mércores, 14 de decembro de 2022

Telefonía urbana en Ribadeo (1915 - 1919)

Xullo de 1915: Ribadeo obtén a concesión dun centro telefónico urbano para que fora xestionado polo corpo de telégrados. O deputado ribadense Ramón Bustelo González, futuro avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo, intercedeu para lograr ese fin. Ramón levaría o teléfono número 1 desa rede. Esta concesión non gustou en Viveiro, que competía en importancia con Ribadeo naquel momento, que por medio de figuras locais e a prensa comezan a presionar a Jose Soto Reguera, o deputado polo distrito de Viveiro. 




Ramón Bustelo González. Las Cortes españolas. Las de 1910. 
Madrid, Tipografía Antonio Marzo, 1911


Exixíase 50 interesados e parece que pronto se alcanzou esa cifra. En outubro de 1915 consta a visita do xefe de liña da sección de telégrafos de Lugo, D. Luis López Ureta, para facer un estudo sobre a instalación do teléfono urbano. En abril de 1916 todavía non comezaran as obras, pero figura unha nova visita técnica, neste caso de D. Jose Sandoval, xefe de sección de telégrafos de Lugo.

Tras un periodo de paréntese, que pode deberse ao problema de suministros pola guerra mundial, en setembro de 1916 aparece unha referencia na prensa a que este xa se atopa en camiño. 

Neste intre a Compañía Peninsular de Teléfonos está instalando a rede interurbana en 10 cidades de Galicia, pero a Mariña parece quedar desestimada nesta primeira fase, pese as pretensións do deputado Bustelo.  En paralelo, en febreiro de 1917, o director xeral de telégrafos, o Sr. Francos Rodríguez, aproba o proxecto de instalación do servizo telefónico entre Lugo e Ribadeo, pasando por Vilalba, Mondoñedo e Vilanova de Lourenzá.

O 12 de marzo de 1917 anuncia o Sr. Francos Rodríguez a vontade de asistir a inauguración do servizo telefónico de Ribadeo, que tería lugar próximamente. Non chega a acudir nin parece haber unha celebración formal, pero a prensa recolle que o 5 de abril de 1917 o servizo xa está operativo, aínda que sería por pouco tempo. 

Postes de teléfonos en Ribadeo. Sen datar. Concello de Ribadeo


A conexión a Lugo sería levada a cabo polo xefe de sección, o Sr. Emilio Novoa. Sería unha liña nova de Lugo a Rábade e pasará por Vilalba (aínda que a falta de interese parece que motivará que non se instale unha central) e Mondoñedo, cun doble circuito de 2 mm de cobre, aproveitando os postes do telégrafo.

O 11 de agosto de 1917 sae publicado no boletín da provincia un procedimiento para o aluguer dunha casa en Ribadeo, cun prezo máximo de 1000 pesetas anuais, para o servizo telefónico urbano e vivenda do xefe da estación. O servizo telefónico urbano aparece como interrumpido neste periodo. O procedemento resulta ser ganado por Guillermo Pérez Pérez, que ofreceu unha casa na rúa San Juan de Ribadeo.

O 10 de maio de 1918 publícase na prensa que está en proceso o tendido do cable de Ribadeo a Lugo, faltando o tramo de Mondoñedo a Ribadeo. Enrique Bolaño, xefe da estación telegráfica de Lugo, comunica a apertura da conexión interurbana con o 7 de decembro de 1918, estando aberta ao público de 8 da mañá a nove da noite, sendo xestionado por oficiais do corpo de telégrafos.

Sae publicado na prensa as téoricas primeiras mulleres telefonistas de Galicia pertencentes ao corpo de telégrafos, que son destinadas á central de Ribadeo o 20 de agosto de 1918. Serían as auxiliares de terceira Dª Dolores Hernández Hilera e Dº María Antonia Murias López. 

En xaneiro de 1919 publícase como a liña que que conecta con Lugo queda suspendida polos temporais. Non se ten novas ata abril de 1921 onde se fala da recuperación do servizo con carácter permanente, atendido por un xefe, tres oficiais e unha auxiliar telefónoca. Existía en teoría comunicación con Lugo, pero un representante da Compañía Peninsular, en maio de 1921, para analizar a posibilidade de conectar esta vila coa capital.  De feito, aparece a inclusión na Real Orde de 26 de agosto de 1921 de creación de novas estacións da rede interurbana, xunto a Ortigueira, Ordes, Viveiro e Guillarei.


Para saber máis:

