Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta vilagarcía. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta vilagarcía. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

luns, 5 de setembro de 2022

1908: A rede urbana de Vilagarcía

A Gaceta publica en marzo de 1908 a subasta da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, conforme ao proxecto que preparara Manuel Sanjurjo Otero, fillo do célebre inventor Sanjurjo Badía.  Non foi a primeira experiencia en Vilagarcía co teléfono para servizo urbano. Anos antes, en marzo de 1896 aparece na prensa o interese do Concello en instalar un par de teléfonos para conectar coa estación telegráfica, entendendo que para o uso oficial por parte do Concello.

Vilagarcía. Sede da central telefónica e poste na Av. Duque de Rivas. Postal Thomas. ~1910

O periodo de concesión máximo sería de 20 anos (aínda que valoraban as propostas de reducción dese periodo). O adxudicatario debía iniciar as obras en menos de 60 días desde a firma do contrato e ter finalizada a rede en menos de catro meses. No caso de gañar outro proposta que non fose a de Manuel Sanjurjo, este debía ser indemnizado con 1.300 pesetas, en concepto de contraprestación pola elaboración do proxecto. 

Gaceta de Madrid. Núm 74. 14 de marzo de 1908


O estado, igual que ocurría noutras concesións urbanas, reservábase o 10% dos ingresos pola prestación do servizo. A prensa recolle as visitas de Manuel a Vilagarcia durante o periodo de licitación, así como a adxudicación definitiva no 11 de maio de 1908.

En agosto de 1908, segundo recolle a prensa,  solicita autorización para colocar os postes e cables nas estradas do Estado.  A fianis de mes comentan que empezarán as obras e que deberían estar instaladas e operativas en novembro, entendendo que para satisfacer as condicións marcadas na concesión. 

A sede queda no bloque do cruzamento das actuais rúas Alcalde Rey Daviña (rúa Calderón antigamente) e Avenida Juan Carlos I (antiga Duque de Rivas).



A instalación sufre algún aprazamento. O 17 de xaneiro de 1909, aproveitando que xa está en marcha a implantación na rúa Duque de Rivas (a da esquerda nas fotografías) publícanse as condicións do servizo no diario Galicia Nueva de Vilagarcía:

  • 25 pesetas trimestrais con pago anticipado no caso de particulares (28 pesetas os comerciantes, 35 pesetas por uso colectivo e 50 pesetas no caso de hoteis, cafés ou estacións)
  • Tarifas extra para aqueles que se atopen a máis de 3 km da central
  • Compromiso de permanencia de un ano
  • Disponibilidade dun aparato telefónico cedido pola compañía
  • Reservase o Estado a facultade de interromper o servizo
Outras publicacións de interese:

Os primeiros anos da rede

En 1911 exténdese a rede ata Rubiáns, falando tamén da posibilidade de levar o servizo ata Vilanova e Cambados, que polo menos ata o ano 1916 (cando se publica o directorio de abonados) non se producira.  En 1911 tamén a prensa recolle a nova da instalación dun teléfono no casino de Vilagarcía. En 1913 sería o turno da estación de tren, aínda que so duraría uns meses, xa que a posteriori aparecen as queixas dos comerciantes de Vilagarcía pola súa supresión. Sería restablecido en xaneiro de 1914. Tamén neste ano o concesionario asumiría o servizo ao concello de Vilaxoán, que fusionouse co de Vilagarcía. 

Non habería máis novas relevantes ate abril de 1918 cando aparece un novo nome, D. Ricardo Couto Castro, como representante da rede telefónica urbana, que solicita autorización para cruzar con varios fíos a vía férrea. 

De novo pasaría ata 1922 cando o concello reclama o troco de lugar a uns postes de teléfonos, así como deficiencias na prestación do servizo. As deficiencias poderían ser a causa deste curioso anuncio de baixa

Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVI Número 5687 - 4 de xullo de 1922

Non sería a única consecuencia, a Cámara de Comercio e Asociación Comercial do porto reclamarían a baixa calidade do servizo e, de non adoptar medidas, invitarían a darse de baixa aos abonados. Estes problemas se incrementarían coa caída de postes por un temporal en febreiro de 1923.

As novas da nova era para a telefonía urbana chegarían en maio de 1923 cando chega a carta da International Telephone Telegraphique ao concello, ao igual que o resto de institucións de Galicia, dando conta dos plans de construir unha rede telefónica en todo o Estado, no que solicitan o apoio moral do Concello, que lle ofrece a súa colaboración.


A guía de 1916

En 1916 sae publicada a lista telefónica da Compañia Peninsular, incluindo o directorio de Vilagarcía. Ten 86 abonados nesta data, con varios de Vilaxoán e Carril (que deixaran de ser concellos independientes en anos previos), así como de Rubiáns.




Para saber mais:

  • La Correspondencia Gallega. Núm 5450 de 10 de abril de 1908; Num. 5474 de 11 de maio de 1908: Núm 5564 de 2 de setembro de 1908; Núm 5685 de 27 de xaneiro de 1909; Ano XXV Número 7150 - 12 decembro 1913
  • Galicia Nueva.  Núm 429 de 16 de agosto de 1908; Núm 440 de 29 de agosto de 1908; Núm 555 de 17 de xaneiro de 1909; Año V Número 1298 - 4 de agosto de 1911; Ano XII Número 4542 - 19 de abril 1918; Ano XVI Número 5689 -  6 de xullo de 1922; Ano XVI Número 5682 - 28 de xuño de 1922; Ano XVI Número 5802 - 7 de novembro de 1922; Ano XVI Número 5816 - 22 de novembro de 1922; Ano XVII Número 5869 - 25 de xaneiro de 1923; Ano XVII Número 5882 - 9 de febreiro de 1923; Ano XVII Número 5998 - 26 de maio de 1923
  • El Eco de Santiago. Núm 3713 de 12 de marzo de 1908;  Núm. 3759 de 13 de maio de 1908; Núm 3836 de 17 de agosto de 1908; Num 3849 de 1 de setembro de 1908; Anno XVI Número 8960 - 15 de maio de 1911; Ano XVIII Número 6383 - 12 setembro 1913; Ano XVIII Número 6460 - 13 de decembro de 1913; Anno XXIII Número 9973 - 20 de abril de 1918
  • El Correo de Galicia. 23 de xaneiro de 1909; Num. s.n. (15/05/1911); Num. 5215 (20/04/1918)
  • Faro de Vigo. 7 de xaneiro de 1914.
  • Diario de Galicia. 23 de xaneiro de 1909
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 310 (30/12/1911)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXV Número 10210 - 18 de abril de 1918
  • El Progreso  semanario independiente Ano XII Número 2629 - 19 de abril de 1918
  • Galicia  diario de Vigo Número 160 - 27 xaneiro 1923
  • La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 6945 (08/01/1914)

xoves, 6 de xullo de 2023

O primeiro timo telefónico en Galicia (1924)

Desde o Círculo Artístico de Vilagarcía de Arousa, un individuo solicitou comunicación coa axencia de D. Jose Pérez Fernández, simulando que estaba a chamar desde axencia A. Cardona da cidade de Vigo (rúa Victoria 34). Era o 15 de decembro de 1924.


Información sobre a rede urbana de Vilagarcía https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/09/1908-rede-urbana-de-vilagarcia.html


A conversa xirou sobre negocios comúns a ambas axencias de consignación, cando, ao final da chamada, o suposto Cardona de Vigo dixolle ao interlocutor que se atopaba en Vilagarcía un tal Ricardo Puga ao que debería darlle 150 pesetas ao que debería solicitarlle un recibo. O fillo político de José Pérez, D. Jerónimo Sánchez, foi o responsable do encargo, levándolle ao Hotel Moderno onde estaba o suposto Ricardo Puga a citada cantidade. 

Postal. Hotel Moderno. Sen datar. 


Casualmente unha persoa de confianza de  Jose Pérez foi Vigo e descubriu, nunha reunión con Cardona, o engano ao que foi exposto. Avisou rapidamente a Jerónimo, que volveu ao hotel pero xa non estaba o timador. Tras unha denuncia na Guarda Civil, aparecería o timador no Círculo Artístico vendo unha función infantil que intentaría manter a súa identidade falsa. Descubriríase que era Vicente Santamaría de 18 anos, natural de Santiago, que comentou que actuou dese xeito ao quedar sen diñeiro e necesitar volver á súa cidade. Antes xa gastara unha terceira parte das 150 pesetas en convidar a uns amigos que ten na localidade.


Información sobre a rede interurbana de Vilagarcía https://telefoniagalicia.blogspot.com/2023/02/telefono-interurbano-en-vilagarcia-1914.html


Os responsables da detención foron o suboficial D. Vitoriano Benito e o cabo comandante D. Jorge Puente.


