venres, 31 de maio de 2024

O peche do telégrafo do Balneario de Mondariz (1906)

Polo menos desde 1886 o balneario de Mondariz contaba con telégrafo conectado a rede do Estado. Nas dúas décadas finais de seculo XIX investirouse en extender a rede a este centros en múltiples provincias do Estado, nas que abría no periodo de actividade do mesmo. Estas infrastructuras en beneficio de institucións privadas, xerou alguns conflitos. 

Estadística telegráfica de España.1887. Mondariz aparece con 145 telegramas xestionados.

Estacións telegráficas activas en balnearios. 1891. Revista de telégrafos.


A finais de 1905, tralo peche da tempada de baños, a dirección de Correos e Telégrafos solicita dos balnearios colaboración en dar acubillo aos oficiais que prestan servizo. 

Solicitada deste Centro da Dirección Xeral de Correos e Telégrafos a concesión de aloxamento gratuíto nos establecementos balnearios para os empregados do Corpo que deban dar servizo ás estacións telegráficas, esta Inspección Xeral concedeu por acordo.

O Excmo. Interésase coa maior brevidade posible as ordes oportunas para que, canto antes, os propietarios ou arrendatarios dos establecementos de augas minerais da devandita provincia manifesten se están dispostos a conceder aloxamento gratuíto aos funcionarios encargados do Telégrafo. servizo durante as tempadas oficiais remitindome os organismos de resposta para que sirvan de base ás resolucións que sobre a materia dite este Centro ou a Dirección Xeral de Correos e Telégrafos.

Polo que parece, o Balneario de Mondariz non estaba moi disposto. O periódico La Temporada de Mondariz de xuño de 1906 recolle como a estación trasladouse ao pobo de Mondariz, a escasos dous quilómetros. Para enviar telegramas é preciso ir ata esa vila, mentres que os ordeanzas cobran 0,50 pesetas por levar os despachos recobidos ata o balneario. 

Mapa oficial da Rede telegráfica de 1899, incluíndo a estación de Mondariz. 


La Temporada de 1 de xullo recolle as queixas do balneario sobre unha situación que consideran inxusta, xa que falan de que o balneario é un dos principais de España, con moitos visitantes, negociacións mercantís, etc. Indica que o pobo de Mondariz non xenera máis de dez ou doce despachos ao trimestre, mentres que o balneario demanda millares. Os visitantes ten que ir ao pobo por unha estrada sen sombra. 

Antigo telégrafo (supostamente) do balneario de Mondariz.


O balneario confirma a negativa a acoller os dous telegrafistas e un ordeanza que demandaba a dirección xeral. Indican que xa o fan coa Guarda Civil e un funcionario de Correos, polo que consideran esta demanda inxusta, mais tendo en conta que hai demanda por parte dos funcionarios en cubrir as prazas desa estación. 

O servizo volvería reabrir no Balneario o 1 de xuño de 1908.


Para saber máis:

  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 2000 (05/08/1886)
  • Boletín Oficial de la provincia de Orense Año 1905 Número 251 - 14 de novembro de 1905
  • La temporada en Mondariz: Ano XVIII Número 3 - 17 de xuño de 1906; Ano XVIII Número 4 - 24 de xuño de 1906; Ano XVIII Número 5 - 1 de xullo de 1906; Ano XX Número 2 - 7 xuño 1908




domingo, 26 de maio de 2024

O primeiro telégrafo de Galicia (1852)

O Catálogo dos Instrumentos e Máquinas do gabinete de física e química da Universidade de Santiago de Compostela recolle unha mención a dous telégrafos de Wheatstone.


Extracto da sección de magnetismo:



Queda pendente de explorar se este telégrafo pode estar aínda conservado na facultade de Ciencias (agora facultado de Químicas) da Universidade de Santiago. Non constan telégrafos deste tipo expostos en España e case non foron utilizados. Tampouco existen referencias na hemeroteca da compra deste tipo de telégrafos con data anterior a este documento. 