  • La idea moderna  diario democrático en Lugo. Num. 7390 (27/07/1915);   Num. 7468 (26/10/1915); Num. 7863 (13/02/1917); Num. 7881 (06/03/1917); Num. 8061 (15/10/1917); Num. 8283 (02/07/1918); Num. 8321 (20/08/1918); Num. 8403 (07/12/1918)
  • Verdad y justicia  semanario imparcial defensor de los intereses generales del distrito  Ano I Número 9 - 24 de xullo de 1915; Ano II Número 48 - 22 de abril de 1916
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXI Número 9051 - 15 de novembro de 1916 ; Año XXI Número 9083 - 27 de decembro de 1916; Año XXII Número 9144 - 13 de Marzo de 1917; Año XXII Número 9270 - 17 de agosto de 1917; Ano XXIII Número 10067 - 9 de decembro de 1918
  • Gaceta de Galicia  Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 267 (29/12/1916); Num. 42 (21/02/1917)
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra  Ano XXVIII Número 7941 - 9 marzo 1916; Ano XXVIII Número 8189 - 9 novembro 1916
  • El regional  diario de Lugo Num. 10964 (19/09/1916); Num. 11022 (14/11/1916); Num. 11663 (12/03/1917); Num. 11639 (03/07/1917); Num. 11962 (01/07/1918); Num. 11974 (15/07/1918)
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo/ Número 241 - 17 de octubre de 1916;  Número 185 - 14 de agosto de 1917
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 2505 (19/10/1916); Num. 2630 (24/02/1917); Num. 3074 (18/05/1918)
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XL Número 12953 - 5 de abril de 1917
  • El norte de Galicia diario político y de información Num. 4477 (03/10/1916); Num. 4594 (15/02/1917); Num. 5166 (07/12/1918); Num. 5131 (07/01/1919) 
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Año VII Número 2336 - 20 de febreiro de 1917; Ano VII Número 2354 - 13 de marzo de 1917; Ano VII Número 2445 - 3 de xullo de 1917; Ano VIII Número 2876 - 7 de decembro de 1918; Ano VIII Número 2884 - 17 de decembro de 1918
  • Faro de Vigo. 15 de marzo de 1917
  • El Progreso  diario liberal Ano XI Número 3208 - 15 de maio de 1918; Ano XI Número 3288 - 20 de agosto de 1918; Ano XI Número 3379  8 de decembro de 1918; Ano XI Número 3379  8 de decembro de 1918; Año XII Número 3404 - 9 de xaneiro de 1919; Año XIV Número 4128 - 18 de maio de 1921
  • El Progreso  semanario independiente Ano XII Número 2134 - 14 de decembro de 1918
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XII Número 4727 - 12 de decembro de 1918
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias Num. 5231 (10/05/1918); Num. 5390 (08/01/1919)
  • El Orzán  diario independiente Ano I Número 150 - 3 de xullo de 1918
  • La Región diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos Ano X Número 2684 - 10 de xaneiro de 1919
  • La Voz de Mondoñedo  periódico semanal Año XVIII Número 971 - 18 de abril de 1921





venres, 9 de decembro de 2022

A primeira centralita conectada á rede (SECN, Ferrol, 1916)

Realmente non se ten a certeza de se a Sociedad Española de Construcción Naval de Ferrol (agora Navantia) foi a primeira centralita telefónica conectada á rede, pero sí que foi a primeira empresa na que aparecía o seu directorio interno na guía telefónica, neste caso no Anuario Telefónico da Compañía Peninsular publicado en 1916.

O 1 de decembro de 1915 chegarían a Ferrol, por vía terrestre, procedentes de Estocolmo (Suecia), 25 caixas que conteñen material para o novo servizo telefónico que ía establecer a Sociedad Española de Construcción Naval.  Ericsson enviaría 2 centrais telefónicas e 80 teléfonos que se instalarían nas seguintes datas. 

Peirao da Sociedad Española de Construcción Naval. Páxina do Instituto de Historia y Cultura Naval.


Constituída en 1909 e operativa ata a Guerra Civil foi responsable da construcción dos buques da armada. A guerra contra os Estados Unidos de 1898 deixou en mala situación a frota española polo que o goberno apostou por unha empresa que contara con participación das empresas británicas John Brown e Vickers-Armstrong, contando con deseños e enxeñeiros destas compañías, o que motivou a presencia de moitos ingleses en Ferrol nestes anos.

Este enxeñeiros e técnicos ingleses deixaron vocablos na lingua galega como esmagar (de "to smash") ou filispín (de "full speed"). No directoria a maior parte dos titulares de liñas teñen orixe inglés:


Máis info: 

  • El Progreso  semanario independiente Ano IX Número 1801 - 4 de decembro de 1915

sábado, 3 de decembro de 2022

As primeiras liñas privadas da provincia de Lugo (1893-1917)

Quedaba pendente unha publicación sobre ás liñas privadas da provincia de Lugo, despois de ter explorado ás outras provincias previamente. Cumpre recordar que hai varios tipos de liñas, como son:

  • Liñas de edificios públicos (concellos, deputación, etc)
  • Redes urbanas, que no caso de provincia de Lugo chegarían á capital, Monforte, Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo nunha época tardía, a partires de 1916.
  • Redes interurbanas, que chegaron á cidade de Lugo en 1915, antes co teléfono urbano.  Por exemplo, o Hotel Méndez Núñez se conectou a rede interurbana nesa época.
  • Liñas particulares que ocupaban o espazo público (postes,...) que necesitaban de autorización da Dirección de Correos e Telégrafos e quedaron recollidas en Anuarios Telegráficos, que comentaremos a continuación
  • Liñas particulares interiores (dentro de edificios de uso xeral como balnearios, etc.)
  • Liñas públicas telefónicas para conexión a rede telegráfica, que se recolleron nesta publicación para os caso de  O Vicedo (1894) e Celeiro (1893)   https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/telefonia-municipal-no-mapa-telegrafico.html. A partir do século XX chegarían tamén a O Valadouro, Foz, Lourenzá, etc.
  • Liñas telefónicas reconvertidas en telegráficas, como foi o caso de Chantada (orixinaria en 1894)

Nesta publicación exploraremos aqueles casos de liñas e iniciativas particulares creadas antes de 1917 á marxe das grandes redes. Partindo da información compilada, incluíndo a aportada por Emilio Borque, temos estas referencia das Estadísticas Telegráficas de España do seguintes anos:

  • 1887: sen liñas particulares
  • 1895: sen liñas particulares
  • 1897: unha liña en Lugo e outra en Viveiro  (total: 2)
  • 1904: dúas liñas máis en Lugo e outra en Monforte (total: 5)
  • 1905: unha liña máis en Lugo, outra en Sargadelos e outra adicional en Viveiro (total: 8)
A tenor desta información, as primeiras liñas particulares da provincia de Lugo poderían ser as das compañías eléctricas de Lugo recollidas nesta publicación: 
se ben non sempre aparecían recollidas nos anuarios telegráficos, porque é posible que non conseguiran unha autorización expresa da dirección de correos e telégrafos ao utilizar os postes eléctricos para a montaxe da rede. 