Para saber máis:

  • Faro de Vigo de 16 de decembro de 1924
  • El Pueblo Gallego, rotativo de la mañana Ano I Número 278 - 17 de decembro de 1924
  • Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6412 - 16 de decembro de 1924

xoves, 2 de febreiro de 2023

Telefono interurbano en Vilagarcía (1914-1924)

 O 18 de xuño de 1914 sae publicado o proxecto de instalación da rede interurbana en Vilagarcía. O proxecto incluía usar postes de madeira na estrada de Chapa a Carril e a continuidade pola via de tren. A idea era que estivera disponible en setembro de 1914.

A estación estaría ubicada nun baixo da rúa Calderón (hoxe alcalde Rey Daviña). A inauguración tivo lugar no 12 de setembro de 1914, xusto despois da de Santiago e a última das dez estacións previstas nesta primeira fase. Á inauguración acudiron autoridades locais e prensa. Desafortunadamente non se conservan copias de Galicia Nueva, o xornal de Vilagarcía, desa data. A comunicación coas vilas máis próximas (Santiago e Pontevedra) costaría 0,5 pesetas por tres minutos.

O xefe da estación sería Manuel Villaspí. A central urbana (moi próxima á interurbana) estaría conectada para permitir que abonados poideran chamar desde as súas casas, como se observa na imaxe. Desde marzo de 1915 comeza a reclamarse unha ampliación de horarios ata a medianoite e persoal, de xeito similar a outras poboacións de Galicia, que parece aceptarse parcialmente (ata as 20h) xa en abril de 1915, pasando a ser ata as 22h en xullo de 1915.

En 1916 o servizo cambia de localización pasando a estar na rúa Vista Alegre número 18, esquina coa praza da Fonte, no lugar onde se atopaba o antigo hotel Suizo. En abril de 1918 Manuel Vallespí confirma que o horario pasaría a ser de oito da maña a dúas da noite, reducíndose á medianoite en setembro de 1919.

O 12 de decembro de 1923 sae a nova de que Manuel Vallespí ten un novo destino en Zaragoza, pasado a ser titular do cargo Jose María de la Bodega Gil, con Salvador Blanco Danés de oficial.  

Jose María trasladaría a sede á rúa González Garra 5 (actual rúa Rey Daviña) coa axuda do instalador José Abraham e o mecánico de Vigo D. Manuel Comesaña, dirixidos polo xefe da central de Vigo, D. Constancio Lambán.

Central interurbana de Vilagarcía. Archivo de la Fundación Telefónica. Sen datar.


Unha vez pasado o conflito da reducción horaria, volvería intentarse, por parte da Cámara de Comercio, en xuño de 1924 que volvera a pechar ás doce da noite.


Para saber máis:

  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVI Número 7329 - 18 xuño 1914; Ano XXVI Número 7364 - 23 xullo 1914
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (23/07/1914); Num. s.n. (14/09/1914); Num. 7132 (14/09/1914) (14/09/1914); Num. 5212 (17/04/1918); Num. 723 (28/03/1920)
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9066 - 23 de xullo de 1914; Ano XXXI Número 9114 - 17 de setembro de 1914; Ano XXXV Número 10207 - 16 de abril de 1918 
  • Faro de Vigo  - 23 de xullo de 1914; 11 de xullo de 1914 
  • El Eco de Santiago diario independiente Año XIX Número 6643 - 24 de xullo de 1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7120 (24/07/1914);  Num. 7343 (29/05/1915)
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano VIII Número 2754 - 11 de setembro de 1914;  Ano VIII Número 3035 - 9 de abril de 1915; Ano IX Número 3830 - 10 de xullo de 1915; Ano IX Número 3811 - 11 de xuño de 1915; Ano X Número 4171 - 21 de xuño de 1916; Ano XII Número 4539 - 16 de abril de 1918; Ano XIII Número 4963 - 9 de setembro de 1919; Ano XVII Número 6167 - 12 de decembro de 1923; Ano XVII Número 6168 - 13 de decembro de 1923; Ano XVIII Número 6349 - 3 de xullo de 1924
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 12126 - 16 de setembro de 1914
  • El pueblo gallego rotativo de la mañana Ano I Número 114 - 8 de xuño de 1924

mércores, 30 de agosto de 2023

A incautación por parte da Compañía Telefónica Nacional de España (1924)

As redes en Galicia en 1924 estaban formadas por varios tipos, tanto as urbanas como as interurbanas. No caso das urbanas estarían en manos ben de Correos e Telegrafos (Lugo, Tui, etc), da Compañía Peninsular (Vigo, Monforte, Betanzos) ou en manos privadas (Coruña, Santiago, etc.) O acordo de adxudicación xa recoñecía que as redes urbanas públicas pasaran á nova compañía, así como ás dependentes da compañía Peninsular. As redes urbanas privadas quedarían pendentes dunha negociación individualizada que, no caso de Galicia, pecharíase en 1928.

Redes urbanas existentes na data de adxudicación á C.T.N.E. Producción propia.


No caso das redes interurbanas, tiñamos as dependentes da Compañía Peninsular, que se limitaban a conectar as principais cidades incluíndo Tui, Vilagarcía, Monforte e Betanzos, que pasarían a ser titularidade da nova compañía. En paralelo existían algunhas redes públicas, ben pertencentes a Correos e Telégrafos (como no caso da liña que conectaba Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro), como as xestionadas tamén por Correos e Telégrafos pero financiadas por proxectos provincias, como sería o caso da rede do Morrazo ou o enlace Caldas - Cuntis. Estas redes non estaban conectadas á rede da Compañía Peninsular, co que tiñan limitada a súa utilidade ás chamadas entre esas vilas e o envío de teléfonemas pola rede pública. 

A primeira nova sobre a chegada dun proxecto de compañía telefónica de ámbito estatal sería a finais de maio de 1923 pola prensa chegada de Madrid e copiada pola local. Adxudicada en maio de 1924, o 1 de novembro de 1924 prodúcese a incautación legal das estacións dependentes de Correos e Telégrafos. Dous meses antes xa se fixera con aquelas dependentes da Compañía Peninsular, incluíndo todos os materiais pertencentes a elas. Quedarían unicamente pendentes as redes urbanas en mans privadas. 

A nova compañía ten un prazo de dez anos para deixar de prestar o servizo de telefonemas, que quedará da man de Telégrafos, na forma de telegramas. Xa neste ano teñen a obriga de equiparar os custes, que ata agora eran máis baixos no caso dos telefonemas. Pasan a ser de dez centimos por palabra e trinta no caso dos urxentes, homológanse as tarifas telefónicas en todos os centros:

El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 2167 (16/12/1924)


Outro compromiso sería a automatización das centrais de Vigo e Coruña e soterramento de cables, nun prazo de cinco anos desde a incautación de servizo, que no caso de Vigo se produciría de xeito inmediato en setembro de 1924 ao ser propiedade da Compañía Peninsular. Así, a mediados de 1929, inauguraríase a central automática de Vigo, sendo a primeira de Galicia, e sería a primeira en soterrar tamén os principais cables do centro, obras recollidas en arquivos fotográficos. 

Outros compromisos da adxudicación son un par de cobre entre Galicia e Portugal, que se faría en 1929, e un circuito adicional entre Vigo e Betanzos. Posteriormente a compañía presenta os plans para Galicia á prensa, que incluen circuitos adicionais con Asturias e novas centrais nas cabeceiras de distrito, que serán permanentes. Os xefes de Vigo e Coruña (Cambán e Juan José Caimary Sierra) son ascendidos a directores de rede.


Primeiros trocos na provincia de Lugo

O 12 de setembro de 1924 chega a nova da nova Compañía Teléfonica á estación telefónica interurbana onde notifican que desde o 1 dese mes o persoal pasa a formar parte da empresa. 

O traspaso á nova compañía sería interesante para a liña norte, que conectaba Lugo con Viveiro e Ribadeo via Vilalba e Mondoñedo. A idea sería conectalo a rede interurbana, para dar a posibilidade de chamar por teléfono desde as catro poboacións ao resto da rede, que se produciría o 15 de novembro de 1924.  O xefe de Lugo da nova compañía, o Sr. Mariano A. Fuentes Zaldivar, acompañado do Sr. Prim, visitan as poboacións para notificar o novo titular da liña y explorar como separar o servizo de Correos e Telégrafos, mediante o aluguer doutras dependencias. Así, ao non existir outras concesións na provincia, todo o servizo telefónico estaría xestionado pola C.T.N.E. en 1924. 

Contratarían novas telefonistas en Lugo, que aparecerían mencionadas na prensa. Consuelo Santín, MAría Belló, María Fernández e Isabel Rio Barja para a central interurbana de Lugo e Dolores Díaz, Carmen Vallujera, Antonia Alcázar, Celia Rico e Eloisa Horas para a urbana. 


O proceso de incautación do servizo na provincia de Pontevedra

Pasaría a ser propiedade da nova compañía as estación interurbanas de Vigo, Pontevedra, Tui e Vilagarcía, así coma a rede urbana de Vigo que era da Compañía Peninsular desde 1914. D. Victoriano Blanco Gallego, procedente do interurbano de Llanes acudiría a tomar posesión da estación de Pontevedra. 

