Fisterra, Estaca de Bares ou as Illas Cíes. Finalmente a primeira instalación sería na Madroa de Vigo.
Posteriormente, ben por iniciativa civil, para comunicación con buques mercantes, ou ben militar aparecerían varios proxectos de construcción
A nova estación radiotelegráfica da Coruña
O 12 de novembro de 1912 menciona a prensa que o oficial de enxeñeiros Sr. López Otero queda encargado de montar unha estación de telegrafía sen fíos en Coruña, para completar a rede radiotelegráfica de España. Xa chegara todo o material e so faltaba por decidir a localización. Visita tamén a cidade Paul Schwarzhaupt, enxeñeiro do fabricante procedente de Berlín. Sería un aparato Telefunken cun radio de acción de 1000 km durante o día e 1500 de noite.
Campo da Estrada da Coruña onde se instalaría a estación radiotelegráfica. Ano ~1910
Anos atrás, en 1905, a cidade xa contara con outro enlace Telefunken, para conectar Coruña e Ferrol e dar servizo ao Diario Ferrolano, primeiro de España e que serviu para formar a moitos telegrafistas.
Un meses antes da proposta de Telefunken, directivos da empresa Marconi, principal competidor, visitar a cidade. En xullo de 1912 chegaran no vapor Natalia, procedente de Londres e Southampton, Mr Saint-John Sadler e un axudante. Curiosamente viñan con coche de 25 cabalos cun sistema de radiotelegrafía embarcado. Tratábase dun agasallo á Corona española, cunha tecnoloxía que estaba só a utilizar o exército inglés.
Localización da antena cunha cruz. Mapa militar de 1915.
O vicepresidente da Cámara, o Sr. Fraga, aproveitou para reunirse cos visitantes. Estes comentaron a conveniencia de instalar unha estación radiotelegráfica na cidade e utilizar a propia Torre de Hércules como mástil. Sadler comprometeuse a compartir a idea co Conde de Albiz, presidente da compañía nacional de telegrafía sen fíos.
La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 741 - 1912 xullo 23
O proxecto da Coruña queda nunha iniciativa militar en Montealto. Chega a Coruña o oficial de enxeñeiros Sr. López Otero, encargado do centro electrotécnico, en novembro de 1912. Xa está dispoñible o material da compañía Telefunken, pero faltaría seleccionar os terreos. O radio de acción está pensado para 1.000 quilómetros de día e 1.500 de noite.
Novas referencias na prensa, xa en xuño de 1913 falan da visita do coronel D. Jacobo García Roure para encargarse das obras e dun novo radio de cobertura de 2.000 quilómetris. Un ano máis tarde, en xuño de 1914, chegaría a Coruña D. Braulio Amaro, como xefe da estación radiotelegráfica, todavía sen inaugurar. A apertura da mesma realizaríase por Real Orde de 7 de agosto de 1915.
Estación radiotelegráfica da Coruña. Ano descoñecido.
D. Braulio Amaro, primeiro xefe da estación radioeléctrica. Año 1927. Libro Vigo en 1927 de PPKO.
Os primeiros anos da estación
Nos anos seguintes aparecen referencias a visitas de alumnos da Escola Superior de Guerra o excursionistas. En 1920 aparece unha referencia a unha poxa pública para a construcción dun novo pechamento da instalación, que quedaría con forma triangular.
Estación radiotelegráfica da Coruña. Anos 1930.
A finais de outubro de 1923 aparaece unha poxa de ampliación da estación radiotelegráfica da Coruña por un importe de 50.938,74 pesetas publicada no diario oficial do Ministerio de Guerra. Unha ano máis tarde, en outubro de 1924 sería noticia a estación pola caída dun raio, que non tería maiores consecuencias.
O 17 de decembro de 1925 padece o pasamento dun soldado de enxeñeiros chamado Marcelino Eirín de 22 anos que, accidentalmente, tocou un cable de alta tensión. Atopábase no interior do edificio, na sala de aparatos, ocupado da limpeza de algún deles. O sarxento de servizo avisou ao médico D. Maximino Fernández Gago pero non puido facer nada. Trasladaron o corpo ao Hospital Militar, onde fixeron a autopsia o comandante médico D. Ramón Zorrilla, os capitáns D. José Gómez Cortés y D. Gabriel Alonso, axudados polo practicante D. Jesús Quián. O enterro foi presidido polo coronel de enxeñeiros D. Emilio Morata Petit, o tenente coronel D. Tomás Fernández Quintana e o capitán de servizo da estación D. Jose Auz.
Para saber máis:
- El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (12/11/1912)
- La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano III Número 741 - 1912 xullo 23; Ano IV Número 1011 - 1913 xuño 11
- La Voz de Galicia. 17 de novembro de 1912
- Galicia nueva : periódico regional, primer diario de Villagarcía: Ano VI Número 1670 - 1912 novembro 13
- El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXIV Número 7053 - 1907 outubro 22; Ano XXXIII Número 9663 - 1916 xullo 6
- El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXXI Número 9930 - 1908 xaneiro 27; Ano XLVIII Número 16995 - 18 de decembro de 1925; Ano XLVIII Número 16996 - 19 de decembro de 1925
- Galicia : revista quincenal ilustrada: Ano III Número 15 - 1908 agosto 1
- El Progreso diario liberal Ano VIII Número 3279 - 1915 agosto 14; Ano IX Número 6492 - 1916 maio 5
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Ano VII Número 1913 - 1916 maio 27; Ano VII Número 2377 - 1917 abril 10
- El Progreso semanario independiente Ano XIV Número 2548 - 1920 xullo 30
- El Noroeste Año XIX Número 9734 - 1914 junio 28
- El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 2479 (18/12/1925)
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXIX Número 13424 - 19 de decembro de 1925
- El Orzán diario independiente Año VI Número 1559 - 28 de abril de 1923; Ano VIII Número 2361 - 19 de decembro de 1925
- El Progreso diario liberal Ano XVI Número 4885 - 31 de outubro de 1923; Año XVIII Número 5639 - 19 de decembro de 1925
- El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano II Número 590 - 19 de decembro de 1925
- Galicia diario de Vigo Número 390 - 1 novembro 1923
- La Provincia diario de información y de intereses generales Año II Número 301 - 24 de maio de 1924