Algunha liña, como é sería o caso da mencionada en Sargadelos, apenas ten referencias na prensa.  Neste caso parece construída en 1904, pero a primeira referencia atopada sería en 1908. Neste caso apúntase a que existía unha liña ata o salto de auga e turbina localizada á altura da alameda na antiga fundición.

1893
A compañía eléctrica que instala o servizo de alumeado público en Mondoñedo e que está instalando a turbina, está a realizar unha instalación de arames para o servizo telefónico.  A inauguración farase o 1 de marzo de 1893, sendo a segunda cidade galega despois de Pontevedra. Foi promovida por Francisco Armesto Vinuesa, contando coa colaboración de farmacéutico de Vilafranca do Bierzo Jesús Adrán, que colaborou con outros proxectos en Galicia. A liña conectaba o salto de Viloalle do río Tronceda (3 quilómetros ao norte) con Mondoñedo. Esta liña non aparecería no Anuarios Telegráficos. 
Máis tarde, en abril de 1909 presentarían un proxecto para a instalación dunha rede telefónica entre Ribadeo e Vilalba aproveitando a instalación dos cables eléctricos.

1896
Agustín Valcarce, xerente da compañía eléctrica de Monforte de Lemos, obtén autorización para a construción dunha liña telefónica particular, por un período de 10 anos, se ben non queda constancia de se uniría a sede da empresa en Monforte coa central eléctrica situada uns quilómetros, no río Cabe á altura de Ribas Altas, aproveitando o trazado eléctrico, ou sería unha nova instalación na contorna urbana. Esta debe tratarse da liña particular recollida nos anuarios de 1904 e 1905, xa que non existen referencias adicionais de liñas en Monforte.

1901
Constrúese unha liña de teléfono na nova liña do ferrocarril mineiro que se construía entre Porto Estreito (na entrada da ría de Ribadeo) e a mina de ferro de Vilaoudriz, cunha extensión de 33 quilómetros. A vía de tren entraría en servizo en 1903 e a inauguración do servizo telefónico en agosto de 1905. En 1903 construiríase tamén a liña, actualmente de FEVE, entre Viveiro e Ribadeo, que contaría tamén con teléfono.

Cargue de Porto Estreito en Ribadeo. Orixe: Ferrocarriles de España



1902 
José Díaz Gayoso en nome do enxeñeiro inglés D. Jorge Layman, veciño de Becerreá, presentou o 9 de agosto de 1902, no Goberno Civil de Lugo un proxecto para a construción dunha liña telefónica particular entre a casa do Sr. Layman e as oficinas da compañía mineira "The Lugo Goldsfields Limited" de Becerreá, da que era propietario e que quería explotar pirita de ferro, cobre e ouro. A autorización chegaría o 10 de outubro dese ano, pero non parece que se teña construído ao desistir desa empresa en 1904.

1906 
Jose Reimundo, veciño de Foz, solicita autorización para a montaxe dunha liña telefónica paralela á de transporte de enerxía entre o Pozo Capitán, no río Masma, no lugar de Cazolga, concello de Barreiros, e Ribadeo e Foz, co gallo de subministrar alumeado eléctrico en varios pobos da mariña lucense, a través de varias estradas do estado. Obtería autorización a primeiros de 1907.

1912 
Dodolino Trigo Paz solicitou permiso para a construción dunha liña particular pero non hai constancia de que puntos de Mondoñedo conectaba.  Dodolino, un dos promotores das Irmandades da Fala, era dono da eléctrica mindoniense, que era unha das primeiras liñas telefónicas construídas na provincia, e promotor dun par de xornais na cidade de Mondoñedo. Cabe pensar que esa liña conectaría a sua vivenda particular (na actual rúa Guevara) con algún destes negocios ou cunha finca da súa propiedade na parroquia de Masma.

Para saber máis: 
  • El lucense  diario católico de la tarde Num. 2489 (07/02/1893)
  • La Voz de Galicia. 9 de febreiro de 1893; 5 de xuño de 1895; 2 de xaneiro de 1912
  • El diario de Galicia  periódico católico e independiente Ano V Número 1233 - 5 de xuño de 1895 El regional  diario de Lugo  Num. 4652 (03/03/1896); N; um. 6772 (10/08/1902); Num. 6798 (05/09/1902); Num. 6831 (11/10/1902);  Num. 6908 (08/01/1903
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 3237 (01/10/1901)
  • El norte de Galicia  diario político y de información Num. 641 (24/03/1903); Num. 1630 (02/08/1906); Num. 2585 (18/08/1909)
  • El Eco de Santiago diario independiente Año XII Número 3462 - 5 de xuño de 1907
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXI Número 5742 - 9 abril 1909; Ano XXIV Número 6551 - 3 xaneiro 1912



martes, 29 de novembro de 2022

A subcentral urbana de Marín (1910-1912)

A primeira experiencia coa telefonía en Marín sería por parte de Eusebio Mendez, que recibiu autorización para instalar unha liña particular entre a súa casa de Marín e a fábrica de salazón que tiña en Aguete. 

