Verdad y Justicia foi un semanario publicado en Viveiro que comezou a súa andaina o 29 de maio de 1915. Nesa mesma data, no número 1, comezaron por facer unha reclamación do teléfono urbano. O programa do director xeral de Comunicacións, o Sr. Ortuño, que despertara o interese de cidades como Tui, Lugo, Monforte ou Betanzos ou a vila de Ponteareas, non foi alleo a este xornal, que reclama un tratamento similar para Viveiro. Esta reclamación a repetirían con certa insistencia en outros números. En outubro de 1916 coñécense os plans de que a Compañía Interurbana Peninsular instale una central en Viveiro nunha liña que atravesaría o norte da mariña cara Xixón, supostamente grazas ás xestións do deputado lucense Sr José Soto Reguera. Este proxecto paralizaríase en favor do corpo de telégrafos. Retrato de Jose Soto Reguera. Ano descoñecido Febreiro de 1917: recóllese na prensa a visita do funcionario de telégrafos D. Manuel Ladron de Cegama, encargado da montaxe da rede de telefonía urbana