O 16 de novembro de 1924 estaría en Pontevedra o enxeñeiro da Compañía Telefónica Nacional de España D. Ángel G. Arguero para tratar co presidente da deputación, o Sr. De la Sota, a compra das centrais da rede telefónica provincial (O Morrazo, Caldas, Cuntis, Redondela, Porriño e Ponteareas), asumindo o persoal feminino. O 14 de novembro de 1924 saiu unha entrevista no Faro de Vigo con Sr. Argueso onde detallou o proceso de incautación das centrais urbanas de Tui e Ponteareas e os plans de futuro coa central automática de Vigo.

O proceso finalizaría con vencimento da concesión da rede urbana de Vilagarcía e a compra dos dereitos das concesión de Manuel Corbal en Pontevedra (e tamén en Ourense), ambos en 1927.


O atrasos en asumir os servizos telefónicos na provincia da Coruña

Juan. J. Caimary Sierra, xefe da interurbana de Coruña desde a súa apertura en 1914, é nomeado xefe de sección da nova compañía como responsable de construcción da rede, mantendo a residencia na Coruña. Sería o 10 de setembro de 1924, só uns días tras a incautación do servicio na capital da provincia. A C.T.N.E.  tería que esperar ata 1928, no vencimento da concesión de Jose María Rivera, para poder asumir todo o servizo na cidade

A nova da incautación chegaría á estación interurbana de Santiago o 14 de setembro de 1924. A concesión urbana vencería en 1927, cando sería asumida pola nova compañía.

Similar sería o caso de Ferrol, onde a concesión urbana perdudaría ata 1927. No caso da estación interurbana, aparece mencionada na prensa a incorporación coma novas telefonistas de Carmen Iglesias, Ángeles Vidal, Alvariño, Antonia María, Antonia Beceiro e Luz Fernández Bastida.


Para saber máis:

  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XIV Número 4643 - 12 de setembro de 1924; Ano XIV Número 4694 - 11 de novembro de 1924;  Ano XIV Número 4695 - 12 de novembro de 1924;  Ano XIV Número 4699 - 16 de novembro de 1924; Ano XIV Número 4700 - 18 de novembro de 1924; Ano XIV Número 4723 - 14 de decembro de 1924
  • La Voz de Galicia: 11 de setembro de 1924; 1 de novembro de 1924; 18 de novembro de 1924; 19 de novembro de 1924; 19 de decembro de 1924
  • El regional diario de Lugo Num. 14268 (23/09/1924); Num. 14311 (12/11/1924); Num. 14318 (19/11/1924)
  • El Orzán  diario independiente Ano VII Número 1977 - 11 de setembro de 1924; Ano VII Número 2031 - 13 de novembro de 1924; Ano VII Número 2034 - 16 de novembro de 1924; Ano VII Número 2061 - 18 de decembro de 1924; 
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXVIII Número 13062 - 30 de agosto de 1924; Ano XXVIII Número 13075 - 15 de setembro de 1924; Ano XXVIII Número 13129 - 18 de novembro de 1924
  • El Progreso  diario liberal Ano XVII Número 5152 - 11 de setembro de 1924; Ano XVII Número 5159 - 19 de setembro de 1924;Ano XVII Número 5203 - 6 de novembro de 1924; Ano XVII Número 5213 - 18 de novembro de 1924
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XLVII Número 16574 - 5 de novembro de 1924; Ano XLVII Número 16586 - 19 de novembro de 1924;  Ano XLVII Número 51669 - 11 de decembro de 1924
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 2150 (26/11/1924); Num. 2167 (16/12/1924)
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano I Número 202 - 20 de setembro de 1924; Ano I Número 242 - 5 de novembro de 1924; Ano I Número 251 - 15 de novembro de1924
  • El Progreso  semanario independiente Ano XVIII Número 5534 - 6 de novembro de 1924; Ano XVIII Número 5568 - 16 de decembro de 1924
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6377 - 6 de novembro de 1924
  • El regional  diario de Lugo Num. 14314 (15/11/1924)
  • El Compostelano  diario independiente Ano V Número 1363 - 11 de setembro de 1924
  • Faro de Vigo: 14 de novembro de 1924; 9 de decembro de 1924
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XLI Número 11930 - 25 de setembro de 1924; Ano XLI Número 11973 - 14 de novembro de 1924
  • Galicia diario de Vigo Número 597 - 29 agosto 1924
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVIII Número 6388 - 19 de novembro de 1924

domingo, 30 de xullo de 2023

Os problemas para ter unha central telefónica en A Guarda (1915-1926)

Aproveitando as iniciativas de Tui ou Ponteareas, en A Guarda comezan a realizar xestións para conseguir a chegada do teléfono en marzo de 1915. Tentan facer unha reunión para averiguar o número de persoas que poden estar interesadas no servizo. 

O 2 de setembro de 1915 aparecen mencións na prensa á visita do xefe da sección telegráfica de Vigo, D. Vicente Aguado, para proceder ao estudo e replanteo para a instalación da rede urbana de A guarda. Xa anteriormente, en xuño de 1915 recibira Tui a visita do inspector de Correos e Telégrafo, D. Emilio Novoa e o xefe de sección. D Enrique Holgado, que mencionan tamén o interese en acometer o proxecto de A Guarda.

Este proxecto necesita un novo local para acoller o servizo telegráfico e a futura central telefónica, do cal se conserva o expediente no arquivo municipal. O 24 de maio de 1915 Vicente Aguado comunica ao concello a necesidade dun novo local, custe que debe correr por parte de Concello. Isto levanta unha controversa sobre a situación de Tui o Vilagarcía, onde o local é facilitado polo Estado, ou a necesidade de involucrar a Oia e O Rosal no aluguer, xa que eles tamén van a recibir o servizo. Vicente Aguado contesta que tanto Tui (internacional) como Vilagarcía (porto) teñen unha grande interese telegráfico. 


O primeiro de setembro de 1915 formalizan un contrato de aluguer Dª Juan González García, viuva de Estevez, co concello, dunha casa destinada a estación telegráfica e telefónica. A casa está ubicada no número 1 da praza Ignacio Sobrino que alugan completa agás dous cuartos no entrechán para que a propietaria poida gardar enseres. O prezo sería de 1000 pesetas anuais, que se baixaría a 475 pesetas na mesma data nun segundo contrato aducindo o estado económico no que se atopa o concello. Cabe pensar que o fixeron para intentar incrementar o custe a 1000 pesetas no caso de que asumira o custe o Estado.

Extracto do contrato de aluguer asinado en 1915


Desafortunadamente non terían estación teléfonica en tempo. Ao non entrar na primeira rolda xunto a Ponteareas ou Tui, afectoulle a Guerra, polo que o proxecto quedaría parado ata a proposta de rede provincial por parte de Francos Rodríguez, que tamén se demoraría, polo que ata 1922 non se falaría de novo do servizo telefónico na Guarda. O xefe de telégrafos de Tui, D. Manuel López, recibira o material necesario para a construcción do teléfono urbano en A Guarda, restando conseguir a rede que ligara Tui con A Guarda. 

O 1 de novembro de 1924 formalizaríase un novo contrato de aluguer, desta vez con Dª Manuela Lomba Gómez na Praza da Constitución nº 2 da vila da Guarda, por 840 pesetas anuais. O contrato podería ser cancelado no caso de que o Estado construira a súa propia estación telegráfica e telefónica. Dalgún xeito este local sería traspasado á nova Compañía Telefónica Nacional de España, que empezaba a operar nesas datas para a construcción da nova central.


Inauguración

A Compañía Telefónica Nacional de España inauguraría a central telefónica o 31 de decembro de 1926, tras moitos anos de intentos, que acabarían de ter éxito con Manuel Álvarez Vicente como alcalde. asistiron o gobernador civil Alberto Rodríguez Gómez, o presidente da deputación Sr. de la Sota; o delegado gubernativo, D. Miguel Martínez e o cónsul de Portugal D. Carlos Vasconcellos. Ademáis de unha mostra da sociedade civil guardesa: concelleiros, secretario municipal, prensa, xuiz municipal, o xefe de telégrados (D. Jose Cantano), industriais, comerciantes, etc. 

Por parte da compañía telefónica asistiron Rafael de Abreu (xefe do cuarto distrito), Manuel García Cortes (xefe de Vigo) e os Señores Fuentes e Giralda. A central conta cun locutorio e un amplo cadro. O director confirma durante o lunch que a rede se extenderá a Camposancos e Tomiño próximamente.

Inauguración da central telefónica o 31 de decembro de 1926. Foto Pacheco. El Pueblo Gallego. 2 de xaneiro de 1927

Inauguración da central telefónica o 31 de decembro de 1926. Foto Pacheco. Vida Gallega



Os primeiros abonados

Estos serían os primeiros abonados que aparecerían na guía telefónica de 1928.