Pasamos á telefonía urbana. Agosto de 1910. A prensa recolle a instalación do fío telefónico de Pontevedra a Marín, que sería o cerne da futura subestación de telefonía urbana, dependente da capital. Antes os usuarios de Marín xa podían solicitar a subscrición directa con Pontevedra, ao estar dentro do radio de servizo da concesión de Pontevedra, pero o custe era proporcional á distancia. Abrir un central local permitía reducir os custes de 19 a 8 pesetas mensuais. En 1910 Pontevedra contaba con 196 abonados, polo que, coñecendo que algúns era de Marín, deciden crear esta subcentral para 30 abonados. Cumpre salientar que Pontevedra alcanzou xa eses case 200 abonados no primeiro ano de servizo, xa que foi inaugurada en xaneiro dese ano.

A construción parece adiarse, polo que non aparece novas ata 1912, de novo en xaneiro, cando Claudio Corbal comunica a inauguración da central no grupo escolar (lugar que hoxe mantén o nome de "O grupo" na Rúa Concepción Arenal número 40). O Sr. Corbal obsequiou as presentes no acto de inauguración, celebrado o 10 de xaneiro de 1912 ás catro e media da tarde, con pastas, licores e habanos. Estaban presentes Félix Massó, alcalde de Marín; Julio Lloret, secretario de concello; Sr. Medrano, comandante de mariña; o médico Sr Coello; o xefe de telégrados e o oficial Sr. Martínez del Toro; e boa parte da prensa da vila.


Poste de teléfonos na Rúa Real. Postal. Páxina web do concello de Marín, Ano descoñecido.

O conflito de 1924

Manuel Corbal reclama o cumprimento do acordo do pleno de 26 de febreiro de 1911 sobre o pagamento dunha cota para o financiamento do servizo, que pasados 13 anos todavía non se pagara. Serían 3500 pesetas ademáis do dereito a utilizar o Grupo Escolar como central telefónica.

El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano I Número 209 - 1924 setembro 28


Os primeiros abonados 

A guía de teléfonos do Anuario da Compañía Peninsular de 1916 é o primeiro directorio conservado con referencia aos abonados de Marín. O primeiro abonado sería Antonio Pazos Fontela, presidente da Deputación de Pontevedra.

  • 1 D. Antonio Pazos Fontenla
  • 2 Concello de Marín
  • 3 Colegio de la Inmaculada Concepción
  • 4 D. Manuel Costa (Estribela)  
  • 5 Perez y Quevedo  
  • 6 D. Luis Fontán 
  • 7 Lonxa de Marín
  • 8 Hijos de Rocafort (Sres.), consignatarios  
  • 9 D. Angel Taboada, consignatario 
  • 10 D. Benito Suarez e Compañía, carbones
  • 11 D. Jose Alcantara, carbones 
  • 12 D. Lucas Beledo, ultramarinos  
  • 13 Cochera Portuguesa  
  • 14 D. Pedro Gataña, farmacia  
  • 15 D. Juan Manuel Martinez, Vicecónsul de Portugal  
  • 16 D. Angel Herrero y Hermanos, conservas  
  • 17 Marques de Riestra (Sr.), fabrica de conservas  
  • 18 D. Jose del Rio  
  • 19 D. Manuel Martinez Garabal, tejidos  
  • 20 Brea y Hermida  
  • 21 D. Faustino Fraile, Cara parroco.  
  • 22 D. Jose Sobral Portela, tejidos.  
  • 23 Colegio dos Placeres  
  • 24 Comandancia de Mariña  
  • 25 D. Carlos Romay, Medico  
  • 26 D. Jose Veiga, consignatario  
  • 27 Hermitas Amor  
  • 28 D. R. Castro Barreiro, drogueria  
  • 29 D. Joaquin Nantes, efectos navales
  • 30 D. Ezequiel Massoni  
  • 31 D. Narciso Nores  
  • 32 D. Jose Santiago. (Estribela)  
  • 33 D. Jose Nistal Perez, almacen de raba y salvado  
  • 34 Notario de Marín  
  • 35 Cuartel da Garda Civil.  
  • 36 D. Martin Gómez, fabrica de xelo (Placeres)   
  • 37 D. Jose Sancho  
  • 38 D. Julio Lloret Masse  
  • 39 D. Secundino Lorenzo Tonza, Medico  
  • 40 Asociación de Navieiros  
  • 41 D. Jose Perez Grana, Tabacalera i efectos navais  
  • 42 D. Jose Puga Alvarez (Cantoarena)




Pasa saber máis:

  • La Voz de Galicia. 1 de agosto de 1910
  • Faro de Vigo. 22 de novembro de 1910
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 593 de 23 de novembro de 1910
  • El Noroeste Año XV Número 5485 - 24 de novembro de 1924
  • El Eco de Santiago diario independiente Año XVII Número 4900 - 12 de xaneiro de 1912
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXIX Número 8299 - 10 de xaneiro de 1912
  • La Correspondencia Gallega  diario de Pontevedra Ano XXIV Número 6556 - 10 de xaneiro de 1912
  • El Progreso  semanario independiente Ano VI Número 597. 11 de xaneiro de 1912
  • La Libertad Num. 326. 11 de xaneiro de  1912
  • El Correo de Galicia Diario independiente de avisos y noticias. 12 de xaneiro de  1912
  • El pueblo gallego  rotativo de la mañana Ano I Número 209 - 28 de setembro de 1924


xoves, 24 de novembro de 2022

Telefonía en Monforte de Lemos (1909 - 1924)

Monforte sería a primeira poboación galega conectada a rede interurbana da Compañía Peninsular, así como a primeira cidade da provincia de Lugo en ter telefonía urbana, incluso antes da capital. Ao igual que en Betanzos, chegaría en primeiro lugar a telefonía interurbana, que daría paso a urbana por parte da mesma empresa.


