Existen diferentes tipoloxías de liñas telefónicas:
- Liñas de edificios públicos (concellos, deputación, etc), sendo a primeira mención á da Escola de Artes e Oficios de Ourense que menciona a instalación dun teléfono en abril de 1892.
- Redes urbanas, que no caso de provincia de Ourense chegaría só a capital antes de 1917, neste caso en 1914, recollido nesta publicación: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/ourense-creacion-da-rede-urbana-de.html
- Redes interurbanas, que chegaron á cidade de Ourense en 1914 e permitían contactar con outras 9 cidades galegas e co resto de España
- Liñas particulares que ocupaban o espazo público (postes,...) que requirían de autorización
- Liñas particulares interiores (dentro de hoteis, etc.)
- Liñas públicas telefónicas para conexión a rede telegráfica, que se recolleron nesta publicación para os caso de Bande e Viana do Bolo ata 1899, pero sabemos que houbo máis como o caso do Irixo (1914), Dacón (1898), entre outros: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/07/telefonia-municipal-no-mapa-telegrafico.html
- Liñas telefónicas reconvertidas en telegráficas, como foi o caso de Verín, recollido nesta publicación:https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/05/o-barco-trives-1892-roubo-de-postes.html
Nesta publicación exploraremos aqueles casos de liñas e iniciativas particulares creadas antes de 1917 á marxe das grandes redes.
1886
O fotógrafo i electricista Pedro Pernas Rolle, no seu despacho da travesía da rúa Alba (hoxe Cardenal Quiroga) de Ourense. Notifica na prensa que vai facer ensaios para unha instalación telefónica, sendo o aparente precursor da telefonía en Ourense. Apenas deixou pegada da súa actividade profesional na cidade polo que hai un halo de misterio sobre a súa persoa.
1901
Marcelino Suárez cursa solicitude de autorización para a instalación dunha rede telefónica privada entre O Barco de Valdeorras e as canteiras de Xagoaza, das que era propietario. Pode que a liña se establecera coa fábrica de cal "Caleras de Valdeorras" que tiña no lugar de Valorca.
No mesmo ano solicita tamén unha liña particular Joaquín Arias Quirós, no que non hai moitas referencias no hemeroteca, entre O Barco de Valdeorras e Veiga de Cabo (nas proximidades do río Forcadela). Joaquín tería actividades no sector bancario e na política con posterioridade. Puido estar relacionado con actividades relacionadas co viño, xa que se laiaba en artigos da prensa da chegada da filoxera.
1904
Jesús Palacios Ramilo, irmán do famoso arquitecto Antonio Palacios, era enxeñeiro axudante de obras públicas que tivo a concesión para o aproveitamento enerxético no río Bubal de Verín (localización) que levaría a luz eléctrica a Verín e, aproveitando ese trazado, tamén a implantación dunha liña telefónica. Esta liña, de terse construido, non aparecería no anuario telegráfico.
- 3 liñas en Ourense no concello de Ourense (sen constancia de cales poden ser)
- 2 liñas en O Barco de Valdeorras (sen dúbida, as liñas de Marcelino Suárez e Joaquín García)
- 1 liña en Ribadavia (sen dúbido a liña da Banca Nogueira)
1905
D. Jacinto Becerra Romero, para conectar o balneario de Requeixo en Vilaza, en Monterrei (localización), que comezara a operar en 1899, hoxe practicamente desaparecido, e a vila de Verín, entendendo que na sede de Correos e Telégrafos para dar servizo aos auguistas que acudían nesas datas ao balneario.
1908
Francisco Conde Balvís xestionaba o servizo eléctrico na cidade de Ourense. Dispuña da central do Castadón no río Lonia (localización) que entrara en servizo en 1902 e unha central termoeléctrica nos Remedios de Ourense (hoxe desaparecida), conectadas aproveitando o trazado da liña eléctrica. En 1905 constrúe a fábrica de enerxía do río Mao (localización) en Parada do Sil, para dar servizo a máis vilas (incluida Maceda) e estar conectada con central de Tui. Así, aproveitando o trazado eléctrico obtén unha autorización para conectar Maceda coa Central do río Mao i esta con Ourense.
Central do río Mao. Ano 1910 (aprox). Fundación Barrié.
Para saber máis:
- Blog Ourense no tempo: https://ourensenotempo.blogspot.com/2019/02/algo-mas-de-pedro-pernas-rolle.html
- Faro de Vigo. 2 de abril de 1886
- El Eco de Galicia. Num 341 de 10 de abril de 1901
- La Correspondencia Gallega. Núm. 3327 e 3329 de 15 e 18 de febreiro de 1901; Núm 4291 de 23 de maio de 1904; Núm 5655 de 19 de decembro de 1908
- El Eco de Santiago. Núm. 3038 de 6 de decembro de 1904
- El Correo de Galicia de 16 de xuño de 1905
- El regional. Diario de Lugo. Núm 7632 de 15 de xuño de 1905
- Gaceta de Galicia Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela Num. 91 (23/04/1892)