Para saber máis:

  • El Noroeste Año XX Número 9903 - 10 de marzo de 1915
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Num. 1522 (10/03/1915);  Num. 1553 (02/06/1915)
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXII Número 9433 - 5 de outubro de 1915; Ano XXXV Número 10267 - 9 de xullo de 1918
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 144 (02/09/1915); Num. 150 (11/07/1918)
  • El Tea  semanario independiente Época 2ª Ano IX Número 116 - 14 de abril de 1916
  • El Progreso semanario independiente Ano XII Número 2660 - 9 de xullo de 1918
  • Faro de Vigo. 6 de outubro de 1922
  • La Voz de Galicia. 6 de outubro de 1922
  • El pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano IV Número 908 - 1 de xaneiro de 1927; Ano IV Número 909 - 2 de xaneiro de 1927

martes, 12 de xullo de 2022

Autocares La Regional: primeira telefonía móbil

Manuel Sanjurjo Otero era o segundo fillo de Antonio Sanjurjo Badía, un famoso industrial e inventor vigués cunha fundición e estaleiros de seu. Manuel, enxeñeiro industrial de formación, axudou nos negocios familiares pero deu o salto a negocios fora da cidade de Vigo. Nunha primeira fase como impulsor do proxecto, e posterior concesionario, da rede de telefonía urbana de Vilagarcía, construído en 1908 e inaugurada a primeiros de 1909. 

Gaceta de Madrid.-Núm. 74 de 14 de marzo de 1908 


Antonio comezara a comprar autocares de vapor en 1903 a compañías de Ferrol, Verín ou Santiago para posteriormente adaptalos, na súa nave en Vigo da Industriosa,  para que funcionaran con bencina, un tipo de hidrocarburo. En 1906 consigue a aprobación para comezar o servizo entre Coruña e Santiago, aínda con autocares de vapor, nomeando ao seu fillo Manuel o responsable da liña.  Sería a primeira empresa en Galicia en prestar este servizo motorizado, deixando atrás as pesadas dilixencias. A empresa tiña garaxes en Coruña, Ordes e Santiago, con persoal propio. O servizo entre as dúas cidades levaba unhas tres horas, tendo que facer varias paradas para a repoñer auga. 



A prensa da época recolle en varias ocasións como o carácter innovador da familia levounos a mellorar os vehículos, novos moles, freos adaptados a realidade da orografía e estradas da época, etc. Tamén recolle unha ruta realizada por Manuel en 1912 por Madrid, Barcelona, Lyon e varios puntos de Alemaña para adquirir novos vehículos. 

Este carácter innovador xunto ao coñecemento dos sistemas telefónicos e a dispoñibilidade dunha rede construída a finais de 1914 pola Compañía Peninsular de Teléfonos, que ía paralela á estrada de Santiago a Coruña levouno a propoñer levar dispositivos telefónicos nos vehículos que puideran ser conectados aos fíos telefónicos nos postes para notificar calquera incidencia nos coches, que permitirá solicitar asistencia técnica. Esta innovación estrouse o 2 de Febreiro de 1916.

Mondariz  suplemento a La Temporada Ano II Número 8 - 1916 xaneiro 20

Antes, en 1913, Manuel, en compañía do seu familiar Manuel Otero Bárcena (político e futuro primeiro presidente do Celta de Vigo e director do Faro de Vigo), comprará a a John Trulock a liña telefónica da vía de tren de Carril (nas proximidades de Vilagarcía de Arousa) a Cornes (próximo a Santiago de Compostela). Esta era a primeira liña de tren en Galicia e onde ocorreron das primeiras experiencias de telefonía 35 anos antes. A compañía de tren mantería unha liña para a xestión do seu servizo deixando outro fío, que explotaría Manuel Sanjurjo, para que os empresarios de Santiago puideran chamar a Carril para informarse sobre portes na rede do tren. Cumpre salientar que Carril dependía da rede urbana do propio Manuel.

Ese concepto que exportara Manuel Sanjurjo de 'telefonía móbil' xa existía nos servizos ferroviarios xa que tiña teléfonos nas estacións, para a xestión do propio servizo, como teléfonos 'móbiles' que podían conectar en diferentes puntos da rede. Algunhas mencións sobre o servizo de autocares falan de dispoñibilidade de postes con acceso aos fíos cada dez quilómetros no tramo Santiago de Compostela - A Coruña.



Anuncio explicando o servizo de telefonía. Suevia revista semanal de literatura arte y ciencias Año II Número 8 - 1 de xaneiro de 1918

Manuel, ademais de súas facetas empresariais, foi concelleiro do concello de Santiago de Compostela durante varios anos, así como membro da xunta arcebispal. No ano 1919 viuse obrigado a vender a súa frota e a concesión a o futuro empresario senlleiro galego Evaristo Castromil, xa que Manuel Sanjurjo tivo que volver a atender os negocios familiares froito da avanzada idade do seu pai. 

Para saber máis:
- Diario de Galicia. Ano VII Número 1533.  8 de xaneiro de 1914
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 1 (01/02/1916)
Empresarios de Galicia. Vol. 2. Xoan Carmona Badía.  Fundación Caixagalicia. 

Tarefas pendentes:
- Arquivo do museo do ferrocarril. Fundación Cela. Iria-Flavia (Padrón). Posibles testemuñas da rede telefónica.



venres, 23 de decembro de 2022

Os dous proxectos de rede interurbana de 1907

22 de novembro de 1906. Reúnense no congreso representantes políticos de Galicia, Oviedo, León, Valladolid, Santander e Palencia (Sr. Miro, Rendueles, Azcárate, Lomas e Monteiro Villegas) para tratar o tema da liña de telefonía interurbana do Noroeste, que era a que faltaba por construir en España. Estímanse 2,5 millóns de pesetas como investimento necesario.

Nos políticos locais estaba todavía o recordo das limitacións de conectividade na proposta de servizo de anos antes, polo que axiña comezan a mobilizarse en Pontevedra, para non quedar fora do proxecto. Involucran aos deputados Vincenti e González Besada.

Artigo satírico sobre Eugenio Montero Ríos. La Libertad Num. 66 (29/11/1906)

O 17 de decembro comunícase que se reservou no orzamento 500.000 pesetas para a instalación da nova liña, pero se paraliza no Senado, ante a firme oposición do Sr. Allendesalazar, o Conde de Romanones.


A rede galega de 1907

O director xeral de Correos e Telégrafos Sr. Álvaro López Mora aproba en xaneiro de 1907 a creación do servizo telefónico entre Vigo, Santiago e Coruña, que se prestaría sobre os actuais cables do servizo telegráfico. Os concellos deben asumir a responsabilidade de construir os locutorios.  Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía, Ourense e Lugo reclaman tamén sumarse a este servizo para o que fan peticións incluso ao ministro de fomento, o galego Augusto González Besada.  López Mora confirma que queda limitado ás tres cidades por ausencia de aparatos telefónicos, que se solicitan a Alemaña, e que tan pronto como estean dispoñibles se sumarían Pontevedra e Ferrol, ou Pontevedra e Vilagarcía segundo outras fontes.

Faro de Vigo. 22 de xaneiro de 1907

Os concellos comezan a traballar na construción dos locutorios, involucrando aos arquitectos municipais, incluso Pontevedra que parece xa obter a autorización. No caso de Pontevedra, dadas as reducidas dimensións do local, pénsase en cambiar a un novo. Os primeiros en estar listos son os de A Coruña e Santiago. As primeiras probas parecen ser o 22 de febreiro de 1907, cando xa dispoñen os teléfonos nas centrais.  Xa neste mes aparecen os primeiro contratempos. López Mora deixa o posto en favor do xeneral Espinosa de los Monteros, que xa non está a favor de compartir o cable do telégrafo co teléfono e aposta por unha nova instalación.

O 12 de abril constan probas de conectividade entre as cidades de A Coruña (co Sr. Ramón García López), Santiago (o Sr. Baena), Pontevedra (co Sr. Asenjo del Río) e Vigo (con Enrique Holgado). Enrique leu unha novas do Faro de Vigo, desde Pontevedra as fillas do director cantaron a melodía "Meus amores" de Baldomir e desde Santiago conectaron un gramófono con música rexional.

Ferrol comeza a reclamar a conexión, xa que vese fora desta rede galega e da rede do Noroeste que se está a publicar. O xefe da estación, o Sr Borrás, recomenda ao concello que financie o locutorio necesario.

Prezos dos telefonemas (15 palabras), bonificando nun 50% o custe se son para axendar una conferencia

  • A Coruña - Santiago: 0,55 pesetas
  • Vigo - Pontevedra: 0,55 pesetas
  • Resto de enlaces: 1,05 pesetas
Prezos das conferencias (3 minutos)

  • A Coruña - Santiago: 0,75 pesetas
  • Vigo - Pontevedra: 0,55 pesetas
  • Santiago - Pontevedra: 0,75 pesetas
  • Resto de enlaces: 1,25 pesetas
O 10 de xuño de 1907 celébranse unha novas probas coa presenza de políticos e a prensa (Faro de Vigo, El Diario de Pontevedra, El Eco de Santiago e El Noroeste) que se saudaron, probáronse gramófonos. Desde Pontevedra Elisa Asenjo,  a filla do director, volveu actuar cantando outra peza. No caso de Santiago foron a cantante María Naveira, o pianista Antonio García Giménez e o violinsta Luisito Inquierdo. Dase por inaugurado o servizo o de 16 de xuño de 1907.