A rede interurbana

O 10 de maio de 1913 chegarían a Monforte traballadores da Compañía Peninsular de Teléfonos, para facer un replanteo de proxecto de telefonía interurbana. Dúas brigadas de 30 homes entre Monforte e Astorga. Ademáis, a estación de Monforte recibiría as mercadorías para a montaxe da rede en Galicia. 

Sería a primeira cidade galega en contar con este servizo. A inauguración sería o 4 de febreiro de 1914 ás 18h, estando presente o director D. Aurelio Rey Mouriño, fillo do deputado Manuel Rey Gosende. Ao evento asistiron autoridades civís e militares, comerciantes e industrais, que quedaron impresionados coas instalacións. Aproveitaron para chamar a personalidades residentes en Madrid.

As oficinas estaban situadas na Rúa Emilio Castelar nº2.

Rúa do Cardenal. Monforte de Lemos. Sen datar. 

Manuel Cortés chega a estación de Monforte en Agosto de 1918, procedente da central telefónica de Santiago de Compostela. No seu lugar queda Víctor Acero.  Manuel permanece de xeito interino uns meses ata que en xullo de 1919 queda oficialmente nomeado. En xullo deste ano chegaría Pedro López, procedente da estación telefónica de Santiago. Manuel Cortes permanecería no carga ata setembro de 1924, cando sería destinado a Tarancón (Cuenca), sendo reemplazado por Jacinto Bermejo, antigo xefe da central de Tui.


A rede urbana

La Voz de Galicia recolle no 2 de outubro de 1909 como Francisco Conde Balvís, que tiña a concesión de Ourense, que non chegara a montar, tiña interese tamén en prestar servizo en Monforte de Lemos. Non o consegue.

Habería que agardar seis anos. Publícase o 29 de maio de 1915 a poxa da rede de telefonía urbana no boletín oficial da provincia (antes fora aprobado o 14 de maio e publicado na Gaceta de Madrid o 25 de maio), coincidindo con de Betanzos (e outras 7 localidades do resto de España) . O servizo tería un periodo máximo de 20 anos, tendo a obriga de facilitar cinco abonos gratuitos ás entidades que designe a dirección xeral de telégrafos. A poxa xa incluía unha maior flexibilidade á hora da montaxe da rede (típicamente de 6 meses) ao ter en conta a primeira guerra mundial (guerra europea o gran guerra, naquel momento)

Anuncio da poxa para o servizo telefónico urbano de Monforte. Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 29 de maio de 1915

Esta poxa sería ganada pola Compañía Peninsular, que sería a promotora da mesma e que tiña un dereito de tanteo sobre outras propostas que se puideran recibir. A nova da inauguración chegaría á prensa o 24 de novembro de 1915, mediante un comunicado do director D. Mariano Arturo Fuentes Zalzivar.


Os problemas no servizo

Un dos sucesos máis relevantes acontecidos foi en maio de 1919 cando unha forte tormenta ocasionou unha descarga sobre as liñas telegráficas e telefónicas. Sería no caso da central telefónica onde provocaría unha chispa e unha avaria. Ademáis , os tres empregados que se atopaban de servizo acabaron rodando polo chan, pero qeudaría todo nun susto.

O 11 de novembro de 1919 recolle a prensa como se produciron algaradas de certa importancia relacionadas co servizo telefónico que prestaba a Compañía Peninsular. Algúns grupos de persoas reclamaban á instalación do servizo público en pobos da bisbarra como Pantón, Sober, O Saviñao entre outros. Foi necesaria a aparición da benemérita para para evitar maiores incidentes.

Outro feito relevante foi en xuño de 1920 cando unha tormenta non sí afectou as centrais de telefonía urbana e interurbana da Compañía Peninsular. Varios postes foron destrozados, deixando ser servizo á poboación por un tempo

Na boletín provincial aparece tamén unha mención ao acordo municipal de non autorizar a instalación dun poste de 16m na rúa General Rubín en agosto de 1924.


Monforte na primeira guía telefónica

A primeira guía telefónica completa de España foi editada en 1916 por parte da Compañía Peninsular de Teléfonos, que operaba a rede interurbana e algunha das redes urbanas de Galicia. 

