A folga de telégrafos e teléfonos do 1919, tanto dos funcionarios coma dos traballadores da Compañía Peninsular de Teléfonos; así como o custe dos materiais (motivado pola guerra), as peticións das auxiliares femeninas e a presión das compañías, levaron ao goberno a decretar un aumento das tarifas dun 25% (real orde de 30 de xuño de 1920) Inicio da Real Orde publicada na Gaceta de Madrid num 184 de 1920 de 2 de xullo As queixas en Ourense O caso máis salientable sería en Ourense, onde un grupo crítico (liderado por Francisco José Rionegro) co concesionario de teléfonos, que aplicara unha tasa de xeito irregular un ano antes, vería nesta nova suba o ingrediente necesario para crear un conflito de certo calado. O conflito dos timbres en Ourense (1919): https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/03/o-conflito-dos-timbres-no-urbano-de.html A comisión de abonados visita os xornais da cidade, quedando constancia nas crónicas de La Región, onde trasladan o seu malestar co concesionario por n