Verdad y Justicia foi un semanario publicado en Viveiro que comezou a súa andaina o 29 de maio de 1915. Nesa mesma data, no número 1, comezaron por facer unha reclamación do teléfono urbano. O programa do director xeral de Comunicacións, o Sr. Ortuño, que despertara o interese de cidades como Tui, Lugo, Monforte ou Betanzos ou a vila de Ponteareas, non foi alleo a este xornal, que reclama un tratamento similar para Viveiro. Esta reclamación a repetirían con certa insistencia en outros números.
En xuño de 1915 coñécense os plans de que a Compañía Interurbana Peninsular instale una central en Viveiro nunha liña que atravesaría o norte da mariña cara Xixón, supostamente grazas ás xestións do deputado lucense Sr José Soto Reguera. Este proxecto paralizaríase en favor do corpo de telégrafos.
Febreiro de 1917: recóllese na prensa a visita do funcionario de telégrafos D. Manuel Ladron de Cegama, encargado da montaxe da rede de telefonía urbana en Viveiro, que quedaría ata finais de marzo de 1917. Pasan de 50 as persoas interesadas neste servizo, que era o requirimento mínimo para a montaxe da rede.
Ao igual que ocorría en Ribadeo, buscábase unha casa para o servizo telegráfico e telefónico, neste caso en aluguer cun prezo máximo de 550 pesetas anuais. Porén, en agosto de 1917 parece que o proxecto segue parado, argumentando que non se atopou unha casa en condicións para prestar o servizo.
Hai que agardar ata xaneiro de 1918. Aparece na prensa que se reserva o diñeiro necesario para a montaxe da rede. Dependendo da ideoloxía da prensa agradecen a xestión ou acusan da demora ao deputado Soto Reguera. O 28 de xaneiro de 1918 o xefe de liña Fernando García Abad e o capataz Sr. Antena desprázanse a Viveiro para planificar a instalación, constando a chegada do persoal o 18 de febreiro de 1918.
O 16 de maio de 1918 publícanse que teñen comezado as obras da torre do teléfono, xunto á igrexa de Santa María do Campo. O Sr. Bolaño, xefe da sección telegráfica de Lugo, informa neste mes dos plans de conectar a estación ao servizo interurbano. O 20 de setembro de 1918 ábrese ao publico a estación telefónica urbana
En decembro de 1919 aparece mencionado que o proxecto de telefonía interurbana se envía á dirección xeral de Telégrafos.
Hai novas en setembro de 1921, onde aparece a mención ao tendido da rede en curso con Mondoñedo, así como a inclusión na Real Orde de 26 de agosto de 1921 de creación de novas estacións da rede interurbana, xunto a Ortigueira, Ordes, Ribadeo e Guillarei. Tamén se menciona o adiamento provocado polo roubo de 90 metros de cable en novembro de 1921 á altura de Valadouro, por parte de Jose Ramón Díaz López, da parroquia de Vilacampa.
A estación quedaría aberta para comunicacións interurbanas o 6 de agosto de 1922.
Para saber máis:
- El Regional: diario de Lugo. Núm 11815 (22/01/1918); Num. 13569 (19/06/1922); Num. 13610 (07/08/1922)
- Verdad y justicia: semanio imparcial defensor de los intereses generales: Ano I Número 1 - 29 de mario de 1915; Ano II Número 63 - 5 de agosto de 1916; Ano II Número 72 - 7 de outubro de 1916; Ano III Número 91 - 17 de febreiro de 1917; Ano III Número 116 - 11 de agostos de 1917; Ano IV Número 139 - 26 de xaneiro de 1918
- La idea moderna: diario democrático en Lugo: Num. 7863 (13/02/1917); Num. 7908 (09/04/1917); Num. 8096 (26/11/1917); Num. 8152 (22/01/1918); Núm. 8157 (28/1/1918); Núm. 8175 (18/2/1918);
- El Correo de Galicia: Diario independiente de avisos y noticias: Num. 4910 (29/03/1917); Núm 5171 (26/2/1918)
- La voz de la verdad : diario católico con censura eclesiástica: Ano VII Número 2335 - 19 de febreiro de 1917; Ano VII Número 2394 - 30 de abril de 1917; Ano VII Número 2463 - 24 de xullo de 1917; Ano VII Número 2570 - 27 de novembro 1917; Ano VIII Número 2701 - 30 de abril de 1918; Ano XII Número 3943 - 7 de xuño de 1922; Ano XII Número 3952 - 18 de xuño de 1922; Ano XII Número 3996 - 9 de agosto de 1922
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXIII Número 9907 - 30 de xaneiro de 1918; Ano XXIII Número 9930 - 26 de febreiro de 1918
- El Progreso diario liberal Ano XI Número 3138 - 19 de febreiro de 1918; Ano XI Número 3209 - 16 de maio de 1918; Ano XIV Número 4279 - 10 de novembro de 1921; Ano XV Número 4452 - 7 de xuño de 1922
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3075 (19/05/1918)
- La Voz de Galicia. 17 de xuño de 1915; 27 de maio de 1918
- El Orzán diario independiente Año II Número 585 - 10 de decembro de 1919
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XLIV Número 15634 - 2 de outubro de 1921
- El norte de Galicia diario político y de información Num. 6143 (30/09/1921)
- El regional diario de Lugo Num. 12996 (30/09/1921)