Os abonados de Monforte serían:

  • 1: Concello, Alcaldía, Rúa Comercio
  • 2: D. Javier Rodríguez, Rúa do Cardenal
  • 3: D. Hilario Cepeda, Juez de instrucción, Rúa Dr. Teijeiro
  • 4: D. Manuel Banet, Notario, Rúa do Cardenal
  • 5: Luis R. Alvarado, Rúa Comercio
  • 6: Hotel del Comercio, Rúa Comercio
  • 7: D. Emiliano Pérez, tejidos, Rúa Comercio
  • 8: D. José M. Alonso, farmacia, Rúa Comercio
  • 9; D. Tomás Sánchez, Rúa Comercio
  • 10: D. Cayetano de la Puente, confitería, Rúa Comercio
  • 11: D. Vicente Taboada, relojería, Rúa Comercio
  • 12: D. Manuel Hermida, Rúa do Cardenal
  • 13: D. José Miguez, Rúa do Cardenal
  • 14: Hotel Español, Rúa Comercio
  • 15: Sociedad Eléctrica de Orense, Rúa do Cardenal
  • 16: D. Jesús Ramos, Procurador, Rúa do Cardenal
  • 17: D. Manuel Salgueiro, Avenida Osma
  • 18: D. Manuel F. Moreiras, ferretería, Rúa do Cardenal
  • 19: D. Gonzalo Sánchez, Juez municipal, Rúa do Cardenal
  • 20: Viuva de J. Andrade, ultramarinos, Praza da Constitución
  • 21: D. Manuel Borrego, Rúa Lagares
  • 22: D. José Parrilla, Praza da Constitución
  • 23: Sres. Guitián Hermanos, fábrica de chocolates, Praza da Constitución
  • 24: B. Eladio Franjo, carpintería, Costa de Santo Domingo
  • 25: D. Ramón Martínez, cochería, Rúa Doutor Casares
  • 26: D. Baldomero Rodríguez, almacenista, Rúa Doutor Casares
  • 27: D. Amador López, fabricante de gaseosas, Rúa Doutor Casares
  • 28: D. Fernando Alonso, almacenista, Rúa Ascención
  • 29: D. Mariano Gordaliza, Estrada da estación
  • 30: D. Jesús Coya, almacenista, Estrada da estación
  • 31: D José Quiroga, ganadero, Rúa Ascención
  • 32: D. Antonio Losada Curto, huevería, Rúa Ascención
  • 33: Sociedad Liceo Artístico, Rúa Doutor Casares
  • 34: D, Juan Casanova, Médico, Rúa Doutor Casares
  • 35: D. José Guitián, carretero, Estrada de Lugo
  • 36: D. Evaristo Mosquera, ganadero, Rúa Alfonso XIII
  • 37: D. Manuel Mosquera, ganadero, Rúa Alfonso XIII
  • 38: Centro Telégrafos, línea de servicio, Rúa Doutor Casares
  • 39: Cuartel de la Guardia civil, Estación de tren
  • 40: D. José M. Rubio, ganadero, Rúa Ascención
  • 41: D. Rodrigo Somoza, ganadero, Rúa Ascención
  • 42: D. N. N., Rúa do Cardenal
  • 43: D, Emilio Fernández Moreiras, Rúa do Cardenal
  • 44: D. Francisco González, (correos), Rúa do Cardenal
  • 45: D. Francisco de las Cuevas, Estrada de Quiroga
  • 46: RR. PP. Escolapios, Rúa Compañía
  • 47: D. Antonio Dacal, Médico, Rúa do Cardenal
  • 48: D. Francisco C. Artime, Estrada de Quiroga
  • 49: D, Florencio Iglesias, Rúa Compañía
  • 50: Dª. Dolores Rodríguez, Rúa Compañía
  • 51: Sres. Fernández e Barreira, Almacenistas, Rúa da Barreira
  • 52: D. Jose María Fernández, Praza da Constitución
  • 53: Sociedad casino tertulia de Monforte, Rúa do Cardenal
  • 54: Cárcel pública, Cuesta de Santo Domingo
  • 55: D. Antonio Domínguez, Rúa do Cardenal
  • 56: D. Filotero López, Rúa Dr. Teijeiro
  • 57: D. Ramón Pérez, Estrada de Quiroga
  • 58: Viuva de Yáñez, Dr. Casares
  • 59: D. Manuel Franco, Abeledas
  • 60: D. Camiño Baamonde, A Granxa
  • 61: Viuva de Hermida, A Devesa
  • 62: Comandancia militar, 
  • 64: D. Mariano Arias, Os Chaos
  • 65: Cuartelillo de Policia, Praza


Para saber máis: 
  • La Voz de Galicia. 2 de outubro de 1909; 29 de xuño de 1920
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias; 10 de maio de 1913
  • La Correspondencia Gallega diario de Pontevedra Ano XXV Número 7004 de 12 de xullo de 1913; Número 7015 de 26 de xullo de 1913
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXX Número 8760  de 17 de xullo de 1913;  Ano XXXI Número 8930 de 6 de febreiro de 1914; Número 8934 - 12 de febreiro de 1914; Número 8935 - 13 de febreiro de 1914; Ano XXXII Número 9477 de 25 de novembro de 1915; Ano XXXVII Número 10874 - 30 de xuño de 1920
  • Nova Galicia  revista semanal, órgano dos gallegos é pr'os gallegos n'as Amérecas Ano XIV Número 438 de 18 de abril de 1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 6974 de 10 de febreiro de 1914
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XIX Número 6511 de 13 de febreiro de 1914; Ano XXIII Número 10072 - 20 de agosto de 1918;  Ano XXIV Número 10225 - 13 de novembro de 1919
  • El Regional. Diario de Lugo.  Num. 10375 de 26 de maio de 1915; Num. 10602  de 25 de novembro de 1915
  • Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. Número 123 de 29 de maio de 1915; Número 201 de 27 de agosto de 1924
  • El Progreso  diario liberal Ano XI Número 3214 - 22 de maio de 1918; Ano XII Número 3516 - 24 de maio de 1919; Ano XII Número 3552 - 5 de xullo de 1919
  • La voz de la verdad  diario católico con censura eclesiástica Año IX Número 3016 - 24 de maio de 1919; Ano IX Número 3051 - 7 de xullo de 1919; Ano XIV Número 4615 - 10 de agosto de 1924
  • Galicia nueva  periódico regional, primer diario de Villagarcía Año XIII Número 4912 - 8 de xullo de 1919
  • El Ideal gallego  diario católico, regionalista e independiente Num. 709 (23/05/1919); Num. 2089 (16/09/1924
  • El Compostelano  diario independiente Ano I Número 115 - 30 de xuño de 1920
  • Faro de Vigo: 5 de xullo de 1919.