O éxito do servizo implica a súa propia morte. O teléfono entre as cidades implican grandes retrasos no servizo telegráfico e o Sr. Lacierva, ministro de gobernación, decide suspender o servio telefónico en setembro de 1907.

 El Eco de Santiago  diario independiente Ano XII Número 3576 - 30 de setembro de 1907


O proxecto de rede do Noroeste de 1907

Publícase o 4 de abril de 1907 na Gaceta de Madrid a poxa para a contrución da rede que debe unir Madrid con Galicia, Asturias e Santander, por un importe máximo de 2.522.416 pesetas. En principio selecciónanse as estacións de Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo. Esta rede estaría pensada para coexistir coa rede galega que estaba en construcción, na que xa estaban en construcción os locutorios de Coruña, Santiago e Vigo. No caso de Coruña prevé a instalación tamén dunha mesa de probas para verificar que a liña está operativa.

Gaceta de Madrid. 4 de abril de 1907


A rede será conectará Galicia con Madrid desde Ponferrada, pola vía do tren chegando ata Aranga, tras pasar por Monforte e Lugo. Desde Aranga vai ata Betanzos pola estrada e desde Betanzos a Coruña por ferrocarril. Desde Monforte a Ribadavia via Ourense por ferrocarril,. Desde Rivadavia por estrada a Redondela e desde Redondela a Vigo e Pontevedra por ferrocarril. Esta poxa quedará deserta.

Sairá publicada unha nova poxa o de 12 de novembro de 1907, cubrindo as catro capitais, Vigo, Santiago, Ferrol, Monforte e Betanzos. Nesta ocasión será Tui, que tiña conectividade na rede telegráfica polo seu carácter fronteirizo a que reclame, pola vía do deputado Ordoñez, a que se inclúa no proxecto. A poxa péchase o 3 de xaneiro de 1908. Unha nova vez, queda deserta esta subasta segundo sae publicado na prensa de abril de 1908

Gaceta de Madrid. 12 de novembro de 1907



Para saber máis:

  • Noticiero de Vigo diario independiente de la mañana Ano XXII Número 9712 - 21 de novembro de 1906; Ano XXII Número 9736 - 19 de decembro de 1906
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXIX Número 9586 - 24 de novembro de 1906; Ano XXIX Número 9614 - 27 de decembro de 1906; Ano XXX Número 9666 - 26 de febreiro de 1907;  Ano XXX Número 9668 - 28 de febreiro de 1907; Ano XXX Número 9673 - 6 de marzo de 1907; Ano XXX Número 9722 - 3 de maio de 1907; Ano XXX Número 9873 - 30 de outubre de 1907; Ano XXX Número 9874 - 31 de outubro de 1907; Ano XXX Número 9888 - 16 de novembro de 1907
  • Faro de Vigo. 24 de novembro de 1906; 28 de decembro de 1906; 22, 23, 26 e 27 de xaneiro de 1907; 7, 20 e 23 de febreiro de 1907; 1 e 2 de marzo de 1907; 18 de xuño de 1907
  • La Voz de Galicia. 24 de novembro de 1906; 27 de decembro de 1906; 24 e 25 de xaneiro de 1907; 6 e 26 de febreiro de 1907; 16 de marzo de 1907; 6, 7 e 14 de abril de 1907; 9 de xuño de 1907; 15 de setembro de 1907; 16 de novembro de 1907; 3 de abril de 1908
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XVIII Número 5043 - 28 novembro 1906; Ano XVIII Número 5045 - 30 novembro 1906; Ano XVIII Número 5058 - 17 decembro 1906; Ano XIX Número 5090 - 25 xaneiro 1907;  Ano XIX Número 5095 - 31 xaneiro 1907;  Ano XIX Número 5110 - 20 febreiro 1907; Ano XIX Número 5156 - 17 abril 1907; Ano XIX Número 5191 - 31 maio 1907;  Ano XIX Número 5205 - 17 xuño 1907; Ano XIX Número 5286 - 24 setembro 1907 ; Ano XIX Número 5331 - 16 novembro 1907
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXIII Número 6784 - 29 de novembro de 1906; Ano XXIII Número 6804 - 22 de decembro de 1906; Ano XXIII Número 6807 - 27 de decembro de 1906; Ano XXIII Número 6809 - 29 de decembro de 1906; Ano XXIV Número 6829 - 23 de xaneiro de 1907; Ano XXIV Número 6837 - 1 de febreiro de 1907; Ano XXIV Número 6840 - 5 de febreiro de 1907; Ano XXIV Número 6842 - 7 de febreiro de 1907; Ano XXIV Número 6895 - 13 de abril de 1907; Ano XXIV Número 6934 - 31 de maio de 1907; Ano XXIV Número 6943 - 11 de xuño de 1907; Ano XXIV Número 6859 - 28 de febreiro de 1907; Ano XXIV Número 7024 - 18 de setembro de 1907: Ano XXIV Número 7060 - 30 de outubro de 1907;  Ano XXIV Número 7072 - 14 de novembro de 1907
  • Galicia  revista quincenal ilustrada Ano II Número 11 - 1 de xaneiro de 1907
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XII Número 3707 - 23 de xaneiro de 1907; Ano XII Número 3727 - 15 de febreiro de 1907;  Ano XII Número 3353 - 4 de marzo de 1907; Ano XII Número 3384 - 13 de abril de 1907; Ano XII Número 3466 - 10 de xuño de 1907; Ano XII Número 3467 - 11 de xuño de 1907; Anno XII Número 3569 - 21 de setembro de 1907; Ano XII Número 3576 - 30 de setembro de 1907
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 19 (23/01/1907); Num. 29 (05/02/1907); Num. 38 (16/02/1907); Num. 82 (13/04/1907); Num. 130 (11/06/1907); Num. 247 (31/10/1907)
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 1778 (25/01/1907); Num. 1889 (12/06/1907); Num. 2068 (14/11/1907) 
  • Galicia  revista quincenal ilustrada Ano II Número 14 - 15 de febreiro de 1907
  • El Noroeste Ano XII Número 4259 - 19 de febrero de 1907; Ano XII Número 4309 - 19 de abril de 1907; Ano XII Número 4353 -  9 de xuño de 1907; Ano XII Número 4354 - 11 de xuño de 1907; Año XII Número 4478 - 2 de novembro de 1907; Ano XII Número 4488 - 14 de novembro de 1907
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. s.n. (23/02/1907);  (27/02/1907); (18/03/1907); (08/04/1907); (10/06/1907); (19/06/1907)
  • Boletín oficial de la provincia de La Coruña Núm. 211 - 07 Marzo 1907
  • Diario Ferrolano - 14 de abril de 1907


sábado, 6 de maio de 2023

Teléfono nos faros. A catástrofe de Sálvora en 1921.

A catástrofe do Santa Isabel é considerado como o Titanic galego, xa que causou a morte a 213 pasaxeiros e tripulantes do buque o 2 de xaneiro de 1921, que desde Coruña dirixíase a Cádiz vía Vilagarcía de Arousa. Perto de Sálvora encaiaron e o barco afundiuse. A historia deixou a tres mulleres da Illa como heroínas ao acudir a axudar e ser capaces de rescatar perto de 30 vidas.  Case todos os homes estaban en festas de Aninova en poboacións da costa.

A historia pasa por o faro de Sálvora e o seu torreiro, que detectou o afundimento pero tivo que camiñar ata a vila por tres quilómetros para dar aviso e, polas condicións do mar, Ribeira non puido ter noticia ata a mañá seguinte.. A prensa empezou a cuestionar se os faros deberían ter medio eléctricos, ben telégrafos ou teléfonos ou radiotelegrafía, para poder notificar con carácter urxente este tipo de sucesos. 

Vivendas de Sálvora. Foto Ksado.

O faro de Fisterra conta cun sistema telegráfico y un sistema radio instalado pola empresa de Marconi en 1913; a Torre de Hércules ten un telégrafo, mentres que Faro Vilán, a pesares da súa importancia, non conta con sistema de comunicación algunha, obligando a facer moitos quilómetros ata Vimianzo para dar avisos. Por iso, presiónase para que progresivamente os faros das illas e zonas críticas vaian tendo mecanismos para a notificación de catástrofes. As únicas illas que contarían con servizo serían o Lazareto de San Simón e A Toxa.

Ademais da notificación de catástrofes, a prensa de 1910 xa recollía a conveniencia de dispor de sistemas de comunicación con Fisterra ou Ortegal para a notificación de temporais e a posibilidade de difundir esta información aos portos de Galicia.

Mapa de comunicacións na costa en 1911. Instituto Geográfico Nacional.


De ter telégrafo ou teléfono (con ou sen arames) o torreiro do faro de Sálvora podería notificar a situación a Ribeira, A Pobra o Vilagarcía. Eso podería ter reducido o número de mortes, especialmente de aqueles que tiñan chaleco salvavidas. Ademais, esto non se trataba dunha necesidade nova, durante a primeira guerra náufragos chegaban a costa de Vilán e o torreiro tiña que merchar seis quilometros ata Camariñas para dar conta do sucedido.