Charles Wheatstone foi o creador de telégrafo de seu nome, patentado xunto a Cooke en 1837.  FOi un grande innovador ao utilizar a telgrafía submarina por primeira vez ou a utilización da gutapercha natural como illante. É considerado un dos referentes tecnolóxicos do seu tempo e unha das bases da supremacía inglesa no eido das comunicacións submarinas.


luns, 20 de maio de 2024

A distribución automática de despachos telegráficos (1877)

Outra invención dun telegrafista foi por parte de Juan José Romero Rada, enxeñeiro industrial e telegrafista da estación de Ourense (que anos antes estivera en Trujillo, Albacete ou Guadalajara e do que se descoñece a orixe), abordando un tema novo na Revista de Telégrafos de xullo de 1877: "A distribución automática dos despachos telegráficos" 

A chegada de despachos e a xestión dos mesmos ocupa bastante tempo nas estacións (os oficias do seu posto de traballo para recoller ou entregar despachos na mesa do xefe), que a xuizo de Juan José ben podería facer unha máquina. 


Para elo expón un exemplo: 

Imaxinemos que a sala dunha estación conta con doce aparatos nunha mesa, seis de cada lado da mesma. O xefe da sala, responsable de autorizar os despachos debe colocarse nun extremo da mesma. Juan José propón un sistema de fíos (un por cada aparato), a modo dun tendedeiro de roupa, con xiro continuo (mediante algún sistema de reloxería ou turbina).

Cando o xefe ten que enviar un despacho, pendúrao do fío inferior corresponde, que viaxa ata o posto de oficial. Ao chegar a ese punto unha pequena forca metálica descolga o papel, que posteriormente será retirada polo oficial. Tras o envío, este pendura o despacho telegráfico no fío superior, que regresa a mesa do xefe onde se descolga automáticamente nunha consola. 

Juan José foi un telegrafista activo que participou nas mesas de avaliación de examenes de entrada ao corpo, así coma con invención noutros eidos, como unha proposta de gasómetro en Albacete. 

A proposta de sistema de distribución non foi patentada nin consta que se implementara en centros.


Para saber máis: 

* Revista de telégrafos do 1 de xullo de 1877

xoves, 16 de maio de 2024

O intento de asasinato en Ferrol (1903)

"Non hai cruzamento en Ferrol, mais voulle cruzar a vostede" 


7 de agosto de 1903.

O xefe de Telégrafos de Ferrol, D. Faustino Salanova, recibiu unha serie de coiteladas, como intento de asasinato, na estación por parte do celador Santiago Bermúdez, que parecía non atoparse ben das dúas facultades mentáis. Santiago conta neste intre con 56 anos, casado, veciño da Madalena 172 e cun fillo contramestre.

Detectado un cruzamento de liñas entre Ferrol e Coruña, o xefe indicou ao celador que fose recoñecer a liña. Ao pouco de sair, Santiago volveu cun coitelo de grandes dimensión (que colleu na súa casa) e acoitelou a Faustino na espalda, glúteo e man esquerda, que se defendeu. O ordenanza Isolino Martínez foi a avisar á guarda que da servizo a Capitanía Xeral, que prenderin a Santiago 

Faustino foi quen de avisar ao seu xefe da Coruña, D. Demetrio Pía, que viaxou ata Ferrol e acompañou a Faustino á súa casa.

Santiago foi preso no calabozo da Capitanía Xeral, para o analise sobre o seu traslado a Conxo, posibilidad que foi finalmente descartada.

O 16 de agosto visita Ferrol D. Emilio Novoa, xefe de reparacións da liña de costa. Aproveitou para visitar no carcere a Santiago para entrevistalo e incorporar a información ao expediente. 

Cartas na prensa publicadas o 4 de setembro. 


O 16 de setembro, ás dúas da tarde, Santiago intenta suicidarse desde a fiestra do primeiro piso do sanatorio da caridade no que se atopaba desde tres días antes, en Mendez Núñez 10. O médico Latorre recoñece ao ferido, que resulta ter únicamente unha luxación nun pe, xa que a caída foi de cinco metros. Un xornalista de El Correo Gallego visítao ao día seguinte e constata que non é capaz de responder ás preguntas que se lle fan. 