venres, 18 de novembro de 2022

Telefonía en Betanzos (1914-1916)

Curiosamente chegaría antes a telefonía interurbana, da man dos plans da Compañia Pensinsular de Teléfonos, que a urbana, como veremos máis adiante. A diferencia doutras vilas e cidades de tamaño similar, non se despertou un gran interese en anos anteriores sobre a posibilidad de construir unha rede urbana. Únicamente consta na hemeroteca un par de proxectos de telefonía particular levados a cabo na última decada do século XIX. Chegaríamos a 1914 sen tentativas de proxectos de conectividade.

A rede interurbana

Betanzos sería unha das dez cidades galegas que estrearían o servizo interurbano. O 25 de abril de 1914 aparece na prensa o reporte dun pleno urbano na que se require axuda para que a compañía telefónica consiga o aluguer da nave que ocupa o xulgado de primera instancia, aínda que non queda constancia si sería para almacenaxe dos elementos necesarios para a montaxe da rede o para construir o centro telefónico. A rede sería inaugurada o 3 de setembro de 1914

Poste telefónico na ponte das Cascas do río Mendo. Betanzos. Sen datar.

A rede urbana

A poxa pola rede urbana publícase o 1 de xuño de 1915 no boletín oficial da provincia (antes fora aprobado o 14 de maio e publicado na Gaceta de Madrid o 25 de maio), dando un prazo ata o 19 de xuño  de 1915 para presentar as proposicións. O servizo tería un periodo máximo de 20 anos, tendo a obriga de facilitar cinco abonos gratuitos ás entidades que designe a dirección xeral de telégrafos. A poxa xa incluía unha maior flexibilidade á hora da montaxe da rede (típicamente de 6 meses) ao ter en conta a guerra europea. 

Anuncio da poxa para o servizo telefónico urbano de Betanzos. Boletín Oficial da Provincia. 1 de xuño de 1915

Esta poxa sería ganada pola Compañía Peninsular, que sería a promotora da mesma e que tiña un dereito de tanteo sobre outras propostas que se puideran recibir. Na prensa aparece Santos Velasco como xefe de sección en 1918 e 1920. Tamén hai unha mención á necesidade de dispoñer da máis persoal coma a incorporación de D. Jesús Cabaleiro Pedreira en decembro de 1918, procedente da central de Ferrol, que padecería una suspensión de emprego e soldo en 1920 por parte do director da central que sería levantada posteriormente pola dirección da compañía. Tamén en xuño de 1920 se incorporaría Jose Cabanillas, procedente de Sevilla i en agosto de 1921 Enrique Blanco Manilo.





Betanzos na primeira guía telefónica

A primeira guía telefónica completa de España foi editada en 1916 por parte da Compañía Peninsular de Teléfonos, que operaba a rede interurbana e algunha das redes urbanas de Galicia. Naquel momento había pouco maís de 1000 abonados en Galicia, e 30.000 en todo España. O traballo de edición e impresión foi contratado á empresa Los Tiroleses, coa idea de publicar 40.000 exemplares, cos datos persoais (nome, domicilio, teléfono) de todos os abonados en poboacións que están conectadas á rede interurbana.

Neste ano os cidades e vilas galegas que están incluidas son Betanzos, Ferrol, Coruña (e O Burgo), Monforte, Ourense, Vilagarcia, Pontevedra (e Marín) e Vigo.

  • 1: Concello, Pr. Constitución.
  • 2: D. Valentin Puente, P. Arines. 
  • 3: D. Manuel Becaria, Sánchez Bregua. 
  • 4: D. Constantino Rodríguez, Infesta.
  • 5: D. Victor Valderrama, Constitución.
  • 6: D. Bernardo Carro, Valdoncel. 
  • 7: D. Manuel Loureda, Roibeira. 
  • 8: D. Eugenio Corrra1, Monjas.
  • 9: Pastor Núñez, Sánchez Bregua.
  • 10: D. Agustín Barros, Méndez Núñez. 
  • 11: D. Manuel Martínez, Valdoncel. 
  • 12: D. José Martín, Infesta.
  • 13: Mapa Militar, Ribera.
  • 14: D. Gerardo Vidal, Infesta.
  • 15: Pita y Fernández, P. Arines
  • 16: Sres. Núñez y Compañia, Ponte Novo
  • 17: Sres. Hijos de Núñez, Sánchez Bregua.
  • 18: D. Juan López, P. Arines. 
  • 19: Xulgado de Instrucción, P. Arines. 
  • 20: Cuartel de la Guardia Civil, Alhóndiga.
  • 21: Comandancia  Militar, P. Arines. 
  • 22: Hospital de San Antonio, P. Arines. 
  • 23: Cárcel del partido, Sánchez Bregua.
  • 24: D. Luis Varela,  Méndez Nuñez.
  • 25: Dª. Teresa Arias. P. Arines. 
  • 26: Dª. Consuelo Pedreira, Rua Traviesa
  • 27: D. Tomás Larco, Valdoncel.
  • 28: Dª. Carmen Paez, Praza da Constitución.
  • 29: Dª. Dolores Maristany, Sánchez Bregua, 15. 
  • 30: D. César Sánchez, Praza da Constitución.                                                                                        
  • 31: D. José Teijeiro, San Francisco.
  • 32: D. José Vázquez Leis, Rua Nueva.
  • 33: D. Eduardo González, Avenida da Estación. 
  • 34: Concello de Bergondo, Bergondo.
  • 35: D. Julio Linarragua, Angeles.
  • 46: Jefe de Telégrafos. .                          . 
  • 47: Jefe de Teléfonos. 