No acto de homenaxe as heroínas de Sálvora aproveitouse para anunciar a vontade de instalar o teléfono en Sálvora e Corrubedo, para evitar catástrofes, así com unha base para un cañonero, pero non consta que esto finalmente se levase a cabo ata 1924, que sae un decreto autorizando as obras de instalación de servizos radiotelegráficos na illa.

Tamén se realizou unha pequena homenaxe aos telegrafistas de Ribeira polo súa dedicación nas datas seguintes á catastrofe.  D. Tomás Ojea, Dª. Maria Bercial Vázquez e D. Julio Pastor apareceron no Vida Gallega do 20 de xaneiro de 1921.


 


Para saber máis:

  • La Integridad diario católico Num. 9286 (22/03/1921)
  • El Orzán  diario independiente Año IV Número 875 - 9 de xaneiro de 1921
  • El Diario de Pontevedra periódico liberal Ano XXXVIII Número 11039 - 11 de xaneiro de 1921
  • El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1178 (16/01/1921)
  • Galicia  diario de Vigo Número 139 - 3 xaneiro 1923
  • La voz de Galicia. 19 de marzo de 1910; 22 de febreiro de 1923.


luns, 10 de xullo de 2023

A reducción de horarios da Compañía Peninsular (1923)

 O 23 de agosto o xornal La Voz de la Verdad, de Lugo, anuncia a intención de reducir o horario da central interurbana da cidade para pechar unha hora antes (á medianoite, en lugar da 1:00), a partir do primeiro de setembro. Durante os seguintes días se irían anunciando reduccións en boa parte do resto das estacións. Sempre co obxectivo de reducir custes de persoal, que era mais caro polas concesións sociais aos traballadores e como unha mostra de acción ante ás intencións de nacionalizar o servizo ou poñelo en mans dunha compañia americana. Un dos principais sería a prensa, acostumada aos reportes nocturnos, que se levantaría ante este intento.


Telefonistas diante da central de Teléfonos Interurbanos de A Coruña. Arquivo fotográfico de Telefónica. 1928 


No caso de Ourense a proposta sería pasar das 2:00 á medianoite, motivando un telegrama do alcalde ao director da compañía e outro do presidente da Cámara do Comercio. En principio parece ser que aceptan esa súplica polo que non ser alteraría o horario orixinal.  Curiosamente, a prensa recolle o 7 de setembro, a renuncia do xefe da estación, Emiliano Castrillo, pola disconformidade coa nova organización.

A proposta para Pontevedra sería pechar ás 22:00, canto antes o facía a medianoite. A Cámara de Comercio visita ao Gobernador Civil e espérase que o alcalde realice unha protesta formal. Así, e tras coñecer que Ourense mantén o horario orixinal, deciden presionar nese sentido tanto o concello como a deputación, así como sociedades civiles. O secretario do director da Compañía de Teléfonos Peninsular contesta ao presidente da Deputación de que non van cambiar salvo que se demostre a necesidade do servizo. Posteriormente o ministro de Gobernación indica que notificaron á Compañía Peninsular a necesidade de continuar co servizo normal ata que se resolva o expediente. O 4 de outubro volve restituirse o servizo ás doce da noite

Vilagarcía pecharía ás 22:00, cando antes pechaba a medianoite. Uns anos antes o facía ás 2:00. Un servizo longo atendido únicamente por 4 persoas. O xefe da estación, Don M. Vallespi escribe unha carta ao xornal Galicia Nueva indicando que co persoal que teñen non poden prestar servizo máis horas e que, salvo en xullo e agosto, non hai demanda do servizo a partir das 22h. Mentras que en outras cidades vólvese ao horario orixinal tralas queixas, no caso de Vilagarcía permanece ata as 22h. 

En Vigo pasaría das dúas da mañá á unha, levantando queixas da prensa que o necesitaba para recibir as últimas novas de Madrid.

En Tui a idea sería pechar ás 21:00, que provoca as queixas da cámara de comercio ao gobernador civil, así como a intención do alcalde e sociedades de recreo de iniciar protestas. Aínda en abril de 1924 se seguiría a reclamar a extensión do horario.

En Lugo, onde comos e indicara antes a proposta sería pasar das 1:00 ás 0:00, tamén motiva certas protestas. 

En Santiago non quedarían máis evidencias do recorte salvo que pasaría a pechar ás 23:00, sen aparentemente espertar queixas sociais. 


Para saber máis:

  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Ano XIII Número 4315 - 23 de agosto  de 1923; Ano XIII Número 4323 - 1 de setembro  de 1923; Ano XIII Número 4325 - 4 de setembro  de 1923; Ano XIII Número 4328 - 7 de setembro  de 1923
  • El Ideal gallego diario católico, regionalista e independiente Num. 1870 (26/08/1923)
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XIV Número 4009 - 26 de agosto de 1923; Ano XIV Número 4010 - 28 de agosto de 1923; Ano XIV Número 4015 - 2 de setembro de 1923
  • La Integridad diario católico Num. 10008 (28/08/1923);  Num. 10010 (30/08/1923); Num. 10012 (01/09/1923); Num. 10014 (04/09/1923)
  • El Progreso  semanario independiente Ano XVII Número 3210 - 29 de agosto de 1923; Ano XVII Número 3220 - 9 de setembro de 1923; Ano XVII Número 3225 - 15 de setembro de 1923
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XVII Número 6078 - 30 de agosto de 1923; Ano XVII Número 6079 - 31 de agosto de 1923; Ano XVII Número 6081 - 2 de setembro de 1923; Ano XVII Número 6082 - 4 de setembro de 1923; Ano XVII Número 6083 - 5 de setembro de 1923; Ano XVII Número 6092 - 15 de setembro de 1923;  Ano XVII Número 6109 - 5 de outubro de 1923; Ano XVII Número 6122 - 20 de outubro de 1923; Ano XVII Número 6123 - 21 de outubro de 1923;
  •  El Progreso  diario liberal Ano XVI Número 4833 - 31 de agosto de 1923; Ano XVI Número 4835 - 2 de setembro de 1923;  Ano XVI Número 4842 - 11 de setembro de 1923; Ano XVI Número 4844 - 13 de setembro de 1923
  • Galicia  diario de Vigo Número 338 - 31 agosto 1923; Número 345 - 8 setembro 1923; Número 366 - 4 outubro 1923; Número 380 - 20 outubro 1923
  • La Zarpa  diario de los agrarios gallegos Ano III Núm. 603 - 31 agosto 1923
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XL Número 11836 - 3 de setembro de 1923
  • La Provincia  diario de información y de intereses generales Año I Número 81 - 4 de setembro de 1923
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXVIII Número 11568 - 11 de setembro de 1923
  • Faro de Vigo. 12 de setembro de 1923; 19 de abril de 1924

domingo, 3 de decembro de 2023

Victor Piedras na Exposición Internacional de Electricidade de París (1881)

A Exposición de Electricidade de París tivo lugar entre o 15 de agosto e o 15 de novembro de 1881 no pazo da Industria de nos Campos Elíseos de París, sendo aínda na actualidade a referencia histórica no mundo do avances tecnolóxicos. En paralelo tivo lugar o congresos de electricistas, que entre outras cousas definiu as unidades de medida de electricidade e onde o galego Andrés Comerma acudiu un representación da Mariña.

Victor era o xefe de telégrafos de Vilagarcía cando comeza a realizar unha certa actividades creativa no eido tecnolóxico. En 1877 aparece Víctor Piedras na Revista de Telégrafos un conmutador que ideara e remitira á revista en setembro de 1876, que permitía sustituir ata tres conmutadores por un só que se operaba xirándoo. Os detalles técnicos aparecen recollidos nesa publicación. 

Revista de telégrafos. 1 de febreiro de 1877

En 1878 estréase nun exposición, neste caso local de Coruña, na que expón tres telégrafos deseñados e construidos por el, que reciben unha mención do xurado do certame.

Victor enche o formulario en 1881 para enviar un novo deseño de estación telegráfica intermedia ante a petición da Dirección de Correos e Telégrafos de obxectos para mostrar na Exposición Internacional de Electricidade de Paris. 

Formulario para o envío de obxectos ao certame de París publicado na Revista de Telégrafos de febreiro de 1881.

A Revista de Telégrafos describí así o dispositivo:

"A luxosa estación Morse intermedia con todos os seus complementos, Meneses de prata, todas as pezas metálicas e minúsculas, é a que presenta o Xefe de Estación D. Víctor Piedras, sinalado co número 1.418. O seu principal mérito está na súa beleza: a construción. 

Apóiase sobre un zócalo duns 25 centímetros de longo e uns 15 centímetros de ancho, e de cor marrón. O receptor, ou máis ben o acústico, xa que a recepción se realiza no oído, colócanse nun espazo reducido dous manipuladores, dous galvanómetros, unha agulla de Wheatstone e conmutadores; cuberto todo cunha mampara de cristal, parece un reloxo de mesa."