Santiago pasa a estar custodiado nese sanatorio polos conserxes e gardas municipais. Nas seguintes datas aparece recollido na prensa que case non come nin fala. A muller, Dª Bernarda Rodeiro,  marchara de Ferrol antes deste suceso, como se se tratara dunha separación. Curiosamente, o último que consta na prensa vencellado a este caso e a petición da alcaldía de Ferrol que localicen á súa muller (presumiblemente en Santoña) para cumprir o deber (sic) de facerse caso do seu esposo.  


Para saber máis: 

  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXVI Número 8527 - 8 de agosto de 1903; Ano XXVI Número 8554 - 4 de setembro de 1903; Ano XXVI Número 8567 - 17 de setembro de 1903; Ano XXVI Número 8574 - 24 de setembro de 1903; Ano XXVI Número 8588 - 8 de outubro de 1903; Ano XXVI Número 8599 - 19 de outubro de 1903
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano VIII Número 1586 - 10 de agosto de 1903; Ano VIII Número 1619 - 19 de setembro de 1903
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XV Número 4062 - 12 agosto 1903; Ano XV Número 4065 - 17 agosto 1903 
  • La Voz de Galicia - 9 de agosto de 1903

sábado, 11 de maio de 2024

O telegrafista "traidor" coa guerra de 1898

O telegrafista da estación de A Coruña Eduardo del Río González escrebe ao presidente dos Estados Unidos William McKinley ofrecéndose como director de comunicacións de Puerto Rico tras a perda da colonia española na guerra de 1898. Eduardo era fillo de Pedro del Río Raimúndez, director de telégrafos de Santiago de Compostela, e de María Josefa González Serrano.

Eduardo non conta con que a carta enviada será publicada na prensa americana, incluindo o relevante New York Herald, como motivo de mofa cara España. Isto será entendido como unha traición a España e os seus compañeiros, xa que no momento de enviar esta carta todavía están regresando combatentes feridos en Cuba, includo algúns telegrafistas que participaron axudando ao exército nas operación. 

The Morning Herald · ‎15 de set. de 1898 ·


Eduardo xa exercera como telegrafista en Ultramar, tanto en Filipinas (Bacolor en 1889-1892) coma en Puerto Rico (1893), regresando a Galicia nese ano, onde estivo como director da estación de Viveiro e como telegrafista na de Coruña.

La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Ano XLIX Número 14841 - 21 de setembro de 1898


O chegar a noticia a Central de Telégrafos de Madrid, notifican ao director de Correos e Telégrafos Antonio Barroso, solicitando un castigo exemplar para Eduardo. Antonio decide bloquear o nomeamento de Eduardo como xefe de reparacións da estación de Coruña, que acababa de efectuar uns días antes e proceden á apertura dun expediente. 

Curiosamente Eduardo desminte que escribir ao presidente de Estados Unidos e ofrécese a escribirlle unha carta para que o presidente negue que teña recibido esa petición [sic].  

La Voz de Galicia pasaría a ser o principal defensor de Eduardo, ao asumir que non tería enviado esa solicitude. Destaca as cualidades do telegrafista e o compromiso coa patria. Así, di que pasaría noites enteiras traballando desde a estación de Coruña para axudar aos seus compañeiros na guerra.  El Eco de Santiago tamén sae na súa axuda indicando que no suposto que existira a petición, se esta se realizara despois da firma das bases da paz, non podería ser delito de guerra. 

Procesado xudicialmente, o 31 de maio de 1899 Eduardo remite unha carta á prensa, confirmando que si que enviara a petición ao presidente dos Estados Unidos, pero que isto foi feito tras a firma do tratado de paz. Ademáis, afirma que un secretario oficial do presidente envioulle unha carta aceptandoo para o posto pero que decidiu descartar iso polo seu patriotismo e quedar en España. 

El Eco de Santiago : diario independiente; Ano IV Número 888 - 4 de xuño de 1899


O resultado do xuizo foi que Eduardo perdeu a praza, sendo dado de baixa do corpo de telégrafos e perdendo todos os dereitos. Eduardo reclamaría ao Contencioso pero non quedou publicado o resultado do xuizo. Anos máis tarde aparece mencionado en Cuba, mentras a súa muller e os sete fillos permanecerían en Galicia, máis concretamente en Santiago. Os "Del Río Picoaga" serían parte activa da sociedade compostelana ocupando diferentes profesións.