Para saber máis: 
  • El Correo gallego  diario político de la mañana Ano XXXVII Número 11965 de 25 de abril de 1914; Número 12046 de 19 de xuño de 1914
  • El Diario de Pontevedra  periódico liberal Ano XXXI Número 9102 de 3 de setembro de1914
  • La idea moderna  diario democrático en Lugo  Num. 7123 de 3 de setembro de 1914
  • Anuario telefónico da Compañía Peninsular de Teléfonos. Editorial Los Tiroleses. 1916.
  • Gaceta de Madrid. 25 de maio de 1915
  • Boletín Oficial da Provincia da Coruña. 1 de xuño de 1915
  • El Correo de Galicia  Diario independiente de avisos y noticias. 2 de xuño de 1915
  • El Noroeste Año XX Número 9444. 2 de xulo de 1915
  • El Orzán diario independiente Año I Número 302 - 28 de decembro de 1918
  • Diario de Galicia periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general Num. 3221 (01/08/1918)
  • El Eco de Santiago  diario independiente Año XXV Número 10318 - 23 de decembro de 1920
  • El Progreso  diario liberal Año XIII Número 3831 - 2 de xuño de 1920
  • La Voz de Galicia de 24 de agosto de 1921

luns, 14 de novembro de 2022

A telefonía nas eléctricas de Lugo (1897-1898)

As compañías eléctricas que xa tiñan instalado a súa rede de postes para o subministro enerxético aproveitaban para tirar un cable de telefonía que permitía controlar os procesos productivos desde as oficinas principais. Este sería o caso de Lugo, cunha salvedade. 

En abril de 1897 faltarían aínda 20 anos para que Lugo dispuxera de teléfono urbano. A compañía de electricidade “Alumbrado Eléctrico de Lugo”, a través do banqueiro Ramón Nicolás Soler y Díaz de Noriega presentou un proxecto para conectar cunha liña privada a fábrica de electricidade de Acea de Castro Romai e as oficinas de administración na rúa Manuel Becerra 12 (hoxe Rúa do Progreso) da cidade, que recibiría autorización en maio dese ano.


Acea de Castro Romai. Ano 1897.  Libro "La Sociedad General Gallega de Electricidad y la formación del sistema eléctrico gallego" de Xoan Carmona Badía.


En abril de 1898, aparece unha segunda provedora de electricidade, que competiría coa anterior. “La eléctrica lucense” solicita autorización para tender unha rede entre a praza de Santo Domingo, onde terían as oficinas principais e a fábrica de luz que construían a carón da nova represa de O Piago de Martul (Robra, Outeiro de Rei), a uns 10 km do centro urbano. A instalación técnica sería realizada pola empresa Ahlemeyer e Compañía de Bilbo, estando finalizada en marzo de 1899, onde aparecen na prensa as probas con servizo telefónico.

Unha singularidade é a petición de interconectar unha fábrica de fariñas da rúa Fornos de Lugo coas oficinas da eléctrica lucense na praza de Santo Domingo. Esta petición se faría en agosto de 1902, sendo aprobada tres meses máis tarde. Esta fábrica, propiedade do Sres. Pujol e Arriaga foi a primeira eléctrica inaugurada na provincia de Lugo, polo que esta liña telefónica serviría para estar en comunicación con subministrador eléctrico.

A anécdota chegaría en outubro de 1907, cando ao desprenderse un fío telefónica perto da Porta Miñá, que contactou cun cable do alumeado ocasionou a morte dun burro do servizo municipal de limpeza. A Eléctrica Lucense tería que indemnizar ao concello.


Para saber máis:
  • El Regional. Núm 9588 de 6 de abril de 1897; Núm 9931 de 27 de abril de 1898; Núm 10022 de 31 de xullo de 1898; Núm 10047 de 26 de agosto de 1898; Núm 10223 de 5 de marzo de 1899; Núm 6784 de 22 de agosto de 1902; Núm 6851 de 1 de novembro de 1902.
  • El Eco de Galicia. Núm 3266 de 4 de maio de 1897; Núm 3280 de 20 de maio de 1897; Núm 3568 de 13 de maio de 1898; Núm 3571 de 17 de maio de 1898.
  • La idea moderna. Núm 2249 de 14 de maio de 1899
  • Faro de Vigo. 5 de outubro de 1907

O telegrafista espía da Coruña na I Guerra Mundial.

No 26 de novembro 1918, apenas quince días despois do fin da guerra, recíbese a queixa do embaixador de Estados Unidos sobre un empleado do ...