Gravado do esquema do dispositivo presentado por Victor Piedras na Exposición.

porén, cuestionaba a utilidade unha vez que os teléfonos xa se estaban a utilizar.  Aínda todo, Victor conseguíu unha medalla de bronce no certame.

Non quedan fotografía do dispositivo nin dos elementos no stand, pero co mapa do mesmo lógrase atopar un gravado no que aparece o que debe ser parte do pavillón de España, unha mesa con varias vitrinas con dispositivos.


Gravado da Exposición de Electricidade. en primeiro lugar unha vitrina que debe correspondererse co pavillón de España, pola localización do resto dos elementos. 


España presentou 21 pezas e 6 libros no evento, varios dos grandes inventores deste tempo no que destacaba Enrique Bonnet.


Catálogo oficial da Exposición Internacional de Electricidade de París de 1881.  Páxinas dos expositores españois.


Victor Piedras obtería tamén un recoñecimento nunha exposición rexional en Zaragoza en 1885. Sería xefe de estación e de sector en Pontevedra e, antes da xubilación en Barcelona.  Non deixou fillos i está soterrado en Cornazo (Vilagarcía de Arousa).


Para saber máis:
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano IV Número 808 - 6 de maio de 1881
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 667 (03/05/1881)
  • El Independiente : periódico de Pontevedra : defensor de los intereses de Galicia.: Ano I Número 7 - 28 abril 1881; Ano I Número 19 - 9 xuño 1881
  • La ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada: Num. 35 (18/12/1881)
  • Revista contemporánea: Tomo XXXVII Año VIII Volumen I - 1882 enero 1
  • Revista de Telégrafos 






xoves, 27 de abril de 2023

Plan de telefonía provincial en Pontevedra (1917-1924)

 O 15 de outubro de 1917, na sesión da Deputación de Pontevedra, o deputado Prudencio Landín presenta unha moción para facer unha rede de telefonía provincial, ao abeiro do Real Decreto de 30 de xuño de 1914 e o proxecto de telefonía nacional de Francos, para poñer en comunicación rápida todos os concellos e aldeas importantes da provincia de Pontevedra. 

Prudencio Landín. Vida Gallega. 1917

O vello sistema de carterías e peóns fai que sexan necesarios ata cinco días para trasladar comunicacións, fora de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, que estaban conectadas á rede interurbana, a algúns lugares puntuais cubertos polo telégrafo. Puña de exemplo as redes das deputacións de Guipúscoa, Biscaia e Ciudad Real, así como a mancomunidade catalana. 

Fai mención o proxecto de director de Correos e Telégrafos, D. Jose Francos Rodríguez, que presentara unha proposta para Pontevedra de contar con centráis en Pontevedra Vigo Caldas de Reis, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Tui, A Guarda e A Cañiza, xunto a subcentrais en Carril, Silleda, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Mondariz, Porriño e Baiona. Este proxecto consideraba un custe de 467.000 pesetas. 

Extracto do libro de actas da Deputación de Pontevedra de 15 de outubro de 1917



Extracto  do proxecto de telefonía nacional de Francos Rodríguez. 1917.


Existen dúas vías para acometer o proxecto, a vasca ou catalana, que é independiente do apoio do Estado ou a aproximación de Ciudad Real, que participa unto coa axuda dos concellos, na instalación, locutorios, etc coa axuda do Estado que instala e administra a rede xunto ao corpo de telégrafos. 

Na defensa da proposta, Prudencio Landín solicita a creación dunha comisión para estimar o esforzo da obra e a cantidade a satisfacer por cada concello. Varios deputados participan mostrando o seu interese na iniciativa e nómbrase unha comisión formada por:

  • Prudencio Landín, por Pontevedra
  • Fernando Villamarín, por Vigo-Tui
  • Jose Echeverría, por Caldas-Cambados
  • José López Boullosa, por Pontecaldelas-Redondela
  • Antonio Casa, por Ponteareas-A Cañiza
  • Francisco Riestra Calderón, por A Estrada - Lalín
  • Teodosio Domínguez, como facultativo

 A proposta recibe loubanzas do empresario Masso de Bueu, o diario La Integridad de Tui, o Sr. Conde (alcalde de Vigo), Guillermo Oya (presidente da Asociación para o Fomento de Turismo en Galicia), a Cámara de Comercio de Vigo, Jose Oliveira (presidente da sociedades recreo marítimo de Cangas), a reunión de médicos de Cuntis, etc. 

Os primeiros apoios municipais chegan de Tui e A Guarda, que aproveitan os plenos municipais para comprometer o seu apoio. A iniciativa chega incluso a deputación de Salamanca, onde suxiren copiar a proposta de Landín. Provincias como Cuenca, Valencia o Madrid discuten levar a cabo proxectos similares.

Extracto dunha mostra de apoio publicado no xornal Faro de Vigo de 20 de novembro de 1917


A reunión da comisión tardaría ata o 22 de abril de 1918, tras facer consultas con deputacións con intereses similares,  para preparar a proposta cara o pleno do primeiro de maio. Esta pasa por sufragar ao Estado o 20% do custe da rede. Esta porcentaxe será entregado en cinco anualidades de 18800 pesetas, con cotas iguais por parte dos 62 concellos (a razón de 303 pesetas anuais). 

Sería o semanario El Progreso de Pontevedra o máis crítico co proxecto, ao prefirir que sexa a deputación a que acometa o proxecto sen contar co Estado, xa que dubida da capacidade deste para facer a instalación.

A petición formal trasladaríase ao ministro de gobernación, o Marques de Alhucemas, o 28 de xuño de 1918. Prudencio Landín recibe unha carta do ministro de Facenda, González Besada, indicando que intercederá para sacar o proxecto adiante. O 2 de agosto de 1918 recíbese a confirmación do goberno ao proxecto. O 19 de setembro se envían cartas aos concellos pedindo o compromiso de financiación para este proxecto. 

Arbo e Pontecaldelas serían os primeiros en confirmar a disponibilidade desa cantidade, seguidos nesas datas por Vigo, Cotobade, Sanxenxo, Tui, As Neves, A estrada, Fornelos, Rodeiro, Cuntis, Ribadumia, Silleda, Salvaterra, Bueu, Campo Lameiro e Salceda. A Guarda, Mondaríz, Gondomar, Crecente, Redondela, Pazos de Borbén, Barro, Ponteareas, Meaño, Baiona, Marín e Moaña o farían antes de 10 de outubro, chegando xa a 29 dos 62 concellos. O 17 de xa se contaría con O Rosal, Soutomaior, Covelo, Dozón, Valga, Tomiño, A Lama, Meis e Carbia (actual Vila de Cruces). Chegan as notificacións da aprobación por parte de Cerdedo e Porriño a finais de outubro e de O Grove, Cambados, Mos, Nigrán, Pontesampaio e Pontevedra en Novembro de 1918, quedando para decembro Caldas de Reis, Lalín A Golada, forcarei e Poio. Ao peche do ano non se mencionaría a adhesión por parte de Cangas, Catoira, Moraña, Oia, Pontecesures, Portas, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova, pero pode ser que non apareceran mencións na prensa.

O novo ministro de Facenda, Sr. La Cierva, confirma en xullo de 1919 que se dota o orzamento dunha partida para a rede provincial. O goberno reclama o pago da primeira anualidad e a deputación comeza a reclamar os pagos aos concellos en outubro de 1919. O primeiro en pagar sería A Cañiza, pero pasado un mes aínda faltaría algún por pagar, demorando o proxecto. Entre os últimos figurarían Porriño, Fornelos, Rivadumia, Redondela, A Lama, Cambados e Vilaboa en decembro de 1919. Xa en xaneiro de 1920 pagaría Bueu. En febreiro Dozón, Moaña, Pontesampaio, Caldas de Reis, Silleda, Meaño, A Estrada e Tomiño. En marzo de 1920 serían Forcarei e Lalín. A Deputación vese na obriga de anticipar as cotas de tres concellos que non pagaron en tempo, xa que o 24 de marzo o presidente da deputación Sr. Casas viaxa a Madrid para axilizar o proxecto coa axuda do Conde de Bugallal e o director de Comunicacións.

A orde de instalar a rede provincial foi realizada o 15 de xullo de 1920,por parte da dirección de Comunicacións (o Sr. Conde de Colombí), pero non sería ata uns meses máis tarde cando asignaría esa responsabilidade ao xefe de liña D. Julio Herreros, que se despraza a Madrid o 6 de novembro de 1920 para recibir indicacións. 


Faro de Vigo - Edición de VIGO. Fecha 03/11/1920

Julio regresa o 17 de novembro de 1920 volve cunha proposta de reforma do plan provincial de Francos de 1917 e o convencimento de que recibirá material para executar a construcción da rede. Vincenti presiona ao director de Comunicacións para que a rede se comece a construir no Morrazo, atendendo ás relacións comerciais desas vilas coa industria pesqueira. 