Para saber máis:

  • The Morning Herald · ‎15 de set. de 1898 ·
  • La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Ano XLIX Número 14839 - 19 de setembro de 1898; Ano XLIX Número 14841 - 21 de setembro de 1898;
  • El Eco de Santiago : diario independiente: Ano III Número 775 - 27 de setembro de 1898; Ano IV Número 888 - 4 de xuño de 1899; Ano IV Número 986 - 2 de outubro de 1899
  • La Voz de Galicia - 22 de setembro de 1898
  • Electrón. 20/9/1898
  • El áncora : diario católico de Pontevedra: Num. 348 (24/09/1898)



luns, 6 de maio de 2024

Os inventos de Gregorio Fernández Arias

O telegrafista Gregorio Fernández Arias foi outro dos grandes inventores galegos. Natural de Pontedeume, aproveitou o contexto do seu traballo para xerar diferentes invencións, ligadas case sempre á tecnoloxía. Case sempre, porque, contou cunha patente por vinte ano da inserción de fotografías ou grabados de interese cultural nas caixas de mistos, con obxectivo de propagar "coñecimentos xeográficos, históricos, científicos ou industriais á sociedade (patente 10.707)

Pero sen dúbida a que alcanzou una maior recoñecimento foi o electro avisador de incencios. Como xa sabemos os incendios era unha grande ameaza en cidades con construccións baseadas en madeira i era chave a detección temperá.




O dispositivo foi patentado en 1890 (presentado o 22 de abril) e comercializado aproveitando os distribuidores de sistemas eléctricos vencellados a membros do corpo de telégrafos.  O sistema estaba baseado nun fío de dilatación que, por mor da temperatura, chega a pechar un circuito e soar unha alarma. 


Extractos da patente 10705. OEPM

O dispositivo foi moi utilizado tamén nas estación de telégrafos, así como en instalación militares (como o arsenal de Ferrol). A prensa o describe como "dunha base de madeira que ten nun extremo unha pequena caixa metálica da que sae unha panca formada por un tubo de latón e unha rosca do mesmo metal que suxeita o tubo no extremo oposto; un parafuso de contacto e dous gunnels ou parafusos de presión". 

Pode regularse a sensibilidade, indicando que incluso e capaz de detectar 0,0014º de diferencia. O xornal El Alcance Telegráfico asiste a unha demostración onde salta a alarma ao encender un misto a dous metros de distancia.

O prezo de venda sería de 30 pesetas, incluíndo o timbre. 

En paralelo inventou (patente 10708) tamén un "extinguidor automático de incendios" para funcionar co detector anterior , desprendendo auga do teito, pero non consta que esta patente fora utilizada.

Figura descriptiva do extinguidor. Patente 10708. OEPM


Na exposición rexional de Lugo de 1896 presenta aparatos telegráficos e avisadores eléctricos da súa invención, obtendo un diploma de segunda categoría. Antes xa participara na exposición de Zaragoza de 1886 (exhibindo manipuladores e relevadores), conseguindo unha medalla de terceira. 

Revista Electrón de 21 de outubro de 1896


Xa en 1911 traballa nun invento propio de sistema Duplex, que era o grande desafío da época. A posibilidad de transmitir por un único fío nas dúas direccións con carácter simultáneo. Outros telegrafistas españois traballaron neste tipode solucións. Xa en 1921, unha vez xubilado, aparece como inventor dunha metralleta de 50 tubos. 

Ejercito y Armada: diario defensor de sus clases activas y pasivas: Año XVIV Número 5086 - 11 de febreiro de 1922


Para saber máis:

  • El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano IX Número 2182 - 1886 febreiro 7; Ano XIII Número 2893 - 1890 abril 24
  • Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 89 (24/04/1890)
  • Oficina Española de Patentes e Marcas. Patentes 10705, 10707 e
  • Revista Electrón de 21 de outubro de 1896
  • La Monarquía : diario político: Ano V Número 1172 - 1890 novembro 4; Ano V Número 1189 - 1890 novembro 24; Ano VI Número 1331 - 1891 maio 11
  • El lucense : diario católico de la tarde: Num. 1822 (11/11/1890)
  • La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Año XLVII Número 14134 - 1896 octubre 17
  • Revista gallega : semanario de literatura e intereses regionales: Ano II Número 82 - 1896 setembro 27
  • El diario de Galicia : periódico católico e independiente: Ano VI Número 1642 - 1896 outubro 10
  • El Noroeste: Año XII Número 4303 - 1907 abril 12

martes, 30 de abril de 2024

O proxecto de cable colgante entre Valença e Tui

O arquivo da CTT en Lisboa conserva o proxecto de Joaquím José d'Almeida, capitán do exército portugués responsable de boa parte da construcción das redes de telegrafía eléctrica de Portugal, que estaban sustituíndo as ópticas, moi extendidas no país. 

O 27 de outubro de 1858 asina un proxecto para o tendido dun cable entre dous puntos da fronteira miñota, curiosamente utilizando a torre da igrexa de Santa Maria dos Anjos na Fortaleça de Valença, mentres que o cable colgaría dun poste de 14 metros sobre unhas rochas no lado tudense. 

Fotografía facilitada por Godofredo Ferreira para a segunda edición do libro "Memória histórica sobre a telegrafía eléctrica em Portugal" de Guilhermino Augusto de Barros


O documento foi facilitado por Godofredo Ferreira, que o comprou nunha poxa da biblioteca do orador Dr. Santos Farinha e cedeu a CTT en maio de 1950. 

O documento está cheo de datos técnicos para salvar a distancia entra as beira do Miño cun fío colgante con catenaria, nunha época previa, sobre 30 anos antes, da existencia da ponte internacional. Esta lonxitude debe ser un desafío sen precedentes coñecidos nesa época. 


Sinatura de Joaquim Jose d'Almeida no documento

A referencia é a 'cheia' do ano 1821, onde as augas alcanzaron unha altura de 9,6 metros sobre o nivel da maior pleamar con lúa nova do mes de agosto de 1858. A catenaria debe salvar esa altura. Tamén consultan nas dúas beiras sobre cal é o barco con maior altura, sendo de 16 metros ata o mastro, que debe ser tido en conta para evitar accidentes con cable, deixando unha marxe adicional de 2 metros. 

Considera así o uso do cimborrio da igrexa de Santa María como mellor opción, que se atopa 72,21 metros por riba da maior enchente de 1821 e un poste de 14 metros no lado de España, que se atoparía 21 metros por riba (ao estar sobre uns penedos) do nivel de dita enchente. A distancia entre os dous puntos, nun plano horizontal, sería de 588 metros. A localización no lado tudense non queda marcada, pero sería entre a actual porten internacional e 150m río abaixo, segundo a figura que se mostra a continuación.

Radio de 588 metros desde o cimborrio de Santa María dos Anjos en Valença do Minho.

O documento entre en formulas técnicas para calcular a tensión soportada e a viabilidade do tendido, tendo en conta que será un fío de ferro galvanizado, para o que proba numéricamente, para diferentes radios a tensión e probabilidades de rutura. Tamén calcula canto deberían medir os postes no caso de que non se utilizara a igrexa e se apostara por dous nas beiras do Miño, para soportar a distancia de 310 metros, saíndo alturas de 30 metros para ambos, que non resultan viables.

Joaquín finaliza destacando as vantaxes respecto a un cable sub-fluvial, que sería o finalmente adoptado. Estas estarían baseadas na facilidade de reparación do aereo, a resistencia a posibles enchentes do río (e choques con árbores que leva o Miño), 

Parte do plano do fío, extremo de Valença do Minho, con cimborrio de Santa María.



Para saber máis:
  • Memória histórica sobre a telegrafía eléctrica em Portugal. Guilhermino Augusto de Barros. Lisboa 1944
  • Comunicação telegráfica entre Valença e Tuy. Joaquim José d'Almeida.  27 de outubro de 1858. 


O intento de asasinato en Telegrafos de Lugo (1916)

23 de novembro de 1916. Á noite atopábase só traballando Eugenio Olano Silva, telegrafista lucense, na última hora antes do peche da centra...