Estivo prohibido falar en galego por teléfono antes da ditadura? Atendendo á seguinte imaxe si, pero semella que non afectou tanto....
A finais de maio de 1896 , Salvador Bermúdez de Castro y Díez, director de Correos e Telégrafos, decidiu que non se permitirían as chamadas nos 'dialectos rexionais', mentres si que se permitían en varios idiomas internacionais.
Manuel Bermúdez de Castro y Díez, director de Correos e Telégrafos
Nota publicada nos locutorios de Barcelona, recollida en La Vanguardia do 28 de maio de 1896
Esa censura idiomática non gustou en Barcelona, onde senadores e deputados decidiron reunirse para discutir sobre o caso. A exaltación dos políticos cataláns foi tal que decidiron remitir un telegrama á raíña María Cristina en alemán, lingua que si que estaba permitido utilizar. Ata douscentos telegramas chegáronse a enviar a políticos e dirixentes de Madrid escritos en francés, portugués, alemán, italiano ou inglés. A prensa de Cataluña e Valencia tamén xogou un papel de presión para levantar esta censura, mentres que a prensa de Madrid apostaba por regular para que as comunicacións puideran ser intervindas por parte dos funcionarios.
Os políticos cataláns decidiron falar co Ministro de Gobernación, Fernando de Cos-Gayón i Pons, tamén catalán, do cal dependía a Dirección de Correos e Telégrafos, que finalmente revocou esa medida. O Marques de Lema presentou a súa dimisión despois desta medida, pero a súa renuncia non foi aceptada.
Este problema volveu agromar en xullo de 1899 e febreiro de 1917 con novos intentos de restrición ao uso das linguas rexionais, pero esta vez cunha menor intensidade. En paralelo, tamén chegou un recoñecemento en xuño de 1904, onde a única limitación era o coñecemento da lingua por parte do operador.
Faro de Vigo. 23 de xuño de 1904
Para saber máis:
- El Eco de Santiago diario independiente Año I Número 78. 4 de xuño de 1896
- El lucense diario católico de la tarde Num. 3473. 6 de xuño de 1896
- La Correspondencia de España : diario universal de noticias: Año XLVII Número 13998. 3 de xuño de 1896
- La Unión Católica. 1 de xuño de 1896
- El movimiento católico. 2 de xuño de 1896
- La idea moderna diario democrático en Lugo Num. 2593. 20 de xullo de 1899
- La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XI Número 2857 - 19 xullo 1899
- Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2630 24 de febreiro de 1917
- El Correo gallego diario político de la mañana Ano XL Número 12919 - 24 de febreiro de 1917