Parece ter éxito, asignando primeiro a Julio Herreros, xefe de liña de telégrafos e, posteriormente, a Jose Sandoval, desligándoo das súas responsabilidades para que poida participar nos proxectos de establecemento da rede. José xa participara no proxecto de Francos Rodríguez en 1917. 

Prudencio Landín reclama unha maior celeridade a través dunha carta no Faro de Vigo do 10 abril de 1921.


Faro de Vigo. 10 de abril de 1921


Unha vez terminado o proxecto do Morrazo, pasarían a liña con A Guarda, via Redondela e Tui, así como o ramal de Ponteareas, para conectar Porriño, Salvaterra, Mondaríz coa vila do Tea, aínda que José Sandoval queda asignado ao proxecto provincial de A Coruña, polo que estes proxecto sofren unha parada.

 Tamén se fala, a finais de 1922 de chegar co teléfono a Cuntis, polo presión do deputado Bernardo M. Sagasta e o xefe de telégrafos de Pontevedra Arturo Lago, que pasaría a ser xefe de implantación do proxecto provincial en xaneiro de 1923 (sendo sustituido no posto de 2º xefe de telégrafos de Pontevedra por Francisco Beredo y Penava, procedente de Bilbao). Puntualmente tamén se menciona a posible conexión da Estrada con Santiago.

O presidente da Deputación,  o Sr. De la Sota, viaxaría a Madrid en febreiro de 1924 logrando a aprobación das liñas de Pontevedra a Redondela, Caldas a Cuntis, e a de Tui - Porriño - Ponteareas - Salvaterra, así como o ramal de Ponteareas a Mondariz. Non chegar a todos os concellos crearía certos conflitos con concellos, que se queixaban de ter pagado e non recibir servizo, como sería o caso de A Cañiza que fora o primeiro en efectuar o pagamento.


Para saber máis: 

  • Faro de Vigo de 14 de outubro de 1917; 15 de outubro de 1917; 20 de outubro de 1917; 30 de outubro de 1917; 6 de novembro de 1917; 20 de novembro de 1917; 4 de outubro de 1918; 29 de setembro de 1918; 26 de setembro de 1919; 4 de febreiro de 1920; 15 de xullo de 1920; 24 de marzo de 1920; 30 de outubro de 1920; 3 de novembro de 1920; 10 de abril de 1921; 8 de novembro de 1922; 6 de febreiro de 1924
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXIV Número 10056 - 15 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10056 - 16 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10056 - 18 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10056 - 20 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10064 - 24 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10068 - 29 de outubro de 1917; Ano XXXIV Número 10074 - 6 de novembro de 1917; Ano XXXIV Número 10087 - 21 de novembro de 1917;  Ano XXXV Número 10213 - 23 de abril de 1918; Ano XXXV Número 10220 - 1 de maio de 1918; Ano XXXV Número 10221 - 3 de maio de 1918; Ano XXXV Número 10223 - 6 de maio de 1918; Ano XXXV Número 10253 - 12 de xuño de 1918; Ano XXXV Número 10266 - 27 de xuño de 1918; Ano XXXV Número 10270 - 12 de xullo de 1918; Ano XXXV Número 10326 - 18 de setembro de 1918; Ano XXXV Número 10327 - 19 de setembro de 1918; Ano XXXV Número 10333 - 26 de setembro de 1918; Ano XXXV Número 10338 - 2 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10340 - 4 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10345 - 10 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10351 - 17 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10356 - 23 de outubro de 1918; Ano XXXV Número 10359 - 26 de outubro de 1918; Ano XXXVI Número 10593 - 15 de xullo de 1919; Ano XXXVI Número 10678 - 25 de outubro de 1919; Ano XXXVI Número 10680 - 28 de outubro de 1919; Ano XXXVI Número 10690 - 10 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10695 - 15 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10701 - 22 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10706 - 28 de novembro de 1919; Ano XXXVI Número 10710 - 3 de decembro de 1919; Ano XXXVI Número 10713 - 6 de decembro de 1919; Ano XXXVI Número 10714 - 17 de decembro de 1919; Ano XXXVI Número 10744 - 24 de xaneiro de 1920; Ano XXXVI Número 10753 - 4 de febreiro de 1920; Ano XXXVI Número 10793 - 24 de marzo de 1920; Ano XXXVI Número 10887 - 15 de xullo de 1920; Ano XXXVII Número 10979 - 30 de outubro de 1920; Ano XXXVII Número 10980 - 1 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 10983 - 5 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 10984 - 6 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 10994 - 18 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 11002 - 27 de novembro de 1920; Ano XXXVII Número 11009 - 6 de decembro de 1920;  Ano XXXVIII Número 11039 - 11 de xaneiro de 1921; Ano XXXVIII Número 11115 - 12 de abril de 1921; Ano XXXVIII Número 11129 - 28 de abril de 1921; Ano XXXVIII Número 11212 -  5 de agosto de 1921;  Ano XXXIX Número 11343 - 5 de xaneiro de 1922; Ano XL Número 11644 - 2 de xaneiro de 1923; Ano XLI Número 11836 - 5 de xuño de 1924
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. 5077 (31/10/1917); Num. 5227 (04/05/1918); Num. 5327 (22/10/1918); Num. 5349 (18/11/1918)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Ano XXII Número 9851 - 22 de novembro de 1917; Ano XXIII Número 9984 - 3 de maio de 1918; Ano XXIII Número 10015 - 11 de xuño de 1918; Ano XXIII Número 10042 - 13 de xullo de 1918; Ano XXIII Número 10018 - 11 de outubro de 1918; Ano XXIV Número 10213 - 29 de outubro de 1919; Ano XXIV Número 10227 - 15 de novembro de 1919; Ano XXV Número 10270 - 6 de novembro de 1920; Ano XXVIII Número 11357 - 5 de xaneiro de 1923
  • Libro de actas da Deputación de Pontevedra de 15 de outubro de 1917
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 8229 (25/04/1918); Num. 8293 (16/07/1918)
  • El Orzán  diario independiente Ano I Número 90 - 2 de maio de 1918; Ano I Número 97 - 9 de maio de 1918; Ano I Número 132 - 13 de xuño de 1918; Ano I Número 148 - 30 de xuño de 1918; Ano I Número 160 - 14 de xullo de 1918
  • El Progreso  semanario independiente Ano XII Número 2640 - 3 de maio de 1918; Ano XII Número 2642 - 5 de maio de 1918; Ano XII Número 2644 - 8 de maio de 1918; Ano XII Número 2632 - 27 de xuño de 1918; Ano XII Número 2708 - 26 de setembro de 1918; Ano XII Número 2714 - 3 de outubro de 1918; Ano XII Número 2085 - 17 de outubro de 1918; Ano XII Número 2093 - 27 de outubro de 1918; Ano XII Número 2126 - 5 de decembro de 1918; Ano XIII Número 2338 - 26 de setembro de 1919; Ano XIV Número 2627 - 7 de novembro de 1920; Ano XVIII Número 3326 - 22 de xaneiro de 1924
  • El Progreso diario liberal Año XI Número 3200 - 4 de maio de 1918; Ano XII Número 3684 - 5 de decembro de 1919
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3101 (14/06/1918); Num. 3115 (28/06/1918)
  • La Voz de Galicia de 18 de xuño de 1918; 3 de novembro de 1920; 5 de xaneiro de 1923;
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano XII Número 4663 - 14 de setembro de 1918; Ano XII Número 4670 - 26 de setembro de 1918; Ano XII Número 4676 - 3 de outubro de 1918; Ano XII Número 4683 - 11 de outubro de 1918; Ano XII Número 4688 - 17 de outubro de 1918; Ano XII Número 4721 - 5 de decembro de 1918; Ano XIII Número 4919 -  16 de xullo de 1919;  Ano XIV Número 5096 - 2 de marzo de 1920
  • El Tea  semanario independiente Ano XII Época 2ª Número 235 - 3 de outubro de 1918
  • El Noticiero gallego semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de primera enseñanza Num. 1233 (18/10/1918)
  • La Integridad diario católico Num. 8934 (26/01/1920); Num. 9076 (16/07/1920); Num. 9170 (06/11/1920); Num. 9315 (28/04/1921); Num. 9318 (29/04/1921); Num. 10141 (02/02/1924);  Num. 10219 (05/05/1924)
  • El Correo de Galicia  órgano de la colectividad gallega en la República Argentina  Num. 715 (01/02/1920); Num. 935 (09/03/1924); Num. 940 (13/04/1924);
  • El regional  diario de Lugo Num. 12631 (19/07/1920)
  • La Región  diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano XI Número 3221 - 10 de novembro de 1920
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 1462 (06/01/1922); Num. 1651 (10/12/1922)
  • Galicia  diario de Vigo Número 476 - 10 febreiro 1924; Número 490 - 27 febreiro 1924

Fachos como primeiro mecanismo de comunicación a distancia en Galicia

A palabra é o xeito natural de comunicarse nas proximidades. Desde antigo existen mecanismos para comunicarse onde a forza das verbas non ch...